Xornada literario-musical con Xosé Duncan e Mielitza

O club de lectura de Mesoiro marcha de vacacións ata a volta do verán e quere facelo compartindo o gozo da lectura con todas aquelas persoas que desexen vivir unha xornada máxica dacabalo entre a literatura e a música.

Xornada literario-musical con Xosé Duncan e Mielitza

Para acadalo, visita Mesoiro Mielitza, con Carla López e Iago Mouriño, que nos descubrirá o seu novo disco, “Unha illa“, mentres transita entre textos literarios da man do escritor coruñés Xosé Duncan, mestre de horrores e marabillas, dono dun universo de historias moi particular que poderemos coñecer.

Estades todos/as convidados/as a gozar connosco esta festa tan especial. Para non perder! Tomade nota:

📌 Punto de servizo bibliotecario Mesoiro
📅 15 xuño
⏰ 11 H.