Lista de Reprodución Forum: Brasil

Chega febreiro e con el o Entroido, e pensando no Entroido, deseguido nos veñen á cabeza Rio de Janeiro e a samba. Por iso, a Lista de reprodución deste mes, dedicámola á música brasileira, que nun reflexo da diversidade cultural do país, conta con influencias indíxenas, africanas e europeas. Nela atoparedes a grandes como Antonio Carlos Jobim, Caetano Veloso, Chico Buarque, Maria Bethânia ou Daniela Mercury.

Empezamos cun animado tema de Ana Carolina e Seu Jorge, Comparsas ou Pequenez e o Pitbull, do álbum Ao vivo, lanzado en 2005 e que conseguiu o triplo disco de platino en Brasil, e que inclúe versións acústicas de cancións de éxito das carreiras de ambos, como Pra Rua Me Levar, Garganta e Vestido Estampado de Ana Carolina e São Gonça, Carolina e Chatterton de Seu Jorge.

Con máis de 500 temas, Toquinho é un dos cantantes e compositores máis importantes do Brasil, pero se hai unha canción pola que é coñecido, é por Aquarela, a canción que compuxo en 1983 xunto con Vinicius de Moraes, M. Fabrizio e G. Morra, e que dá nome ao seu disco número 35. O tema Aquarela foi versionado en italiano e castelán polo propio Toquinho, e foi interpretado Seguridad Social, Rosario Flores, ou Los Limones, achegándolle cada un o seu toque persoal. Merece a pena escoitar a versión española e a orixinal para comparar, pois a letra é bastante diferente.

María Rita, filla de Elis Regina, (unha das maiores representantes da música popular brasileira), e do compositor César Camargo Mariano, comezou a súa carreira musical aos 24 anos. Considerada un dos maiores expoñentes de bossa nova e samba actuais, gañou o Premio da  Associação Paulista de Críticos de Arte en 2002 como artista revelación antes de sacar o seu primeiro traballo, do que vendeu máis dun millón de copias. En 2014 foi seleccionada por The New York Times como unha das 10 mellores artistas en vivo e xa conta con 11 premios Grammy. O seu tema A festa conseguiu o Grammy de Mellor Canción en Portugués en 2004.

Sabemos que Carlos Núñez non é de Brasil, pero no ano 2009 o noso gaiteiro máis internacional lanzou o disco Alborada do Brasil, resultado dunha viaxe iniciada no 2007, no que buscaba as conexións musicais entre Galicia e Brasil. E é que desde que descubriu que o seu bisavó José María, que tamén era músico, emigrou a Brasil e desapareceu, quixo desentrañar o misterio. A súa investigación apunta a que José María iniciou unha nova no Novo Mundo baixo o nome de José M. Nunes ou Nunez, onde triunfou como músico. En 1904, o ano en que supostamente desembarcou no Brasil, tivo o seu primeiro éxito músical con Maxixe de ferro. Pixinguinha fixo un arranxo e gravou o tema 50 anos despois co seu grupo, e tras outros 50 anos Carlos fai  un novo arranxo e grávao con gaitas galegas. Pero este non é o único tema destacar, xa que para este traballo rodeouse de máis de 100 artistas, entre os que figuran The Chieftains, Carlinhos Brown, Lenine, Adriana Calcanhotto e Wilson dás Neves.

 Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución, e se queredes escoitar os álbums seleccionados ao completo, lembrade pasarvos pola Biblioteca Forum para levalos en préstamo.

Ana Carolina & Seu Jorge – Comparsas o Pequenez e o Pitbull, Astrud Gilberto – The girl from Ipanema, Antonio Carlos Jobim – So danço samba, Banda Reflexús – Madagascar olodum, Bossacucanova & Roberto, Menescal – Telefone, Caetano Veloso – Beleza pura, Carlinhos Brown – Lá vai ela, Carlos Núñez – Maxixe de ferro, Cássia Eller – Palavras ao vento, Céu – Cangote, Chico Buarque – Samba de Orly, Daniela Mercury – Só No Balanço Do Mar, Djaban – Segredo, Gal Costa – Festa do interior, Gilberto Gil – Dança da moda, Grupo Raça – Se me chamar eu vou, João Gilberto – O nosso amor, Legião Urbana – Pais e filos, Marcelo Camelo – A noite , Maria Bethânia – Tatuagem, Maria Rita – A festa, Milton Nascimiento – Catavento, Suba – Tantos desejos, Tim Maia – Chocote, Toquinho – Aquarela, Zeca Pagodinho – Ah! Leque

Rita Lee lanza o seu perfume

brasil-rita-lee-lp-12-13347-MLM3015657438_082012-F

Brasil é cara fóra, musicalmente, o país/continente/selva/océano/galaxia propia do samba (Martinho da Vila, Paulinho da Viola, Nelson Cavaquinho, Cartola, Zé Ketti, …), da bossanova (Joao Gilberto, Tom Jobim, Vinicius de Moraes, Toquinho, Astrud Gilberto, Elis Regina, Stan Getz, Baden Powell,…), do tropicalismo (Os Mutantes, Tom Zé, Caetano Veloso, Gilberto Gil, Maria Bethânia, Jorge Ben, Wally Salomao, …) e da MPB (Chico Buarque de Hollanda, Gal Costa, Djavan, Chico César, Adriana Calcanhotto, …). Tamén, aínda que bastante menos, de bandas de rock con carimbo propio (Secos & Molhados, Novos Baianos, Legiao Urbana, Cazuza, Paralamas do Sucesso, …). Por último, é territorio propicio para artistas de identidade e traxectoria dificilmente clasificábel que, como a Rita Lee, a Cássia Éller ou o Tom Zé, se moveron como anguías ao longo das últimas décadas por entre todo ese mar de músicas e músicos, de influencias e escenas, de tradicións e modernidades propias e alleas.

Queremos achegarnos hoxe á figura da primeira, a irreverente, aloucada, genial e descontrolada Rita Lee. Comecemos da mellor maneira, gozando das súas cancións…

 

 

E continuemos coñecéndoa agora a través doutro xénio antes citado, o Tom Zé.

 

 

O xornalista arxentino Osvaldo Bazán, nun magnífico artígo sobre a artista brasileira, fai referencia a este relativo descoñecemento da Rita Lee e matiza: “Hay un momento en la fiesta, en cualquier fiesta, cuando ya todos están suficientemente contentos, cuando el alcohol en sangre permite la locura de la corbata en la cabeza, en que después del pepepepe pepé, para bajar sin perder el clima, el dj pone Lança perfume. Suenan los espantasuegras, los pitos, las matracas. Y después el dj pega Baila conmigo. Como se baila en la tribu. Bababababaila conmigo. Melodías simples, alegría tranquila, relax sonoro. Lanzaperfume y Baila conmigo son los dos hits intercambiables que meten a Rita Lee en cuanto casorio, cumpleaños, Bar-Mitzvah se realice en Argentina. Sin embargo, pese a esa omnipresencia de salón de fiestas, su carrera de cuarenta años es en gran medida desconocida en el país. Quizás el lanzamiento de Biografitti, tres dvd con la biografía de Rita Lee Jones Carvalho del primoroso sello Biscoito Fino –actuaciones históricas, recuerdos imborrables, encuentros memorables, material de archivo, y una larga y entretenida charla sin concesiones – ponga las cosas en su lugar y la Señorita Lee finalmente sea reconocida como lo que es: la mayor rockera del subcontinente, idolatrada por héroes del género como Kurt Cobain, Stereolab, L7, Beck o David Byrne.”

 

rita_lee_rock   tumblr_lrh2l02Wqg1qaxihzo1_400

En efecto, sorprende que unha cantante cunha listaxe de hits tan longa e irresistible (Banho de espuma, Virus do amor, Doce Vampiro, Lança Perfume, Manía de você, Ovelha Negra, Chega Mais, … ) non sexa comparable en coñecemento mundial a outras grandes figuras da música brasileira, e iso a pesar de ter comezado xustamente nunha banda de culto como Os Mutantes, que inicialmente se chamaron “Os Bruxos. Hasta que leyeron un libro que les dio el nombre que estaban buscando. Pasaron a ser Os Mutantes. La primera leyenda del rock en portugués. El grupo del que, treinta años más tarde, se hicieron fanáticas las más grandes estrellas del rock mundial. El trío que aún hoy, a más de cuarenta años de su creación, continúa asombrando por la experimentación, la falta de prejuicios y sobre todo, por una mirada que se confunde graciosamente entre libertad y libertinaje, piedra fundacional de lo que sería el pop mundial. Se disfrazaban, se pintaban, ¡horror!, metieron guitarras eléctricas y hasta un theremin casero. Todo mezclado, todo mezcludo. Y ahí apareció el tropicalismo de Caetano Veloso y Gilberto Gil, y los poetas Torquato Neto y Capinam y el director vanguardista Rogério Duprat y Tom Zé y Gal Costa y Nara Leao y era la dictadura y nada importaba.” 

 

 

No ano 72, nun dos momentos de máximo suceso do grupo, Rita Lee deixou Os Mutantes. Alegouse na época que a súa saída tiña causa nas diferenzas musicais cos irmáns Baptista, que daquela apostaban por un son máis semellante ao de bandas norteamericanas como Emerson, Lake & Palmer. Co tempo foise sabendo que na realidade a súa marcha -forzada, ela non tivo outra opción- estivo máis relacionada coa fin do seu casamento con Arnaldo, nunha época en que os integrantes do grupo vivían nunha comunidade hippie na Serra da Cantareira, na zona norte da cidade de São Paulo, onde o uso de diferentes drogas e as trocas de parceiros sexuais eran relativamente frecuentes.

A marcha da banda foi traumática para a Rita, mais propiciou o comezo da súa fecunda carreira en solitario, formada por máis de vintecinco discos nos que predomina a alegría vital, a falta de pudor sexual, as mesturas de rock, psicodelia e pop, as historias cotiás e divertidas.

osmutantes os-mutantes1

RitaLeeBuildUp Rita-Lee

 

Na entrevista de Osvaldo Bazán a propia artista explica as súas motivacións e intereses: “Las letras de mis canciones son bien calcadas de mi universo brasilero, soy hija de inmigrantes, descubrir Brasil es mi gran aventura en esta vida, y como buena tropicalista que soy, me gusta desfilar sin pudores por cualquier avenida musical del planeta.”  Si su gran aventura fue descubrir Brasil, habrá que reconocer que, a los 62 puede darse por satisfecha. En Grafitti se la ve componer un tema, Miss Brasil, con una letra propia que es una declaración de amor, de principios y de brasileridad al palo.

“Soy del tiempo de Mariacastaña/ cuando los bichos hablaban en Radio Nacional/ y había marchas de carnaval/ En los concursos de Miss/ ¡Ah, cómo era feliz!/ Era feliz.

De la época de la Guanabara/ De la bossa de Nara/ De los tropicalistas/ De los hippies comunistas/ De la voz de Elis.

¡Ah, cómo era feliz!/ Era feliz.

Soy de los nuevos tiempos/ Del final del vinilo/ Del boom de Madonna/ Del caos de Brasil/ Del desorden en el país/ ¡Ah, cómo era feliz!/ Era feliz.

Soy del tiempo, del tiempo/ Del exacto momento en que el mundo explotó/ Fue bueno que haya existido/ El Brasil de la utopía/¡Ah, como era feliz!/ Era feliz/ Yo era feliz.

Y lo sabía.”

 

 

Retirada dos escenarios -mais non da música- desde o 2012 polos seus problemas físicos  e convertida en icona contracultural no seu país, a propia Rita Lee explica a súa obrigada transición persoal dos últimos anos (do “sexo, droga e rock and roll” ao máis posmoderno “sexo, ioga e rock and roll”) e asiste divertida á aparición continuada de filmes documentais, ensaios e espectáculos sobre a súa vida e a súa traxectoria.

Se antes de te achegares a este post non a coñecías, oxalá a súa lectura puidese servir para espertar a túa curiosidade sobre ela. Nas Bibliotecas Municipais da Coruña en breve poderás atopar discos de Rita Lee e de Os Mutantes.