O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña convídate ao #AgoraSón 2017 para gozar cos directos de De vacas e a Xabier Díaz e as Adufeiras de salitre o vindeiro venres 20 de outubro ás 21.00 h.

Concerto #ÁgoraSon2017
Os convites repártense, de balde e ata se esgotar, nas bibliotecas municipais e ademais pódense conseguir entradas a través do concurso #BookfaceBMC #AgoraSonunLibro ♪ ♫ ♪ ♫ no noso instagram:
Baseándonos no fenómeno #Bookfacefriday, polo que un libro se converte na túa cara, lanzamos o #AgoraSonunLibro para promover libros en lingua galega.
- Síguenos no Instagram @bibcoruna
- Sube a túa foto e usa os hashtags #bookfaceBMC e #AgoraSonunLibro e etiquétanos
- Envíanos esa mesma foto, xunto co teu nome, apelidos e teléfono de contacto a bibliotecas@coruna.es
As 5 fotografías con máis “Gústame” en Instagram gañarán 2 entradas cada unha para o concerto do AgoraSón 2017 do 20 de outubro. (O prazo de presentación de fotos remata o 16 de outubro)