Lista Reprodución Fórum: De meu, de teu, de seu

O 29 de abril celébrase o Día Europeo da Solidariedade e a Cooperación entre Xeracións, e dende a Biblioteca Fórum Metropolitano poñemos en marcha un ciclo temático “De meu, de teu, de seu” para dar visibilidade e tomar conciencia da importancia das relacións interxeracionais tanto dende un punto de vista teórico, a través de charlas de expertos, coma práctico coa realización de obradoiros nos que prime a convivencia e interacción de persoas de diferentes idades.

Cartaz do ciclo temático vixente de abril a xuño 2022 na Biblioteca Fórum

Interxeracional é un termo que se refire á relación entre distintas xeracións. Para que unha sociedade exista necesítase, entre outras cousas, unha conexión entre as sucesivas xeracións.  Existen ademáis, evidencias produto da investigación que demostran que o bo contacto interxeracional mellora as actitudes que as xeracións máis novas teñen cara ás persoas maiores, diminúe os estereotipos negativos asociados coa idade e tamén o sentimento de certa ansiedade que a algunhas persoas lles produce o seu propio avellentamento. 

A música é, sen dúbida, un bo exemplo no que existe a convivencia interxeracional sobre todo no folclore tradicional onde o son, o cante e a tradición oral pasan de xeración en xeración a través das ruadas, foliadas e xuntanzas. A música é utilizada moitas veces no folclore como axente socializador e de mellora de calidade de vida de persoas maiores e tamén onde ao mesmo tempo se agasalla un tempo mutuo tan importante para todos. 

Así que na Lista de Reprodución desta volta hai moita tradición, moito cante e moito folclore. Aquí vola deixamos ao completo, coma sempre podedes botarlle unha escoita a través do noso blog e da nosa canle en spotify. Os traballo discográficos están ao voso dipor para o préstamo na Biblioteca Fórum.

Ialma – Camiño de Santiago a Bruxelas,  Carlos Núñez – A irmandade das estrelas, Paco de Lucía – Luzía, Raimundo Amador –  Noche de flamenco y blues,  Luar na Lubre –  Torre de Breogán,  Miguel Poveda  –  Poemas del exilio, Estrella Morente – Autorretrato, Michel Camilo y Tomatito – Spain again  , José Mercé – El flamenco es, Silvio Rodríguez –  Rodríguez, Silvia Pérez Cruz – Vestida de Nit ,  Rosa Cedrón – Nada que perder, Sés – Tronzar os valos, Xabier Díaz – The tambourine man,  Soleá Morente – Lo que te falta, Miguel Poveda – Coplas del querer, Coplas de España – Coplas de España, Diana Navarro – Camino Verde, Chavela Vargas – Amaral, Leilía– Consentimento

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s