Lista Reprodución Fórum: Música para os sentidos

Relacionado co ciclo temático “Cre en ti” que este trimestre temos na Biblioteca do Fórum, elaboramos unha lista de reprodución para cada momento e para cada estado de ánimo. Xa dende os principios da historia pódense rastrexar mencións a que a música afecta o estado de ánimo. Os gregos foron os primeiros en sistematizar o efecto da música sobre a conduta humana, dicían que podía aliviar aos deprimidos e deter aos violentos.

Necesitamos a música e está máis que comprobada a relación que existe entre as notas e os estados anímicos, así como a súa capacidade para facilitar o tránsito dunha emoción a outra. Actualmente, a música escóitase para entreterse, para bailar, para facer exercicio, para meditar, para relaxarse, ao limpar a casa e para facer máis ameno calquera instante. Pero, preguntáchesche cal é a música ideal para cada momento?Aínda que na resposta teñen moito que ver os gustos, preferencias e personalidade de cada quen, hai certos estilos musicais que se aplican para momentos e emocións específicos, independentemente de cal sexa o teu xénero musical favorito.

Música para ter máis enerxía e iniciar ben o día

Este é o tempo no que se atopan ritmos como o rock, pop e dance. Este tipo de composicións son capaces de achegar unha boa cantidade de enerxía ao cerebro humano. As cancións que che fan sentir máis animado e con enerxía son as que teñen unha letra positiva, un tempo igual ou superior a 150 pulsacións por minuto e un ton maior. Recomendamos “Livin’ on a Prayer” de Jon Bon Jovi. Considerada unha das cancións insignia da banda. Ademais, foi catalogada como a mellor canción dos 80 pola cadea estadounidense VH1É unha das 200 cancións con maiores descargas dixitais nos Estados Unidos.

“Viva la vida”, de Coldplay é ideal para ter máis enerxía nas mañás e pasar de estar con letargo a estar alerta, con enerxía e optimista.

Música para facer exercicio

O ritmo acelerado do rock é como unha inxección de adrenalina para o cerebro, así que é un ritmo ideal para motivarche ao facer exercicio. Do mesmo xeito que o pop máis rítmico, a música electrónica e o dance, axudan a manter a frecuencia cardíaca entre 130 e 150 pulsacións por minuto, o cal é útil cando queres queimar calorías. Aquí incluimos traballos como  Ballbreaker 13º álbum de estudo da banda de hard rock australiana AC / DC ou “Nothing but the beat” do DJ francés e productor David Guetta.

Música para o relax

A mellor opción cando de relaxarse se trata é a música clásica e instrumental con tons graves, os cales provocan ondas cerebrais baixas que propician a relaxación. Algúns exemplos O “inverno II, Longo” das Catro Estacións.
A música de Mozart é tamén unha boa opción, xa que foi recoñecida por axudar a equilibrar a enerxía e crear unha harmonía entre corpo e mente.

Pero non nos esquecemos de deixar preparada unha lista de cancións tristes. Xa que hai estudos que demostran que escoitar música triste dá consolo e axuda a regular os estados de ánimo negativos. Bos exemplos son “Hello” de Adele ou “Goodbye my lover” de James Blunt.

Aquí tedes a Lista ao completo. Se queredes os levar os discos dos temas seleccionados, lembrade que os podedes atopar na Biblioteca Fórum. Agardámosvos!

Leonard Cohen – I’m your man. Silvia Pérez  Cruz – Vestida de nit. New Wave Classix. Lana del Rey – Lust for life. David Guetta – Nothing but the beat.  La mejor música de Broadway.  Supertramp – Paris. Evanescence – Fallen.  Franz Ferdinand – Always ascending. Gloria Gaynor –  El Album. James Blunt–  All the lost souls.  David Bowie –  Diamond dogs. Adele –  Adele 25. Coldplay – Viva la vida. AC/DC – Ballbreaker. Wolfgang Amadeus Mozart – Salzburg symphoniesBeethoven, Ludwig van – Concierto para piano nº 5 en Mi bemol Mayor. Killers – Live from the Royal Albert Hall. The Cure – The Lovecats. The Beatles – Octopus’s Garden.

Advertisements