Recén chegada da súa primeira xira por América Latina, a cantante coruñesa de orixe bergantiñá María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés, xa ten a axenda cargada de concertos para a presentación do seu novo disco “Liberar as arterias” pola xeografía nacional.
En América actuou en Arxentina, Uruguai, Paraguai e El Salvador pero non só ofreceu concertos senon que tamén impartiu obradoiros sobre música tradicional galega.
De Sés podemos dicir que é o fenómeno dos últimos anos da música galega, cunha carreira que non parou de medrar desde que publicou o seu primeiro disco en 2011. Neste sétimo traballo que acaba de ver a luz o pasado 21 de febreiro, SÉS segue evolucionando co seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que conflúen unha escolma de cancións, con letra e música compostas pola propia cantante.
Neste novo traballo non abandona a súa habitual mensaxe combativa que a caracteriza dende sempre, pero sí destacan as influencias dos ritmos latinos pasados eso sí, polo seu filtro de cantareira. O disco componse de 12 cancións e o eixe é a loita feminista que anima a erguerse, a romper as mordazas, a ser unha mesma. O título é unha homenaxe á poeta e activista Luz Fandiño, no que a compositora conclúe que non quere ser escrava da xenreira. Os seus versos están musicados no tema que dá nome ao álbum.
Mentras agardamos ansiosos poder incorporalo ao noso catálogo, máis que recomendada queda a cita o vindeiro 22 de marzo no Pazo da Ópera. O seu directo nunca defrauda, a súa seña un torrente de voz espontánea que tanto canta blues coma unha muiñeira.
O club de lectura de Mesoiro marcha de vacacións ata a volta do verán e quere facelo compartindo o gozo da lectura con todas aquelas persoas que desexen vivir unha xornada máxica dacabalo entre a literatura e a música.
Para acadalo, visita Mesoiro Mielitza, con Carla López e Iago Mouriño, que nos descubrirá o seu novo disco, “Unha illa“, mentres transita entre textos literarios da man do escritor coruñés Xosé Duncan, mestre de horrores e marabillas, dono dun universo de historias moi particular que poderemos coñecer.
Estades todos/as convidados/as a gozar connosco esta festa tan especial. Para non perder! Tomade nota:
Dende Bibliosons tivemos a sorte de poder falar coas integrantes de Tanxugueiras para coñecelas máis de preto.
O subidón máis grande é poder mirar á cara a xente e ver como disfrutan coa nosa música.
Antes que nada, moitos parabéns por ese Premio MIN ao mellor álbum en galego. Gañastes nunha categoría na que tamén se presentaba Mercedes Peón, ¿Cómo se recibe isto?
Gañar os Premios MIN coa importancia e o renome que teñen foi algo moi bonito. O xeito de estar nomeadas con Ezetaerre, Mercedes Peón, Chicharrón, Xoana Veiga e levar o premio ao carón dunhas artistas desa talla foi algo inesperado, calquera podería ser elixido. Pero estamos super contentas e agradecidas de que o xurado valorase tanto esforzo e dedicación.
Tres rapazas novas que fan música tradicional. Este pode ser un titular tipo para definir a Tanxugueiras á par que moi básico. ¿Que matices habería que engadir para describirvos mellor e profundizar máis na música que facedes?
Se temos que definir a nosa música, as primeiras palabras que nos veñen á cabeza son, sen complexos. Escollemos pezas tradicionais e dámoslle o noso punto de vista, facémolo dende o corazón, respecto e disfrutamos moito facendo ese traballo. Somos tres mulleres orgullosas de selo, que disfrutamos ao cantar e contar a nosa tradición e, sendo moi conscientes de que somos capaces de levar un proxecto desta magnitude adiante.
A alusión que facedes a “darlle unha volta” á música tradicional é constante. ¿Que volta hai que darlle exactamente?
Cando decimos que hai que darlle unha volta, referímonos á necesidade de achegar a música tradicional aos nosos tempos, perder o medo a xogar con ela facéndoa nosa.
¿Engancha a música popular?
A música popular engancha. Pouquiño a pouco estase a conseguir que chegue a máis xente, incluso a aquela que nunca escoitara este tipo de música… é un traballo lento pero non imposible. Necesitamos que haxa moitos máis grupos profesionais que arrisquen pola nosa música, para loitar entre todas.
¿Que lle diriades a esa xente nova que aínda non vos coñece porque cre que –en principio- que non lles gusta a música popular senón outros estilos como pode ser o trap, tan de moda agora?
En primero lugar convidamos a asistir a un dos nosos concertos, e despois que decidan. A nós tamén nos gustan outros xéneros e cremos que iso non exclúe á música tradicional.
Estivestes tocando no festival Celtic Connections en Escocia, en Cuba, Suiza e ata na India. ¿Cal foi o concerto que máis vos marcou de toda a vosa traxectoria?
Todos os concertos foron importantes dun xeito ou doutro, pero si temos que quedarnos con algún sería o da India, foi impresionante escoitar a súa música e convivir coas súas costumes. Esa viaxe marcounos moito e decatámonos do valorada que é a música tradicional Galega fora das nosas fronteiras.
Os directos teñen o seu punto, pero gravar un disco –máis cando falamos de música tradicional- é un subidón, ¿non?
O subidón máis grande é poder mirar á cara a xente e ver como disfrutan coa nosa música. Gravar un disco é moito mais frío, utilizámolo para darnos visibilidade, a pesar diso tamén é un proceso moi bonito.
¿Que supuxo para vós colaborar con artistas do talle de Xabier Díaz e Sés ademais de contar coa dirección artística de Pedro Pascual?
Máis ben colaboraron eles con nós! Foi algo moi enriquecedor, puxéronos moitas facilidades, levan anos no mundo da música e polo tanto sempre aprendes moito delas. Compre comentar que Guadi Galego tamén puxo o seu grao de area nunha das nosas pezas. Traballar con Pedro foi moi doado, el deulle vida co seu estilo ás pezas que nun primeiro momento nós escollemos e arranxamos vocalmente.
¿É necesario rodearse destes nomes para poder ir abrindo portas?
Non é necesario para nada, quixemos que colaborasen porque son uns referentes para nós, pero en ningún momento decidimos esa opción para abrir portas.
En tempos de feminismo e fake news. ¿Ser mulleres foi algunha vez un atranco para vós?
Ser muller xa implica un atranco na sociedade na que vivimos, en calquera profesión… polo tanto nós non íamos ser menos, pero aquí estamos a traballar forte para demostrar que a muller ocupa un papel super importante e necesario no mundo da música.
Moitas das letras do disco falan de amor ou do desamor, pero non precisamente no sentido melancólico. ¿Como vedes este sentimento na cultura popular galega?
Na cultura popular hai coplas para todo, eliximos as que máis nos representan,non vemos o desamor coma unha traxedia ou como algo melancólico, o contrario, vémolo coma unha experiencia de vida da que sempre quedas con algo aprendido.
Por certo, ¿como de importante é no voso espectáculo a posta en escena con esas fotos e estilismos tan coidados?
Para nós unha boa posta en escena e un espectáculo coidado en tódolos aspectos e importante , vestímonos como nos sentimos cómodas, somos mulleres dos nosos tempos e polo tanto iso reflíctese no escenario. A pesar disto, para nós o máis importante nun concerto é a calidade musical.
¿É importante que os pais apunten aos cativos a actividades de música dende pequenos?
Claro que é super importante, posto que a música xoga un papel moi grande no desenrollo dunha nena e dun neno, e si os apuntan a actividades onde está presente música tradicional, estaríamos axudando a manter a nosa cultura viva.
Moitísimas grazas e moitos éxitos na vosa carreira!!!
Dentro do Ciclo Temático #Muller que se está a desenvolver durante este primeiro trimestre na Biblioteca Fórum, este xoves 14 de marzo poderemos gozar do concerto recital Femininoplural, que achega ao público unha ruta musical e poética, un universo de mulleres autoras, de libros e cancións ao longo da historia. O percorrido que nos presentan está repleto de historias contadas e cantadas, de voz e música, e reflicte o magnífico patrimonio que nos deixaron as autoras universais que tantas veces permaneceron en segundo plano. Soarán cancións de Amaral, Guadi Galego, Julieta Venegas, Patti Smith e escoitaremos textos de Lucía Aldao, entre outras.
Detrás do proxecto están dúas mulleres, Silvia Penide e Carla López, dúas artistas e compositoras.
Silvia, que segundo reza a súa propia web, é “unha das voces máis peculiares e emocionantes do panorama musical” segue coa súa ascendente traxectoria tras sete traballos discográficos e despois de gañar o “Premio Martín Códax da Música Galega” na categoría Pop/ Indie. Carla, pola súa banda, é musicoterapeuta, facilitadora de Canto Prenatal, músico e especialista en educación musical.
Dende Bibliosons quixemos falar un anaquiño con elas:
B. Sabemos que as dúas sodes coruñesas, pero contádenos como vos coñecestes e sobre todo como decidistes poñer en marcha o proxecto Femininoplural.
S./C. Foi un cúmulo de varias circunstacias, unha idea primixenia que tivo un día Tomás Legido, as nosas propias inquietudes que levaban tempo bulindo nas nosas cabeciñas, a sintonía que temos entre as dúas dende que nos coñecimos facilitou moitísimo o proceso …
B. Mulleres autoras e creadoras de relevancia hai moitas. No voso caso, ¿como é o proceso creativo e a posta en escena? ¿Gústavos seguir sempre unha mesma liña de espectáculo ou ides variando en función do público?
S./C. Buscamos que no espectáculo prime a historia de cada autora, que a peza que cantemos, aínda que sexa moi coñecida, non sobrepase á súa propia creadora. Por iso somos dúas voces e un piano e buscamos unhas tesituras moi particulares á hora de versionar, para crear unha atmósfera que se manteña e conte algo tamén.
Imos variando os temas, sempre dicimos que é un “roteiro itinerante”. A xente aporta moitas ideas e nos fai medrar moito.
B. Os que xa tivemos a sorte de velo, sabemos que é un espectáculo delicado, coidado, fermoso e ben acaído para ambientes “íntimos” como é o caso das bibliotecas. ¿Como valorades que se vos reclame para tocar neste tipo de espazos?
S./C. Para nós é unha delicia. Encántanos e sentimos coma se fósemos parte das paredes, dos libros, … Encántanos.
B. ¿Tedes algún outro proxecto en mente?
Cada unha ten tamén a súa carreira por separado, Carla con Mielitza e Silvia con Silvia Penide.
B. Agora que vimos da semana do 8 de marzo con movilizacións multitudinarias por todo o país, ¿que tedes que dicir sobre as mulleres na música? ¿Nótase o machismo neste ámbito?
S./C. A muller na música é absolutamente imprescindible. Cada día está máis no lugar que nunca debeu deixar de ocupar. Machismo habelo haino, como en todo, por iso é tan necesario seguir dando a coñecer referentes. Cando facemos FEMININOPLURAL en Institutos é emocionante. Os aplausos e as grazas que che dan as novas xeracións son impagables.
A relación de literatura e música é unha das máis antigas e frutíferas colaboracións que se producen entre distintas manifestacións artísticas. Falar da marabillosa conmoción que ambas provocan é tan evidente como subxectivo. Na sonoridade, na iconografía, na pegada social… tanto chegan a compartir que hai cancións que son pura poesía e parágrafos que teñen melodía propia.
Na Biblioteca Ágora non se nos ocorreu mellor xeito de comezar o ano que alimentando esta relación. Grazas á colaboración dos estudantes do Conservatorio Superior de Músicapoñemos en marcha un atractivo proxecto musical para facer que os venres na biblioteca sexan diferentes: En clave de Á. Un ciclo de música de cámara que terá lugar o último venres de cada mes na zona xuvenil da biblioteca (sempre e cando os quefaceres académicos e/ou bibliotecarios, que non son poucos, non impoñan o contrario).
Os rapaces e rapazas do Conservatorio afirman que non hai cousa que poida apetecerlle máis a un músico que tocar, e máis aínda se é no seu barrio. Ilusiónalles poder amosar o seu repertorio diante do público real, público que adoita escasear nas audicións académicas. A primeira oportunidade para escoitalos vai ser este venres 26 de xaneiro ás 19 h. Nesta ocasión recibiremos a Laura Martínez e Eloy Vázquez.
Laura, no seu derradeiro ano de estudos, ofrecerá un pequeno anticipo do seu concerto de fin de grao. E como representante da Asociación de Estudantes do Conservatorio, Eloy tampouco quería nin podía perderse o comezo deste ciclo. Grazas a eles descubriremos como un instrumento imprescindible, a guitarra, pode facer marabillas en sonatas, oberturas ou temas con variacións, creando auténtica maxia sonora.
Laura Martínez e Eloy Vázquez serán os protagonistas da primeira sesión do ciclo musical.
Un concerto de música íntima, pequena, acolledora, nun marco ideal para amosar o talento e esforzo dos nosos músicos máis novos. Coa finalidade, ademais, de apoiar a educación e cultura musicais da nosa cidade. Recordade, a partir do 26 de xaneiro e cada último venres de mes, agardámosvos a partir das 19 h nunha interesante actividade que será de entrada libre e para todos os públicos. Achégate a vivila connosco!
“A música cura, ofrece unha posibilidade de redención. Trátase dunha das poucas cousas (que non sexa de índole química) que pode chegar aos últimos recunchos do noso corazón e a nosa mente e ter un efecto verdadeiramente positivo.”
James Rhodes, Instrumental.
Polo título do post pode semellar que estou baixo efectos psicotrópicos, pero non. Fai un par de semanas tiven a oportunidade, xunto con outras compañeiras das Bibliotecas Municipais, de facer unha viaxe que ben merece unhas liñas. A libraría Moito Conto e a banda de soul Black convidáronnos a a “escoitar cos ollos e ler co oído” nun evento moi especial. Collémonos da man de dúas musas eternamente emparelladas para gozar dun paseo pola mellor música negra: SOUL E LITERATURA. Un paseo no que as áreas de descanso eran libros, xa lidos ou que aínda están por ler, nos que a música é unha protagonista máis da historia.
Podes atopar os mellores libros con banda sonora propia no Cascarilleiro, o catálogo en liña das Bibliotecas Municipais.
A voz de Iria Mejuto e a guitarra de Richi Rozas achegáronnos a temas que forman parte da banda sonora de moitos dos libros que lemos, que nos deixaron sons ademais de palabras nas nosas memorias literarias. Mergullámonos no ambiente dos clubes de Jazz dos anos 40 e 50 con Billie Holiday, o mítico cómic dos arxentinos Muñoz e Sampayo mentres soaba unha preciosa versión de Blue Moon. Un fragmento da impactante biografía do pianista James Rhodes, Instrumental, foi o estímulo para que Black xerase unha sensación máxica na sala: What a wonderful world. Mitos do soul como Otis Redding, Ray Charles, Nina Simone, Amy Winehouse… alternando con Hornby, Murakami, Lorenzo Silva, Francisco Castro… Parágrafos e partituras cunha mensaxe común: a música como válvula de escape ante o sufrimento dun pobo oprimido. A droga que arrolaba as ilusións dos que soñaban coa igualdade racial. Savia vital.
Non penso pormenorizar en tódalas paradas que fixemos, a decisión de descubrir as marabillas desta viaxe é toda vosa. De seguro teredes a oportunidade, xa que este espectáculo didáctico está deseñado para itinerar por espazos de educación secundaria, centros culturais, bibliotecas… co obxectivo de poñer en valor a cultura negra, así como a relación entre música e literatura, a través dun coidado repertorio interpretado en directo. Unha proposta magnífica dunha formación mutante (o formato de Black varía de dúas persoas a nove) que aposta pola música soul, “esa música de voces negras que alimentan a alma e a sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos oír, na súa maioría, en vellas gravacións”.
Se mo permitides, finiquitarei a crónica cun recadiño para xs amigxs “blackies”: autodefinirse como “proxecto musical” é quedar curto. Ides moito máis alá. Foi un luxo participar na estrea desta iniciativa tan interesante, diferente e necesaria. Grazas por crear algo tan fermoso!
Iria Mejuto (voz), Richi Rozas (guitarra), Jorge Quesada (baixo), Anxo Seco (teclados), Adrián Seijas (batería), Wilson Ortega (trompeta), José García (saxo), Marian Ledesma e Lucía Veiga (coros) son os nove músicos que integran Black no seu formato BigStage.
Si eres fan del pop-rock alternativo y/o progresivo, estás de enhorabuena. Porque nos han llegado noticias de que este fin de semana la sala LeClub acoge un concierto de dos bandas emergentes cuya música va en esa onda. Los anfitriones son la banda local Maple Apple, que se definen como una banda de rock alternativo-lírico y cuyas influencias cubren un amplio espectro que va desde el rock industrial de Nine Inch Nails o Kidneythieves al rock alternativo de Tool o Radiohead, pasando por el metal lírico de Within Temptation o Delain.
Pero no van a estar solos. Para completar el cartel se han traído a una interesante banda portuguesa, Big Red Panda, con experiencia en festivales en el país vecino como el Vodafone Mexefest o el Sonicblast Moledo. Con claras influencias del rock sinfónico más clásico e intemporal, como Pink Floyd o Yes, vienen a presentar su último álbum, ‘Gran Orbiter’, el segundo larga duración de su discografía después del álbum homónimo con el que debutaron en 2014.
Así que ya sabes, si el cuerpo te pide una buena dosis de psicodelia alternativa, la cita es el sábado a partir de las 22:00 h. Good trip!
[Si no conoces a alguno de los grupos mencionados en el post y sientes curiosidad por saber cómo es su música, recuerda que puedes encontrarlos en nuestras bibliotecas. Consulta su disponibilidad en nuestro catálogo.]
A Coruña está de estrea,Xabier Díaz presenta o seu novo disco, ‘The Tambourine Man’. O título é toda unha homenaxe o célebre tema de Bob Dylan. A cita é o venres 16 de outubro e terá lugar xunto coas Adufeiras de Salitre –11 percusionistas e cantoras de música tradicional– ás 20,30 horas no Teatro Rosalía de Castro.
Será unha cita moi especial posto que se trata da cidade natal do músico e onde vive toda a súa familia. A presentación chegará tamén a Vigo (15 de novembro), Madrid (4 de decembro) e Barcelona (5 de decembro), entre outras prazas porque as miras son tamén de proxectarse no exterior e ogallá que así sexa.
The Tambourine Man é o último traballo do grande da música galega Xabier Díaz xunto ao grupo de percusionistas As Adufeiras de Salitre. As Adufeiras son ex antigas alumnas súas cando Xabier era profesor de adufe e pandeiro cadrado, e aínda que nun comezo só ían participar nalgúns temas forman parte indusutible do disco aportando enerxía e moita luz.
Despois de 8 anos participando en proxectos colectivos (Berrogüetto, aCadacanto, Luar na Lubre, Amancio Prada, Os Cempés, Marful, Nordestinas, Kepa Junquera, Uxía, Xosé Manuel Budiño… Xabier, volve en solitario e publica un disco no que volta á raíz, no que recupera tradición recente dos últimos 50 anos e volvea transmitir de xeito humilde e brillante.
É un disco que afonda no noso propio ADN segundo explica o propio Diaz. Inclúe 11 temas tradicionais galegos e un castelán cun marcado enfoque vangardista.
O disco baséase nas recolleitas que Xabier foi desenvolvendo como investigador e compilador da música tradicional. A voz, mais tamén a percusión conforman a base e a estrutura do disco que, despois, se reviste con outros instrumentos da contorna da música galega.
Unha cita para non perder que dende Bibliosons recomendamos, así como a consulta e préstamo dos seus anteriores traballos dos que xa dispoñemos nas Bibliotecas Municipais.
“Suellen está bébeda” unha das frases máis coñecidas do mundo da dobraxe da CRTVG dá nome a un dúo de punk rock coruñés que realizou o seu primeiro concerto aló polo 2013 e que hoxe segue loitando por permanecer en escena ainda que non sexan tan coñecidos como a mítica frase.
Se non sabedes de quen falamos, tedes a oportunidade de velos hoxe sábado ás 22:30, estarán tocando en directo no Pub Cazuza da Coruña. En Bibliosons falamos con eles.
¿ Por que elixistes ese nome tan característico?
Estábamos hartos de ponernos los típicos nombres “apolíticos” del Punk. Teníamos en mente muchos pero no nos convencía ninguno. La semana en que elegimos ese nombre había fallecido J.R., y entre cerveza y cerveza surgió la conversación sobre esos dos temas. Alguien dijo: “Suellen está bébeda”, nos gustó, y así se quedó.
Por certo, ¿de quen bebedes vós?, ¿cales son os vosos grupos de cabeceira?
Principalmente lo que más nos gusta es el Punk-Rock de los 80, aunque nos gustan muchos estilos y grupos musicales, así que sería un poco difícil decirte cuáles son nuestros grupos de cabecera. Tenemos hasta una versión de Boney M. y alguna de los Chunguitos escondida por ahí.
Tocar punk rock con só dous integrantes no grupo debe resultar cando menos complicado, ¿foi unha elección ou non atopades máis xente que se sume ao proxecto?¿cómo vos apañades á hora de tocar?
Es más fácil de lo que te imaginas, aunque a veces requiere mucho esfuerzo.
En los grupos con mucha gente siempre suele haber discusiones, eso lo sabemos por experiencia, así que cuanta menos gente haya en un grupo mejor. Tuvimos varios baterías, pero…los baterías están todos locos. Nos apañamos perfectamente los dos solos.
Imaxino que tocades nos voso temo libre pero ¿que proxectos tedes en mente? ¿Novos concertos? ¿Gravación dalgunha maqueta?
Tocar todos los conciertos que se puedan, y si es posible a la larga grabar un disco.
Para a xente que se achegue a vervos este sábado ao pub Cazuza, ¿Qué se vai atopar?
“Eran dos tipos requetefinos, eran dos tipos medio chiflaos, eran dos tipos”.
Este é un aviso para navegantes e para os amantes da música máis despistados que ainda non se enteraron que este sábado 24 de xaneiro ás 20:30 teñen unha cita probablemente irrepetible no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Os galegos Silvia Penide, César de Centi, Luis Moro, Nando Deibe e Félix Arias seguramente coñecidos por todos pero de xeito individual, agora formanCincoparedes. Esta recente formación súbese ás táboas do auditorio coruñés para presentarnos o seu traballo no que cada artista presta as súas cancións para formar parte “dun todo”.
A idea é interpretar todos á vez, sobre o escenario 15 temas durante noventa minutos.Serán temas propios e arranxados entre os cinco artistas para a ocasión. Sen dúbida unha particular posta en escena que vai supoñer un cambio na traxectoria persoal de cada un dos músicos.
Felix Arias e Silvia Penide xa compartiran o seu talento baixo a fórmula Canciones Ajenas, na que realizaban versións doutros grupos.
Aqueles concertos supuxeron o xerme de Cincoparedes, que deu os seus primeiros pasos hai tres meses. Logo de dúbidas e reticencias iniciais nos primeiros ensaios conseguiron a cohesión.
Dende logo un espectáculo para no perder, sobre todo porque na mente dos artistas, polo de agora, figura como única data a deste sábado 24 de xaneiro ás 20:30
Podedes mercala vosa entrada no despacho de billetes da praza de Ourense ou en Servinova.