Fai pouco máis de 365 días poñíamos en marcha un ciclo de concertos que configuraba un novo punto de encontro entre patrimonio bibliográfico e sonoro, reafirmando o compromiso das Bibliotecas Municipais de A Coruña coa cultura musical da cidade. O proxecto “En clave de Á” xurdía como unha colaboración entre a Asociación de Estudantes do CSM da Coruña e a Biblioteca Ágora para ofrecer a música de solistas e grupos de cámara nun entorno un tanto diferente. Grazas ao esforzo e implicación de Eloy Vázquez e Susana Pérez, coordinadores da Asociación, o alumnado do Conservatorio saiu da “zona de confort” académica para ensaiar o seu repertorio ante un público real e entusiasmado coa iniciativa.
Doce meses nos que vimos pasar polo “escenario” bibliotecario a máis dunha treintena de artistas, tanto solistas como formacións diversas: duetos, un cuarteto de metal, un quinteto de vento, un grupo de jazz… Con eles descubrimos instrumentos tan singulares como o cello e o clarinete, gozamos da beleza da guitarra, emocionámonos co piano, apreciamos a peculiar sonoridade da flauta… Unha nova xeración de músicos que non só aposta por cambiar as regras da interpretación, senón tamén por diluir os límites entre os públicos e as formas contemporáneas de consumo cultural.
Este xoves tamén temos cita entre libros e melodías. Gozaremos da música de Ana Represas (cello), Cristina Bernal (piano) e do trío de violín, clarinete e piano formado por Aitor López, María Giraldes e Javier Segade. Será a partir das 19 h nun encontro de entrada libre e para todos os públicos. Agardámosvos!
Como cada comezo de ano toca facer balance e se a prensa especializada se fai eco do mellor do 2018, nós non iamos ser menos e facemos tamén recopilación dos mellores artistas dos que contamos cos seus discos.
A lista de discos nacionais que valen a pena é extensa pero é evidente que 2018 foi o ano deRosalía.El mal querer(2018) eríxese neste exercicio en número un por unha avalancha de votos. Composto pola cantante e co-producido xunto a El Guincho, o disco presenta un son distintivo e único que mestura as influencias do flamenco clásico da súa herdanza con sons urbanos modernos.
Na Biblioteca contamos co seu anterior traballo Los ángeles (2016-2017) que foi sexto mellor disco nacional para Mondo Sonoro.O obxectivo de Los Ángeles, segundo comenta a moza catalá de vinte e tres anos, pasaba por render unha homenaxe ao flamenco. Con Los Ángeles, Rosalía postúlase como a cantaora contemporánea que mellor entendeu os tempos que corren: capaz de colaborar con C. Tangana.
Seguimos coa lista dos nacionais e seguimos con letras en maiúsculas porque falamos de Zahara. A artista de Úbeda consegue manter a súa esencia pese a unha clara evolución de son. O cambio xa se aprecia con Santa (G.O.Z.Z., 2015) pero culmínao con Astronauta,un traballo coidado ata o máis mínimo detalle. Acanción máis coñecida do disco é Hoy la bestia cena en casa pola súa recente condición himno feminista. Zahara xa conquistou España cunha dobre cita na sala madrileña, La Riviera na que presentou o seu último álbum con dous sold out nos que se coroa como unha das cantautoras de máis éxito no noso país.
Na nosa lista recordamos Con las ganas, do seu primeiro disco La fabulosa historia de …
O seguinte artista do que falamos, non exento de polémicas, poidemos desfrutalo recentemente na cidade, nun concerto o pasado mes de decembro no Teatro Colón. Falamos de El niño de Elche, cantaor multidisciplinar e exflamenco, que soubo xuntar nas súas variadas propostas artísticas xéneros ou disciplinas como o flamenco, a electrónica, a literatura, a performance, a poesía fonética, o rock, a canción de autor ou a música contemporánea, entre outras. Indifirente non deixa a ninguén co seu último traballo Antología del cante flamenco heterodoxo. Como o seu propio nome evidencia, isto non é un disco, senón unha “antoloxía”. El niño de Elche volve poñer o flamenco patas para arriba nesta antoloxía heterodoxa de 27 pezas que reinventan os distintos paos do xénero. Saetas, fandangos, tanguillos… transfórmaas en “crebacabezas sonoros” coa axuda da electrónica, o descaro do rock e a personalidade da canción de autor. Dentro do mellor dos discos internacionais falamos de “7” o sétimo álbum de estudo da banda estadounidense Beach House , lanzado o 11 de maio de 2018, a través de Sub Pop. “7” recibiu aplausos dos críticos musicais, que eloxiaron a natureza aventureira do disco e a consistencia da banda, con algúns chamándoos o mellor álbum do dúo ata a data. Se ben é certo que Beach House é un deses grupos que se caracterizou sempre por ter máis conexión coa crítica ca co público maioritario da música alternativa. Pero sexa como for, “7” segue soando a Beach House pero o compoñente electrónico neste traballo é moito máis evidente ca en álbumes anteriores.
Na Lista incluimos Bloom, o cuarto álbum de estudo do dúo, lanzado no 2012 que foi clasificado por moitos críticos como un dos mellores álbumes do ano.
Os ingleses Artic Monkeys meténse tamén na lista. Despois de cinco anos na sombra chegan con Tranquility Base Hotel & Casino. Considerada unha das bandas máis importantes do rock alternativo británico, o de Artic Monkeys é un dos regresos máis esperados. No seu último traballo o grupo liderado por Álex Turner prescindiu da vea máis rockeira que os caracterizou máis de dous lustros. A evolución do seu son derivou nunha gama máis coidada e tranquila, chegando incluso a prescindir das guitarras algo que non gustou a todos. Para outros a evolución foi mellor recibida chegando incluso a comparalos con David Bowie.
Isto foi só un aperitivo, a lista segue, deixámosvola aquí ao completo, e non esquezades pasar pola Biblioteca Fórumpara poder desfrutar dos discos ao completo.
Mala Rodríguez –Malamarismo. Novedades Carminha – Juventud infinita. Niño de Elche – Antología del cante flamenco heterodoxo . Zahara – La fabulosa historia de …. María Rodés – Una forma de hablar. Rosalía – Los Ángeles. Sés – Opoñerse á extinción . Rozalén – Cuando el río suena. Russian Red & Depero – Perfect Time. Nacho Vegas – Resituación. Queens of the Stone Age – Like Clockword. Artic Monkeys – Whatever people say I am, that´s what I´m not. Andrés Calamaro – ’81-’91. Eminem – The marshall mathers LP. Van Morrison – Days like this. Christina Rosenvinge – Foreign land. Beach House – Bloom. Mark Lanegan Band – Blues Funeral. The National – High Violet. Mumford & Sons – Babel