Lista Reprodución Fórum Xuño: a canción do verán

Xa entrado xuño comezamos coma quen di a época estival e dende logo se hai unha cousa que caracteriza ao verán esa é a música, unha parte esencial dunha das épocas máis esperadas do ano. Xa sexa nas radios, nos chiringuitos, nas discotecas ou nos reprodutores de música, a canción do verán non parará de soar.

Imaxe de Wolfgang

Imaxe de Wolfgang

Na Lista de Reprodución Fórum queremos adiantarnos porque a canción do verán chega sen que o esperes. Empézala a escoitar unha vez, e outra, e outra, ata que non podes evitar estar todo o día coa melodía na cabeza. Por iso na Lista de Reprodución Fórum deste mes facemos un repaso internacional por aquelas cancións que máis soaron nos últimos veráns. Pero non queremos caer en cancións facilonas con estribillos pegadizos que, sen querer se che meten na túa mente todo o día e non podes evitar tararear. Facemos unha recopilación de cancións que nos falan do verán e que polas súas melodías ou letras nos trasladan a días solleiros, cheos de enerxía e boas vibracións que tanto precisamos agora que comezamos a retomar pouquiño a pouco a tan ansiada normalidade. E é que hai cancións do verán nunca pasan de moda porque nos fan sentir simplemente ben!!

Que erga a man quen non cantou a todo meter Summer of ’69 do canadense Bryan Adams. A canción obtivo varios recoñecementos e chegou a situarse no posto número 5 do  Billboard  Top 100. Ademais a canción tivo un rexurdimento e converteuse posteriormente nun éxito de vendas en todo o mundo. En 2006 situouse no posto número 1 nas mellores clasificacións de Canadá, 22 anos despois de ser lanzada.

Nada máis que engadir ao que a revista de música online, This is Fake DIY , afirma sobre Plage dos Crystal Fighters:

“Lanzar la canción cuando la tienen es un movimiento inteligente por parte de la banda; musicalmente, tiene el tono perfecto y soleado para el verano, junto con algunas letras muy amigables para el festival. ‘Plage’ es un sencillo pop pegadizo y divertido, más que listo para quedar atrapado en ese toque quemado por el sol.”

Tom Baker

Non podemos deixar de sorrir e tararear cando escoitamos Summer dos desgraciadamente disoltos no 2019 WAS (antes We Are Standard e, antes ainda, Standard) que anunciaron a súa separación mediante un comunicado, por sorpresa e sen xira de despedida. Os vascos sempres fieis ao seu estilo con sons suaves e preparados perfectos para unha noite de verán.

E se hai algunha canción que nos recorde aos festivais e á época de verán esa é Un buen día de Los Planetas grupo festivaleiro por excelencia. Este verán non poderemos desfrutar dos festivais de música pero o que sí podemos é poñer o reprodutor, mercar discos ou collelos en préstamo na biblioteca máis próxima. Coma sempre, todos os temas que compoñen esta lista de reprodución están dispoñibles na Biblioteca Fórum e podes pedilos en préstamo a través da modalidade de cita previa activa dende o pasado día 1 de xuño. Podes solicitar a túa cita por teléfono, por correo electrónico ou cubrindo o formulario de solicitude de cita previa para o préstamo que habilitamos. En calquera caso, o persoal bibliotecario terá que confirmarche o día e horario aproximado no que podes acudir a realizar o préstamo.

Polo de agora dalle ao play e desfruta, tes a lista ao completo tanto en sopotify coma na nosa canle de youtube.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s