Neste verán tan extraño postconfinamento queremos pouco a pouco volver á normalidade e unha desas normalidades é o noso ciclo de verán. Este ano títulado “LE, VIAXA, SOÑA…” e mentras lemos podemos viaxar e soñar acompañados da lista de reproducción que elaboramos para tí e que seguro non che vai a deixar indiferente.
A música ten a capacidade de darnos unha sacudida e espabilarnos cando máis o necesitamos. De feito hai cancións e ritmos que escoitamos e que nos devolven a enerxía de maneira case automática. Hai melodías que según a ciencia teñen os elementos que o noso cerebro necesita para recuperar o ánimo. Calquera melodía que che faga sorrir, que che inspire bailar, bo rollo , ou simplemente che relaxe , vai ser boa para ti. Cando teñas un día gris , convence ó teu humor de que cambie de rumbo con boa música, esa que nos axudou tanto no confinamento.
Música e felicidade están intimamente ligadas, chega o momento de que prepares o cerebro para unha dose de enerxía positiva a través destes temas que recopilamos para ti nesta lista de Spotify.
Faremos un percorrido polos grupos e cantautores da xeografía española, remontaremonos a outras décadas ata chegar á actual, tocando diversos xéneros como pop, indi, alternativa, rap, etc…
Creamos unha lista con temazos tan pegadizos que, sen querer, meteranse na túa mente todo o día e non poderás evitar cantaruxar e bailar coma “Tigre de Bengala” de Xoel López, unha canción do máis alegre e que dá nome ó seu novo álbum , pasando polos grupos miticos do pop dos 80 como Los Piratas, Radio Futura, Seguridad social,Heroes del Silencio…. Recordamos a Pau Donés coa a súa derradeira canción “Eso que tu me das” e non pode faltar irmos de “Verbena” con Novedades Carminha. Sacudiremos os nosos medos con Rosana Arbelo “Sin miedo” e tamén nos engancharemos á vida con Guadi Galego “Chea de Vida”
Desexamos que esta lista sexa a vosa compañeira do verán e vos faga pasar un intre divertido co que bailar ou quizais relaxarvos, en definitiva que sexa capaz de transportarvos alí onde queirades, da primeira á última das cancións
Un músico, con traxectoria internacional, o coruñés Xoel López será o encargado de ler o pregón e dar o pistolezado de saída ás Festas de María Pita 2013.
Máis de 100 actuacións musicais dende hoxe ata o vindeiro 25 de agosto, día no que se dan por finalizados os festexos.
Tralo pregón desta noite, cunha actuación en acústico do propio Xoel López, comenzará a programación musical. Na Praza de María Pita, Loquillo, Ariel Rot e Leiva baixo o título “Uno de los nuestros” ofrecerán un concerto a partir das 22.30 horas.
Festivales de Habaneras
Como todos os anos, o Festival de Habaneras é un dos protagonistas do programa de festas da cidade. Do 6 ó 11 de agosto o Parque de Santa Margarita será o escenario que albergue ata 26 actuacións de agrupacións musicais- rondallas, tunas, agrupacións corais, orfeóns -procedentes tanto da cidade como de toda a xeografía galega. Todas as actuacións terán lugar as 20.00 h.
Festival Internacional de Folklore
Dende 1987 celébrase o Festival Internacional de Folklore “Cidade de A Coruña” organizado pola Asociación de Coros e Danzas EIDOS co obxetivo de favorecer o intercambio cultura das xentes.
Ó longo de cindo días estarán presentes ademáis de agrupacións da cidade, grupos nacionais e internacionais. O escenario principal serán os Xardines de Méndez Nuñez, aínda que tamén haberá actuacións na Praza de María Pita e na Escalinata da Domus.
Durante tres días o Parque de Santa Margarita convértese no escenario de proxección dos grupos urbanos coruñeses que comparten espazo con outros referentes nacionais pertencentes aos diferentes estilos artísticos e musicais: hip-hop, rock e música electrónica.
Festival Urbano Coruñés
O xoves, 15 de agosto, a partir das 18.00 h e ata as 00.00 terá lugar no Parque de Santa Margarita o Festival Urbano Coruñés, coñecido tamén como Hip-Hop Fuc.
Festival Independiente de Rock Coruñés
O rock máis independente tamén ten cabida na programación das festas. O venres, 16 de agosto, no Parque de Santa Margarita dende as 20.00 ata as 2.00 h. poderase escoitar en directo as actuacións de tres grupos da cidade ademáis da do grupo invitado, os madrileños Def Con Dos.
Festival Electrónico Coruñés
A música electrónica tamén está presente nas festas da cidade. O 17 de Agosto, sábado, no Parque de Santa Margarita dende as 17.00 ata as 2.00 h. haberá actuacións en directo de grupos de música electrónica, de DJs, VJs da cidade e outros procedentes de Madrid e Oviedo.
Música nos Barrios
A programación musical das festas da cidade terá a súa extensión nos barrios coruñeses. O xoves 15 de agosto, o gaiteiro Xosé Manuel Budiño e invitados ofrecerá un concerto na Praza de Pablo Iglesias.
Batalla Naval
O vindeiro xoves, 14 de agosto, os coruñeses conmemoraremos a victoria sobre o exército inglés na cidade coa Batalla Naval e o seu espectáculo pirotécnico. Nesta edición a batalla será tamén musical. Dende as 22.00 ata a 1.00 h a Praia de Riazor acolle os concertos dos grupos Despistaos, Molocos e Dover. Vídeo de la Batalla Naval 2012
Noroeste Pop-Rock Como cada ano, a mellor música internacional e local será protagonista das nosas festas. O venres 9 e o sábado 10 de agosto a Praia de Riazor reunirá a milleiros de persoas que se darán cita para desfrutar de actuacións musicais gratuitas no Festival Noroeste Pop Rock 2013. O grupo británico Suede actuará en Riazor o venres 9 de agosto na primeira xornada do festival, mentras que Los Enemigos e Kiko Veneno farano o segundo día. Este ano, ademáis de Suede, Los Enemigos e Kiko Veneno como cabezas de cartel, subirán o escenario catro grupos dos que foron seleccionados a partir do Concurso de Bandas Locais.
Convidámosvos a visitar as nosas Bibliotecas Municipais e coñecer o noso fondo musical no que atoparedes discos dos traballos dos artistas que actuarán nas nosas festas. Tamén podes consultar a dispoñibilidade do material no noso Catálogo