A música nas nosas Bibliotecas

AS MÚSICAS DA CORUÑA

A Biblioteca Municipal de Estudos Locais da Coruña recompila de modo exhaustivo a produción musical da cidade, e encárgase tamén da selección de documentación sobre a escena musical da Coruña para xerar produtos que van desde a elaboración de dossieres de prensa (bandas, festivais, produtoras…) ata bases de datos onde se recolle información dos grupos existentes na actualidade e de bandas xa disoltas… Ademais, o carácter tan especializado da BMEL permite que outros procesos técnicos (dixitalización de carteis, catalogación de revistas, folletos, libros) completen dita información.

A parte máis especial do fondo musical é a formada por maquetas (en formato casete e en CD) e discos de vinilo (tanto LPS’s como singles), que se pasaron a CD por razóns de conservación e difusión, e que se poden escoitar na biblioteca. Este fondo, doado polo CMIX (Centro Municipal de Información Xuvenil) no ano 2004, veu acompañado das fichas dos grupos que participaron nalgunhas das edicións do Concurso Nordés Coruña e no circuíto de concertos Rock Marino.

A partir da doazón do CMIX, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais asumiu a tarefa de continuar co seu labor de contacto continuado cos distintos elementos que proporcionan información sobre a escena musical (bandas, emisoras de radio, discográficas, tendas de música, webs, salas de concertos…) para manter actualizado o fondo musical que o CMIX fora formando.

MÚSICAS AO VIVO NAS BIBLIOTECAS: Os Xoves na Sagrada, música entre libros

A vida sen música é un erro“, Friedrich Wilhelm Nietzsche.

Corroborar que, a través da música, é posible chegar á literatura e viceversa é un dos obxetivos do programa “Os Xoves na Sagrada: Musica entre libros”, unha iniciativa que desde Marzo de 2010 tenta levar á Biblioteca do barrio coruñés de Sagrada Familia a música das distintas culturas, executada por grupos e solistas internacionales e locais.

Cartel da programación primevera 2013 de Os Xoves na Sagrada

Cartel da programación primavera 2013 de Os Xoves na Sagrada

Dende o seu inicio, Os Xoves na Sagrada permitiu desfrutar dun amplo abano de estilos musicais a través de artistas de practicamente os 5 continentes (Aline Frazao, África Fête, Cutz´n´ Mouse, Underskore Orkestra…), de todos os barrios da cidade (Os Tres Trebóns, Wolrus, May Thai & Torino Rockets…) e doutros puntos de Galicia (Primordiais, Xoán Curiel, …) e do Estado (El Kanka).
Galeria de fotos de Os Xoves na Sagrada
Concertos entre libros, música e literatura… Outra maneira de gozar da biblioteca: os xoves cada 15 días na Biblioteca Municipal de Sagrada Familia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s