Lista de Reprodución Forum: voces de muller

De xaneiro a finais de marzo na Biblioteca Forum contaremos coa mostra bibliográfica “O mundo en feminino”; por iso, este mes a lista vai dedicada ás voces femininas. Desde Adele e Taylor Swift, ata Ana Gabriel e Rosa León, ofrecémosvos unha pequena selección dalgunhas das artistas de épocas e estilos moi diversos, que podedes atopar nos nosos fondos.

O pasado decembro cumpriuse un século do nacemento do gorrión de París, Edith Piaf. A pesar dunha infancia difícil, problemas de saúde, adiccións, romances desafortunados e unha morte prematura, segue sendo unha das voces francesas máis lembradas e recoñecidas, e tamén destacou como actriz de cinema e teatro. Un dos seus temas máis coñecidos é A Foule (1957), unha versión do vals peruano Que ninguén saiba o meu sufrir (1936), composto polo arxentino Angel Cabral e con letra de Enrique Dizeo. Coñecido tamén como Amor dos meus amores, foi interpretado por María Dolores Pradera, Julio Iglesias, Raphael, Nati Mistral e Plácido Domingo, entre moitos outros. A versión de Edith Piaf só utiliza a música orixinal, cunha nova letra de Michel Rivgauche.  

A cantautora, multinstrumentista, compositora e produtora islandesa Björk comezou pronto no mundo da música. Con once anos xa lanzara o seu primeiro álbum, Bjork (1977), de gran éxito en Islandia pero que non viu a luz noutros países. Tras pasar por varias bandas, saltou á fama con The Sugarcubes e cando se disolveu a banda, marchou a Londres onde iniciou a súa carreira en solitario. Considerada unha das figuras máis importantes da música contemporánea, é famosa polo seu estilo ecléctico, vídeos provocadores e sentido da moda extravagante. O seu cuarto álbum en solitario, Homogenic (1997), foi disco de platino en Estados Unidos, e é considerado un dos seus traballos máis experimentais e mellor logrados. Bachelorette foi o segundo sinxelo do disco. O tema, con letra do poeta islandés Sjón, foi composto para unha película de Bernardo Bertolucci, pero o proxecto non se levou a cabo. Unha canción teatral e cargada de emocións, que continua e pon fin  á triloxía iniciada con Human Behaviour (1993) e Isobel (1995), temas do seu segundo e terceiro traballo en solitario, respectivamente. Os videoclips dos tres temas foron dirixidos por Michael Gondry.

Procedente dunha familia de exiliados guineanos, Concha Buika foi criada no barrio chinés de  Palma de Mallorca, onde creceu entre xitanos e ambientes flamencos, o tempo que na casa, a súa nai amosáballe as grandes voces do jazz e a música iberoamericana. Nunha viaxe que fixo a Londres para estudar interpretación, convidárona a un concerto de Pat Metheny que cambiou a súa vida. Nese momento comezou a súa carreira musical, participando en bandas locais, dúos e tríos con músicos americanos e mallorquinos. No ano 2000 chegou a As Vegas, onde traballou como dobre de Tina Turner e The Supremes e foi convidada por Rachelle Ferrell para cantar no Club Blue Note. Unha vez de volta en España instálase en Madrid e lanza o seu primeiro disco Mestizüo (2000), que demostra o seu talento. O seu cuarto álbum, Niña de Fuego (2008), foi nomeado a un Grammy Latino como Álbum do ano. Nel hai copla, flamenco e rancheiras. Os temas foron compostos por ela e Javier Limón, e falan sobre os sentimentos, de mulleres fronte á soidade, a infidelidade ou que se namoran do home equivocado. Destacamos a rumba Non haberá ninguén no mundo.

A cantante e compositora coruñesa Verónica Ferreiro naceu nunha familia de músicos, polo que sempre estivo moi vinculada á mesma. Verónica foi ao Conservatorio Superior de Música de A Coruña, onde estudou piano e solfexo; e aínda que  sempre lle gustou as melodías afroamericanas e o folk, non foi ata a adolescencia, cando coñeceu a Carmen Rey, coa que estudou Técnica Vocal e Improvisación, que comezou a escoitar aos grandes e a entender o jazz e a música negra. No ano 2004 obtivo o premio de Mellor Intérprete Galega e marchou cunha bolsa a estudar á Escola de Música Creativa de Madrid. Durante 5 anos formouse cos mellores do jazz do panorama nacional e comezou a traballar como corista, bailarina e cantante. No 2008 creou, con Sergio Fernández, a súa propia banda de Jazz. En 2010 lanzou o seu primeiro disco Laio, que combina o acústico e o eléctrico. Este traballo, autoproducido e gravado integramente en directo, mestura español, galego e inglés e camiña entre o jazz, o soul e o folk. Todos os temas, agás Non quero Crer (de Carmen Rey) compúxoos ela con Sergio. Con este traballo chegou a ser número 1 do jazz Itunes en España, coándose mesmo nas listas de México e Arxentina. Destacamos o tema que abre o traballo e lle da nome.

Aquí tedes a Lista de Reprodución ao completo. Lembrade pasar pola Biblioteca Forum para levar os álbumes dos traballos seleccionados e visitar a nosa nova mostra.

Adele – When We Were Young, Ana Gabriel – No te hago falta, Ana Popovic – Navajo Moon, Anni B Sweet – Motorway, Bebe – Me fui, Bjork Bachelorette, Buika – No habrá nadie en el mundo, Carole King –  Where You Lead, Dolores Keane – Heart Like a Wheel, Edith Piaf – La Foule, Enya – Orinoco Flow, India Martínez – Sólo tú, Jane Joyd – Landscape No. 1, Janis JoplinPiece of My Heart, Joan Baez – Diamonds & Rust, Joni Mitchell Furry Sings The Blues, Loreena McKennitt – Dickens’ Dublin, Mary J Blige Take Me As I Am, Najwa – Donde rugen los volcanes, Patti Smith Birdland, Rosa León – Voy andando sola por la Castellana, Sade – By Your Side, Sés Canto aquí, canto na Habana, Taylor SwiftI Knew You Were Trouble, Uxía – Rosa namorada, Verónica Ferreiro – Laio

Björk: la vulnerabilidad que cura

bjork

Dos noticias recientes han vuelto a traer a Björk, la otrora musa de la música alternativa, a los titulares de los medios: por un lado, la salida esta semana en formato CD de su último disco, Vulnicura -tras la filtración en la red a principios de año, lo que forzó un apresurado lanzamiento digital online-; por otro, la inauguración de una retrospecitva en el MoMa de Nueva York sobre su carrera en solitario como compositora y cantante a lo largo de más de 20 años que se podrá visitar hasta el 7 de junio. La confluencia de ambas nos da pie para hacer un breve repaso por el presente de la pequeña e indómita islandesa a la luz del pasado y viceversa.

Empezando por lo más actual, Vulnicura, su octava entrega, supone un cambio significativo en cuanto a las pretensiones y el planteamiento del disco anterior, Biophilia (2011), un ambicioso proyecto que iba más allá de lo meramente musical, el cual incorporaba una serie de aplicaciones interactivas para iPad y un proyecto educativo online para trabajar con y sobre ellas, y cuyo eje temático giraba en torno al amor -y la curiosidad- por la vida y la naturaleza en todas sus manifestaciones. En esta ocasión, Björk se vuelve sobre sí misma y nos ofrece un relato intimista sobre la ruptura sentimental y familiar con su pareja, el artista Matthew Barney, con el que trata de “documentar” -como revela en ‘Stonemilker’, el tema que abre el disco- todo el proceso casi con minuciosidad de entomóloga, abriéndose en canal, exponiendo abiertamente su vulnerabilidad -“soy una herida”- y yendo al fondo de su dolor para tratar de comprenderlo, metabolizarlo y acabar finalmente superándolo resurgiendo de sus cenizas, haciendo honor una vez más al extraordinario coraje que siempre ha tenido como artista.

En lo musical, en este nuevo disco, como en prácticamente todos a partir de Médulla (2004), volvemos a encontrar a una Björk que huye de las estructuras convencionales y cómodas del pop, desdibujando las fronteras entre estilos y géneros musicales e internándose en el terreno de la música experimental, a base de densas combinaciones de delicadas texturas de cuerda y sofisticados beats electrónicos. A pesar de que su irrupción en solitario en el panorama musical de principios de los 90 tuvo lugar dentro de la escena pop, pronto fue obvio que ese traje le venía muy estrecho. Si algo caracteriza a Björk es su insaciable curiosidad y su búsqueda incansable de nuevas formas de expresión musical y artísticas, con un amplísimo abanico de influencias que van, por ejemplo, desde el rap combativo de unos Public Enemy hasta el serialismo vanguardista de un Stockhausen. Paradójicamente, sin embargo, el exuberante eclecticismo de su música se ha acabado convirtiendo en su gran handicap de un tiempo a esta parte, perdiendo gran parte del predicamento del que gozaba tanto entre la crítica como entre el público en general, que progresivamente se han ido descolgando de su tendencia al experimentalismo.

Ello resultó notorio, por ejemplo, en la visita que hizo a tierras gallegas en 2012 para actuar en la Ciudad de la Cultura, en donde hubo momentos de gran desconexión con el público. Dejando de lado la absoluta inadecuación del recinto -una de las explanadas exteriores del complejo- para el evento y que hacía un frío polar, a pesar de coincidir con el solsticio de verano, era evidente que gran parte de la gente iba buscando a la diva pop de ‘Big time sensuality’ o ‘Violently happy’ y que se encontraba un tanto desconcertada e incluso fuera de lugar ante el intimismo cósmico de ‘Moon’ o con su incursión en las profundidades fantasmagóricas de la microbiología en ‘Hollow’ (ver abajo el vídeo realizado en colaboración con el animador biomédico Drew Barry). El problema de Björk, yendo al meollo de la cuestión, es que en realidad ya no hace, ni por asomo, música pop, pero todavía continúa arrastrando esa etiqueta, quizás por inercia, quizás como reclamo comercial. Su música encaja muchísimo más en contextos que permitan una escucha atenta de la infinita cantidad de matices y calidades que atesora, como auditorios, que en festivales o conciertos como el del Gaiás en los que el público espera, cerveza en ristre, un hit pop tras otro.

En este sentido, la exposición del Museo de Arte Moderno de Nueva York le hace justicia y sí parece mucho más acorde con su universo creativo. En ella se muestran sonidos, películas, imágenes, instrumentos, vestidos y objetos que recogen, a modo de crónica, más de dos décadas de una carrera caracterizada por los proyectos “audaces” e “innovadores”.  Los intereses de Björk siempre han ido mucho más allá de la música, abarcando cualquier forma de expresión creativa que, por supuesto, también incorpora en ella. Por ello, la retrospectiva incluye los robots que Chris Cunningham diseñó para el vídeo ‘All is full of love’, el vestido con forma de cisne de Marjan Pejoski que causó tanto revuelo en la gala de los Oscar en 2001 o el espectacular vestuario “orgánico” diseñado por Iris van Herpen para la gira de Biophilia.

Después de 20 años, nadie podrá reprocharle haberse acomodado. Ciertamente.

bjork moma

Imagen de la instalación ‘Black lake’ del MoMa

O perfume do jazz do vento do norte

Cuando pesen demasiado la rutina, / el trabajo y la vida en la ciudad, / nos iremos en un viaje infinito / con esa tonta sensación de libertad / hacia el fondo de ese mundo del que me has hablado tanto / paraíso de glaciares y de bosques polares / donde miedos y temores se convierten en paisajes / de infinitos abedules, de hermosura incomparable. 

Nunha das súas máis coñecidas cancións, Viaje a los sueños polares, sinalaba Family a mediados dos 90 unha vía xeográfica de escape cara unha outra vida posíbel, na intención de acompasar a inmensidade da paisaxe exterior ao estado de ánimo da paisaxe interior de cadaquén. Na procura dunha serenidade desexada por necesaria, os donostiarras Iñaki Gametxogoikoetxea e Javier Aramburu conseguiron esbozar naquel disco os camiños desa búsqueda desde unha presada de cancións preñadas de melancolía electrónica e sensibilidade pop.

terja-rypdal-same garbarek3 sidsel Jan garbarek - visible world - front

A leitura do voluminoso e fascinante Un hombre enamorado, do noruego Karl Ove Knausgard -o fenómeno literario do momento en moi diferentes países- levounos na última semana de volta a ese espazo xeográfico de querencia recorrente. As grandes extensións abertas, o mar, o frío, a natureza, o clima condicionando as vidas das persoas e marcándoas de forma decisiva, como elemento case disciplinario no seu decorrer…

E a música. Especialmente o jazz, en sentido moi amplo. Nun momento da novela, nunha festa cultureta en Estocolmo, varios artistas suecos conversan con Knausgard e pregúntanlle polo jazz noruego. El queda pensando e responde unicamente: si, temos bo jazz, gústame especialmente Bugge Wesseltoft, tentando achegar algún nome que non fose o do recoñecido Jan Garbarek. Pero como o autor recoñece, a mención queda curta. El mesmo amplía, noutros lugares, a súa listaxe de preferencias.

Bugge-Wesseltoft-Snowing-On-My-Piano Wesseltoft_Schwarz_Berglund_Trialogue_frontcover-700x700 beady belle beadybelle2

 

O mesmo queremos facer nós. Traspasando as fronteiras políticas, o espazo escandinavo achega nomes que son tremendamente recomendábeis e convén visitar. Nils Petter Molvaer, Sidsel Endressen, Beady Belle, Silje NergaardHanne Hukkelberg, Terja Rypdal… Tamén a lapona Mari Boine, e fóra de territorio mais con similar sensibilidade, a imprescindíbel islandesa Bjórk.

Nesta ocasión non imos desenvolver un achegamento á figura e traxectoria de cada un deles. Existe abondoso espazo virtual onde quen quixer pode achegarse a cada unha desas figuras, ou ler sobre o conxunto da escena do chamado jazz nórdico. Tamén as propias webs de selos como Jazzland ou ECM, chaves no desenvolvemento do mesmo, son accesíbeis e úteis para calquera persoa interesada. Tencionamos, pois, algo máis básico: simplemente provocar a descuberta de sonoridades que, a modo de banda sonora das nosas paisaxes emocionais, nos permitan visitar, ou fuxir, ou habitar en calma, ou pasear… polos recunchos e as horas en que nós tamén precisamos respirar, e sentir na faciana, os perfumes fríos do vento do norte.

 

Coma sempre, no catálogo das Bibliotecas Municipais da Coruña podes atopar as referencias que temos destes artistas. Se es socio, xa sabes como funciona o préstamo; se aínda non o es, lembra que conseguir o teu carné é rápido e de balde.