Lista de Reprodución Forum Xullo 2014: Música para viaxar

Coma cada ano, coa chegada do verán, o CMIX Centro Municipal de Información Xuvenil da Coruña pon en marcha a campaña Móvete’14 e a Biblioteca do Forum Metropolitano acompañaa poñendo á vosa disposición a mostra bibliográfica “Viaja con nosotros”, na que encontraredes multitude de películas e novelas que vos farán viaxar a maravillosos lugares e guías de viaxe que poderedes levar aos países que vos fixeron soñar as novelas.

A música poñémola na nosa Lista de Reprodución do mes de Xullo, para que non vos aburrades durante a viaxe. A música é un elemento tamén imprescindible á hora de facer as maletas. Unha boa selección para escoitar no coche mentras conduces, vas no avión ou namentras saboreas un refrescante xeado na praia fará que goces das vacacións con outro ritmo.

Wake Up (Espertar) é unha canción da banda de indie rock canadense Arcade Fire. Foi o quinto e último single do álbum debut da banda, Funeral, lanzado en setembro de 2004. E pese a que o título foi elixido debido ás numerosas mortes de parentes dos membros do grupo durante a gravación a canción e todo o disco transmiten forza e enerxía a rabear.

Os ingleses Arctic Monkeys son xeralmente considerados como parte da escena post punk revival. Whatever People Say I Am, That’s What I’m Not, o seu primeiro traballo, converteuse no álbum debut coas vendas máis rápidas na historia da música británica. E dende esta Mardy Bum (do 2005) até hoxe moito teñen evolucionado pero sempre coas guitarras e o son agudo como elemento distintivo.

Delorean téñeno todo da súa parte, merecidamente. Cancións como Seasun están en sintonía co que se fai fóra: loops, melodía house, festa e demais ingredientes para un novo verán do amor acompañado de outros alicientes non sempre correctos. Indie-house, liñas de teclado e de sintetizadores gloriosas e moi, pero que moi “bo rollo”. Non esquezas botarlle un ollo porque poida que os atopes en calquera festival xunto aos tamén cataláns Dorian.

El futuro no es de nadie é o segundo traballo de Dorian. Inclúe a Cualquier otra parte, luminoso hit electropop de fina produción, cuxa letra e melodía é capaz de meterse nas entrañas de calquera. A Cualquier otra parte é no fondo unha canción de amor e droga porque en realidade hai algo que salvar, non algo que perder, e con esa mensaxe positiva é coa que nos queremos quedar.

Know your enemy (Coñece ao teu enemigo) é unha canción escrita e gravada pola banda estadounidense de punk rock Green Day da que a revista Rolling Stone expresou que a canción é un dos momentos culminantes do álbum e foi a primeira en estar no posto número un na lista de Billboard Rock Songs.

Pero na selección, como é lóxico,  tampouco nos esquecemos doutros grandes clásicos que non poden faltar coma David Bowie, os Kiss, o xefe co seu Born in the U.S.A., ou calquera disco dos Beatles. E se a isto lle engadimos o bo espíritu festeiro dos mexicanos Café Tacvba, dos maiorquíns La Gran Orquesta Republicana e os temazos da Fundación Tony Manero capaces de levantar calquera festa, o resultado é do máis variado e completo, para que te relaxes, desfrutes e volvas coas pilas ben cargadas.

Aqui vos deixamos a Lista completa e non esquezas pasar pola biblioteca antes de pechar a maleta.

Arcade Fire – Funeral, Artic Monkeys – Whatever People Say I Am, That’s What I’m Not, The Beatles – 1962-1966, The Black Eyed Peads – Elephunk, M, Aretha Bob Dylan – Love and Theft, Bowie – Diamond Dogs,  Bruce Springsteen – Born in the U.S.S, Café Tacuba – Un viaje, David Guetta – Nothing but the beat, Delorean – Ayrton Senna, The DoorsDorian – El futuro no es de nadie, Elvis Costello – National Ransom, Eminem – The Eminem show, Fundación Tony Manero – Sweet Movimiento, Gotan Project – Tango 3.0, La Gran Orquesta Republicana – Abrazos, Green Day – Uno, Guns’n Roses – Appetite for Destruction, Kings of Leon – Only by the night, Killers – Live from the Royal Albert Hall, Kiss – The very best of Kiss, Lana del Rey – Born to die, Macaco – Puerto presente, Muchachito Bombo Infierno  – Vamos que nos vamos, The XX – Coexist

 

Agoraphobia: “O punk sempre o levas nas veas, non se pode fuxir del”

agoraphobiaAgoraphobia son 5 mulleres roqueiras que veñen de Boiro (A Coruña). A banda nace no ano 2006, coma un cuarteto de amigas de instituto que compartían o gusto pola música punk e as ganas de facer as súas propias cancións. En Bibliosons falamos con Aislinn (guitarra)

 Acabades de gravar Dirty Little Things. Como o podedes presentar?

Dirty Little Things poderíase presentar coma o froito do gran esforzo e da ilusión de cada unha de nós. No disco ademáis recóllese a evolución da banda e o concluír dun proceso creativo que comezou no mes de marzo do pasado ano cando se incorporaron as novas integrantes.

Un disco que gravastes grazas a un concurso. Que significou o feito de gañalo para vós?

Cando nos enteramos de que gañaramos o concurso de Vodafone non dábamos creto, creo que nos costou semanas asimilalo, ata que nos atopamos gravando no estudio. Significou por suposto a oportunidade de gravar un disco con grandes profesionais e darnos máis a coñecer. Foi maravilloso.

Un disco que gravades despois de 8 anos tocando. Como evolucionou Agoraphobia nese tempo?

A verdade é que personalmente se me fai raro pensar en oito anos tocando! Para min o tempo pasou voando e Agoraphobia converteuse nunha faceta máis da miña vida, inherente a todo o que fago.Como banda a evolución foi bestial, certo é que comezamos no 2006, eramos unhas rapazas con moitas esperanzas con respecto ao futuro, por iso as nosas letras eran reivindicativas e acompañábamolas dun punk nacido do máis auténtico ‘faino ti mesmo’ posto que ningunha de nós tiña a máis mínima idea de música; pero si tiñamos moitas ganas de crear. A banda estivo nesa onda un par de anos pero cos cambios importantes que se producen nesas idades (como asistir á universidade) deixamola un pouco abandonada, asi foi indo uns tres ou catro anos, tocando de cando en cando, ensaiando o que podiamos… ata que finalmente algunhas das antigas compoñentes non poideron continuar.

Foi logo unha evolución en canto a integrantes e á propia música en sí?

Si. Recordo que foi a finais do ano 2012 a Susana ( a cantante) e a min plantexábasenos un tremendo dilema, queríamos por tódolos xeitos seguir coa música pero tiñamos unha banda a medias, non sabíamos se quera se decir adeus a Agoraphobia e comezar con algo novo. Sen embargo, pódese decir que somos ambalas dúas persoas moi cabezudas e decidimos tirar para adiante, comezamos a buscar xente e tivemos a grandísima sorte de atopar rapazas coma Paula, Lucía e Sabela, quenes nos aportaron moito coma músicos e coma persoas. Aí plantexamonos a banda de maneira diferente, a composición era outra e nós coma persoas sufriramos unha tremenda evolución, foi cando comezou o garage e a inspiración cinematográfica de tódalas cancións. Por todo iso nos gusta decir que Agoraphobia (tal como é agora) leva existindo pouco máis dun ano. Iso si, o punk sempre o levas nas veas, non se pode fuxir del.

A que soa Agoraphobia?

Agoraphobia soa a Sabela, a Susana, a Lucia, a Paula e a min.  Soa a ferramentas e utensilios de xardinería, a gasoil, a polvo e a garaxe, a cervexa, a palomitas e a cine serie b. A todas esas cousas que nos rodean cando damos forma a cada canción, e tamén por suposto ás influencias musicais de cada unha de nós (que son moitas).

O nome vén dun tema dos estadounidenses Incubus. Por que esa canción?

Creo que simplemente porque nese momento nos apetecía, parecíanos graciosa a paradoxa de tocar ante a xente e ser ‘agorafóbicas’. Agora e ainda máis curioso posto que somos dúas psicólogas no grupo, parece que o nome nos persegue.

[Agoraphobia significa medo ao medo] A que lle tedes medo?

A verdade ter medo ao medo… parece bastante intelixente non? Eu teño medo a moitas cousas, elas non o sei. Probablemente a que isto se remate.

Pero 5 mulleres roqueiras coma vós ben poden facerlle fronte ( a eses medos)

Cando estamos xuntas é certo, parece que lle podemos facer frente a case todo, temos un verdadeiro espíritu grupal; collemos brío e protexemonos unhas ás outras.

SRB2013_agoraphobia

Como traballades xuntas. Entendédesvos ben para compoñer?

É un proceso que ‘flúe’, ten o seu propio flow. Normalmente son eu a que leva a idea principal pero sen elas, nunca chegaría a ser canción. Cando lles mostro algunha idea sempre saben poñer en música o que estou pensando ou, se cadra facelo aínda mellor. Son unhas xenios, e creo que falamos todas a misma ‘linguaxe’.

Por que en inglés? porque os vosos comezos foron en castelán.

Se cadra é un problema pero, escribir en inglés fáiseme máis sinxelo. Escribir en castelán ou galego é máis duro, a xente comprende perfectamente a mensaxe, cando o cantes ou o escribas tes que pensar en que entenderán sen esforzo todo o que estás a dicir, require un nivel máis de apertura persoal.

Despois deste disco cal é o próximo paso de Agoraphobia (concertos, festivais)?

En agosto estaremos no Castelo Rock e no Brincadeira, temos tamén máis concertos que iremos anunciando nas redes sociais. En septembro voltaremos a tocar na Coruña nun concurso da Deputación; e aínda nos queda moito moito por facer, agora acabamos de comezar a nosas andadas coa productora Dotbeat e creemos que faremos un gran equipo, temos ganas de sorprendervos!

Algo pendente

O seguinte disco

Un soño por cumprir

Xirar por EE.UU

Que significa a música para vós?

Todo, acompáñanos todo o día, tódos os días.

Serve para protestar tamén? Contra que quere protestar hoxe Agoraphobia?

Sempre serve para protestar aínda que a mensaxe non sexa sempre 100% directa, creo que cos anos gañamos un punto de acidez,de ironía. Non nos gusta a sociedade tal e como está, pero, a quen lle gusta?. Centramonos moito en tratar temas moi audiovisuais pero tamén nos interesa a idea da igualdade de xénero. Digan o que digan iso esta aí, e ás veces é ainda peor ca antes porque como non se pode discriminar de maneira directa faise de maneira indirecta, o cal e máis difícil de erradicar. Está claro que todo ten as súas vantaxas pero cando eres muller sempre tes máis que demostrar. Cando fixemos o libreto do disco prefirimos non adxuntar ningunha foto nosa,queriamos que a xente escoitase as cancións sen saber se eran homes ou mulleres os que tocaban (sen contar a voz que é claramente feminina), foi unha especie de experimento e tamén de reivindicación.

Hoxe tocades na sala Mardi Gras da Coruña dentro do Festival Rockin’ Girls A cita é ás 22 h., que tedes preparado?

Estaremos acompañadas dun grupazo madrileño, os Árida. Temos pensada unha noite de auténticas mulleres roqueiras! Non volo podedes perder!