Máis de 13.000 concertos a un clic

Agora que remata o verán, os festivais, os concertos… sempre podemos rememorar ou vivir dende a casa aquel mítico concerto que nunca esquenzaremos ou aquel outro que non puidemos disfrutar en vivo… grazas a Music Vault temos acceso a máis de 13.000 vídeos con conciertos de grandes artistas, dispoñibles na súa canle de youtube.

Canle de Music Vault en Youtube

The Rolling StonesBruce Springsteen… concertos completos de máis de dos horas, e momentos históricos que agora temos a alcance da man.

O tren que me leva, homenaxe a Andrés do Barro, precursor do pop-rock galego

Este xoves ás 19.00 no Paraninfo do Rectorado da Universidade da Coruña convídannos  a unha viaxe pola vida e obra de Andrés Dobarro, un dos principais impulsores do idioma galego no eido musical. O acto contará coa presenza de Anxo Fernández, director do documental “O tren que me leva”, gravado en 2004 e no que participan, entre outros, Nonito Pereira, Xose Luís Blanco Campaña, Xoán Rubia, Manuel Torreiglesias, Pepe Domingo Castaño e Joaquin Luqui.

O tren que me leva, homenaxe a Andres do Barro

Tamén intervirá na xornada outro dos protagonistas do filme, o escritor Xavier Alcalá, que ademais é quen fose letrista do cantautor xunto con Xosé Manuel Silva Rodríguez. O acto contará coa actuación musical de Xurxo Souto e Brais Maceiras e os asistentes poderán levar unha novela de Xavier Alcalá.

Andrés do Barro, é un dos primeiros cantantes que utilizou a nosa lingua durante a dictadura franquista, e nel podemos atopar a xénesis do pop en Galicia, e convertido hoxe nunha icona pop, e definido por Xavier Alcalá coma un “neotrovador do século XX”, e primeiro en “colar” en primeira posición un tema en galego na lista dos éxitos do estado con O Tren.

No 2007 publicase o Manifesto Dobarrista, un Disco Tributo a Andrés do Barro” (Falcatruada, 2007), no que interveñen ata trinta grupos da escea indie galega actual, destacando a The Homens, Los Iribarnes, Quant, Niño y Pistola, Safari Orquestra, Fanny + Alexander y Todo el Largo Verano. E estreouse o documental sobre a súa vida “O Tren que me Leva” (2008) producido e dirixido por Anxo Fernández.

Manifesto Dobarrista

Manifesto Dobarrista

Na Biblioteca de Estudos Locais conservamos a partitura de Corpiño Xeitoso que podedes consultar in situ

Partitura Corpiño Xeitoso

Partitura Corpiño Xeitoso

Partitura de Andres do Barro do tema

Partitura de Andres do Barro do tema “Corpiño Xeitoso”

E ademais nas nosas bibliotecas podedes atopar:

  • Manifesto Dobarrista [Grabación sonora] : un disco tributo a Andrés do Barro. — [A Coruña] : Falcatruada, D.L. 2007
  • Andrés do Barro [Grabación sonora] : todas sus grabaciones en RCA: (1969-1972). — Madrid : Rama Lama Music, D.L. 2003
  • Tres [Grabación sonora] / The Homens. — [S.l.] : Falcatruada, D.L. 2007
  • Cuarta potencia [Grabación sonora] / The Homens ; producido por Santi García. — Santiago de Compostela : Lixo Urbano, 2009

Galician Tunes, o portal da música galega no exterior

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou o novo diseño do portal web de Galician Tunes, creado no 2008 co obxectivo de ofrecerlles aos artistas, grupos, asociacións e empresas do sector unha ferramenta útil para potenciar a difusión internacional do seu traballo.

Portal da musica galega no exterior GalicianTunes
Galician Tunes, un portal trilingüe (galego, castelán e inglés) pretender ser o  acubillo da nosa música no exterior, achegando a artistas, grupos, colectivos e selos:

“aspira agora a converterse nun referente dentro da estratexia global de internacionalización da nosa música, funcionando tanto de altofalante da actualidade musical galega no exterior, como de canle para o achegamento aos nosos artistas e compañías por parte dos profesionais e públicos foráneos”. 

Como indican en Código Cero, o portal acolle un total de 137 artistas e grupos de todos os estilos, que á súa vez reúnen referencias a 230 traballos discográficos e dan acceso á reprodución en liña de 260 vídeos musicais. Ademais da información directa sobre cada unha destas bandas e solistas, as fichas redirixen ás webs promocionias, redes sociais, aplicacións de reprodución en streaming e portais de venda de música en liña que estean dispoñibles en cada caso.

Galiciantunes2012

Unha boa nova que permitirá acadar unha panorámica da música galega o máis ampla e actual posible, de xeito que o portal destaca xa na cabeceira da súa portada as principais novidades referentes á presenza da marca GalicianTunes e da música galega no exterior.