Lista Reprodución Forum: o mellor de “Viaxando con Ritmo”

Moi ao noso pesar, o verán rematou e xa estamos metidos de cheo no outono, cambio de cores na paisaxe, cambio de fondo de armario, cambio de hora…,  pero non necesariamente ten que supoñer un cambio no estado de ánimo. Aló menos eso é o que queremos conseguir coa nosa Lista de Reprodución de Forum do mes de Outubro, na que faremos un repaso do mellor das viaxes musicais que realizamos durante o verán.

viaxando con ritmo10

A nosa primeira parada foi a capital madrileña. Os comezos do que máis tarde se coñeceu como a “Movida” foron entre 1977-78 ao redor dos grupos musicais da Nova Onda Madrileña, primeira fornada punk a imitación do que sucedía en varias cidades anglosaxoas neses mesmos días. De entre a marabunta de grupos e vocalistas do momento retemos na nosa memoria a Los Secretos coa súa canción DéjameNacha Pop coa súa  Chica de ayer ou Tino Casal con Embrujada. Pero en Madrid tamén houbo tempo para visitar as grandes salas de concertos, asistir a musicais e por suposto a festivais. A capital segue estando de moda e segue dando moito de que falar en canto a novos músicos se refire. Boa proba delo son os Izal, o grupo formouse a finais de 2010, pero os seus membros proveñen de diferentes proxectos anteriores, con máis de 10 anos de experiencia musical ás súas costas.

Pasamos por Londres, berce de diversos xéneros musicais como o Punk, mod,glam rock, ademais do Britpop chegando a ser hoxe o punto de converxencia de diversas enerxías multiculturais. E na capital inglesa bailamos a ritmo de funk e soul (Jamiroquai, Faithless) ritmos máis movidos como os de Prodigy, Basement e Lemon jelly ou electrónica coma a dos Chemical Brothers. Pero dende logo o que non faltaron foron os míticos Rolling, Beatles e o sempre camaleónico Bowie.

Nas viaxes musicais visitamos grandes capitais europeas coma París que viu nacer en 1982 a Festa da Música, Estocolmo, capital sueca que figura como o terceiro país en número de producións musicais no mundo. Roma ou Berlín que presume de ser o centro musical de Alemania e onde os músicos destacan pola súa gran creatividade. A ecléctica Barcelona estivo tamén presente nas nosas citas. Barcelona e toda Cataluña achegan unha gran cantidade de talentosos músicos en todos os terreos desta arte (pop, rumba, clásico, ópera, folclore, electrónica, indie…)

Parada obrigada foi a cidade de Nova Iork cidade de jazz, capital de movementos hippies e do estilo punk-rock. A capital estadounidense é un dos lugares máis importantes na historia da música popular latina. E rematamos o noso particular “Viaxando con Ritmo”, ao igual que a nosa lista de hoxe co sempre nostálxico Bos Aires a ritmo de tango e pinceladas de rock. Carlos Gardel é a maior referencia do tango, pero hai outros artistas esenciais do xénero, Ignacio Corsini, Hugo del Carril,Mercedes Simone e artistas moito máis actuais son Gotan Project, banda formada no 1999, que representan o tango do século XXI.

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución con todos os artistas para que a desfrutedes. E se queredes escoitar os traballos seleccionados ao completo non esquezades pasarvos pola Biblioteca Forum e levalos en préstamo!

Radio Futura  Arde la calle, Adele – Adele 21, Count Basie – Atomic Basie, Beatles – Sgt. Pepper`s Lonely Club Band, David Bowie – Diamond Dogs, Andrés Calamaro – La lengua popular, Tino Casal – Todo CasalLeonard Cohen  Live in London, Coldplay – Mylo Xyloto, Paolo Conte – The best of Paolo Conte, Alberto Cortez – Identidad, Coti – Malditas Canciones, Neil Diamond – 20 Diamond Hits, Carlos Gardel – Vol. 2, Gotan Project – Lunático, Izal – Magia & Efectos especiales, Muse – The ResistanceNacha Pop – Un día cualquiera, The Pains of Being Pure at HeartPeret – De los cobardes nunca se ha escrito nada, Ástor Piazzolla – Piazzolla… o no?, Eros Ramazzotte – Eros, Rolling Stones – The best of the Rolling Stones, Los Secretos – Adiós tristeza, Sidonie – Sierra y Canadá, Rod Stewart – The Complete Great American Songbook

 

 

Viaxando con Ritmo: Berlín

En Viaxando con Ritmo desembarcamos hoxe en Berlín, a máis importante e altamente turística capital de Alemania. Berlín é unha das cidades máis importantes da Unión Europea e do mundo, un centro de diversidade cultural. Situada na Alemaña do Leste, xusto ao oeste da fronteira con Polonia. Berlín pasou por moitos cambios importantes coa Revolucion Industrial Europea, cambios na súa xeografía, creáronse os movementos artísticos máis importantes. Ao longo da historia, foi acollendo estes cambios e foi sempre considerada como unha das cidades máis importantes da zona. berlin

A cidade no ano 1945 foi dividida en dous polo coñecido Muro de Berlín, habendo unha parte oriental e a outra occidental. Pero logo de varias décadas, en 1989 derrubouse e os cidadáns volveron unirse nunha mesma urbe. Este feito tan doloroso para a historia do país converteu a capital nun dos sitios máis visitados no mundo.

O muro da vergoña que separaba as dúas alemañas xa caera 16 anos atrás cando Hansend Band lanzou este tema, Baby Melancholie, que fala de diques que se rompen e nacións que se levantan.

A arte e o aspecto cultural de Berlín é tamén moi evidente, polo que poden encontrarse na cidade notables vivendas, salas de ópera, galerías de arte e salas de cine… A música é unha constante na cidade, é coñecida como a capital mundial das discotecas. Non hai ningunha gran cidade que conte con tantas discotecas de tecno e música electrónica como Berlín. Cada fin de semana, os “tecnoturistas” veñen ata o Spree dende todas partes de Europa para saír de festa dende o venres pola noite ata o luns pola mañá.

A capital alemana conta cunha Escola de música electrónica, tamén chamada simplemente Escola de Berlín. Refírese a unha xeración de artistas de música electrónica e unha escena musical que teñen en común a cidade de Berlín como centro de operacións. Entre os músicos máis influentes destacan Klaus Schulze, Tangerine Dream e Ash Ra Tempel.

Pero non todo é electrónico. O Berliner Festwochen (Festival das Semanas) é un evento que reúne a músicos de primeiro nivel da alta cultura na que as principais melodías que soan son dos xéneros sinfónico, clásico e ópera. Desenvólvese durante cinco semanas no mes de setembro.

E estando en Berlín non nos podiamos perder o Festival de Jazz de Berlín, co jazz en toda a súa diversidade. Polo xeral lévase a cabo a principios de novembro. Este festival está considerado como un dos eventos máis importantes no mundo da música, sobre todo desta corrente musical de primeiro nivel. Durante o seu desenvolvemento preséntanse grandes bandas e conxuntos musicais importantes, destacan as estrelas internacionais de jazz, e a recoñecida Babelsberg Film Orchestra conxunto que se presenta durante os catro días de evento.

Outro acontecemento importante na cidade é o festival de música independente “Spanish Rock Invasion” que xa vai pola súa sexta edición.

O festival ten como obxectivo dar a coñecer en Berlín a escena musical independente que en España está moi buinte, dandolle un enfoque underground e evitando grupos que están máis trillados

según palabras do propio Igor López, un dos responsables da organización. Este ano os cabeza de cartel foron Pumuky e Los Coronas. Aínda que arredor do 60% dos asistentes aos concertos son españois, segundo os organizadores o festival suma cada ano máis adeptos alemáns.

E ata aquí o noso tour musical por Berlín, a cidade pobre pero sexy, alo menos ese foi o termo con que o antigo alcalde Klaus Wowereit a acuñou no 2003. Agora Berlín non pode presumir de ser tan barata coma daquela pero sen embargo pensamos que  segue sendo igual de sexy. Berlín a cidade das salchichas, a cervexa… e antes ca nada da música. Coma sempre esperamos que fora do voso agrado e agardámosvos na seguinte parada, Roma. Entre mentras nos esquezas as nosas recomendacións musicais e pasarte pola Biblioteca Forum para levar os discos en préstamo.

 

Viaxando con Ritmo: Londres

A nosa parada musical de hoxe recae na cidade de Londres, situada á beira do Támesis, é a capital de Inglaterra e do Reino Unido. Londres é unha cidade global, centro neurálxico no ámbito das artes, o comercio, a educación, o entretemento, a moda, … e por suposto a música. Londres foi o berce de diversos xéneros musicais como o Punk, mod,glam rock, ademais do Britpop. Londres é o punto converxencia de diversas enerxías multiculturais, o cal resultou nunha fascinante combinación de xéneros musicais. Dende o funk e o soul (Jamiroquai,Faithless) ata ritmos máis movidos como os de Prodigy, Basement eLemon jelly.

Nesta cidade multirracial conviven xentes dun gran número de culturas que falan máis de trescentos idiomas distintos. Todos estes elementos conflúen, lóxicamente, e sitúan a Londres nun lugar privilexiado na historia da música.  Dise que aquí se mesturan todos os sons do mundo. A súa música está en constante evolución e cun fluxo constante de talentos. Por iso a nosa estancia de hoxe vai saber a pouco, porque a capital británica é o lugar de nacemento ou residencia de numerosos artistas e serviu de inspiración a tantos outros, polo tanto resulta de todo punto imposible poder tocalos todos.

londres

Comecemos por exemplo polo rock. Londres é o berce dalgúns dos íconos do Rock & Roll da historia da música. A historia comeza en Denmark Street, principal rúa na que se empezaron a formar músicos e bandas nos anos 60 e 70, entre eles David Bowie e os músicos da súa futura banda Sex Pistols.

Como club de referencia hai que falar de La Marquee. Neste club presentáronse algúns dos máis grandes músicos do Reino Unido, entre eles Bowie, Jimi Hendrix, Led Zeppelin, the Who e os Stones. Neste club foi a primeira vez que o guitarrista de Who, Pete Townshend, esnaquizou a súa guitarra no escenario, antes de que se volvese un símbolo do Rock and Roll.

Incrible lugar que non podemos deixar pasar por alto se queremos sentir ao máximo a presenza musical que existe en Londres é Abbey Road, o estudo de gravacións onde os Beatles gravaron o álbum homónimo. A rúa xusto en fronte do estudo foi inmortalizada na tapa do álbum e volveuse un ícono e un destino para os fans dos Beatles.

Se falamos de música electrónica, non podemos pasar o noso tour musical pola cidade sen falar dos Chemical Brothers. Este dúo foi quen mellor repasaron a xeografía londiniense a través dos seus famosos videos. Neles podemos ver lugares como o museo de historia natural (Hey Boy, Hey Girl) ou o xa desaparecido teatro Astoria coa torre de Centre Point de fondo (Midnight Madness).

A mediados dos anos noventa xurdiu o movemento brit-pop (abreviatura de british pop, ou pop británico), que encarnaron grupos como Suede e Oasis, que reivindican a herdanza da guitarra pop dos anos sesenta e setenta. Actualmente, outros grupos de rock alternativo, como Coldplay ou Kasabian, tomaron o relevo.

Pero se por algo se caracteriza Londres é sen dúbida por ser unha das mellores cidades do mundo para ver un concerto de música en directo, con actuacións que abranguen dende as novas tendencias ata bandas moi coñecidas. Dende grandes salas de concertos a pequenos pubs, hai centos de lugares que organizan e promoven a música en vivo todas as semanas.

Ata aquí a nosa estadía musical na capital británica, coma sempre esperamos que fora do voso agrado e agardámosvos co billete de Estocolmo na man. E recorda que podes pasarte pola Biblioteca Forum para levar os discos en préstamo. Agardámosvos con moito Ritmo!!!

 

Lista de Reprodución Forum: concertos para o mes de xuño

En xuño contase co bo tempo case por descontado, comeza o verán e os festivais tocan o seu punto álxido, así que na Lista de Reprodución facemos unha pequena posta a punto.

festival

 O máis próximo é o Contemporánea que se celebra nunha doble cita: en Badaxoz o 5 e o 6 de xuño conmemorando a súa vixésima edición, e en Alburquerque, o 24 e 25 de xullo, con Pet Shop Boys, Vetusta Morla, Vitalic, Dover, Supersubmarina, DorianXoel López, Los Enemigos, La Habitación Roja e ata un total de 43 formacións. Pet Shop Boys será a primeira cabeza de cartel internacional na historia do festival. A banda que estará este ano na edición de Alburquerque como grupo revelación será a coruñesa Sensacional.

18 anos de existencia son os que cumpre xa Territorio Sevilla. Un festival que se foi adapatando cos tempos e que permite desfrutar nun entorno único e histórico, o centro da cidade, diferentes estilos musicais. Este ano serán 22 (11 grupos por día de Festival) as diferentes propostas que integrarán o ecléctico cartel do festival dende estilos tan diversos como o rock, o pop, a electrónica, o hip-hop ou o reggae da man de artistas como Ilegales, Calle 13, El Chojín, Macaco ou Dorian entre outros. A cita, os días 12 e 13 de xuño.

O próximo 20 de xuño, coincidindo coas celebracións do Día Europeo da Música, terá lugar no Matadero Madrid a primeira edición do Mat Mad, un festival que pretende converter este centro de creación contemporánea no epicentro das actividades de celebración de tan sinalada data. Entre as actividades que incluirá Mat Mad destacan os concertos de Los Enemigos, Ilegales, Corizonas, Kiko Veneno, Jero Romero, Anxo Stanich ou Smile, ademais dos concertos das escolas de música da cidade de Madrid, así como máster classes de profesores, actividades específicas para nenos etc.

A lista de festivais continúa: Festival de Les Arts (Valencia), Tres Sesenta Festival, Artenou (Barcelona), Barcelona Metal Fes (Barcelona), Neox Rocks Festival (Madrid), Azkena Rock Festival (Mendizabala) e moitos outros. Coma sempre aquí vos deixamos unha escolma de moitos dos grupos que pasarán polos seus escenarios. E para os que non poidades ir de festival recordade que os discos están dispoñibles na biblioteca Forum para que leves en préstamo, consulta a súa dispoñibilidade no catálogo.

Angelus Apatrida – The call, Anni B Sweet – Ridicolous Games, Ariel Rot – Ahora piden tu cabeza, Arizona Baby – Secret fires, Bigott – Fin, Death Cab For Cutie – The Collection, Dorian – La velocidad del vacío, Eladio y Los Seres Queridos – Orden invisible, Los Enemigos – Hasta el lunes Foo Fighters – One by one, Ilegales – El día que cumplimos 20 años, Luar na Lubre  – Hai un paraiso, Leiva – Pólvora, León Benavente – León Benavente, Xoel López – Atlántico, Macaco – El murmullo del fuego, Maná – Unplugged, Mumford & Sons – Babel , Pablo Alborán – Tanto, Pet Shop Boys – Fundamental, Second – Fracciones de un segundo, Siniestro Total – Trabajar para el enemigo, Triángulo de Amor Bizarro – Victoria Mística, Nacho Vegas – Resituación, Kiko Veneno – Sensación térmicaVetusta Morla  – Un día en el mundo

Lista de Reprodución Forum: Xaneiro e o mellor de…

O mes pasado fixemos repaso do mellor da música nos últimos 15 anos no que a panorama nacional se refire, segundo unha enquisa feita pola revista Rolling Stone aos seus lectores. Desta volta é a quenda da música internacional.

A cantautora británica de soul, R&B e pop Adele consegue meterse na lista co seu potente tema Rolling in the Deep. Unha sinfonía disco escura con toques de blues e gospel moi ben recibida pola crítica musical que a eloxiou con comentarios moi favorables tanto pola propia voz de Adele coma pola letra e a instrumentación do tema.

Outra gran diva británica tristemente desaparecida xa, Amy Winehouse figura co seu segundo e último álbum de estudio Back to Black. Tras o seu lanzamento e promoción, Back to Black vendeu máis de 20 millóns de copias arredor do mundo, convertendoo así no álbum de maior éxito comercial de Amy Winehouse. O tema que dá título o álbum é conciso pero xa figura  como unha das mellores cancións de toda a historia da música. Unha lección de clase e señorío cunha letra apoteósica “dixémonos adeus sen palabras e morrín cen veces” reza o estribillo.

Take Me Out pola súa banda é o single máis popular do álbum Franz Ferdinand ademáis dunha estupenda canción chea de vivacidade, enerxía e estilo. Franz Ferdinand dá nome ao mesmo tempo á banda de indie rock, formada en Glasgow, e chamada así en honor ao Arquiduque Francisco Fernando de Austria (en alemán Franz Ferdinand) que firman a súa autoría.

O seu dominio do ritmo e a excelente coordinación entre guitarrazos e golpes de batería chegaron a situalos  á cabeza do revival post-punk. Pero non só pola música é coñecido Franz Ferdinand, a súa estética vanguardista doulles máis dunha portada nas revistas de moda sendo o icono perfecto das tendencias.

franz-ferdinand

A lista segue con artistas da talla de Radiohead, Arcade Fire, Muse ou os Artic Monkeys deixando patente a querencia polos sons rock. Sen embargo non falta a electrónica e o toque da música funk e disco que aporta por exemplo Daft Punk co seu pegadizo Get Lucky.

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa para acompañar a lectura. E non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para poder levalos en préstamo:

Adele – 19, Amy Winehouse – Back to black, Arcade Fire – Arcade Fire, Artic Monkeys  – Whatever People Say …, The Alan Parsons Project – Tales of Mystery and Imagination Edgar Allan Poe, Björk – Debut, The Black Keys – Turn Blue, David Bowie – Heroes,  Coldplay – Live 2012, Daft Punk – Human after all, Depeche Mode – Sounds of the universe,  Franz Ferdinand – Tonight, Gorillaz – Plastic Beach, Interpol – Our love to admire,  Muse – The 2nd law, Radiohead – Kid A,  R.E.M: – Collapse into now,  The Rolling Stones – Stripped, Saint Etienne – Tales from turnpike house, Simon and Garfunkel – Bridge Over Troubled Water, Talking Heads – Stop Making Sense, The Strokes – Angles, Travis – The invisible band, ST. Vincent – Strange Mercy, U2 – No Line On the Horizon, Vampire Weekend – Vampire Weekend

Lista de Reprodución Forum: “Movember”

O mes de novembro a cousa vai de bigotes. O movemento “Moustache-November” (Bigote-Novembro) bate récords de ano en ano. “Movember” é un xogo de palabras entre “moustache” (bigote en inglés) e “November” (noviembre). A súa orixe remóntase a principios do Século XX na cidade de Melboume (Australia), ainda que a súa popularidade foi en aumento de xeito significativo nos últimos 10 anos. Esta multitudinaria iniciativa conseguiu recuperar un símbolo físico de masculinidade, á vez que se promove a recaudación de fondos para o estudio dunha das enfermidades que más vidas barre cada ano en todo o planeta.

movember

O obxectivo é recaudar fondos e aumentar a concienciación sobre a saúde do home, explican dende a web de Movember. Á iniciativa tamén se poden sumar mulleres (Mo Sistas) que axuden aos seus compañeiros (Mo Bros) a deseñar o mostacho. Pero se algo está conseguindo Movember, é sensibilizar sobre os cancros de próstata e testículo.

Na Lista de Reprodución de Novembro facemos o noso particular “movemento november” e desta volta seleccionamos música de homes teñan ou non bigotes.

O grupo  británico de folk-rock Mumford & Sons formados por Marcus Mumford (voz principal, guitarra, batería,mandolina), Ben Lovett (voces, teclado, acordeón, batería), Winston Marshall (voces, banxo, dobro) e Ted Dwane (voces, contrabaixo, batería, guitarra). Ainda que o grupo se formou no 2007, gañaron popularidade no 2010 tocando diante de grandes audiencias e tendo a súa primeira aparición na televisión americana e recibiron dúas nominacións aos Premios Grammy, unha por mellor artista novo e outra por mellor canción de rock (“Little Lion Man”). Babel sube a aposta de Mumford & Sons ainda que sen mudala en exceso. Soa máis brillante, con cancións que tiran a festival folk.

Lonxe queda xa cando os barceloneses Sidonie gañaron un concurso de xovenes talentos na cidade de Hospitalet de Llobregat e polo que foron fichados por unha pequena discográfica independente chamada Bip Bip Records. Marc Ros, Jesús Senra y Axel Pi trasladan coma ninguén o pop psicodélico e o rock alternativo dos discos ao escenario, sempre cuns directos que non deixan indiferente a ninguén. En Sierra y Canadá dan un xiro máis cara a electrónica pero en ningún momento deixa de soar a Sidonie. Articulado a través da relación entre “Sierra y Canadá”, dous robots namorados a destempo o un do outro, o disco presenta estructuras ás que non nos tiña acostumados e un son moito máis sintético.

Borja Laudo é Bigott un tipo bohemio, excéntrico e orixinal, o seu estilo fresco e con alta capacidade compositiva. O seu terceiro  traballo Fin destaca sobre todo polos arranxos e faise notar a presenza da súa parella Clara no coros. Editado por Grabaciones en el Mar, Fin é outra caixa de sorpresas onde todo entra sin ningún esforzo, cos seus pouco máis de vintecinco minutos, nada queda sobreactuado nin finxido a pesar do rimbombantes que poidan resultar os títulos ou as letras.

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa. E non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para poder levalos en préstamo:

Albert Pla – La diferencia, Bigott – Fin, Bunbury – Hellville de Luxe, Cooper  – Retrovisor, Elvis Presley – The album, Gabinete Caligari – La culpa fue de Gabinete, Guns N`Roses – The spaghetti incident?, George Harrison – Best of dark horse, Javier Gurruchaga – Viva Mondragón, Johnny Cash – At san quntin, Juan Perro – Río Negro,  Jimi Hendrix – Jimi Hendrix, Tino Casal – Todo Casal, La Habitación Roja – Fue eléctrico,  Los secretos – Adios tristeza, Los Suaves – Esta vida me va a matar, Magin Blanco – Ella,  Manolo García – Para que no se duerman mis sentidos,  Marvin Gaye– The Very Best Of, Miguel Bosé – Velvetina, Mumford & Sons – Babel, Phil Collins – Hello, I must be going!, Robbie Williams wiht Pet Shop Boys – Shes Madonna, Rod Stewart – The complete great american songbook, Sidonie – Sierra y Canadá, Siniestro Total – Trabajar para el enemigo

 

FUC, FIRC e FEC

Fuc-Firc-Fec-2014-Agosto-A-CorunaAs festas non rematan e a música tampouco. Despois do Noroeste Pop Rock e dos moitos concertos na Praza de María Pita, agora o escenario sitúase no Parque de Santa Margarida que se vai converter no epicentro galego da música alternativa durante tres días, 21, 22 e 23 de agosto.

Tres días nos que se celebrará o Festival FUC, FIRC, FEC 2014 organizado polo colectivo Fanzine Project e co apoio do Concello da Coruña. Un festival con tres estilos ben diferentes: rock, urbano (rap e hip hop) e electrónico e que xa vai polo seu quinto ano.

FUC (Festival Urbano Coruñés)  de rap e hip hop, o 21 de Agosto 19:00 a 00:00

  • C. Terrible
  • Norweside
  • Elecesar
  • ill Bambinos
  • Arce
  • BartonKidz
  • Bobeh

mc C.Terrible presenta BURUNDANGA, o seu novo traballo con LNS na produción. Trátase dun álbum composto de 14 tracks inéditos, no que aparecen dúas colaboracións da man de NY & Ihon (MDE Click) e Dano(Ziontifik).

No escenario estarán tamén Norweside, un selo local baixo o que se aglutinan diferentes estilos de hip hop, o vigués ELECESAR, os cataláns Ill Bambinos, os composteláns ARCE e Barton Kidz, e Bobeh.

FIRC (Festival Independente de Rock Coruñés) 22 de Agosto 20:00 a 02:00

  • Hamlet
  • Bastards On Parade
  • Unicornibot
  • Guerrera

O metal virá da man dos madrileños Hamlet trala súa evolución de estilos ao longo dos anos. Bastards On Parade encherán o escenario de punk folk. Ritmo, guitarras potentes e virtuosismo instrumental será o que acompañe aos pontevedreses Unicornibot. E os tamén galegos Guerrera traerán, como eles mesmos se definen “Psico-Blues-Rock profundo e enérxico”.

FEC (Festival Electrónico Coruñés)  23 de Agosto 18:00 a 03:00

  • Fairmont
  • The Frogmen
  • Hd Substance
  • Hoax Believers
  • The Panic Room
  • Roi
  • Lefrenk
  • Diego Villa
  • Parasit Vj + Vj Ram

Para pechar o festival, o sábado será a quenda da música electrónica. O canadense Fairmont, ou o que é o mesmo Jake Fairley de seguro que envolverá o Parque de Santa Margarida nun ambiente cálido e máxico provocado polo techno funk suave dos seus directos.

Tamén poderemos desfrutar de HD Substance que tras máis de vinte anos formando parte activa da escena electrónica mundial, máis de 30 Ep’s editados en selos de todo o mundo, segue sendo figura de referencia da escena techno española.

O resto de cartel completano The Frogmen e outros Dj´s entre os que se atopan  Hoax Believers, The Panic Room, Roi, Lefrenk, Diego Villa, Parasit VJ, e VJ Ram.

Lista de Reproducción Forum Maio 2014: un repaso pola historia da música

Aproveitando que na Biblioteca do Forum Metropolitano temos ata o mes de xuño unha mostra bibliográfica sobre historia “El pasado es futuro”, na Lista de Reproducción de maio como non podia ser menos facemos tamén un repaso pola historia da música.

Temos que falar pois do canto gregoriano que se formou a partir de estilos moi heteroxéneos, de procedencia principalmente oriental, sobre todo de Bizancio e Siria, durante a época que seguiu á caída do Imperio Romano. A intención do canto gregoriano non era artística, senón tan só relixiosa. ennobrecer a palabra de Deus, polo que se prescindía de instrumentos musicais; a música sacra tiña que ser simple para que puidese ser cantada por todos, fluída para non estorbar o texto, e sobria para non desmerecer a súa función. Das cantigas de amor galego-portuguesas que xorden por imitación da poesía trobadoresca provenzal dos séculos XII e XIV, mais contan con adaptacións ao contexto galego-portugués e mais á época en que foron escritas

O barroco, un estilo da música occidental relacionado coa época cultural homónima en Europa. Adóitase delimitalo cronoloxicamente entre a estrea da ópera de Claudio Monteverdi L’Orfeo (que foi a primeira ópera do compositor italiano e unha das primeiras obras catalogadas como tal) a principios do século XVII e a morte de Johann Sebastian Bach. É aí cando comeza o chamado clasicismo e remata en 1827 aproximadamente (morte de Beethoven). A música clásica propiamente dita coincide coa época chamada neoclasicismo (que noutras artes consiste no redescubrimento e copia dos clásicos da arte grecorromana, que era considerada tradicional ou ideal: clásica). Na música non existiu un clasicismo orixinal (xa que non quedara escrita ningunha da música da época grega ou romana).

E ainda que a Copla, xorde en España no século XVIII como reacción ao predominio da moda francesa no teatro e á italiana na música, ainda na actualidade hai quen as canta como é o caso do barcelonés  Miguel Poveda.

Na selección non nos esquecemos tampouco da canción galega, aqueles poemas escritos por Rosalía de Castro no século XIX, época na que non resultaba nada doado escribir en galego, e que despois serían cantados por músicos como Xoán Montes. Asi como do folclore galego, perfectamente representado polo Grupo Milladoiro considerado como o máis internacional dos grupos galegos e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego.

Máis actual é o reggae  un xérnero musical que se desenrolou por primeira vez en Jamaica cara mediados dos anos 60. Época na que podemos situar a Leonar Cohen, definido polo crítico Bruce Eder como “un dos cantantes e compositores máis fascinantes e enigmáticos de finais dos 60”. E tamén o nacemento do mítico grupo español “Los brincos” que naceron a instancias da discográfica española Zafiro, que tratou de repetir en España o éxito das bandas do beat británico.

Posteriores son o grupo de rock británico Supertramp, a gañadora entre outros premios, do Grammy Latino ao mellor álbum vogal pop feminino, nas edición de 2002 e 2044 polos seus traballos “Muchas flores” e “De mil colores” respectivamente Rosario Flores e o coñecidísimo disc jockey de música electrónica e productor discográfico francés, especializado en son house e dance, David Guetta.

Aquí vos deixamos a Lista de Reproducción completa para que desfrutedes escoitando o noso particular repaso pola historia da música:

Bach – Conciertos, Los Brincos – Reserva especial, A canción galega, Canto gregoriano – Magnificat II, Celia Cruz – Siempre viviré, Chopin – Estudios y baladas, David Guetta – Nothing but the beat, Elvis Costello – North, El gran barroco de Bolivia, Gregory Isaacs – The reggae masters, Gustav Mahler – Symphonie No. 9, Katheen Batle – Spirituals in concert, Leonard Cohen – I´m your man, Luisa Fernanda – Moreno Torroba, Lo mejor del canto gregoriano, Miguel Poveda – Coplas del querer, Milladoiro – Iacobus Magnus, Paulina Ceremuzynska – Cantigas de amor e de amigo, Psalterium – Todo quanto yo serví, Rosario – Siento, Schubert – Impronptus, Speak Low – Songs by Kurt Weill, Supertramp – Paris, Tony Bennett – The classics, Wolgang Amadeus Mozart – Symphonien 40

E lembra que se queres levar en préstamo para a casa algún destes discos ou outros traballos destas mulleres coraxe, consulta a dispoñibilidade dos materiais no Catálogo de Bibliotecas Municipais.