Lista de Reprodución Forum: Xaneiro e o mellor de…

O mes pasado fixemos repaso do mellor da música nos últimos 15 anos no que a panorama nacional se refire, segundo unha enquisa feita pola revista Rolling Stone aos seus lectores. Desta volta é a quenda da música internacional.

A cantautora británica de soul, R&B e pop Adele consegue meterse na lista co seu potente tema Rolling in the Deep. Unha sinfonía disco escura con toques de blues e gospel moi ben recibida pola crítica musical que a eloxiou con comentarios moi favorables tanto pola propia voz de Adele coma pola letra e a instrumentación do tema.

Outra gran diva británica tristemente desaparecida xa, Amy Winehouse figura co seu segundo e último álbum de estudio Back to Black. Tras o seu lanzamento e promoción, Back to Black vendeu máis de 20 millóns de copias arredor do mundo, convertendoo así no álbum de maior éxito comercial de Amy Winehouse. O tema que dá título o álbum é conciso pero xa figura  como unha das mellores cancións de toda a historia da música. Unha lección de clase e señorío cunha letra apoteósica “dixémonos adeus sen palabras e morrín cen veces” reza o estribillo.

Take Me Out pola súa banda é o single máis popular do álbum Franz Ferdinand ademáis dunha estupenda canción chea de vivacidade, enerxía e estilo. Franz Ferdinand dá nome ao mesmo tempo á banda de indie rock, formada en Glasgow, e chamada así en honor ao Arquiduque Francisco Fernando de Austria (en alemán Franz Ferdinand) que firman a súa autoría.

O seu dominio do ritmo e a excelente coordinación entre guitarrazos e golpes de batería chegaron a situalos  á cabeza do revival post-punk. Pero non só pola música é coñecido Franz Ferdinand, a súa estética vanguardista doulles máis dunha portada nas revistas de moda sendo o icono perfecto das tendencias.

franz-ferdinand

A lista segue con artistas da talla de Radiohead, Arcade Fire, Muse ou os Artic Monkeys deixando patente a querencia polos sons rock. Sen embargo non falta a electrónica e o toque da música funk e disco que aporta por exemplo Daft Punk co seu pegadizo Get Lucky.

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa para acompañar a lectura. E non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para poder levalos en préstamo:

Adele – 19, Amy Winehouse – Back to black, Arcade Fire – Arcade Fire, Artic Monkeys  – Whatever People Say …, The Alan Parsons Project – Tales of Mystery and Imagination Edgar Allan Poe, Björk – Debut, The Black Keys – Turn Blue, David Bowie – Heroes,  Coldplay – Live 2012, Daft Punk – Human after all, Depeche Mode – Sounds of the universe,  Franz Ferdinand – Tonight, Gorillaz – Plastic Beach, Interpol – Our love to admire,  Muse – The 2nd law, Radiohead – Kid A,  R.E.M: – Collapse into now,  The Rolling Stones – Stripped, Saint Etienne – Tales from turnpike house, Simon and Garfunkel – Bridge Over Troubled Water, Talking Heads – Stop Making Sense, The Strokes – Angles, Travis – The invisible band, ST. Vincent – Strange Mercy, U2 – No Line On the Horizon, Vampire Weekend – Vampire Weekend

O club dos 27

portada-club-27 (1)

O Club dos 27: vivir rápido, morrer mozo e deixar un bonito cadáver.

Así é como se denomina un grupo de músicos que comparten unha singularidade: ter morto aos 27 anos. Non obstante, esta non é a única premisa que deben cumprir os membros do selecto Club 27, xa que para ingresar nel, o seu falecemento tivo que deberse a un exceso de drogas ou alcohol, de ambas as dúas cousas ou a un suicidio. A listaxe está composta polos seguintes músicos:

Robert Johson– guitarrista e cantante de blues (1911-1938)

Brian Jones – guitarrista e cofundador do grupo The Rolling Stones (1942-1969)

Jimi Hendrix – guitarrista (1942-1970)

Janis Joplin – cantante de rock e blues (1943-1970)

Jim Morrison – vocalista do grupo The Doors (1943-1971)

Kurt Cobain — cantante e guitarrista do grupo Nirvana (1967-1994)

Amy Winehouse – cantante de soul (1983-2011)

robert_johnson

Robert Johnson (1911-1938)

A alma por unha guitarra

Ata a vida e habilidades dalgúns grandes músicos teñen como trasfondo lendas que explicarían por que chegaron a estar nese firmamento de estrelas. Este é o caso dun dos mellores guitarristas do mundo e cantante de blues, Robert Johnson, cuxa lenda fala dun pacto co demo. A lenda di que Robert Johnson vendeu a súa alma ao demo, a cambio de tocar o blues mellor ca ninguén.

brianjones

Brian Jones (1942-1969)

El é o verdadeiro fundador de The Rolling Stones. Neses escuros e difíciles comezos o líder natural da banda era Brian, quen ademais se converteu no arquitecto do seu son e no seu primeiro apoderado. Despois de conseguir a súa primeira gravación e aconsellados polo seu novo apoderado, Jagger e Richards empezaron a compoñer xuntos. Pouco a pouco foron collendo as rendas da banda, relegando a Brian. Ao mesmo tempo, unha lea pola noiva de Brian, que acabou marchando con Richards, foi o que deu lugar ao distanciamento e ruptura de Jones coa banda. Apareceu morto na piscina da súa casa, circunstancia que aínda non foi aclarada.

jimi-hendrix-375322-e1306887309158

Jimi Hendrix (1942 -1970)

Pouco queda por dicir do que é considerado un dos mellores guitarristas de todos os tempos, se non o mellor. Cantante e compositor, Hendrix é unha das grandes influencias para calquera guitarrista que se precie non só pola súa endiañada técnica, senón tamén polo seu son psicodélico que terminou por converterse en todo un estilo musical. Unha mistura de alcohol e pastillas para durmir fixo que se afogase no seu propio vómito e o mundo da música perdese a un dos seus buques insignia.

images

Janis Joplin (1943 – 1970)

Unha das cantantes de blues por excelencia. Esta sensacional artista foi unha das voces do movemento hippie dos anos 60 e todo un icono para as mulleres da súa época polo seu carácter rebelde e as súas letras pacifistas. Morreu de sobredose de heroína. Janis foi incinerada e arroxáronse as súas cinzas ao océano Pacífico. Deixou escrito no testamento que entregasen 10.000$ aos seus amigos para que montasen unha festa salvaxe á súa morte. XENIO E FIGURA.

images (1)

Jim Morrison (1943 -1971)

O líder da lexendaria banda The Doors foi moito máis ca un cantante. Foi un poeta, un cineasta, un xenio  que fixo as veces de “mesías” para a xuventude estadounidense, á que alentou a revelarse contra o sistema. O seu corpo apareceu na bañeira do seu piso en París e o planeta enteiro chorou a morte dun dos máis grandes. “Estades a beber co número tres”. Jim Morrison, cantante de ‘The Doors’, profetizou así a súa propia morte tras recibir a noticia de que Janis Joplin acababa de falecer, 16 días despois de morrer Jimi Hendrix. Era outubro de 1970. Está enterrado no famoso cemiterio parisiense de Père Lachaise e a súa tumba é unha das máis visitadas.

kurt

Kurt Cobain (1967 – 1994)

Considerado por moitos como a última estrela do rock, o líder de Nirvana foi a cabeza visible dun movemento que revolucionou a industria e o mundo enteiro: o grunge. A súa forma de cantar e as súas letras serviron e serven de inspiración para toda unha fonte inesgotable de bandas. O seu continuo e abusivo uso das drogas apertaron o gatillo da escopeta que terminou coa súa vida deixando desamparada a toda unha lexión de seguidores.

amy_winehouse02

Amy Winehouse (1983-2011)

Dende a súa morte son moitos os que queren incluíla no “club”, Winehouse foi encontrada morta no seu apartamento de Londres á idade de 27 anos e as súas fans xa a converteron en lenda. Non diremos que a polémica cantante non tivo un gran talento para a música e cuxa curta pero exitosa carreira non influenciase noutros artistas. Non obstante, situala entre os míticos integrantes do Club dos 27 parece, cando menos, precipitado.

Estes e outros moitos artistas están esperando por ti nas Bibliotecas Municipais. Dálle ao play!

catálogo

O blues de Miki Nervio & The Bluesmakers na Sagrada Familia

Os Xoves na SagradaMiki Nervio & The Bluesmakers é unha banda que non necesita presentación: levan máis de vinte anos sobre os escenarios, gañándose en cada unha das súas actuacións o respecto e o cariño do público.
Formación pioneira en Galicia, comenzaron a súa andaina facendo blues eléctrico pero foron evolucionando ata aproximarse máis ao sonido acústico da música negra de principios do século XX.
Esta viaxe buscando as orixes do blues, permitiulles achegar ao público a tradición das street bands, facendo que instrumentos tan pouco usuais e sorprendentes, como a táboa de lavar, a guitarra de aceiro, as culleres, o contrabaixo, a guitarra de doce cordas, a mandolina e o kazoo, sexan hoxe en día familiares para os seus seguidores.
Neste ano veñen de autoeditar o seu quinto disco “Let The Old Times Roll”, traballo máis ecléctico que os anteriores, no que se mesturan estilos coma o folk, o jazz, gospel, western swing e ata rock’n’roll primitivo, pero sempre en clave de Blues, o seu leimotiv dende a súa creación.
A súa versatilidade e amplo repertorio, permitiulles actuar en calquera lugar, en plena rúa ou en todo tipo de local. Este xoves 21 de novembro cerraran o ciclo Os Xoves na Sagrada 2013 da Biblioteca da Sagrada Familia.. Nesta velada de blues estaremos acompañados polos mestres:

  • Miki Nervio: Voz e kazoo
  • Slim Slide Louis: Guitarra resonadora
  • Big Boino Juanjinson: Contrabaixo
  • Washboard Plof: Táboa de lavar e percusión variada.

O Blues fluirá a través das estanterías e os libros, un peche de ouro para esta temporada de música entre libros.
Nas bibliotecas municipais, concretamente na de Rosales e na Infantil e Xuvenil de Durán Loriga podedes levarvos en préstamo algún dos seus traballos.