Acerca de nmartinezrey

Creo firmemente no poder transformador da sociedade que teñen as bibliotecas e a lectura, por iso desenvolvo a miña labor profesional como bibliotecaria. Motívame especialmente a aprendizaxe continua, o que me levou a formarme en áreas como bibliotecas escolares, community management e coaching.

Lemos para ti, lectura en voz alta para adultos

Nun día tan especial para o persoal bibliotecario como é o Día do Libro, efeméride que celebramos este ano desde as Bibliotecas Municipais da Coruña coa campaña “Mollámonos polo libro”, bota a andar a proposta de lectura en voz alta para adultos Lemos para ti.


Mollámonos polo libro

Fai click na imaxe para ampliar información sobre a campaña.

Baixo o lema #Mollamonospololibro desde as bibliotecas apostamos por dar visibilidade e reivindicar o traballo de todos os axentes do sector do libro, así como tamén poñemos de manifesto a necesidade de crear rede e tercer comunidade entre todas as persoas que formamos parte do mesmo: libreirxs, escritorxs, editorxs, ilustradorxs, narradorxs, bibliotecarixs e lectorxs. E ti, móllaste polo libro?


Lemos para ti nace co obxectivo de acompañar a través da voz e achegar lecturas á cidadanía, especialmente a todas aquelas persoas non conectadas a través da Internet e/ou das redes sociais. E ve a luz nestes momentos de confinamento por mor da crise sanitaria Covid-19 para acercarnos a toda a comunidade de usuarios e usuarias das nosas bibliotecas. Coa voz transmitimos emocións, coa voz trasladamos ideas, coa voz recitamos poemas, coa voz contamos historias!!

Cunha periodicidade bisemanal, compartiremos en audio lecturas en voz alta de textos breves e/ou fragmentos de distintos xéneros (novela, poesía, relato, etcétera), que estarán dispoñibles tamén en formato podcast -de aproximadamente 3 minutos de duración cada un- no noso perfil de Ivoox para quen estea familiarizado coas redes sociais e desexe subscribirse ao canal.

A pesares da distancia física, as lecturas gravadas están realizadas coa mesma proximidade, agarimo e coidado co que facemos as sesións a viva voz nos espazos presenciais, e por suposto coa mesma vontade de encontro e convocatoria. Porque como dixo Juan Mata Anaya, presidente da Asociación Entrelibros

“a lectura en voz alta pode ser unha actividade hospitalaria, confortante, alentadora. Fronte á lectura solitaria e illada, a lectura en voz alta é unha forma de encontro, de convocatoria. A lectura en voz alta require a presenza doutros, crea comunidade. E iso produce pracer…”.

E inauguramos a proposta coas seguintes lecturas, que xa poden escoitarse e compartirse por diversas canles:

  • Fragmento da novela de intriga “El sueño eterno”, do escritor estadounidense Raymond Chandler (Chicago, 1888 – California, 1959) e publicada orixinalmente no ano 1939.

Ir a descargar

  • Fragmento de “Válido para unha viaxe”, do escritor, poeta e intérprete interdisciplinar Pau Gener (Sant Celoni, 1977). Traducido ao galego por Brais Estévez Vilariño e publicado en Estaleiro Editora.

Ir a descargar

  • Fragmento da novela “Señora de rojo sobre fondo gris”, considerada como unha declaración pública de amor de Miguel Delibes (Valladolid, 1920 – Valladolid, 2010), referente da literatura española, á súa muller.

Ir a descargar

Para finalizar, recordámosvos que iremos nutrindo semanalmente o catálogo de lecturas en voz alta con novos podcast. Agardamos desfrutedes escoitando estes fragmentos e convidámosvos a compartilos para construír entre todos este espazo de encontro que é #LemosParaTi.

Nas bibliotecas, a música a TOCAS ti

Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña non podemos concebir un mundo sen música, é por iso que temos posto en marcha o Programa Toca Tecla.

Cada quince días, en horario de 19.30 a 20.30, tendes a oportunidade de reservar o piano na Biblioteca Municipal Ágora e ser os progagonistas do voso propio concerto. Traede as vosas partituras e desfrutaredes da posibilidade de atopar un espazo onde trasladar a vosa arte.

Toca Tecla

Dicía Thelonius Monk, pianista e compositor estadounidense de jazz:

“Una nota puede ser tan pequeña como un alfiler o tan grande como el mundo, depende de tu imaginación”.

Así que deixade voar a imaxinación libremente e… ¡que soen as notas!

tocatecla1Samuel, Hugo, Gabriel, Maikol… son algúns dos artistas que se atreveron a compartir con nos a súa música:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Agora tocas ti, ¡música maestro!