Lista de Reproducción Fórum Recopilación 2013

Xa o anunciaba o noso compañeiro XC o pasado mes de xaneiro, tres bandas galegas lograron situarse entre os escollidos como 50 mellores discos estatais segundo a  Revista Rockdelux:

Na Lista de Reproducción da nosa Biblioteca do Forum Metropolitano deste mes  imos máis aló e seguimos a facer un repaso por tódalas listas publicadas a comezo de ano, xa que mal que nos pese as listas do mellor do ano convertéronse nun elemento fundamental, alimentan debates, crean negocio e fan, moitas veces, que a carreira dun artista levante vo.

Atopámonos cos galegos Niño y Pistola que continúan xogando ao despiste á hora de presentar os seus traballos. Se en Niño y Pistola as Arthur & The Writers (Ernie, 2010) inventaban ao poeta Arthur como fío narrativo do álbum, en There’s a man with a gun over there optan por unha historia do rural americano que transcorre en dous tempos co personaxe de Tom como protagonista

Galegos son tamén os Igloo, fríos por fóra pero cálidos e cheos de vida por dentro, de aí o nome. Banda formada con algúns dos ex-Deluxe, conxuga á perfección o son dunhas guitarras afiadas coa transmisión de emocións e sensacións eléctricas. No mellor do ano figura o seu último traballo 04.El conjunto vacío pero na Lista de Reproducción non nos esquecemos de discos anteriores como #2.La transición de fase onde xogan coas intensidades e as letras escuras e destacan especialmente os arranxos moi coidados que contribúen a rematar o efecto final.

E como non entre o mellor do 2013 tamén nos atopamos co gran Iván Ferreiro con Val Miñor-Madrid, Historia y Cronología del Mundo Un disco no que se reflexa a tranquilidade do proceso creativo e de gravación e no que podemos atopar as palmas e os coros de Marc Ros de Sidonie ou a voz de Julieta Venegas nunha das cancións máis redondas do disco (Alien vs Predator). Para a Lista poñemonos algo máis nostálxicos e rescatamos aquel  Canciones para el tiempo y la distancia publicado aló polo ano 2005, onde se recolle un compendio de 10 cancións compostas por el e polo seu irmán Amaro.

Pero os listados seguen e os artistas e os discos son moitos, asi que aqui vos deixamos  a nosa selección, a Lista de Reproducción co mellor do 2013, onde non faltan os últimos traballos en moitos casos pero tamén quixemos rescatar discos anteriores que nunca ven mal recordar.

Bigott – Fin, Bunbury – Hellville de LuxeDelorean – Apar, Diego el Cigala – Romance de la luna, Dorian – La velocidad del vacio, Extremo duro – Yo minoria absoluta, Fangoria – Cuatricromía, Fuel Fandango – Fuel Fandango, Igloo – #2.La transición de fases, Ivan Ferreiro – Canciones para el tiempo y la distancia, Jane Joyd – Shy little Jane Presents: so lost in this bleak winter landscape, Joe Crepusculo – Chill out, Kiko veneno – Sensación térmica, Lapido – Cartografía, Lori Meyers – Impronta, Mala Rodríguez –Malabarismos, Manel – Atletes, baixin de l’escenari, Niños mutantes – Náufragos, Niño y Pistola – There’s a man with a gun over there, Pauline en la playa – El mundo se va a acabar, Quique González – Delantera mítica, Second – Fracciones de un segundo, Standstill – Adelante Bonaparte, Tachenko – Esta vida pide otra, Triángulo de amor bizarro – Año Santo, We are standard – We are standard

Se queres levar en préstamo para a casa algún destes discos ou outros traballos dos grupos, consulta a dispoñibilidade dos materiais no Catálogo de Bibliotecas Municipais

catálogo

Advertisements

Galicia Escóitase: música feita na casa na Biblioteca de Os Rosales

para el facebbok biliotecas en colores FINALProbablemente non vos descobrimos nada novo se facemos referencia ao bo momento que estamos a vivir en Galicia a nivel musical. Ao carón dos grandes nomes consolidados do folk e a música de raíz (Luar na lubre, Berrogüetto, Carlos Núñez, etc.), os xéneros tradicionalmente máis idiosincráticos da música galega, foron xurdindo nos últimos anos outros nomes noutros xéneros que están a acadar prestixio e recoñecemento crecentes dentro e fóra de Galicia.

No eido do pop-rock alternativo, por mencionar tan só o -se cadra- máis sobranceiro, bandas como Triángulo de amor bizarro (Boiro), Franc3s (Carballo) ou Disco las palmeras! (Sarria) xeneran asombro e admiración a partes iguais en toda a prensa musical especializada a nivel nacional, especialmente os primeiros, considerados por boa parte da crítica o mellor grupo nacional de indie-rock do momento. A boa nova e que o filón non se agota con eles, que xa empezan a ser sospeitosos habituais, senón que por detrás veñen abríndose paso novas propostas, a cal máis xenuina e orixinal, como por exemplo o pop distópico de Mano de obra (Coruña) ou o punk gamberro de Srasrsra (Coruña), que garanten, sen dúbida, o relevo a medio prazo. E, obviamente, quedan moitos sen citar.

Dende Galicia Móvese queremos celebrar este momento álxido da música feita en Galicia –feita na casa– cunha programación especial Galicia escóitase (ver cartel) que inclúe unha selección musical do máis destacado do panorama actual,

DIN 4unha serie de actuacións musicais na biblioteca de Os Rosales e unha reportaxe sobre os Locaisdensaio do Coliseum da Coruña (ver vídeo abaixo), un proxecto ben interesante de apoio á canteira musical da cidade. Dende o máis local, as músicas do barrio e da cidade, ata os grandes grupos e solistas de proxección internacional, pasando por toda a diversidade de estilos e xéneros (folk, hip-hop, clásica, rock, etc.).

Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica “Galicia Escóitase ” na Biblioteca de Os Rosales

Quedades convidados a pasar pola Biblioteca de Os Rosales para disfrutar dela!!