Xa ben entrado decembro, e a piques de estrear estación, traémosvos unha Lista para desfrutar nos días frío e choiva. O omnipresente Nadal tamén chegou aquí, polo que atoparedes algunhas panxoliñas para animar estas datas.
En 1995 a banda británica Queen lanzou o seu decimocuarto traballo, Made in Heaven. O último no que interviron Freddie Mercury e John Deacon. O tema que escollemos, A Winter’s Tale, é o derradeiro escrito totalmente por Mercury. Composto trala gravación do seu disco anterior, Innuendo, describe o que este vía pola ventá do estudo do grupo: os cisnes do Lago Xenebra, as montañas e o aire invernal.
Con máis de 40 millóns de discos vendidos ao redor do mundo, The Cranberries é unha das bandas irlandesas máis coñecidas. No Need To Argue (1994), o seu segundo álbum, foi o de maior éxito, ata o punto de ser relanzado en 2002. Nesta nova versión incluíronse cancións adicionais, como So Cold In Ireland, que aparecera na cara B do sinxelo Ode To My Family (1995) e no EP Doors and Windows (1995).
No ano 2000 formouse a banda norteamericana The Walkmen, que se caracteriza por prefererir o son dos instrumentos musicais de época, en especial do piano vertical. O seu sexto álbum, Lisbon (2010), recibiu ese nome como homenaxe á cidade portuguesa que visitaran na súa última xira. Para el gravaron trinta temas antes de elixir os once definitivos. Cancións feridas, ansiosas e conmovedoras entre as que seleccionamos While I Shovel The Snow, unha das máis calmadas.
Os discos do Nadal son un clásico e tódolos anos hai artistas que aproveitan a época para facer a súa versión ou compoñer temas relacionados con estas datas.
A cantante e pianista canadense Diana Krall fixo o propio en 2005 con Christmas Songs. Acompañada da Orquestra de Jazz Clayton-Hamilton, revisou algúns clásicos dende o seu estilo, o jazz. Nesta ocasión destacamos un tema escrito en 1934 por Felix Bernard e Richard B. Smith que, maila ter sido versionado por máis de 200 artistas, non é dos máis coñecidos: Winter Wonderland
A continuación, deixámosvos a Lista de Reprodución ao completo. E se queredes levar os discos dos temas seleccionados, atoparédelos no recuncho da Lista na Biblioteca Fórum.
Arcade Fire – Neighboruhood #1 (Tunnels). Bing Crosby – The Littlest Angel. Bruce Springsteen – Tenth Avenue Freeze-Out. Diana Krall – Winter Wonderland. Ella Fitzgerald & Louis Armstrong – A Foggy Day. Elvis Costello – Jammie Standing in the Rain. Frank Siantra – O Little Town of Bethlehem. George Michael – Last Christmas. Kenny G – Spring Breeze. M-Clan – Cancion de invierno. Madonna – Frozen. Mumford & Sons – Hopeless Wanderer. Paul Weller – Cold Moments. Queen – A Winter’s Tale. Renata Scotto – He shall feed his flock. Ray Charles – The Snow Is Falling. Rihanna – Umbrella feat. Jay-Z. Saint Etienne – Teenage Winter. Silvio Rodríguez – Canción de Navidad. Supertramp – It’s Raining Again. Take 6 – Hark! The Herald Angels Sing. The Cranberries – So Cold In Ireland. The Walkmen – While I Shovel The Snow. The Wave Pictures – January And December. Tori Amos – Winter’s Carol. Vetusta Morla – Cuarteles de invierno