Lista Reprodución Fórum: Os clásicos nunca pasan de moda

Co ciclo temático “Un libro, unha pegada”, que se desenvolve durante o segundo trimestre do ano 2019 na Biblioteca Fórum Metropolitano, queremos destacar a importancia que ten a literatura clásica na cultura actual. A súa influencia é múltiple: repercute no cine, na arte, no teatro e nos escritores e escritoras actuais.

Na Lista de Reprodución de Fórum queremos ir da man porque pensamos que os clásicos nunca pasan de moda, así que  facemos recopilatorio de artistas que na súa época deixaron pegada e actualmente seguen marcando.

Comezamos coa banda de orixe irlandesa U2 formada no ano 1976 por Bono, The Edge, Adam Clayton e Larry Abrandan Jr. A banda alcanzou tal nivel de fama que a súa xira 360° Circuíto converteuse na xira máis exitosa de todos os tempos.

Tom Jones é unha lenda da música que vendeu máis de 100 millóns de discos. Iniciou a súa carreira na década dos 60 do pasado século e logrou éxitos mundiais como “ It’ s Not Unusual” e “ Delilah”. Nos últimos anos a súa carreira experimentou un novo repunte, sobre todo desde a versión que gravou do tema “Kiss” de Prince.

 

Un icono é xa a querida e admirada Amy Winehouse, que dende a súa tráxica morte moitas foron as persoas que quixeron imitar o seu característico son pero hai artistas que son inimitables e Amy Winehouse foi un deles. Viviu apenas 27 anos pero a súa influencia real sobre o mundo aínda se está empezando a sentir agora. Amy Winehouse foi, primeiro que todo, unha gran escritora de cancións, sempre contaba historias novas e orixinais.

Durante a pasada década , Bon Jovi empezaron a converterse nunha das máis grandes bandas de rock. A este punto, Jon Bon Jovi, como frontman do grupo, conseguiu ser unha das caras máis famosas de Estados Unidos, sendo invitado a numerosos eventos de carácter privado, como entrega de premios, ceas na Casa Branca, etc. Á marxe da polémica de quen leva as rendas do grupo, Bon Jovi seguen coa boa música facéndonos bailar, cantar e vibrar sentindo a súa música.

E se falamos de clásicos na nosa lista non podiamos deixar pasar ao gran Michael Jackson que se converteu no Rei do Pop, non polas vendas millonarias dos seus discos, nin por todos os récords que rompeu unha e outra vez. Converteuse nunha imaxe influínte porque estivo adiantado á súa época, non imitou a ninguén se non que foi quen de crear unha estética definida ao redor da súa persoa.

A lista segue e podedes escoitala ao completo aquí e por suposto pasarvos pola biblioteca para levar os CDs en préstamo.

Luís Miguel – Segundo RomanceJulio Iglesias – CrazyRaphael De amor & desamor. Amy Winehouse  Lioness: Hidden TreasuresAreta Franklin –  The very best…. The Beatles Sgt. Pepper`s Lonely Hearts Club BandPrince & The New Power Generation – Diamonds and PearlsMichael Jackson Dangerous.  Van Morrison Days Like ThisTom Jones – GoldBon Jovi The very best.  Ray Charles – Kiss me BabyCelia Cruz – LegendsPaco de Lucía – Luz.   U2 – No Line On The HorizonDavid Bowie – ChangesBowieDonna Summer – The Journey, The very Best of Donna SummerPerales – Calle SoledadVíctor Manuel – Vivir para cantarlo.Elvis Presley – Classic Billboard Hits.

Advertisements

Lista Reprodución Fórum: Música para os sentidos

Relacionado co ciclo temático “Cre en ti” que este trimestre temos na Biblioteca do Fórum, elaboramos unha lista de reprodución para cada momento e para cada estado de ánimo. Xa dende os principios da historia pódense rastrexar mencións a que a música afecta o estado de ánimo. Os gregos foron os primeiros en sistematizar o efecto da música sobre a conduta humana, dicían que podía aliviar aos deprimidos e deter aos violentos.

Necesitamos a música e está máis que comprobada a relación que existe entre as notas e os estados anímicos, así como a súa capacidade para facilitar o tránsito dunha emoción a outra. Actualmente, a música escóitase para entreterse, para bailar, para facer exercicio, para meditar, para relaxarse, ao limpar a casa e para facer máis ameno calquera instante. Pero, preguntáchesche cal é a música ideal para cada momento?Aínda que na resposta teñen moito que ver os gustos, preferencias e personalidade de cada quen, hai certos estilos musicais que se aplican para momentos e emocións específicos, independentemente de cal sexa o teu xénero musical favorito.

Música para ter máis enerxía e iniciar ben o día

Este é o tempo no que se atopan ritmos como o rock, pop e dance. Este tipo de composicións son capaces de achegar unha boa cantidade de enerxía ao cerebro humano. As cancións que che fan sentir máis animado e con enerxía son as que teñen unha letra positiva, un tempo igual ou superior a 150 pulsacións por minuto e un ton maior. Recomendamos “Livin’ on a Prayer” de Jon Bon Jovi. Considerada unha das cancións insignia da banda. Ademais, foi catalogada como a mellor canción dos 80 pola cadea estadounidense VH1É unha das 200 cancións con maiores descargas dixitais nos Estados Unidos.

“Viva la vida”, de Coldplay é ideal para ter máis enerxía nas mañás e pasar de estar con letargo a estar alerta, con enerxía e optimista.

Música para facer exercicio

O ritmo acelerado do rock é como unha inxección de adrenalina para o cerebro, así que é un ritmo ideal para motivarche ao facer exercicio. Do mesmo xeito que o pop máis rítmico, a música electrónica e o dance, axudan a manter a frecuencia cardíaca entre 130 e 150 pulsacións por minuto, o cal é útil cando queres queimar calorías. Aquí incluimos traballos como  Ballbreaker 13º álbum de estudo da banda de hard rock australiana AC / DC ou “Nothing but the beat” do DJ francés e productor David Guetta.

Música para o relax

A mellor opción cando de relaxarse se trata é a música clásica e instrumental con tons graves, os cales provocan ondas cerebrais baixas que propician a relaxación. Algúns exemplos O “inverno II, Longo” das Catro Estacións.
A música de Mozart é tamén unha boa opción, xa que foi recoñecida por axudar a equilibrar a enerxía e crear unha harmonía entre corpo e mente.

Pero non nos esquecemos de deixar preparada unha lista de cancións tristes. Xa que hai estudos que demostran que escoitar música triste dá consolo e axuda a regular os estados de ánimo negativos. Bos exemplos son “Hello” de Adele ou “Goodbye my lover” de James Blunt.

Aquí tedes a Lista ao completo. Se queredes os levar os discos dos temas seleccionados, lembrade que os podedes atopar na Biblioteca Fórum. Agardámosvos!

Leonard Cohen – I’m your man. Silvia Pérez  Cruz – Vestida de nit. New Wave Classix. Lana del Rey – Lust for life. David Guetta – Nothing but the beat.  La mejor música de Broadway.  Supertramp – Paris. Evanescence – Fallen.  Franz Ferdinand – Always ascending. Gloria Gaynor –  El Album. James Blunt–  All the lost souls.  David Bowie –  Diamond dogs. Adele –  Adele 25. Coldplay – Viva la vida. AC/DC – Ballbreaker. Wolfgang Amadeus Mozart – Salzburg symphoniesBeethoven, Ludwig van – Concierto para piano nº 5 en Mi bemol Mayor. Killers – Live from the Royal Albert Hall. The Cure – The Lovecats. The Beatles – Octopus’s Garden.