Lista Reprodución Fórum: EPB100

Ao cumprirse o centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, A Coruña, cidade que a vira nacer, entrégase a unha homenaxe que intenta achegarse a todos os ámbitos polos que transitou esta prolífica escritora.

Dende a Biblioteca Fórum Metropolitano centraremos o ciclo temático do outono na época que lle tocou vivir incluíndo lecturas, contexto histórico xeral e a súa relación amorosa e epistolar co escritor canario Benito Pérez Galdós.

Dentro deste ciclo están programadas unha serie de actividades complementarias para público infantil e adulto (un faladoiro, un contacontos e unha presentación literaria). E como non tamén dende a Lista de Reprodución facemos unha selección de discos feitos por mulleres galegas para facer fincapé no pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán.

Desta volta traemos discos que seguro vós son coñecidos pero tamén novidades recén incorporadas ao noso fondo e das que tiñamos moitas gañas de poder contar.

Falamos por exemplo de “Toro”, dez temas en inglés e castelán que a coruñesa María Jesús Cabana “Astrogirl” foi compoñendo ao longo de tres anos e que falan sobre todo de procesos emocionais entre melodías pop e folk e adobados con batería, baixo, guitarras e sintetizadores.

Single de Astrogirl coa colaboración de Nacho Vegas

Diversos xéneros abrangue tamén o estilo de Susana Garrido Pombo, bossa, folk, jazz. Xunto con Margarida Mariño conforman o proxecto musical minimalista e intimo “Su Garrido Pombo”. Susana voz e guitarra e Margarida ao cello.

Su Garrido Pombo – Quedo a vivir aquí

Aire!” é o primeiro disco de Caamaño & Ameixeiras que contou coa colaboración de nada máis e nada menos que Silvia Pérez Cruz. Caamaño & Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz, de natureza principalmente instrumental, aínda que incorporan tamén algún tema vocal coidadosamente escollido. Recentemente veñen de obter o primeiro premio do XVI Concurso Folkez blai, de Ermua.

Maneo de Cambre – Caamaño&Ameixeiras feat. Sílvia Pérez Cruz + Carola Ortiz

A lista segue como xa sabedes e tédela ao voso dispor ademáis de no blog na nosa canle de spotify, os discos coma sempre na biblioteca Fórum para que os levedes en préstamo.

Lista Reprodución Fórum: EPB100

Tanxugueiras – Contrapunto. Sés  – Tronzar os valos. Agoraphobia  –  Incoming Noise. Paula Parker – Live. Astrogirl – Toro. Ialma – Camiño de Bruxelas a Santiago. Marem Ladson – Marem Ladson.  Guadi Galego – Costuras. Fía na roca – Vente vindo.  Cora Velasco – Sortilegio. Su Garrido – Quedo a vivir aquí. Timparrantela – Se te quixen foi polos grelos.  Silvia Penide –  Los días de plomo. Caamaño&Ameixeiras – Aire. Rosa Cedrón – Entre dous mares.  Ana Kiro – Toda unha vida. Leilía – Madama. Susana Seivane – Susana Seivane. Cristina Pato – Rústica. Marful –  Marful.