Este mes de xullo poderemos gozar de bos concertos na cidade, cunha oferta moi ampla para todos os gustos e idades…. e así de ampla é tamén a variedade de recursos musicais que podemes atopar nas Bibliotecas Municipais da Coruña .
As datas máis destacadas son:
Antonio Orozco, que ofrecerá o día seis un concerto de caracter solidario en favor da ONG Educo, a partir das 21.00 horas en Marineda City.
Imaxe oficial da xira “Destino”.
Vanesa Martín presentará o disco “Munay” o próximo día oito no Palacio de la Ópera, a partir de las 21.00 horas
Cartátula do seu último disco.
Juan Luis Guerra chega ó Coliseum o día vinte, a partir das 22.30 horas, ca súa xira “Todo tiene su hora”.
Imaxe oficial da xira “Todo tiene su hora”.
Joaquí Sabina, tamén no Coliseum e con dúas datas, os días o vinte e dous e vinte e tres, a partir das 22.30 horas.
Cartel do primeiro concerto na cidade
Franco Battiato chegará ó Palacio de la Ópera o día vinte e catro, a partir das 22.00 horas.
Carátula da súa ultima obra musical.
A través do catálogo web das Bibliotecas Municipais da Coruña poderás atopar toda a música que temos a disposición dos nosos usuarios.
Se non atopas o que buscas, lembra que para nós a vosa opinión conta moito, polo que podedes facernos unha suxestión a través do formulario de solicitude de compra.
Coruña Sonora, a aposta do Concello de A Coruña para promocionar as bandas de música locais e da que xa vos falamos en ocacións pasadas, continúa moi viva no mes de novembro.
O circuito musical “aposta pola promoción dos grupos de música locais compostos polos xóvenes de 18 a 30 anos” dando así a oportunidade de actuar en directo a 12 destes grupos en diferentes salas da cidade. Nos meses de stembro e outubro os concertos tiveron lugar na Sala Mardi Gras e na Sala LeClub.
Todos os concertos son ás 22:00 horas e a entrada é gratuita.
Man City Blue
Man City Blue son unha banda de rock alternativo da Coruña formada no 2011. Os seus compoñentes son: Eva Arotxena (voz), Ana Castro (guitarra), Juan Corredoira (baixo), Xoel Diamante (guitarra) e Nicolás Cotelo (batería).
Influecias: Muse, Iggy Pop and the stooges, U2, Joy Division, Radiohead, the Who, Eric Clapton y Free….
Historia: segundo eles mesmos a definen no seu perfil versa “Dúas amigas de pelos multicores viaxeiras do tempo decidiron montar un grupo inspirado na película “Control” sobre a vida de Ian Curtis, cantante de Joy Division, buscaron o resto dos integrantes. Azucre, especias, moitas cousas bonitas e a substancia X, asi formouse Man City Blue, para destruír a parvada reggetonera do mundo e facer así da Terra un planeta lixeiramente máis habitable”
Senectud Sideral
É un grupo de xóvenes coruñeses que comezou polo 2008 en Abeiro. Eses rapaces que comezaron timidamente fai xa 6 anos medraron e con eles a súa música de corte Pop-Rock Indie
Os seus compoñentes son: Javi Pernas(voz e guitarra), Álvaro Sánchez (baixo, teclado e coros), Alex Fernández (batería e voz/coros), Alberto Rodríguez (guitarra, ukelele e mandolina)
Influecias: The Beatles, Queen, Muse, Oasis, The Who, Arcade Fire, Pink Floyd…
Historia: Alá por 2008 o coordinador do centro xuvenil Abeiro, onde adoitaban parar, propúxolles a catro amigos participar nun concerto que se adoita realizar alí cada ano. Por entonces non estabamos moi convencidos, pero ao final accederon. . Alí tocaron versións, compuxeron as súas primeiras cancións e sobre todo gozaron coa música. Tres deles, Alberto Rodríguez (guitarra), Álvaro Sánchez (baixo e teclado) e Alex Fernández (batería) forman parte do grupo actualmente. Máis tarde incorporaríase Javi Pernas (guitarra e voz). Aínda que o nome é anterior, pódese dicir que entón comezaba Senectude Sideral.Dende ese momento pasaron pola formación o guitarrista Pedro Sánchez e o clarinetista e pianista Javi Ulla.
Almakoa
Almakoa son Daniel Temprano López, Cristina Caballero Jarnes, Alejandro Mantiñán Búa e Carlos Orozco Obré
Influencias: Ben Harper, Jack Johnson, Donovan Frankereiter, Matt Costa
After All
After All é unha banda herculina de Rock, formada no 2011 por Hugo (guitarra), Eva (voz), Javi (baixo, voz e coros), Eloy (batería e coros).
After All nace cando Hugo, tras abandonar o grupo “Warning! ” decide formar un grupo propio; tras comentarllo a xente do seu arredor e probar algúns músicos entra Javi no grupo e xunto á batería Jose Luis e o guitarrista Jony Bello a banda comeza cos seus primeiros ensaios. Despois dun par de semanas ensaiando e buscando cantante entra á formación Eva Vil, e tras dous meses de preparación, a banda dá o seu primeiro concerto.Tras o concerto, a batería Jose Luis e o guitarrista Jony Bello abandonan a formación e pasan a ser substituídos por Eloy á batería, sendo esta a formación actual do grupo. Durante este ano a banda deu numerosos concertos e actualmente encóntrase traballando en temas propios,os cales en gran parte xa foron presentados en directo.
Fan versións de Rock das últimas décadas, dende o máis clásico ao moderno, e temas propios.
Coruña Sonora é un circuito musical, “unha aposta pola promoción dos grupos de música locais compostos polos xóvenes de entre 18 e 30 anos”
O circuito ofrece unha programación trimestral de concertos de grupos locais en salas da cidade con entrada libre e gratuita, unha aposta do Concello de A Coruña para promocionar os bandas de música locais.
Os grupos que tocarán nas salas coruñesesas saíron dun concurso onde un xurado seleccionou a 12 bandas, que ofrecerán os seus concertos entre os meses de setembro e novembro, en actuacións dunha 1 hora.
Os concertos comenzarán todos a partir das 22:00 horas
Tanit é un grupo de rock alternativo creado en Coruña no 2013, fundado inicialmente por Tomás, Nico e Víctor os que se incorporaron recentemente Juan, como guitarrista e cantante, para a gravación de novos temas.
Esta banda coruñesa parte dende estilos distintos tratando de crear un grupo de rock alternativo cun son fresco e innovador que se traduce nun repertorio heteroxéneo e persoal.
La Dance
A Dance, é un proxecto musical que nace na Coruña, a finais do ano 2009, baseado na autoxestión e plena independencia creativa.
Destaca o tratamento persoal das voces e os coros, as melodías van mostrando e despregando as distintas cancións, xogan coa dinámica e evolucionan sen medo cara a distintos estados sonoros se o tema así o require, desprovistos de calquera estrutura preconcibida. A espontaneidade que caracteriza música e letra oscila entre pasaxes escuras e introspectivas, ritmos eléctricos e formatos nus, acústicos e directo.
Discos
O son deLa Dance cristaliza a principios de 2012 en Noites vermellas de Ljubljana, once cancións para o seu primeiro traballo que debuxan perfectamente ese dinamismo sonoro e que neste disco se sustenta nunha base máis acústica e íntima.
Publicado en 2014 Ciclosféricosupón un disco máis ecléctico e electrónico no que prima máis o eléctrico que o acústico.
Ciclosférico destaca polo seu contido cíclico, como o seu propio nome indica, tanto polas pasaxes que se exploran nas súas letras, coma pola orquestración e ritmo das súas melodías.
Bourbon Queen
Din que a música que escoitas na túa adolescencia é a que te marca de por vida. Ésta é a premisa pola que se rixen J. Adrían e J. Crego, fundadores desta banda coruñesa. Consolidados mais adiante como quinteto coa incorporación e J. Diaz ás catro cordas, e posteriormente con Alber eBrais ,sus directos son puro lume. En 2011 fúndase Bourbon Queen
En 2013 gravar un EP que terá como nomee “Blood rock andTears“.
Tras a publicacion deste Ep saíron á luz numerosas publicacións en revistas de tirada nacional como “Popular 1”, “Ruta 66”, “Eleven Rock Magazine“… gavando o traballo e esforzo de Bourbon Queen.
Bourbon Queen compartiu cartel con bandas como Madness, MoneyforRope, Leiva, Sidecars, Schoot Biram, SoulbreakerCompany……
.
A New Heaven Arise
A New Heaven Arise, banda de metal dun grupo de rapaces que levan tocando xuntos dende 2009, pero estiveron involucrados no mundo da música moitos anos xa que a maioría deles están actualmente a realizar estudos musicais no Conservatorio Superior de Música (Batería de jazz, composición, clarinete…)
Discos
Durante estes catro anos gravaron unha demo (antigua formación -2009), un EP, Pillars -2011, e un LP Birth Chamber -2012
Say My Name
Banda de Pop rock formada por : Andrea de Artaza, Dani Vaamonde, Jorge Salgado Valeria Rubal, y Tomás Loroño
Twitter:@saymynameband
Instagram: @saymynameband
Facebook: Say my name Coruña
Coruña Sonora é un circuito musical, “unha aposta pola promoción dos grupos de música locais compostos polos xóvenes de entre 18 e 30 anos”
O circuito ofrece unha programación trimestral de concertos de grupos locais en salas da cidade con entrada libre e gratuita, unha aposta do Concello de A Coruña para promocionar os bandas de música locais.
Os grupos que tocarán nas salas coruñesesas saíron dun concurso onde un xurado seleccionou a 12 bandas, que ofrecerán os seus concertos entre os meses de setembro e novembro, en actuacións dunha 1 hora.
Os concertos comenzarán todos a partir das 22:00 horas
Sheila Orro, Ezequiel Caramñes, Patricia Insua e Olalla Ferga son os integrantes da banda coruñesa La Senda de Afra Cun son pop rock melódico o grupo daba os seus primeiros concertos no ano 2009, data da súa formación.
Ao longo destes cinco anos, foron gañadores de importantes concursos de bandas nove os como o Nordés dos 40 Principais, así como a primeira final do Noroeste Pop Rock 2014.
La Senda de Afra foi o primeiro disco honóminmo ao que non tardou en seguir o seu segundo disco no mercado Nuestro Secreto . Este traballo pódese encontrar á venda en Discos Portobello” (Rúa Cega nº3, zona San Andrés/Panadeiras) e no estudo de tatuaxes “ZINK TATTOO SS” (Rúa da División Azul n.º 9, zona Juan Florez)
É unha banda coruñesa de Rock-Pop que nace en 2012 formada por Álvaro (Guitarra y voz) Fran (Guitarra) Chapata (Baixo) e Steven (Batería). Despierta foi o seu tema de lanzamento gravado nos estudos de Paz &Records
En verán de 2012 e coincidindo coas festas da coruña realizan o seu primeiro concerto teloneando a Jacobo Paz.
En 2013 esta nova banda lánzase á gravación do seu primeiro Ep titulado Sin mala intención
The Ice Road
Esta banda de hard rock nace hai tres anos con Sokie Nieto Esteban Vázquez Pablo Fonteboa Carlos Rodríguez Manuel Casares realizaron covers de AC/DC, Led Zeppelin e Deep Purple entre outros, ademáis de temas propios baixo o nome de Rockers in Black
Todo empezou cando a Carlos e a Manuel se lles ocorreu a idea de montar unha banda tributo aos seus ídolos, AC/DC. Un par de anuncios en tendas de música e nas redes sociais atraeron a atención de Esteban e Pablo, que pasaron a formar parte da recén creada banda no verán de 2011. Lida completou o quinteto en novembro dese mesmo ano.