Lista Reprodución Fórum: vidas truncadas

Accidentes, adicións, enfermidades, desaparicións… hai veces que as voces se apagan pronto e os instrumentos deixan de soar.  Janis Joplin, Cecilia, Narf ou Brian Jones son só algúns dos artistas que marcharon pronto, pero dos que sempre quedará a súa música. Este mes, escollemos temas de artistas cuxa vida rematou moi cedo para a Lista de Reprodución.

Crecido nos guetos de Xamaica, Robert Nesta Marley, mellor coñecido como Bob Marley, chegou a ser un icono mundial. Membro do movemento rastafari, continúa a ser o máis coñecido e respetado intérprete da música reggae, e obtivo a Orde do Mérito de Xamaica en recoñecemento a súa contribución á cultura do país. Foi líder, compositor e guitarrista de The Wailers. Burnin (1973) foi o sexto álbum de estudio da banda e o último que contou cos membros fundadores da mesma, Peter Tosh y Bunny Wailer. Trala súa marcha, fundou Bob Marley & The Wailers. Destacamos Get Up, Stand Up, un dos seus clásicos, e o último tema que tocou nun escenario antes de morrer aos 36 anos pola metástase do que comezara coma un melanoma no dedo do pe dereito.

O estadounidense Marvin Gaye foi un dos artistas máis relevantes do Motown Sound. Sen embargo, non tivo unha vida fácil. A morte de Tammi Terrell, a súa compañeira nos escenarios afectoulle fortemente, e o abuso das drogas levoulle a unha depresión que lle facia pensar que o perseguían para matalo, polo que comprou varias armas. A víspera do seu 45 cumpreanos, durante unha discusión, recibiu dous disparos cunha destas armas por parte do seu pai, poñendo fin a súa vida. 

Un dos grandes éxitos de Marvin Gaye é I Heard It Throught The Grapevine, un tema de Norman Whitfield e Barrett Strong, que xa grabaran os Miracles sen convencer ao dono da discográfica, a quen tampouco lle gustara a versión de Gaye. E que non puido sair a luz ata que Gladys Knight & The Pips a interpretaron. Isto fixo posible que Gaye a incluise no seu álbum In The Groove (1968), convertíndose no clásico soul que é.

A banda galesa Manic Street Preachers é coñecida polo contido político dos seus temas, pero tamén polo que foi o seu letrista e guitarrista, Richey James Edwards. Edwards desapereceu en 1995 sen deixar rastro, e aínda que en máis dunha ocasión hai quen afirma habelo visto na India, e mesmo nas Illas Canarias, foi dado por morto fai dez anos.

Os membros do grupo estiveron durante anos convencidos de que volvería, de feito no primeiro concerto trala desaparición deixaron o seu micro no escenario e durante anos gardaron a parte que lle correspondía dos ingresos do grupo. En 1996 lanzaron Everything Must Go, o seu primeiro álbum dende a desaparición de Edwards, e no que se incluían cinco temas que compuxera. Entre estas estaba Kevin Carter, un tema sobre a tráxica  vida do fotógrafo do mesmo nome, que gañara o Pulitzer en 1994.

Só chegou a lanzar un álbum, Grace (1994), pero foi abondo para que o cantautor estadounidense Jeff Buckley fose considerado unha das mellores voces de tódolos tempos, e o seu traballo unha obra mestra. Fillo do tamén músico Tim Buckley (que tamén podería estar na nosa lista, pois faleceu os 28 anos por unha sobredose), Jeff afogouse cando nadaba nun embarcadeiro de Memphis aos 30 anos. Atopábase grabando o seu segundo disco. Tamén coñecido pola súa versión do Hallelujah de Leonard Cohen, que axudou a que acadase a fama que ten hoxe en día, del destacamos Mojo Pin, un tema que fala dunha dolorosa historia de amor.

 

Se queredes levar os traballos dos temas seleccionados, lembrade que os podedes atopar na Biblioteca Fórum, pero mentres, aquí tedes a Lista de Reprodución ao completo.

Amy WinehouseValerie. Camarón de la Isla – Nana del caballo grande. Carlos Gardel  Volver. Carpenters (They Long To Be) Close To You. Elvis Presley – Yesterday / Hey Jude. Freddie Mercury – Living On My Own. Jeff Buckley Mojo Pin. Jimi Hendrix Voodoo Child. John Lennon Stand By Me. La Buena VidaReacción en cadena. Los Secretos Ojos de gata. Manic Street PreachersKevin Carter. Marvin GayeI Heard It Through The Grapevine. Michael JacksonYou Rock My World. Mozart Alla Turca. Nino BravoPuerta de amor. NirvanaPennyroyal Tea. Parálisis Permanente Jugando a las cartas. Prince 1999. Robert JohnsonCross Road Blues. Sex Pistols God Save The Queen. The DoorsL.A. Woman. The Wailers – Get Up, Stand Up. Tino Casal Los pájaros. Víctor Jara Canto libre. Whitney Houston – One Moment In Time

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s