Aviador Dro no 31 Festival Noroeste Estrella Galicia

Este ano, o “31 Festival Noroeste Estrella Galicia“, celebrarase entre os días oito e trece de agosto en diferentes localizacións da cidade da Coruña.
Trátase, como cada verán, dunha cita musical única en España, cun atractivo programa de concertos ó aire libre, e que cada edición vén reunindo a máis de 70.000 persoas.
Estrella Galicia, en colaboración co concello da Coruña, organizan este evento de línea estilística aberta e diversa, con cabida para todos os estilos, e que conta con figuras tanto a nivel internacional coma estatal, así como novos talentos en busca da súa oportunidade.
Na súa trixésimo primeira edición, destacan, entre outros moitos artistas, a banda “Aviador Dro“; uns veteranos da música electrónica.

Imaxe publicada na páxina oficial do festival.

Tras case catro décadas enriba dos escearios, esta formación musical, pioneira no estilo electro-tecno-pop no noso país, chega á cidade para ofrecer un concerto único formado por todos os seus grandes éxitos musicais ó longo de todos estos anos de experiencia, e con máis de trinta discos, entre longa e curta duración, ás súas costas, dos que tendes algúns deles á vosa disposición nas biblioteacas municipais.
Busca no noso catálogo e lembra ou descubre a música desde grupo antes de disfrutar do seu directo.
A cita terá lugar na Praza das Bárbaras, o xa citado xoves 10 de agosto ás 22.45 horas.
http://www.youtube.com/watch?v=k8gWqHeGMG0

 

Os Kaiser Chiefs estarán no 31 Festival Noroeste Estrella Galicia

Ca idea de que as bandas coruñesas compartisen cartel con grupos musicais de primeira liña no ámbito nacional, naceu este festival que se celebra anualmente na cidade da Coruña.
Edición tras edición, e xa van 31, foi crecendo, e gañando adeptos e relevancia, abrindo o seu cartel a grupos internacionais, e chegando a congregar na praia a máis de 100.000 persoas.
Este ano destaca o concerto dos británicos Kaiser Chiefs, como cabeza de cartel o venres 11 de agosto na praia de Riazor a partir das 23.30 horas.

Imaxe publicada na páxina oficial do festival

Esta xoven inda que de sobras experimentada banda, nacida en 1997, e de estilo indie rock, chega á cidade con catro discos ás súas costas, e moitos recoñecementos internacionais.

O seu último éxito é o single “Parachute”.
http://www.youtube.com/watch?v=3svLcAkcw1U

 

Lembra que no catálogo das bibliotecas municipais podes atopar discos dos Kaiser Chiefs e doutros moitos artistas. Bota unha ollada antes de disfrutar da súa música en vivo.

Un xullo cheo de boa música na Coruña

Este mes de xullo poderemos gozar de bos concertos na cidade, cunha oferta moi ampla para todos os gustos e idades…. e así de ampla é tamén a variedade de recursos musicais que podemes atopar nas Bibliotecas Municipais da Coruña . 

As datas máis destacadas son:

  • Antonio Orozco, que ofrecerá o día seis  un concerto de caracter solidario en favor da ONG Educo, a partir das 21.00 horas en Marineda City.
orozco

Imaxe oficial da xira “Destino”.

  • Vanesa Martín presentará o disco “Munay” o próximo día oito no Palacio de la Ópera, a partir de las 21.00 horas
vanesa_martin_munay-portada

Cartátula do seu último disco.

  • Juan Luis Guerra chega ó Coliseum o día vinte, a partir das 22.30 horas, ca súa xira “Todo tiene su hora”.
juan luis guerra

Imaxe oficial da xira “Todo tiene su hora”.

  • Joaquí Sabina, tamén no Coliseum e con dúas datas, os días o vinte e dous e vinte e tres, a partir das 22.30 horas.
265673_description_Sabina_lo_niego_toto_entrada_ticketea

Cartel do primeiro concerto na cidade

  • Franco Battiato chegará ó Palacio de la Ópera o día vinte e catro, a partir das 22.00 horas.
battiatoealice220x220

Carátula da súa ultima obra musical.

 

A través do catálogo web das Bibliotecas Municipais da Coruña poderás atopar toda a música que temos a disposición dos nosos usuarios.

Se non atopas o que buscas, lembra que para nós a vosa opinión conta moito, polo que podedes facernos unha suxestión a través do formulario de solicitude de compra.