Mañá xoves 2 de febreiro arrinca unha nova edición do ciclo de concertosEn Clave de Á, unha proposta que naceu no ano 2018 como unha colaboración entre a Asociación de Estudantes do Conservatorio Superior de Música da Coruña (CSM) e a Biblioteca Ágora para ofrecer música de solistas e grupos de cámara do CSM nun espazo diferente.
Con este proxecto musical queremos dar oportunidade ao alumnado do CSM de que ensaien o seu repertorio con público real e ás nosas usuarias e usuarios de que gocen do espectáculo da música en directo, apostando deste xeito tamén desde a biblioteca pola educación e a cultura musical da cidade.
Fai click na imaxe para ampliar información da proposta na web das Bibliotecas Municipais da Coruña.
Un xoves ao mes, teremos ocasión de descubrir e gozar do talento musical das rapazas e rapaces do Conservatorio de Música nun concerto para tódolos públicos na sala de adultos da Biblioteca Ágora.
Neste primeiro evento que inaugura o ciclo, escoitaremos a Sabela Albariño González ao piano, a Carla López López ao violín e ao Quinteto CAOS -integrado por Sara Piñeiro Rivas (trompeta), Xavier Vázquez Gutiérrez (trompeta), Pablo Pazos Rial (trompa), Antía Pardo López (trombón) e Daniel Varela (tuba). Velaquí o programa completo da velada:
Achégate á Biblioteca Ágora a escoitar música en directo entre libros e aproveita para botarlle unha ollada á nosa sección de música!
Xa tivemos a sorte de coñecer a oito dos seus membros no encontro Cantando coa Sinfónica, do pasado 24 de abril.
De esquerda a dereita: Sabela, Paula, Laura, Laura, Maikol, Lucas, Helena e María.
Nel os rapaces contáronnos qué é para eles o Coro, compartiron anécdotas e vivencias do tempo que levan no mesmo. E sobre todo, fixéronnos partícipes da súa paixón pola música, e do compañeirismo e a amizade que hai entre eles. O seu amor polo coro e a boa sintonía reinante, fan que non importen as distancias (algúns membros veñen de Monforte ou León), o importante é cantar, e mesmo o fan nos descansos dos ensaios.
Pode que parte da maxia, consista en que non teñen que sobresaír uns sobre os outros, senón que o que se busca é un empaste de voces, unha boa sintonía, algo que sen dúbida conseguen.
Todos falaron do que lles aporta, o que melloraron desde que comezaron e como lles compensa o traballo extra de asistir aos ensaios os sábados pola mañá, ou mesmo ir cantar despois da súa graduación. Outra mostra do que lles gusta a música é que moitos o compaxinan tamén co Conservatorio; no coro hai grandes violas, pianistas, etc.
O pase de diapositivas require JavaScript.
A paixón polo Coro é algo que teñen en común co seu director Daniel García Artés, que comezou no Coro aos 19 anos, e que desde fai dous leva a batuta en solitario; e coa súa coordinadora, María, que leva máis de 20 anos nel.
Do que non cabe a menor dúbida é do seu talento, pois tres dos que nos acompañaron, Laura, Helena e Lucas, xa forman parte do Coro de Adultos da OSG.
Nós tivemos a oportunidade de escoitalos cantar un par de temas. Pero esta vez, no Auditorio do Fórum estará o coro ao completo, e ollade o programa que teñen preparado:
.: Odi et amo – Carl Orff
.: If music be the food of love – Henry Purcell
.: Ave Verum Corpus – W. A. Mozart
.: When you wish – Leigh Harlile (arr. Daniel G. Artés)
.: I Will follow him – Franck Pourcel, Paul Mauriat (arr. Daniel G. Artés)
.: Creep – Radiohead (arr. Daniel G. Artés)
.: One day more – Claude-Michel Shönberg (arr. Mark Brymer)
.: Bohemian Rhapsody – Freddie Mercury (arr. Daniel G. Artés)
.: Fix You – Cold Play (arr. Daniel G. Artés)
Como podedes ver, abarcan tanto música clásica e contemporánea, coma pop, e é que aínda que agora só está Daniel (que revolucionou o coro ao incluir temas máis coñecidos), o coro tivo antes outros directores: José Antonio García Mato, Fernado López Briones e José Ramón Rodríguez Castellanos, e as preferencias de cada un por un estilo, deixou en herdanza un repertorio moi amplo e variado, que lles permite achegarse a todo tipo de público.
Se queredes pasar unha tarde escoitando boa música, non vos perdades o Coro Xove da OSG. Agardámosvos!!
O venres 13 de novembro tivemos o pracer de contar de novo coa actuación en directo de dous grandes artistas da cidade: Pablo Rubén Fernández e Andrea Seijo.
Pablo Rubén Fernández comezou a súa carreira como cantautor fai case vinte anos. Desde entón paseou as súas composicións polos escenarios galegos, contando á xente as historias que a todos pasáronnos e que alguén tiña que facer canción. Sente unha especial admiración por Silvio Rodríguez, Joaquín Sabina, Pedro Guerra, Mecano, Revólver ou Los Secretos, dos que sempre fai algunha versión. É tamén un dos integrantes do colectivo de cantautores coruñeses “Venres de Cantautar“. A súa especial admiración por Joaquín Sabina levoulle, en 1998, a dedicarlle unha noite enteira, interpretando soamente versións dos seus temas; cultivou un gran éxito de público, o cal lle levou a repetir a experiencia cada ano e a facer o mesmo con outros artistas como Revólver ou Amaral.
Desde fai sete anos, Andrea Seijo acompáñalle ás voces. Esta nova artista coruñesa, tamén compositora, forma parte do grupo infantil Pirilampoe gravou dos discos como coro con Luar na Lubre.
Estreáronse na biblioteca Monte Alto por primeira vez en xuño de 2015. É un escenario que Pablo Rubén a miúdo visitou como lector ou estudante, pero que por primeira vez usou como auditorio. Todos quedamos encantados coa experiencia e convidámolos a volver cando quixesen. E así foi: onte recibímolos de novo cos brazos abertos. Un concerto para todos os públicos nun lugar cheo de palabras, historias e emocións, onde os libros e as historias persoais que Pablo íanos contando acompañaron ás cancións.
Deixámosvos co vídeo dunha actuación dunha das cancións que puidemos escoitar onte. Ata a próxima!
Xa estamos en febreiro, mes curto pero intenso, ven cargadiño de días sinalados, o día dos namorados, o antroido, o día da radio, o día de Rosalía… Pero desta volta na Lista de Reprodución tomamos nota do que está por vir e facémonos eco de varios concertos dos que poderemos desfrutar durante o 2015 no panorama nacional.
Por iso a Lista deste mes é ben diversa de xéneros, e de aí a explicación que poidas escoitar dende Estrella Morente ao incrible e escandaloso Robbie Williams. España é o país elixido polo artista británico para dar comezo a Let Me Entertain You Tour. O set de concertos do cantante pop terá dúas paradas: no Palau Sant Jordi de Barcelona e no Barclaycard Center de Madrid. Con inicio de xira en Madrid, o 25 de Marzo no Barcalycard Center, seguirao Barcelona, o 27 de Marzo no Palau Sant Jordi, cidades nas que hai máis de 10 que Robbie non toca en directo.
O Let Me Entertain You Tour traerá o mellor de Williams, todos os seus hits nun único concerto, no que repasará o mellor da súa carreira e onde non faltarán os seus temas máis coñecidos como Bodies, Supreme, Eternity e moitos outros.
Este ano tamén poderemos ver no noso país a outro dos grandes, Lenny Kravitz. Unha das lendas máis importantes da historia do rock nos seus últimos 30 anos, Lenny Kravitz, confirmou tres concertos en España. Será o 18 de xullo en Gijón, o 20 de xullo en Madrid e o día 22 do mesmo mes no Festival Starlite de Marbella. Nesta ocasión Lenny Kravitz vén presentar Strut, o seu último disco de estudo, décimo na súa carreira musical, que recibiu moi boas críticas e do cal xa lanzou o primeiro single Chamber.
E por suposto os escenarios estarán cheos de artistas españois. Estrella Morente, Treixadura, Kepa JunkeraPablo Alborán,Leiva e moitos outros.
Leiva pechará #PolvoraOnTour, unha das xiras de maior éxito no noso país, con 17 novas datas, coas que sumará case 100 concertos entre 2014 e 2015. Pólvora entrou directo ao número 1 en vendas grazas ao seu son elegante e efectivo, pero tamén a un rock persoal e distintivo que contén éxitos tan rotundos como Terriblemente cruel.
Especial mención merece a cantante e compositora India Martínez que está nomeada á Mellor Canción Orixinal a banda sonora da película de Daniel Monzón, “El niño”. India recibiu ademáis recentemente o Premio Própolis Á Mellor Voz, un galardón que recoñece as mellores voces nos ámbitos da canción, a interpretación e os medios de comunicación.
Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa. E non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para poder levalos en préstamo:
AC/DC – Black ice, Pablo Alborán – Tanto, Felix Arias – Manchados de tinta, The Black Keys– El camino, Miguel Bosé – Bosé Papitwo, Carla Bruni – No promises, Kepa Junkera + Melonius quartet – Fandango, El Kanka – El día de suerte de Juan Gómez, Kiss – The very best of Kiss, Mark Knopfler – The ragpicker`s dream, Lenny Kravitz – Are you gonna go my way, Leiva – Pólvora, Mago de Oz – Mago de Oz, Franz Ferdinand – Tonight,Gorillaz – Plastic Beach, India Martínez – Camino de la buena suerte, Pablo Milanés – Las mejores canciones,Estrella Morente – Mujeres, Katy Perry – One of the boys, Amancio Prada – Trovadores, místicos y románticos,Los Punsetes – Una montaña es una montaña, Raphael– De amor & desamor, Revolver – Revolver, Second – Fracciones de un segundo,Los Secretos – Adiós tristeza, Joan Manuel Serrat– Mediterráneo, Treixadura – Unha noite non é nada, Robbie Williams –Intensive Care
“Suellen está bébeda” unha das frases máis coñecidas do mundo da dobraxe da CRTVG dá nome a un dúo de punk rock coruñés que realizou o seu primeiro concerto aló polo 2013 e que hoxe segue loitando por permanecer en escena ainda que non sexan tan coñecidos como a mítica frase.
Se non sabedes de quen falamos, tedes a oportunidade de velos hoxe sábado ás 22:30, estarán tocando en directo no Pub Cazuza da Coruña. En Bibliosons falamos con eles.
¿ Por que elixistes ese nome tan característico?
Estábamos hartos de ponernos los típicos nombres “apolíticos” del Punk. Teníamos en mente muchos pero no nos convencía ninguno. La semana en que elegimos ese nombre había fallecido J.R., y entre cerveza y cerveza surgió la conversación sobre esos dos temas. Alguien dijo: “Suellen está bébeda”, nos gustó, y así se quedó.
Por certo, ¿de quen bebedes vós?, ¿cales son os vosos grupos de cabeceira?
Principalmente lo que más nos gusta es el Punk-Rock de los 80, aunque nos gustan muchos estilos y grupos musicales, así que sería un poco difícil decirte cuáles son nuestros grupos de cabecera. Tenemos hasta una versión de Boney M. y alguna de los Chunguitos escondida por ahí.
Tocar punk rock con só dous integrantes no grupo debe resultar cando menos complicado, ¿foi unha elección ou non atopades máis xente que se sume ao proxecto?¿cómo vos apañades á hora de tocar?
Es más fácil de lo que te imaginas, aunque a veces requiere mucho esfuerzo.
En los grupos con mucha gente siempre suele haber discusiones, eso lo sabemos por experiencia, así que cuanta menos gente haya en un grupo mejor. Tuvimos varios baterías, pero…los baterías están todos locos. Nos apañamos perfectamente los dos solos.
Imaxino que tocades nos voso temo libre pero ¿que proxectos tedes en mente? ¿Novos concertos? ¿Gravación dalgunha maqueta?
Tocar todos los conciertos que se puedan, y si es posible a la larga grabar un disco.
Para a xente que se achegue a vervos este sábado ao pub Cazuza, ¿Qué se vai atopar?
“Eran dos tipos requetefinos, eran dos tipos medio chiflaos, eran dos tipos”.
Este é un aviso para navegantes e para os amantes da música máis despistados que ainda non se enteraron que este sábado 24 de xaneiro ás 20:30 teñen unha cita probablemente irrepetible no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
Os galegos Silvia Penide, César de Centi, Luis Moro, Nando Deibe e Félix Arias seguramente coñecidos por todos pero de xeito individual, agora formanCincoparedes. Esta recente formación súbese ás táboas do auditorio coruñés para presentarnos o seu traballo no que cada artista presta as súas cancións para formar parte “dun todo”.
A idea é interpretar todos á vez, sobre o escenario 15 temas durante noventa minutos.Serán temas propios e arranxados entre os cinco artistas para a ocasión. Sen dúbida unha particular posta en escena que vai supoñer un cambio na traxectoria persoal de cada un dos músicos.
Felix Arias e Silvia Penide xa compartiran o seu talento baixo a fórmula Canciones Ajenas, na que realizaban versións doutros grupos.
Aqueles concertos supuxeron o xerme de Cincoparedes, que deu os seus primeiros pasos hai tres meses. Logo de dúbidas e reticencias iniciais nos primeiros ensaios conseguiron a cohesión.
Dende logo un espectáculo para no perder, sobre todo porque na mente dos artistas, polo de agora, figura como única data a deste sábado 24 de xaneiro ás 20:30
Podedes mercala vosa entrada no despacho de billetes da praza de Ourense ou en Servinova.
Xurxo Mares, coñecido cantautor coruñés, celebra nin máis nin menos que os seus 50 anos coa música.
Faino ofrecendo unha selección das súas mellores cancións acompañado por xente coma Pablo Añón (xaxo e piano), Rosalía Vázquez (cello), Tito Ritman (acústica), Robert Pier (guitarra), Carlos Mares (acústica) e Tonu Leiro (caixón), e contando ca colaboración de Paris Joe, César de Centi, Gabriel Encinar.
Xurxo Mares naceu na Coruña no 1950 e dende moi pequeno estivo implicado nisto da música. Contan que en 1964 caeu nas súas mans unha guitarra, que rapidamente se puxo a tocala e que en canto soubo tres acordes compuxo a súa primeira canción. A partir de aquel día a vida de Xurxo estivo totalmente vinculada á música: tocou en varios conxuntos musicais; participou en todo tipo de festivais; contribuiu á formación do “Movemento Popular de Canción Galega” –con Miro Casabella, Benedicto, Bibiano, Emilio Cao, Rodrigo Romaní o Antón Seoane–; cantou aos grandes poetas galegos; compuxo as súas propias cancións; gravou un primeiro disco con 10 temas en galego ao que titulou “Mareas Vivas”. Participou na creación da plataforma colectiva de cantautores galegos “CONcierto ENcanto“, na que tamén interviñeron César de Centi, Gabriel Encinar, Jorge Bau, José Luis Paz, Manu Clavijo, Pablo Bubén Fernández, José María Herrero e Patricia Vázquez.
Na súa carreira en solitario Xurxo fai o que sempre fixo, que non é outra cousa que empregar a música sin ningunha pretensión. Como quen usa a lingua para expresarse. E iso é o que sigue facendo actualmente, actuando e distinguíndose pola súa particular forma de tocala guitarra, cunhas excelentes composicións e unha voz que denota a súa veteranía.
Sen dúbida unha cita para non perder. Podes mercar a túa entrada aquí.
Concierto encanto / Actúan: Pablo Rubén Fernández, Xurxo Mares, José Luis Paz, Dúo Memorias, César de Centi, Jorge Bau, Participa, CUAC FM Colectivo de Universitarios Activos
Estamos metidos de cheo nas Festas de María Pita 2014 e no blog imosvos dando boa conta das actuacións musicais das que podedes desfrutar nos diferentes puntos da cidade.
Na Lista de Reprodución do Forum Agosto 2014 tamén nos preparamos para ir de festa. Seleccionamos algúns dos artistas máis populares que deleitarán a todo tipo de público cos seus concertos e tamén nos lembramos dalgunha actuación de festas pasadas.
O pregón correu a cargo da cantante de Boimorto, Luz Casal e coa súa mensaxe nos quedamos estes días “aproveitar este tempo de desfrute, de cambios nos hábitos, de soplos de aire que aparten o tedio” queremos tomar as festas como “un tempo de obviar a pesadume … tomando o camiño do desfrute e do entretemento”
O testigo de Luz foi tomado por un dos cantantes españois cunha voz moi persoal, o catalán Sergio Dalma que reuniu a moitos dos seus seguidores na praza de María Pita, onde interpretou temas de Cadore 33 o seu último traballo, pero tamén tirou do seu repertorio de éxitos.
Ao igual que fixo Antonio Orozco quen vive actualmente “o mellor momento” da súa vida” tras un “proceso de recomposición” persoal e musical que quedou reflexado no seu último disco, Dez, un recopilatorio co que conmemora unha década de carreira, á que o artista pon nota: “Sempre imperfectos”.
Hoxe xoves é a quenda de Milladoiro, considerado como o grupo de folk máis internacional dentro dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego. Canda eles comparten cartel os coruñeses Tiruleque que co seu último traballo Mu!! Consolida o estilo acadado no seu primeiro álbum.
Aqui vos deixamos a Lista completa e non esquezas pasar pola biblioteca para levar aos concertos as cancións ben aprendidas.
Alejandro Sanz – El tren de los momentos, Amaral – Gato negro, dragón rojo, Antonio Orozco – Renovatio, Belle and Sebastian – Write about Love, Os Cempés Tentemozo, Cristina Pato – Xilento, The Chieftains – Ry Cooder, Conchita – Nada más, Dani Martín – Dani Martín, Delafé y Las Flores Azules – De mí sin tí, Estopa – Voces de ultratumba, Eskizos – 1989-1993, Lamatumbá – Paraugas universal, Loquillo y Trogloditas – Una banda de Rock & Roll español, Love of Lesbian – La noche eterna, Julieta Venegas – Sí, Luz Casal – Vida tóxica, M Clan – Para no ver el final, Madness – The heavy heavy hits, Mika – Life in Cartoon Motion, Milladoiro – O niño do sol, Novedades Carmiña – Juventud Infinita, Rosendo – A veces cuesta llegar al estribillo, Russian Red – Fuerteventura, Ruxe Ruxe – A terra dos comentos, Sergio Dalma – Cuerpo a Cuerpo
Achégase unha das citas máis esperadas dentro do programa das festas de María Pita, o Festival Noroeste Pop-Rock2014 que terá lugar os días 8 e 9 de agosto no areal de Riazor. O Festival continúa así a súa traxectoria un ano máis, converténdose no Festival de Rock máis lonxevo da comunidade dende que comezara coa súa primeira edición no 1986.
O venres 8 os milleiros de persoas que se reúnan no areal coruñés poderán desfrutar ás 00:30 dos cataláns Love of Lesbian, que están en plena xira co seu novo show “El poder de la tijera”, segundo eles mesmos aseguran “hai moito que recortar” sobre todo no tema político. A cita agárdase con ansia na cidade posto que o grupo leva sen actuar na Coruña dende o ano 2010, cando abarrotaron a sala Playa Club, deixando a moitos dos seus incondicionais ás portas.
LOL estarán precedidos, ás 23.00 horas, polos tamén cataláns Delafé y las FloresAzules, outro dos nomes clave da escena pop independente española que están de aniversario, nin máis nin menos que dez anos sobre os escenarios, tempo no que se viviron cambios na formación e separacións sentimentais dentro do grupo pero sempre acompañado de boas cancións e bo “rollo” que consiguen transmitir. Na cita seguro que non faltan temazos e hits como La Juani ou Primavera que se repiten festival tras festival “dándolle gas” aos escenarios.
Para o sábado 9 reservánse os invitados internacionais deste ano, o grupo de ska británico Madness, ás 00.30 horas. Os londinenses sempre contaron con diversidade de opinión pola crítica pero o certo é que nunca pasaron inadvertidos e son moitos, ainda que só sexa por uns minutos, os que se deixan levar polo ritmo contaxioso das súas cancións.
Xunto aos londinenses estarán os coruñeses Los Eskizos, considerados xa unha lenda do garage-rock, que volven tocar xuntos tras 22 anos da súa separación, xa o fixeron na sala Mardi Gras, agora farano no escenario do Noroeste, ante o público que ateigará Riazor.
Pero ao igual que o ano pasado, o Noroeste Pop Rock 2014 conta con teloneiros locais que foron elixidos mediante as votacións do público e o xurado tralo directo da sala O Túnel. O venres será a quenda do rock de La Senda de Afra, un dos grupos con maior proxección da cidade e de Misterioso Viaje a Holanda máis unido estilísticamente ao resto de compañeiros de cartel.
O sábado compartirán cartel cos Eskizos e con Madnes o xoven quinteto Bourbon Queen, hard blues rock de raíces netamente `70`s que no 2013 deciden gravar o seu primeiro disco: Blood rock and Tears, e Ánima, como eles mesmos se definen, unha banda de rock sen complexos, imposicións nin pretensións de encaixar nun estilo concreto.
Para ir abrindo boca convidámosvos a visitar as nosas Bibliotecas Municipais e coñecer o noso fondo musical no que atoparedes os discos dos traballos dos artistas que actuarán tano neste coma en Festivais pasados. Tamén podes consultar a dispoñibilidade do material no noso Catálogo.
O próximo venres 01 de agosto arrancan as Festas de María Pita 2014 cunha campaña promocional que “dá a nota” da man de músicos locais coruñeses: Cardigan Bridge,The Hellbuckers, Luar na Lubre ou os Fresquiños, entre outros.
Fixemos unha playlist con algún dos temas dos grupos e solitas que visitarán a cidade. A axenda é ben completa e repártese por diversos puntos durante todo o mes de agosto: