Lista Reprodución Forum: Movember

Chega o mes máis peludo do ano, e é que en novembro a cousa vai de bigotes. O movemento “Moustache-November” (Bigote-Novembro) bate récords de ano en ano. “Movember” é un xogo de palabras entre “moustache” (bigote en inglés) e “November” (noviembre). A súa orixe remóntase a principios do Século XX na cidade de Melboume (Australia), ainda que a súa popularidade foi en aumento de xeito significativo nos últimos 10 anos. Esta multitudinaria iniciativa conseguiu recuperar un símbolo físico de masculinidade.

Movember é unha organización adicada aos problemas de saúde dos homes e  recada fondos para loitar contra o cancro de próstata, o cancro testicular e os problemas de saúde mental.

movember

O obxectivo é recaudar fondos e aumentar a concienciación sobre a saúde do home, explican dende a web de Movember. Á iniciativa tamén se poden sumar mulleres (Mo Sistas) que axuden aos seus compañeiros (Mo Bros) a deseñar o mostacho. Pero se algo está conseguindo Movember, é sensibilizar sobre os cancros de próstata e testículo.

Na Lista de Reprodución de Novembro facemos o noso particular “movemento november” e desta volta seleccionamos música de homes teñan ou non bigotes.

León Benavente é un grupo formado por músicos procedentes de bandas tan coñecidas coma Tachenko, Schwarz ou Nacho Vegas. León Benavente presenta o seu homónimo álbum de debut a quen a crítica sitúa como un dos mellores lanzamentos nacionais do 2013. Entre os seus integrantes hai estirpe galega, trátase de Abraham Boba, quen aporta esa eterna melancolía que proxecta nas letras e transmite a través da súa voz.

Despois de mostrar na maioría de festivais da Península o seu solvente, roqueiro e intrépido directo, Eladio y Los Seres Queridos teñen tamén un oco na lista. Xa polo 2013 recibiron o Premio Galego da Música á mellor banda de indie/pop galega. Algo que os caracteriza son as boas cancións con letras ben traballadas e un son electrizante.

Cruzamos fronteiras e cambiamos totalmente de estilo para achegarnos ao gran Van Morrison, un personaxe esquivo, pouco dispoñible para compromisos e pouco comercial pero é, desde todos os puntos de vista, un dos personaxes máis estimados, máis admirados e tomados como exemplo polos coñecedores do rock. Cunha voz desgarradora e potente converteuse nun dos símbolos do Londres dos anos sesenta. Tras unha intensa traxectoria musical finalmente, en 1988 colabora activamente co grupo folk Chieftains (aos que tamén seleccionamos no noso Movember especial) realizando un antigo proxecto seu: o álbum ‘Irish heartbeat’.

A lista segue e complétase con nomes en maiúscula como Ray Charles, Elvis Costello, Víctor Jara ou Rodrigo Leao, por exemplo. Aquí vola deixamos ao completo para que desta volta lle botedes á música e á vida en xeral “un par de bigotes”. E lembrade que se estades interesados na causa podedes rexistrarvos e elixir de que xeito queredes colaborar.

Arizona Baby – Second to none, León Benavente – León Benavente, Andrés Calamaro – El cantante, Ray Charles – Kiss me baby, The Chieftains – Santiago, Depedro – La increible historia de un hombre bueno,Elvis Costello – National Ransom, Eladio y Los Seres Queridos – Orden invisible, Eskizos – Eskizos, Franz Ferdinand – Tonight, John Legend – Once again,  Víctor Jara – El derecho de vivir en paz, Javier Krahe – Cinturón negro de karaoke, Rodrigo Leao – O mundo,  José Mercé – El flamenco es_, Pablo Milanés – Amo esta isla, Van Morrison – Days like this,  Red Hot Chili Peppers – Freaky styley,  Davide Salvado– Rústica, Simon & Garfunkel – Bridge Over Troubled Water, Bruce Sprinsgteen – Tunnel of love, Caetano Veloso – A foreign sound, Barry White – Gold, Robbie Williams – Intensive care, Steve Wonder – The Definitive Collection, Neil Young – Fork in the road

 

Advertisements

Lista Reprodución Forum: os concertos das festas

Se o mes pasado adicabamos a nosa Lista de Reprodución á música da terra, agosto non anda moi desencamiñado. A estas alturas, de todos é sabido que o sábado día 1 arrancan as festas de María Pita co concerto de Víctor Manuel e Ana Belén na propia praza e que do luns 3 ao venres 7 de agosto celebrarase o 29 Noroeste Pop Rock da Coruña cun total de 31 concertos de balde en 4 escenarios diferentes. Por iso, a Lista de Reprodución de Agosto nútrese cos traballos de moitos dos artistas que poderemos ver estes días polos escenarios da cidade e con outros que estarán polos arredores ou en próximas datas.

Cartaz2

 

Posiblemente sexa este un dos anos con máis presenza de grupos galegos, un total de 17 confirmados que actuarán na praza das Bárbaras, San Nicolás e no Castelo de San Antón. Trátase de formacións como En Casa del Herrero, Say My Name, The Trunks, Silvia Penide, True Mountains, Félix Arias, David Quinzán, Sensacional ou Familia Caamagno entre outros. Os de Sigüeiro, avalados polas boas críticas dos medios especializados teñen un oco con dereito de seu na axenda musical galega. Coma eles mesmo din “Hai que andar cos tempos!”, título que dá nome ao seu último traballo. Sen dúbida un dos grupos que paga moito a pena ver en directo porque te fará bailar aínda que non queiras.

Os concertos na praia inaugúranse o xoves 6 da man de todo un referente do pop independente nacional, Los Planetas, quen xa actuaran no Noroeste na edición do 2010. Xunto a eles estarán os cataláns Sidonie que se deron a coñecer co seu rock psicodélico e alternativo na década dos 90. Os seus directos nunca deixan indiferentes a niguén, o seu último traballo publicado é Sierra y Canadá no 2014.

O venres é a quenda de León Benavente grupo formado por músicos procedentes de bandas tan coñecidas coma Tachenko, Schwarz ou Nacho Vegas. León Benavente presenta o seu homónimo álbum de debut a quen a crítica sitúa como un dos mellores lanzamentos nacionais do 2013. Entre os seus integrantes hai estirpe galega, trátase de Abraham Boba, quen aporta esa eterna melancolía que proxecta nas letras e transmite a través da súa voz.

Os concertos no areal de Riazor péchanse coa gran estrela e cabeza de cartel, os suecos Mando Diao. Con raíces no brit-pop e o garage-rock pero tamén con miras ao soul e a electrónica, desenvolveron unha carreira con sete álbums xa. O seu último traballo Aelita, sen sorpresas, destaca por unha boa instrumentación e unha boa producción, aínda que ás veces algunha das canción poida resultar excesivamente longa.

Pero as festas compleméntanse con concertos para todos os gustos: Rosário, Maná, Alejandro Sanz, The Originals Blues Brothers Band ou o xenial violinista de orixe libanês Ara Malikian entre outros. Podedes consultar toda a proposta e horários aquí, e mentras non chegan os ansiados concertos tedes á vosa disposición os traballos dos artistas nas bibliotecas. Ésta é a nosa particular Lista de Reprodución da Biblioteca Fórum para ir abrindo boca, bótalle unha escoita!!

Pablo AlboránTanto, Félix Arias – Manchados de tinta, Arizona Baby – Second to none, León Benavente – León Benavente, Cooper – Retrovisor, Coruña Son09Xurxo Souto – Fumareu, Los Enemigos – Hasta el lunes, Guadi Galego – Lúas de outubro e agosto, La Habitación Roja – Cuando y ano quede nada, Carlos Jean – Have an ice day, Kepa Junkera  – Hiri, Joaquín Sabina et. Al.La Bien Querida – Romancero, Maná – Amar es combatir, Antonio Orozco – Cadizfornia, Los Planetas – Una ópera egipcia, Reincidentes – Algazara, Barón Rojo – Volumen Brutal, Rosario Flores – Parte de mí, Ariel Rot – La huesuda, Alejandro Sanz – El tren de los momentos, Sabina & Serrat, Sidonie – Sierra y Canadá, Sting  – Desert Rose, Kiko Veneno – Dice la gente