Celebrando o Día Internacional da Música na biblioteca de Ágora

CARTAZ DIA DA MÚSICAA Festa da Música, comezada en Francia en 1982, é máis coñecida como o Día da Música. Nesta data celébrase a música como elemento cultural de máxima importancia en cada lugar, como parte do repertorio da cultura popular, transmisor e creador de incontables melodías, rimas ou estribillos que fixeron e fan sentir dende os máis doces sentimentos aos máis profundos abismos.

Pois ben, un día así, tan directamente ligado ás bibliotecas por ser parte e canle na difusión cultural, non pode pasar desapercibido nas nosas biblios. Así, dende a Biblioteca de Ágora, preparamos unha pequena celebración cunha serie de elementos para presentarvos material que temos nas bibliotecas, clásicos do pop, novidades do jazz, folk desgarrado ou black metal para pulular polo caos.

Aquí vos deixamos o cartaz de difusión, mais non olvidedes que Bibliosons é un bo reflexo de como nas Bibliotecas Municipais da Coruña nos movemos ao son de diferentes ritmos, coas listas de reproducción do Fórum, o movemento diverso de Galiza Móvese ou as reportaxes en profundidade e entrevistas que aquí se publican.

Porque a música é cultura, é popular, e nin as taxas inxustas debe parar. Achegádevos a desfrutar da música e deixádevos levar.

Revive Bocaccio namora.

Nas diferentes formas de celebrar o amor, unha das máis empregadas é a música. Dende as cantigas tradicionais de amor ás baladas máis coñecidas do pop, a música ten sido tradicionalmente un dos vehículos máis empregados para enviar ese tipo de mensaxes.

Montaxe da Compañía Nacional de Ópera de México. Dirixida por Mauricio García Lozano.

Montaxe da Compañía Nacional de Ópera de México. Dirixida por Mauricio García Lozano.

En Bibliosons, aproveitando a celebración do San Valentín, aproveitamos para reseñar unha obra, e un artigo que transmiten non só os diferentes sentimentos do que pode englobar un concepto tan amplo como o amor, senón tamén dar a coñecer unha revista que paga a pena seguir.

Revive Bocaccio é unha revista emerxente que reutiliza un nome dunha publicación previa dos anos 70, década na que supuxo un pouco de aire dentro da sofocante atmósfera represiva do goberno franquista, mais neste caso coa intención explícita de “recuperar la cultura de la crítica social, más allá de la resignación y de complejas estéticas que al fin y al cabo, alienan al espectador de la obra -en sus vertientes- de una realidad social que sucede ante su ventana. No podemos ser simples observadores, la cultura ha de ser vista y resucitada, como arma de combate.” (Do seu Manifesto na web)

Non podo evitar facer un paralelismo entre a súa intencionalidade de elevar a arte á categoría que lle corresponde -á de arma, que non á de ben cultural clasista- co espíritu D.I.Y. do punk. Quizais sexa por eso que relacionei de inmediato este artigo cunha relectura do concepto mismo do amor, a través dunha ópera, a de Fidelio de Ludwig van Beethoven, onde a paixón desborda ata enchernos a nós mesmxs, lectorxs, ouvintes, partes da cultura como arma de combate.

Xente xoven, pasional, sabedora do que lles gusta e transmisora dos seus coñecementos, Revive Bocaccio compre ser seguida por todxs xs que busquemos novos bafos para a difusión cultural. E mentras tanto, espero que desfrutedes tanto coma min desta celebración do amor chea de paixón que fai Hugo Gómez-Chao Porta.

The music, the message…

…que decían 7Seconds.

Sería redundante decir que nas Bibliotecas Municipais da Coruña temos moi en alta estima a música, de non ser así que pintaríamos alimentando este blog de Bibliosons? Así que obviedades a parte, non é mala cousa lembrar os diferentes recursos que achegamos dende as bibliotecas para satisfacer a ouvidos inquedos con ganas de coñecer, experimentar ou simplemente desfrutar de seus estilos musicais favoritos.

Nas bibliotecas de Fórum e Ágora nos gusta achegar seleccións musicais, se en Fórum faise mes a mes, atendendo ao propio momento do ano, na biblioteca de Ágora facemos uso de podcasts para achegar diferentes sonidos en formato mp3.  

E precisamente a semana pasada  esrtreamos seleccións musicais diversas nos nosos mp3. Un remexido de artistas emerxentes gardados nos mp4 que tedes á vosa disposición solicitándoos no mostrador, e si queredes saber o que agochan, aquí tedes os playlists de cada un deses trebellos de música portable, un paseo por ritmos dance e electrónicos, a melancolía da música folk, os sons escuros da música ambient menos amable e diferentes estilos dos diferentes rincóns do mundo.

PRINT A-B

PRINT C-D

Así que xa sabedes, se queredes botarlle unha escoita, só tedes que pasar polo mostrador da Biblioteca de Ágora e solicitar o que prefirades para escoitar mentras ledes na biblioteca, estudiades ou facedes algún traballo no voso ordenador. Ou simplemente desfrutar da música sentados nalgún rincón da biblio!

Días e noites de amor e guerra: #LeConOrgullo

Un ano máis, as Bibliotecas Municipais da Coruña queren conmemorar o que foron, como decía Galeano, días e noites de amor e de guerra. No 1949, os disturbios froito da persecución policial a lesbianas, gais, transexuales, bisexuales ou calquera outra manifestación de xénero no barrio do Greenwich Village Neoiorkino, marcaron un antes e un despois nas loitas sociales. O 28 de Xuño de 1949, arredor do Stonewall Inn, famoso por ser lugar de reunión para todo un colectivo silenciado, discriminado e atacado física e verbalmente, esbouraron cristais e voaron pedras lanzadas sobre tacóns.

Os disturbios de Stonewall marcaron o comezo da reivindicación nas rúas do colectivo LGTB, que adoptou tal data como día de celebración do coñecido orgullo, un orgullo similar ao de clase, marcado pola unión colectiva de persoas diversas baixo unha única meta, terminar coa homofobia que tiña sido, era e sigue a ser obxecto de burla, descreto, agresión verbal, agresión física ou, en países como Uganda e Rusia, persecución e morte consentida polo goberno.

Nas Bibliotecas Municipais, abrimos hoxe o noso propio mes LGTBq, As Municipais Entenden, para amosar a diversidade que nelas existe, a diversidade de usuarixs que cada día se achega á súa biblioteca máis cercana, a diversidade de bibliotecarixs que conforman o conxunto de traballadorxs e a diversidade de intereses que moven os mecanismos dxs que nelas traballamos. E Bibliosóns, claro, aposta pola diversidade no eido musical!

É precisamente a diversidade o que leva a abrir as publicacións LGTBq deste ano cuha referencia á diversidade diversa, redundando, claro. Facendo fincapé na q de LGTBq. Queer, esa palabra que resoa no subconsciente de tanta xente despois do éxito masivo da serie Queer as folk, e que aínda sen ser de todo comprendida, xa e familiar dentro de moitos contextos. E dentro da música alternativa, o queercore ven sendo un conxunto de estilos que van desde o rock alternativo ao punk máis rabioso, no que o seu fío conductor non é outro que a intencionalidade política.

Se durante a década dos 80, o boom da música estereotipada como gay tomou forza, nos primeiros 90 xorderon dúbidas respecto da imaxe que ese concepto daba da poboación LGTBq en xeral. A figura do home de mediana edad, con éxito laboral, un status económico medio/alto e blanco, fixo que moitas persoas, moitas e diversas, cos seus diversos estilos de vida, coas súas diferentes historias personales, laborales, económicas, etc, deran forma a unha nova expresión musical caracterizada por empregar o termo que viña de ser reclamado neses primeiros anos da década por parte dos colectivos de LGTB, o termo queer co seu significado orixinal, marica, bollera, maricón, sarasa ou calquera outro apelativo que se vos ocurra deses que todos temos na cabeza grazas á nosa ampla bagaxe lingüística en diferentes idiomas.

Así que para celebrar toda esa diversidade, decidimos non facer máis literatura do termo e directamente agasallarvos cunha mostra na Radio Bibliosóns, para que descubrades, desfrutedes, ou simplemente botedes unha ollada a un panorama diverso que alterna entre o punk máis crú actual de Limpwrist e o punkrock alternativo de pionerxs como Pansy Division. Xa sabedes, #asmunicipaisentenden e se o noso lema é #LeConOrgullo, neste caso podedes escoitar con orgullo tamén.

Mulleres coraxe: Reclamando o espazo a berros

Marc Augé falaba hai tempo dos non espazos, dos non lugares; Hannah Arendt falaba moito do concepto de existir como a capacidade de ser vistx e ouvidx para o mundo. Itziar Ziga recolleu o espazo e non esperou a ter ningunha capacidade especial porque ela xa vai con superpoderes incorporados no campo da teoría postfeminista e nin reclamou espazo ningún nin pediu permiso para falar e existir, senón que chantou nas caras de quen non quixese ver que existía, que existía un colectivo de mulleres quen de modificar o espazo ao antoxo da realidade contemporánea, unhas alquimistas do feminismo que transformaban o que tocaban en lume inspirador para todas as compañeiras que aínda dubidan en reclamar o seu (corpo, vida, independencia, igualdade real).

E do mesmo xeito sucede no ámbito musical alternativo, onde o lugar parece o máis axeitado para a existencia de toda a diversidade posíble, pero parece que sempre segue a haber certo prexuízo para un grupo de punk feito por mulleres, para un grupo electro abertamente feminista, ou simplemente que pase por riba (coma en calquera outro xénero musical) das dependencias creadas polo sempiterno director de orquestra chamado home, relegado a non ser frontman.

Moitas foron as que abriron camiño hai tempo, algunhas xa reseñadas neste propio blogue, moitas as que seguen a rachar co discurso masculinista imperante no ámbito máis coñecido e re-coñecido no panorama actual, como señalaba o compañeiro Campos hai uns días. Mais na sombra do ambiente musical de máis sona, resulta sorprendente a cantidade de grupos que concretan o seu discurso musical nunha proclama directa do seu propio espazo, diferenciado e complementario, posicionado e comprometido coa defensa dos dereitos das mulleres, da poboación LGTBQ ou coa defensa da Terra.

Grupos como as canadienses Harum Scarum ou as francesas La Fraction son case pedras chave na reivindicación punk con letras que afondan no persoal, no social , no político e posicionado abertamente:

Discursos expresados con máis ou menos intensidade na música máis actual, Trágatelo, No Statik, Criaturas, Punch… Discursos xa clásicos como Bikini Kill ou Le Tigre, expresados a ritmo de pop, rock ou con tintes electrónicos. Ou determinadas personalidades, que pola súa forza, pola súa implicación e posicionamento claro, seguen a provocar reaccións. É o caso de Nic Endo, artista comprometida desde hai anos participando do proxecto de tecno Atari Teenage Riot, que xa nacera no seu momento como resposta á crecente escea electrónica de tintes fascistas en Alemania, posicionouse desde un primeiro momento comprometida coas loitas sociales e declarando o propio grupo como antifascista, antiracista e antihomófobo. A fama que acadaron fixo que coa súa volta, as reaccións o seu discurso estiveran máis presentes que nunca.

Do mesmo xeito, cerca de nós, grupos como Obediencia, Belgrado, Accidente ou Perräs Salvajes non deixan de tocar unha e mil veces polo Estado e descendendo á escea local, Lascivos sin dúbia marcou unha etapa na escea punk cun sonido cru, garaxe e unha actitude incontestable:

E xa máis recentemente sorprende a actitude totalmente herdada do Riot Grrrl dos 90s das integrantes de Calixta, un proxecto que non deixa de rodar na escea local, cunha xira polo norte do Estado aínda recente e mesturando os ecos do grunge con rock de gusto stoner e actitude, moita actitude!

E para xs que gustedes dos sons menos accesibles, botádelle un ollo a este perfil de Tumblr, incontestable á hora de falar das mulleres no punk.

E bo día da Muller!!!

Os escuros sons das Bibliotecas Municipais

Sons de madeira vella ao camiñar, escaleiras de vello que anuncian a quen sube, ou pegadas firmes no chan entre o silencio dos corredores. Son moitas as sons que debuxan o panorama auditivo dunha biblioteca, mais trazar un mapa sonoro do contido musical específico, escuro, e descoñecido, tamén é unha boa forma de dar a coñecer a cantidade de materiais diversos que pululan entre as estanterías das nosas bibliotecas.

Non somos poucxs xs que gustamos de sonoridades menos comerciales, sons escuros, sons extremos, moitas son as calificacións que se lle poden dar, paro ao final, como todo, depende da nosa propia sensibilidade o son que nos fai poñer os pelos de punta e a pel de galiña. Ao fin, do que se trata aquí é de por en valor a cantidade de documentos relacionados coa música non (tan) comercial. Desde os clásicos do NWOBHM ao black metal en estado crú de Watain, ou do metal alternativo de Tool a o post metal de Neurosis ou, os clasicazos do grindcore con Napalm Death ou do death metal co sempre incrible Clandestine de Entombed…moitas son as referencias que responden a xéneros e subxéneros do metal, tantas que poderiamos seguir perfectamente a xenealoxía que Sam Dunn fixera alá polo 2005 no documental Metal: A headbangers journey entre unha e outra das nosas Bibliotecas Municipais.

Mais non só en formato CD, senón que en formato papel podemos desfrutar de moitos dos subxéneros musicales dos que falo. É por iso que merece a pena facer a recomendación hoxe dun libro sen dúbida especial para calquera amante da música en xeral e de sons coma os descritos, fillos bastardos do heavy metal ou do punk. Metal Extremo. 30 años de oscuridad (1981 – 2011) resulta ser a resposta en formato papel de esa especie de estudo histórico-antropolóxico que Sam Dunn fixera no seu documental.

Salva Rubio traza en Metal Extremo, unha xenealoxía do metal na súa vertinte máis crúa dende as súas orixes ata os nosos días, tentando enfocala coma se dunha tese se tratara, dun xeito obxectivo e incluso instructivo, para cada persoa que quera achegarse a coñecer a infinidade de ramificacións que o heavy e o punk deron de sí. Un libro tan claro que se fora de jazz nos permitiría saltar de Miles Davis a John Zorn sen despeinarnos e entendendo as diferencias obxectivas entre a sensibilidade dun ou outro artista. E xa que este blog é das Bibliotecas Municipais de Coruña, mencionar as aportacións da cidade ao libro, con dous grupos xa referentes na escena metal underground a nivel mundial, Machetazo e Nashgul, dos que xa falamos neste blog.

Non dubidedes en botarlle un ollo a este libro, porque xs que gustedes destas texturas musicais ides gozar, e xs que queirades coñecer máis delas, ides desfrutar dunha viaxe cronolóxica e sonora espectacular.

Sons de días fríos.

Se algo hai que convirte a música en especial é sen dúbida a súa capacidade de unirnos aos nosos instintos, eses que tan domesticados están a base de rutinas, hormigón e normalidade.

Nos inicios do frío faise necesaria a calor da paixón, e en Bibliosóns preparámosvos unha selección de músicas de ceos grises e cemento infecto, mais tamén da calor do lume nunha carballeira escura improvisando un magosto.

A paixón, a música e o instinto, sentir nunca foi malo, ou?! Desfrutade dos sentimentos que vos produza a nosa nova selección da Radio Bibliosóns!

Músicas desde o fin da humanidade.

Non son poucas as referencias que no soterrado da cidade da Coruña existen como mostra do bo saber facer no referente á música alternativa nesta cidade. E precisamente nestas datas temos o adianto do que serán as novas grabacións dun dos grupos de culto por aquí no ámbito do grindcore/death metal.

Nashgul levan xa o seu tempo en activo, dende o 2001 deulles tempo a comezar cun estilo próximo a o emo grind da época de selos míticos como Per Koro e resonancias típicas de Mörser ou Systral, a unha volta  de torca ás raíces do death  metal e o punk, cun sonido máis fiero e crú e reminiscencias de Repulsion, Carcass, e grupos da vella escola. Todo esto unido á súa lista de grabacións e a cantidade de xiras, mini xiras, concertos, etc, fan que sexan un dos nomes máis reputados no ámbito underground a tódolos niveles.

NASHGUL DOOM

A súa prolífica creatividade fai que non poidan evitar ter escarceos múltiples con diversos proxectos, en diversos xéneros e con diferente sonoridade, podedes ver aquí de qué vos falo…

Así que apretádevos o cinto que a estrea de Alex como vocalista no grupo deixa un sabor de boca con regusto a  vello, a furia analóxica e rabia punk da boa, e todo con esa intención das míticas grabacións de John Peel.

nashgul 2013

Non perdades a tormenta, que vos vai gustar mollarvos!

M: country do pais.

A breve biografía que no bandcamp e na súa páxina de facebook ten M deixa claro a súa razón de ser, tras de participar no grupo Back to 1984 tocando a guitarra e o banjo, David decide poñer mans á obra para construir unha faceta en solitario e acústico, diferente a o resto de proxectos nos que poida estar a participar.

LOGO
David, a persona tras o M, leva tempo e tempo con diversos grupos e proxectos vencellados principalmente á escena hardcore-punk, desde Blünt co seu moderno crust melódico a actualmente Inu, avanzadilla do hardcore nipón feito en terras galegas. Polo medio, moitas participacións, moitos proxectos, etc. E un punto de inflexión, Back to 1984, un grupo de punk rock acústico que sin dubida abriu a veda de novas inspiracións para este músico coruñés tras de topar con outro namorado do hardcore e membro de Twenty Fighters e á vez, namorado das sonoridades acústicas derivadas do bluegrass, o punk rock en acústico e mesmo a americana.
CARTEL CONCERTOPolo momento, e a espera dunha grabación larga para o Outono vindeiro, tan só podemos preparar a benvida do larga duración escoitando o tema do seu bandcamp ou optando por revisar o seu repertirio ao vivo, aproveitando que o temos debutando esta semana na Coruña.

Piwi Bizarre Tech e a demolición da paisaxe neuronal.

One man band ben podería ser o nome dun grupo de extrañas influencias bipolares e diferentes influencias cada unha cunha cara, cada unha sendo unha parte ineludible desa banda. E por ahí van os tiros en realidade, unha one man band danza na cabeza de quen compón todo e executa todo nun proxecto que ben podería ser plural mais en realidade é unha pluralidade singular.

946064_486425438096075_2122050905_n

Piwi Bizarre Tech é un proxecto personal, non vou decir one man band porque en realidade é unha one person band, o concepto de persoa entendido dun xeito máis amplo, máis trascendente, case renacentista no proceso creador. O monstro Piwi foi liberado por Alfredo Iglesias como Cthulhu por H. P. Lovecraft, deixando no seu camiño un amasixo de neuronas desconectadas, de paisaxes desolados entre o mecanicismo máis aterrador e o movemento latente máis orgánico.

Como persona e víscera tras do monstro PBT, Alfredo xa participara de proxectos do sen dúbida especial underground desta micro cidade coruñesa; Natividad, aquel grupo de sludge industrial dos primeiros noventa, Hashassin, a máquina do supergrindorita solo comparable aos mellores Brutal Truth polo final do século XX… e neste caso Piwi Bizarre Tech é un fillo bastardo de Godflesh, de sonoridades de Neurosis, e trae por veces ecos dos inicios de Pitch Shifter ou das paisaxes ambientais máis desoladoras da música marcial de Puissance. Todo esto pasado por unha proposta moi especial do selo de nova creación Bestiarie en forma de edición limitada de cassette e coa participación do artista NanVaz e a edición de material visual que late ao ritmo da música polo propio Alfredo.

Sen dúbida Piwi Bizarre Tech non é música para ouvidos non intrépidos. Honesto e brutal na súa forma, áspero ás veces polos ruidos das nosas vidas diarias, hipnótico noutras polos nosos propios biorritmos trasnformados en fluido sonoro. Mais si queredes experimentar in situ a experiencia Piwi Bizarre Tech, tedes a posibilidade de facelo mañá mesmo, xoves 29 de Agosto, se ousades claro…

PIWI BIZARRE TECH CONCIERTO