Concerto homenaxe a Carlos Casares – Xardín Desordenado

Na mostra “De acordes”, e dentro do programa “Ler Conta Moito”, temos a sorte de contar con Xardín Desordenado en concerto.  A cita será o luns 8 de maio ás 19:30 horas na Biblioteca do Fórum Metropolitano.

O grupo foi creado en Vigo no ano 2011, cando comezaron a percorrer bibliotecas e librarías buscando palabras ás que poñer música e chámase así así por unha  expresión que utiliza Daniel Salgado nun dos seus libros.  Como resultado da procura, realizando unha selección segundo o que lles provocaban os poetas, e logo levan os textos ao seu terreo, o jazz. Este traballo conta cunha unha dificultade engadida, pois o grupo evita tratar textos que xa foron musicados por outros.

O obxectivo de Xardín Desordenado é promover a poesía galega. De feito no seu primeiro traballo, chamado coma o grupo, escolleron quince poemas de homes poetas, que acompañaron de instrumentos acústicos; mentres que no segundo, Aprendendo a ladrar, reúnen cancións compostas sobre textos de poetas galegas, dende Rosalía a autoras contemporáneas, coma Carmen Krukemberg, Marica Campo, Olga Novo, etc.

Aquí a súa versión de Neno, de Manuel María:

No concerto renderán homenaxe a Carlos Casares, escritor a quen este ano se lle adica o día das Letras Galegas. Nel incluirán textos ben coñecidos do autor, como “A Galiña Azul” ou “Un Polbo Xigante”, pero tamén poemas non publicados ata agora en libros. Iso sí, os textos irán aderezados con moito swing, moito blues e moita bossa nova.

Agardámosvos o luns 8 de maio ás 19:30 h, cando teremos o pracer de escoitar a Santiago Ferragud, Marlene Rodrigues, David Outomuro, Lorenzo Boo e Isaac Garabatos.

E se non podedes vir, ou quedades con ganas de escoitalos de novo, o mércores 10 de maio á mesma hora, estarán na Biblioteca de Estudos Locais.

Advertisements