Lista Reprodución Fórum: Radio 90´s FM

Este ano o Fórum Metropolitano cumpre 25 anos (1996-2021) e para celebralo, dende a Biblioteca Fórum queremos achegarvos as mellores obras da década que o viu nacer, libros, películas e por suposto non podía faltar a lista de reprodución da que consideramos a época das nosas vidas.

Podemos desfrutar da coñecidísima banda estadounidense Nirvana co seu In utero que foi número 1 1 da lista Billboard 200 recibindo moi boas críticas. Como curiosidade apuntaremos que O álbum foi lanzado en 1993, seis meses antes de que Kurt Cobain suicidásese na súa casa, o 5 de abril de 1994.

E seguimos cos californianos Queens Of The Stone Age a quen os define o son pesado das súas guitarras eléctricas aínda que o longo da súa carreira sufriron diferentes influencias e estilos.

E se nos 90 andamos non podiamos deixar fora a Blur, que xunto con Oasis, foi un dos nomes máis populares do brit-pop dos anos 90, termo acuñado pola prensa británica para englobar a bandas que retomaban as formas máis melódicas e guitarreiras das bandas inglesas máis coñecidas dos anos 60, como os Beatles, os Who, os Rolling Stones ou os Kinks.

Dentro do panorama do país seleccionamos aos Resentidos banda de rock galega procedente de Vigo e que formou parte da movida desa cidade. Rescatamos o seu disco máis aclamado pola crítica e publicado nos 90 que foi Jei. Banda que por certo a comezos de ano e, 28 anos despois, sacaron novo disco Organización Nautilus.

A lista continúa con moitas outras bandas, moitas delas co nome xa ligado á década dos 90 como é o caso de Garbage a pesares de sacar discos despois. Metallica, Björk e Jeff Buckley entre outros están tamén entre os nosos elixidos. Aquí vola deixamos ao completo para que a escoitas e rememores.

Björk – Homogenic. Pulp  – This is hardcore. Garbage  –  Versión 2.0. Rage against the machine– The battle of Los Angeles. Extremo Duro – Agila. Os Resentidos – Jei. Jeff Buckley– Grace.  Veneno – El pueblo guapeao. Nine Inch Nails – The Downward Spiral.  Morente & Lagartija Nick– Omega. Oasis (What´s the story) morning glory?. Dinosaur Jr. – Green mind.  Alice in Chains –  Alice in Chains. Sinéad O’Connor – Am I not your girl?. Nick Cave & the Bad Seeds – Murder ballads.  Metallica – Metallica. Hole – Celebrity Skin.Nirvana – In utero. QueensOf The Stone Age – Queens Of The Stone Age. Blur –  Blur.