Mañá xoves 2 de febreiro arrinca unha nova edición do ciclo de concertosEn Clave de Á, unha proposta que naceu no ano 2018 como unha colaboración entre a Asociación de Estudantes do Conservatorio Superior de Música da Coruña (CSM) e a Biblioteca Ágora para ofrecer música de solistas e grupos de cámara do CSM nun espazo diferente.
Con este proxecto musical queremos dar oportunidade ao alumnado do CSM de que ensaien o seu repertorio con público real e ás nosas usuarias e usuarios de que gocen do espectáculo da música en directo, apostando deste xeito tamén desde a biblioteca pola educación e a cultura musical da cidade.
Fai click na imaxe para ampliar información da proposta na web das Bibliotecas Municipais da Coruña.
Un xoves ao mes, teremos ocasión de descubrir e gozar do talento musical das rapazas e rapaces do Conservatorio de Música nun concerto para tódolos públicos na sala de adultos da Biblioteca Ágora.
Neste primeiro evento que inaugura o ciclo, escoitaremos a Sabela Albariño González ao piano, a Carla López López ao violín e ao Quinteto CAOS -integrado por Sara Piñeiro Rivas (trompeta), Xavier Vázquez Gutiérrez (trompeta), Pablo Pazos Rial (trompa), Antía Pardo López (trombón) e Daniel Varela (tuba). Velaquí o programa completo da velada:
Achégate á Biblioteca Ágora a escoitar música en directo entre libros e aproveita para botarlle unha ollada á nosa sección de música!
Con motivo do Día da Biblioteca e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón 2022, con Grande Amore en concerto.
Esta edición do AgoraSón terá como protagonista o músico do Valadouro, na mariña lucense, Nuno Pico, coñecido no panorama musical como Grande Amore, que acaba de recibir este mes o premio Martín Códax da Música ao mellor proxecto de música electrónica, e é unhas das revelacións máis recentes dentro do panorama musical galego.
O Servizo de Normalización Lingüística, o 22 de outubro ás 21.00 h, volve organizar o concerto do AgoraSón outono (co gallo do Día da Biblioteca e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.
Grande Amore naceu coa idea de xogar co techno, o rock and roll e o pop dos 80 dende a óptica da música electrónica actual. Editou os seus primeiros singles “Todo ou nada” e “Esta cruz“, moi influenciados por correntes estilísticas como o Italo Disco ou o High Energy. A mediados de 2021, e logo de diversas colaboracións con artistas como Ortiga, Verto ou Mundo Prestigio, sae á luz o seu primeiro álbum, de título homónimo, no que se mostra máis cercano ao post-punk, o darkwave e os sons industriais. Amosa unha grande implicación e compromiso coa lingua galega e caracterízase polo seu estilo moderno e fresco. A web Hipersónica recoñeceuno como o mellor disco do ano en España, nunha lista na que figuraban nomes coma o de C. Tangana.
O evento terá lugar no auditorio do Centro sociocultural Ágora o día 22 de outubro ás 21.00 horas.
Regalar libros, música ou cine non é doado, implica pensar moito nos que o reciben, por iso, cada ano, o persoal das Bibliotecas Municipais da Coruña recopila unha escolma dos traballos publicados que maís nos gustaron. Na guía “Historias de regalo 2019” os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán expostos en todas as nosas bibliotecas onde poderás mirar, escoitar, tocar e ulir todas estas propostas.
Desexamos facilitarche a tarefa de escoller en función de gustos, intereses, preferencias, formatos… e queremos que atopes ese disco ou DVD co que sorprender nestas datas.
Esta é a nosa proposta en materia de música:
Lembra, este Nadal parada obligada… AS BIBLIOTECAS! E se queres propoñer algunha lectura podelo facer nas redes sociais empregando #recomendamosBMC
O club de lectura de Mesoiro marcha de vacacións ata a volta do verán e quere facelo compartindo o gozo da lectura con todas aquelas persoas que desexen vivir unha xornada máxica dacabalo entre a literatura e a música.
Para acadalo, visita Mesoiro Mielitza, con Carla López e Iago Mouriño, que nos descubrirá o seu novo disco, “Unha illa“, mentres transita entre textos literarios da man do escritor coruñés Xosé Duncan, mestre de horrores e marabillas, dono dun universo de historias moi particular que poderemos coñecer.
Estades todos/as convidados/as a gozar connosco esta festa tan especial. Para non perder! Tomade nota:
Se trata un programa de desarrollo profesional que ofrece una formación especializada a través de clases presenciales combinadas con tutorías individuales. La formación se desarrollará simultáneamente en A Coruña, Granada y Barcelona, tras un proceso de selección de los proyectos participantes.
Participarán como ponentes y tutores/as Almudena Heredero (Primavera Pro), Ángel Carmona (Radio 3), Patricia Gabeiras (Legal Music), Carlos Galán (Subterfuge), Carles Baena (El Segell del Primavera Sound) o Ivone Lesan (Sala Razzmatazz). Los/as alumnos/as recibirán además formación en la metodología Lean Startup que será impartida por diferentes expertas en la materia.
El 22 de marzo se inicia el programa formativo en Barcelona, el 29 de marzo en Granada y el 5 de abril en A Coruña.
Estas acciones formativas se incluyen en el convenio específico que la Fundación Paideia Galiza ha suscrito con la EOI, dependiente del Ministerio de Industria, Comercio y Turismo.
Los Espacios Coworking GO2WORK dirigidos a emprendedores, están cofinanciados por el Fondo Social Europeo.
Si estás interesado/a en recibir información sobre programas formativos relacionados con la industria musical escríbenos a emprendimiento@paideia.es o llámanos al 981 22 39 27.
Sito Sedes -xunto co seu mestre, Pucho Boedo- é a máis alta expresión da escola da canción coruñesa. Sito Sedes é un mito da música galega. Unha voz elegante, preciosista. Para moitas xeracións, sinónimo de verdadeira emoción dende o alto do palco da festa.
Sempre quixo ser cantante. E culminou ese soño –felicidade total- na orquestra das orquestras: Os Satélites.
Criouse en Sillobre (e quéreo moito). Mais a súa forma de interpretar, a súa estética, está plenamente identificada con esta cidade.
Era ben tempo de lle entregar unha gran aperta colectiva de cariño a quen tanta beleza nos ten regalado.
O acto que leva por título “A Música da Coruña en Homenaxe a Sito Sedes” é libre e de balde. Para o acceso precísase a reitrada dos convites no Kiosco da Praza de Oursense, a partir do luns, 3 de decembro, de luns a venres (agás festivos) en horario de 9:30 a 13:00h e de 16:30 a 19:30 h, e tamén na taquilla do Teatro Colón, os días de función, unha hora antes do comezo dos espectáculos. Facilitarse catro entradas por persoa.
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca instalándonos nos mercados municipais coa proposta #Letrasnomercado de 9.00 a 14.00 h, poderasnos atopar nos seguintes mercados municipais : As Conchiñas, Monte Alto, Santo Agostiño, Praza de Lugo e Elviña. Haberá sorpresas, libros, música, obradoiros…
Polo que respecta á música, será a protagonista no Mercado de Elviña e no das Conchiñas:
Mercado de Elviña: Concerto “FemininoPlural“ Silvia Penide á voz e Carla López á voz e ao piano, renden homenaxe ás autoras femininas ao longo da historia co seu espectáculo “Femeninoplural”, que achega ao público unha ruta musical e poética, un universo de mulleres autoras, de libros e cancións. Soarán cancións de Amaral, Guadi Galego, Julieta Venegas, Patti Smith e escoitaremos textos de Lucía Aldao, entre outras.
Mercado das Conchiñas: Porque sí, con Aldaolado: O proxecto Aldaolado está formado polas poetas María Lado e Lucía Aldao, que desde o ano 2005 achegan a poesía dun xeito diferente ao público.O espectáculo “Porque sí”, mistura recital de poesía en galego, humor e música en vivo. Aldaolado consegue facer do recital poético un acto atractivo, íntimo e divertido para todo tipo de público, ata aqueles que nunca leron a poesía, facéndonos rir e emocionando ao mesmo tempo. A súa ampla experiencia no teatro permítelle combinar a improvisación e falan sobre o amor, o idioma, as mulleres ou as súas propias experiencias como creadores, entre outros temas.
Pero ademais da música, consultade a programación, porque haberá teatro, contacontos, obradoiros… e moitas sorpresas. Vivan as Bibliotecas!!!!
Sube a túa foto e usa os hashtags #bookfaceBMC e #AgoraSonunLibro e etiquétanos
Envíanos esa mesma foto, xunto co teu nome, apelidos e teléfono de contacto a bibliotecas@coruna.es
QUE CONSIGO POR PARTICIPAR?
As 5 fotografías con máis “Gústame” en Instagram gañarán 2 entradas cada unha para o concerto do AgoraSón 2017 do 20 de outubro. (O prazo de presentación de fotos remata o 16 de outubro)
ELIXE UN LIBRO EN GALEGO, CONVÉRTEO NA TÚA CARA E SUBE A FOTOGRAFÍA AO INSTAGRAM E GAÑA UNHA ENTRADA PARA ESCOITAR MÁIS DISTO EN DIRECTO!
O 2016 está chegando ao seu fin; por iso, nesta Lista queremos render unha pequena homenaxe a aqueles que ao longo do ano entoaron os seus últimos temas, como David Bowie, Prince, Manolo Tena ou Narf.
Durante este mes Carlos Núñez, Xoél López e o grupo catalán Manel, entre outros, pisarán os escenarios coruñeses para deleitarnos cos seus temas. Moitos artistas, como Anastacia, John Legend, Kylie Minogue, Tonny Bennet, Conchita ou Loquillo, elixen estas datas para lanzar os seus novos traballos, e mentres esperamos a que cheguen aos nosos andeis, deixámosvos algúns dos seus éxitos anteriores para ir abrindo boca. E co Nadal ao virar a esquina, non poden faltar algúns dos clásicos destas Festas, interpretados por Bing Crosby, Frank Sinatra, Kenny G e Take 6.
Natural de Silleda, Fran Pérez, Narf, foi un dos grandes da música galega e un dos catro fundadores da antiga Sala Nasa; na que participou compoñendo temas para a Banda da Nasa ata 1998 e como actor, nalgunhas montaxes da compañía Chévere. O seu vínculo co mundo do espectáculo non se limitou á actuación: creou máis de trinta bandas sonoras para producións teatrais de compañías de Galicia e Portugal, que lle reportaron varios premios, entre eles cinco María Casares á mellor música orixinal. Tamén puxo música a unha película de animación e a documentais, como Galicia Une. Na súa intensa traxectoria levou a súa música a escenarios de Europa, Asia, América e África. E en Nas tardes escuras, converteu en cancións doce coñecidos poemas de Rosalía de Castro, como Nunca Sospiro, cun magnífico resultado.
O coruñés Xoel López está inmerso na despedida galega en acústico da Gira Paramales. Despois de cinco álbums como Deluxe, este é o seu segundo traballo tras regresar de terras americanas, onde marchou para romper con todo, explorar e descubrir distintas músicas e estilos e colaborar e compartir escenario con multitude de artistas. Nesta viaxe absorbeu sons de todos os lugares que visitou. Algo que se nota no seu último traballo: con aires arxentinos, guitarras españolas, sons setenteiros e co que obtivo os galardóns de Mellor Álbum Pop e Mellor Produción Musical nos últimos Premios da Música Independente. Un año más é un tema con ton optimista e cun refrán que fala de amizade, experiencias e vivencias, e de empezar de cero e con forzas novas.
Cantautora, mestra, filóloga e antropóloga social, con formación no baile e a música tradicional galega, María Xosé Silvar, Sés, non deixa indiferente a ninguén. O seu cuarto álbum Opoñerse a extinción, que presentará na nosa cidade a finais de mes, é , como ela di, un traballo “de amor á nosa cultura e identidade”. A coruñesa de raíces bergantiñás segue desbordando enerxía, inconformista e apaixonada, Como no seu anterior traballo, Tronzar vos valos, do que destacamos Como eu canto, un tema moi sincero de influencias cubanas
Con dez Grammy, dez Premios Dove e un Premio Soul Train ás súas costas, a banda americana Take 6 é considerada unha das mellores representantes da música góspel contemporánea. O sexteto de Alabama, que leva dende 1985 triunfando coa súa fusión de música relixiosa e jazz, lanzou en 1991 He is Christmas, un álbum de clásicos do Nadal, do que destacamos Silent Night.
E se coma nos, non podedes ir a Viena a gozar do Concerto de Aninovo, podemos rememorar o gran concerto do 2014, no que o sempre xenial músico e director israelí-palestino-arxentino-español Daniel Barenboim, regalou un gran momento ao saudar un a un a todos os membros da orquestra, mentres interpretaban a Marcha Radetzky.
Anastacia – The Way I See It, Andrés Calamaro – Todavía una canción de amor, Banda Municipal de La Coruña – La leyenda del beso, Bing Crosby – Letit Snow! Let it Snow! Let it Snow!, Carlos Núñez – The Moon Says Hello, Conchita – Nada, Daniel Barenboim – Radetzky Marsch, David Bowie – Girl loves me, Frank Sinatra – It Came Upon a Midnight Clear, Jefferson Airplane – Somebody to Love, John Legend – Save Room, Kenny G – Silver Bells, Kylie Minogue – Get Outta My Way, Loquillo – Rock & roll star, Manel – Ai, Yoko, Manolo Tena – Tocar madera, Narf – Nunca sospiro, Neil Young – Light a Candle, Orquesta Sinfónica de Galicia – Allegro molto vivace, Prince – Cream, Rolling Stones – Angie, Ses – Como eu canto, Take 6 – Silent Night, Tiziano Ferro – Tardes negras, Tony Bennett & Lady Gaga – It Don’t Mean A Thing, Xoel López– Un año más