Lista Reprodución Fórum: setembro con ritmo

Este mes traémosvos unha Lista con temas para levantar o ánimo na volta á rutina, prepararvos de cara á Programación Lírica e os próximos concertos que terán lugar na nosa cidade, así como para os artistas que estarán estes días no Festival de la Luz.

Polos escenarios de Boimorto pasarán nesta sexta edición máis de corenta grupos; entre eles Igloo. O segundo traballo dos pontevedreses, La transición de Fase (2009), como ben indica o nome, supuxo un gran cambio ata no seus membros, quedando só Beni Ferreiro da formación orixinal. Sen embargo, conseguiron conservar a súa esencia. Destacamos Sin mentiras.

O 23 de setembro, por vez primeira dentro da programación Lírica, poderase desfrutar na nosa cidade da ópera de Donizetti Lucrezia Borgia. Mentres agardamos para escoitar ao tenor Celso Albelo e á soprano Mariella Devia, que probablemente será a última vez que cante unha ópera completa en España, podedes escoitar a aria Com´è bello interpretada pola gran Maria Callas.

Ben entrado outubro chega Tequila. Trala súa efímera volta en 2008, Ariel Rot e Alejo Stivell atópanse de novo para rescatar a actitude e as letras hipnotizantes que converteron ao grupo hispano-arxentino en esencial para o desenvolvemento do rock en España. Prácticamente seguro que interpretarán o seu clásico Rock and Roll en la plaza del pueblo. Pero nos destacamos Rock and Roll, do seu segundo disco, que supuxo unha gran evolución.

Os canadenses Arcade Fire lanzaron en 2004 Funeral, o seu primeiro álbum de estudio. O nome do débese a que durante a súa grabación faleceron varios familiares dos seus membros. O tema Wake Up, elixido por Spotify como unha das 20 cancións perfectas para erguerse, foi utilizado por U2 para abrir os seus concertos do Vertigo Tour, do que os canadenses foron teloneiros. En 2005 grabaron unha versión con David Bowie.

Se quedastes con ganas de asistir ao concerto de Vega (cancelado por motivos de saúde), podédes atopar un dos seus temas na Lista de Reprodución ao completo. E se queredes levar os álbums dos traballos seleccionados, podédelos atopar na Biblioteca Fórum. Agardámosvos!

Ara Malikian – Backgammon. Arcade Fire – Wake Up. Bruno Mars  – Looked Out Of Heaven. Dani Martín – Mi teatro. Depedro – Ella sabía. Diana Navarro – Brindo por ti. Donizetti (int. Maria Callas) – Com´è bello. Eladio y los seres queridos – El hundimiento. Gioacchino Rossini – Largo al factotum       . Giuseppe Verdi – Teco io sto gran Dio. Gossip – Heavy Cross. Igloo – Sin mentiras. Imagine Dragons – On Top Of The World. Jarabe de Palo – Déjame. León Benavente – Muy fuerte. Mago de Oz – Hasta que el cuerpo aguante. Mario Lanza – La donna é moible. Pink – So What. Renata Scotto – He Shall feed his flock. Rosendo – Tú que … Yo que. Siniestro Total – Quienes somos. Tequila – Rock and Roll en la plaza del pueblo. Vampire Weekend – A-Punk. Vega – La cuenta atrás. Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre  Cantiga da montaña. Xoan Curiel  – Policromía.

Lista de Reprodución Forum: imos de festivais

Na nova Lista de Reprodución facemos un repaso polos artistas e grupos dos festivais deste mes de setembro. Desde os máis próximos, como Marineda Unplugged ou o Festival de la Luz; a outros máis afastados, como Ebrovisión, Donostia Kutxa Kultur Festibala, Dcode, Granada Sound, Neox Rocks ou o Festival Altaveu.

Empezamos co Marineda Unplugged, que na súa primeira edición trouxo á cidade á banda coruñesa Sensacional, á cantante bilbaína La Bien Querida, ao santanderino Ángel Stanich, ao ex líder dos Piratas, Iván Ferreiro, e a Anni B. Sweet. A cantautora malagueña co seu folk suave e melancólico, converteuse nunha das nosas artistas máis internacionais, e xa foi de xira por Europa, América e Asia. E é que Anni B Sweet obtivo o primeiro premio do concurso de maquetas da revista Mondosonoro, foi convidada por Antonio Vega para abrir un dos seus concertos en Valencia e foi contratada polo FIB antes de lanzar o seu primeiro disco, Start, Restart, Undo (2009), que a converteu na creadora máis nova nomeada a Artista Revelación e Autor Revelación nos Premios da Música. Traémosvos un dos temas do seu EP Ridiculous Games (2013), Cruel City, que fala da procura constante da harmonía cando tes todo en contra.

O Festival de la Luz acaba de celebrar a súa quinta edición. Neste espectáculo diferente e único, Luz Casal convida a gozar dun festival solidario e interxeracional na súa casa natal de Boimorto, onde, ademais de música, púidose gozar de gastronomía, creatividade e experiencias. Todo nunha contorna na que priman a natureza, a reciclaxe e a innovación. Este ano, nos escenarios de Andabao, actuaron 36 artistas de estilos moi diversos: desde o grupo de folk galego Malvela, ata Chris Barron, o cantante da banda Spin Doctors.

Polo Festival tamén pasou o tinerfeño Pedro Guerra -ex compoñente de Taller Canario, un dos grupos máis importantes da Nova Canción Canaria-, que en 2001 publicou Ofrenda, o seu quinto traballo en solitario, no que se fusionan elementos musicais de orixes moi diversas. O tema que dá nome este traballo foi interpretado, xunto a Santiago Auserón, no seu álbum en directo 20 anos. Liberdade 8 (2014), gravado no local que lle ofreceu cantar todos os martes, permitíndolle trasladarse de Canarias a Madrid.

A terceira edición do Neox Rocks reunirá en Xetafe ó mellor do indie nacional. Polos escenarios da cidade madrileña pasarán Xoél López, La Habitación Roja, Carlos Jean, Lori Meyers, Nacho Vegas e Izal, entre outros. O grupo madrileño xa pasou este mes por Ebrovisión e o B-Side Festival, onde arrasaron. Magia & Efectos Especiales (2012) foi o seu primeiro álbum, naceu da autoxestión artística e económica, e conseguiu saltar á primeira liña do panorama musical nacional. Este traballo fíxolles gañar o Premio da música Independente como Grupo Revelación en 2013, e tivo unha boa acollida por parte do público. Destacamos Que bien, unha canción positiva e alegre, que a punto estivo de quedar fora do disco, xa que é moi diferente ao resto dos temas, pero que a día de hoxe segue sendo coreada nos concertos, pois é unha das favoritas do público.

Nas mesmas datas que o Neox Rocks (23 e 24 de setembro), en Andalucía estarán a gozar do Granada Sound, coa música de Amaral, León Benavente, Love of Lesbian e algúns dos artistas anteriormente mencionados. Pero polos escenarios granadinos tamén pasará Fuel Fandango, o dúo formado polo produtor canario Alejandro Acosta e a cantante cordobesa Nita (Cristina Manjón), que fusionan funk, soul, electrónica, jazz e flamenco, tempo que mesturan nas súas letras inglés e castelán, obtendo así un estilo moi propio. O seu segundo álbum Trece Lunas (2013), foi gravado entre Madrid, Tarifa, Córdoba e Londres. Recomendámosvos New Life, un tema moi pegadizo, especialmente o refrán, a única parte en castelán do tema.

Deixámosvos aquí a Lista completa. E lembrade que tedes os álbums dos traballos seleccionados na Biblioteca Fórum para levalos en préstamo.

Amaral – Las puertas del infierno, Anni B Sweet – Cruel City, Arizona Baby – It is called work, Bunbury – El hombre delgado no flaqueará jamás, Delorean – Unhold, Elefantes – Que yo no lo sabía, Fuel Fandango – New life, Guadi Galego – Matriarcas, Hombres G – Venecia, Ismael Serrano – Vértigo, Iván Ferreiro – Puro nervio, Izal – Qué bien, José Mercé – Nanas de la cebolla, La Bien Querida – De momento abril, La Habitación Roja – Ayer, Lori Meyers – Zen, Marlango – Dinero, Miguel Costas – No somos de aquí, Nacho Vegas – Runrun, Pedro Guerra – Ofrenda, Rosa Cedrón – Arde el mar, Sr. Chinarro – La ley de Murphy, Susana Seivane – Curuxeiras. Xosé Manuel Seivane, Tachenko – Hacia el huracán, Triángulo de amor bizarro – De la monarquía a la criptocracia