FUC, FIRC e FEC

Fuc-Firc-Fec-2014-Agosto-A-CorunaAs festas non rematan e a música tampouco. Despois do Noroeste Pop Rock e dos moitos concertos na Praza de María Pita, agora o escenario sitúase no Parque de Santa Margarida que se vai converter no epicentro galego da música alternativa durante tres días, 21, 22 e 23 de agosto.

Tres días nos que se celebrará o Festival FUC, FIRC, FEC 2014 organizado polo colectivo Fanzine Project e co apoio do Concello da Coruña. Un festival con tres estilos ben diferentes: rock, urbano (rap e hip hop) e electrónico e que xa vai polo seu quinto ano.

FUC (Festival Urbano Coruñés)  de rap e hip hop, o 21 de Agosto 19:00 a 00:00

  • C. Terrible
  • Norweside
  • Elecesar
  • ill Bambinos
  • Arce
  • BartonKidz
  • Bobeh

mc C.Terrible presenta BURUNDANGA, o seu novo traballo con LNS na produción. Trátase dun álbum composto de 14 tracks inéditos, no que aparecen dúas colaboracións da man de NY & Ihon (MDE Click) e Dano(Ziontifik).

No escenario estarán tamén Norweside, un selo local baixo o que se aglutinan diferentes estilos de hip hop, o vigués ELECESAR, os cataláns Ill Bambinos, os composteláns ARCE e Barton Kidz, e Bobeh.

FIRC (Festival Independente de Rock Coruñés) 22 de Agosto 20:00 a 02:00

  • Hamlet
  • Bastards On Parade
  • Unicornibot
  • Guerrera

O metal virá da man dos madrileños Hamlet trala súa evolución de estilos ao longo dos anos. Bastards On Parade encherán o escenario de punk folk. Ritmo, guitarras potentes e virtuosismo instrumental será o que acompañe aos pontevedreses Unicornibot. E os tamén galegos Guerrera traerán, como eles mesmos se definen “Psico-Blues-Rock profundo e enérxico”.

FEC (Festival Electrónico Coruñés)  23 de Agosto 18:00 a 03:00

  • Fairmont
  • The Frogmen
  • Hd Substance
  • Hoax Believers
  • The Panic Room
  • Roi
  • Lefrenk
  • Diego Villa
  • Parasit Vj + Vj Ram

Para pechar o festival, o sábado será a quenda da música electrónica. O canadense Fairmont, ou o que é o mesmo Jake Fairley de seguro que envolverá o Parque de Santa Margarida nun ambiente cálido e máxico provocado polo techno funk suave dos seus directos.

Tamén poderemos desfrutar de HD Substance que tras máis de vinte anos formando parte activa da escena electrónica mundial, máis de 30 Ep’s editados en selos de todo o mundo, segue sendo figura de referencia da escena techno española.

O resto de cartel completano The Frogmen e outros Dj´s entre os que se atopan  Hoax Believers, The Panic Room, Roi, Lefrenk, Diego Villa, Parasit VJ, e VJ Ram.

Advertisements

Lista de Reprodución Forum Agosto 2014: Preparados para ir de festa

Estamos metidos de cheo nas Festas de María Pita 2014 e no blog imosvos dando boa conta das actuacións musicais das que podedes desfrutar nos diferentes puntos da cidade.

Na Lista de Reprodución do Forum Agosto 2014 tamén nos preparamos para ir de festa. Seleccionamos algúns dos artistas máis populares que deleitarán a todo tipo de público cos seus concertos e tamén nos lembramos dalgunha actuación de festas pasadas.

O pregón correu a cargo da cantante de Boimorto, Luz Casal e coa súa mensaxe nos quedamos estes días “aproveitar este tempo de desfrute, de cambios nos hábitos, de soplos de aire que aparten o tedio” queremos tomar as festas como “un tempo de obviar a pesadume … tomando o camiño do desfrute e do entretemento”

O testigo de Luz foi tomado por un dos cantantes españois cunha voz moi persoal, o catalán Sergio Dalma que reuniu a moitos dos seus seguidores na praza de María Pita, onde interpretou temas de Cadore 33 o seu último traballo, pero tamén tirou do seu repertorio de éxitos.

Ao igual que fixo Antonio Orozco quen vive actualmente “o mellor momento” da súa vida” tras un “proceso de recomposición” persoal e musical que quedou reflexado no seu último disco, Dez, un recopilatorio co que conmemora unha década de carreira, á que o artista pon nota: “Sempre imperfectos”.

Hoxe xoves é a quenda de Milladoiro, considerado como o grupo de folk máis internacional dentro dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego. Canda eles comparten cartel os coruñeses Tiruleque que co seu último traballo Mu!! Consolida o estilo acadado no seu primeiro álbum.

Nos próximos días poderemos desfrutar, entre outros, de artistas tan coñecidos coma M-Clan (día 10), Dani Martín (día 12), Cristina Pato (día 15) e Russian Red (19)

Aqui vos deixamos a Lista completa e non esquezas pasar pola biblioteca para levar aos concertos as cancións ben aprendidas.

Alejandro Sanz – El tren de los momentos, Amaral – Gato negro, dragón rojo, Antonio Orozco – Renovatio, Belle and Sebastian  – Write about Love, Os Cempés Tentemozo, Cristina Pato – Xilento, The Chieftains – Ry Cooder, Conchita – Nada más,  Dani Martín – Dani Martín, Delafé y Las Flores Azules – De mí sin tí, Estopa – Voces de ultratumba, Eskizos – 1989-1993, Lamatumbá – Paraugas universal, Loquillo y Trogloditas – Una banda de Rock & Roll español,  Love of Lesbian – La noche eterna, Julieta Venegas – Sí, Luz Casal – Vida tóxica,  M Clan – Para no ver el final, Madness – The heavy heavy hits, Mika – Life in Cartoon Motion,  Milladoiro – O niño do sol,  Novedades Carmiña – Juventud Infinita, Rosendo – A veces cuesta llegar al estribillo, Russian Red – Fuerteventura, Ruxe Ruxe – A terra dos comentos, Sergio Dalma – Cuerpo a Cuerpo