Lista Reprodución Fórum: música e arte

Na Biblioteca Fórum Metropolitano xa está en marcha o novo ciclo temático de primavera baixo o título “A Coruña de Picasso” adicado á figura do pintor e co que se prentende remarcar a presenza de Picasso na Coruña e como, a luz da cidade, a cor do océano e as experiencias vividas formaron parte no desenrolo da súa faceta artística e influíron na súa personalidade.

Dende a Lista de Reprodución temos moi presente que música e arte son dúas disciplinas que están moi unidas, tanto que ás veces forman parte do mesmo proxecto. Por iso desta volta e para acompañar ao novo ciclo temático conformamos a nova lista con discos que materializaron as súas portadas inspiradas en obras de arte, discos que decidiron apostar por pinturas que representaban a súa mensaxe deixando a obra orixinal e ás veces reinterpretandoa.

Música e arte son dúas disciplinas que están moi unidas, tanto que ás veces forman parte do mesmo proxecto.

É o caso por exemplo de Velvet Underground, álbum algunhas veces coñecido como o banana album debido á pintura realizada por Andy Warhol na portada do disco (que algunha que outra polémica tivo) e que orixinalmente contaba cun adhesivo que permitía pelar o plátano, deixando á vista a froita , pero de cor rosada.

I’m Waiting For The Man

A banda británica liderada por Chris Martin elixiu para a portada do seu cuarto álbum Viva la Vida a obra A liberdade guiando ao pobo do pintor francés Eugene Delacroix. A súa única variación foi inserir o título do disco cunha tipografía que imita brochazos de pintura. A portada non é a única referencia artística do álbum do conxunto británico, o propio título, Viva la vida, tómase do de Frida Kahlo do mesmo nome, que o propio Martin puido ver nunha visita a México e que, segundo a banda, representaba o espírito hispano do traballo.

Coldplay – Viva La Vida (Official Video)

1984 supuxo un punto de inflexión na traxectoria de Van Halen. As súas cancións son lembradas polos seus seguidores e a súa portada tampouco pasou desapercibida. A fotógrafa Margo Nahas foi a encargada da imaxe, que tiña como protagonista ao neno Carter Helm, fillo dunha amiga da fotógrafa, e que posaba cun cigarro de chocolate na instantánea orixinal. Posteriormente, e tomando como clara referencia o cadro de Rafael Sanzio, introducíronse as ás, o ceo, a mesa de mármore e o fume do cigarro. A portada foi censurada en diversos países, entre eles, en Reino Unido.

Van Halen – 1984 – 1984

Pero tamén ha exemplos nacionais de artistas que recorren á arte para as súas portadas. É o caso por exemplo dos galegos Triángulo de Amor Bizarro que plasman o seu misticismo ademais de nas súas cancións na portada de Victoria Mística obra do deseñador Diego Delgado. O artista inspírase no cadro Loita de San Jorge e o dragón, de Rubens distorsionando aínda máis as curvas características do pintor holandés, coma se formase parte dunha televisión mal sintonizada.

Tedes a lista ao completo dispoñible a través da nosa canle de spotify e os discos para levar en préstamo na Biblioteca Fórum, podedes consultar a súa dispoñibilidade a través do noso catálogo. Dádelle ao play!

The velvet underground – The velvet underground. Coldplay – Viva la Vida. Victoria Mística  – Triángulo de Amor Bizarro. The Killers – Day & Age. Rosalía – Motomami. Van Halen – 1984. Guadi Galego – Inmersion.  Paul Weller – Studio 150. Lana del Rey – Ultraviolence.  Dios Ke te Crew – O Ciclo da Serpe. The Stone Roses – The very best of the Stone Roses. Sidonie – El regreso de ABBA.  Franz Ferdinand –  You Could Have It So Much Better. Agoraphobia – Incoming Noise. Manic Street Preachers – Forever Delayed.  O Sonoro Maxín – A onda sonora (chega do exterior). Nat King Cole – Collectors Series. Bigott – Fin. Cora Velasco – Sortilegios. Tom Waits –  Orphans.

Lista Reprodución Fórum: Pensa global, actúa local

Na Biblioteca Fórum Metropolitano vimos de poñer en marcha un novo ciclo temático baixo o título “Pensa global, actúa local”, que tedes dispoñibles dende o 26 de setembro ata o 11 de decembro.

Este ciclo, feito en colaboración coa Asociación de veciños Oza, A Gaiteira, Os Castros, acompaña o seu proxecto “Barrios 2030: Fomento da participación cidadá a través dos ODS”. Pensa global, actúa local incita á poboación a ter en conta a saúde do planeta no seu conxunto e a realizar accións pequenas nas súas propias comunidades. 

Cartaz do Ciclo Temático: Pensa global, actúa local

Na Biblioteca temos dispoñible unha mostra bibliográfica con materiais para coñecer e ampliar información sobre o conxunto de obxectivos globais: erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas como parte dunha nova axenda de desenvolvemento sustentable. 

Dende a Lista de Reprodución deste mes non podemos menos que sumar o noso grao de area con cancións reivindicativas e de denuncia social que berran mensaxes que en moitas ocasións xa se converteron en lemas de vida en prol dun mundo mellor. 

A canción “Girls Just Want To Have Fun” de Cindy Lauper sen dúbida fixo historia polos milleiros de visionados en youtube, polas múltiples versións  e por suposto pola historia que ten detrás. A propia cantante revelou nun comunicado:

Mucha gente no se da cuenta de que Girls Just Want to Have Fun es una canción política. Cuando puse mis feministas manos sobre ella supe que quería convertirla en un himno para todas las mujeres,

A canción, que data de 1979, estaba entón enfocada dende o punto de vista masculino e narraba a historia dun mozo que se escusa ante os seus pais pola súa promiscuidade sexual. Culpando do pecado ás mulleres que “só querían divertirse” con el. Cando lle ofreceron a Lauper a posibilidade de incluír a canción no seu álbum de debut, She’s So Unusual, a artista só aceptou a cambio de investir o xénero e reescribir varias estrofas para desposuíla de calquera subtexto machista.

Michael Jackson é un dos artistas máis grandes de todos os tempos, e lonxe de polémicas, o certo é que creou cancións que invitan non soamente a ser bailables e excelentes para escoitar, senón que tamén teñan unha gran mensaxe polo medio. Neste caso resaltamos “Jam” incluída no seu álbum “Dangerous”, nesta canción fala do mundo e de que prácticamente o planeta enteiro se está convertendo nunha apocalipse

Se falamos de lemas sen dúbida temos que citar “Imagine” canción composta e interpretada polo músico inglés John Lennon e escrita por Yoko Ono e máis a comezos de 1971. O tema foi producido por Phil Spector e apareceu no álbum do mesmo nome. Con esta canción Lennon quería difundir unha mensaxe de igualdade nun mundo gobernado pola paz. “Podes imaxinar un mundo sen países nin relixións?” reza a canción.

Macaco no mundo da música, puxo as súas cancións ao servizo da conservación ambiental, é un frecuente activista pola causa e un dos seus exemplos máis destacados é o tema “Mama Tierra”. Do seu disco “Ingravitto” o propio Macaco declarou:

Mi música es crítica y reivindicativa, pero no panfletaria” “Me gusta ser reivindicativo pero muy positivo. Este disco es positivo y tiene ideología, es crítico, pero no panfletario”, convencido de que “una canción no puede cambiar el mundo, pero muchas pueden concienciar a la gente.

Tedes a lista ao completo dispoñible a través da nosa canle de spotify. Non esquezades que a música é un dos medios máis poderosos que temos para comunicarnos, para transmitir ideas e pensamentos, denunciar inxustizas, sacudir conciencias. Unha linguaxe universal que nin entende de xeracións nin de idiomas. Dadelle ao play!


Macaco – Ingravitto. John Lennon – Imagine. Bebe  – Pafuera Telarañas. Amaral – Pájaros en la cabeza. Michael Jackson – Dangerous. Rozalén – Cuando el río suena. Linkin Park – A thousand suns.  Supersubmarina – Viento de cara. Cyndi Lauper – Time after time.  Vanesa Martín – Siete veces sí. Mago de Oz – The best of Oz (1988-2006). Carlos Núñez – Mayo Longo.  Sés –  Opoñerse á extinción. Guadi Galego – Costuras. Vetusta Morla – Mapas.  Héroes del Silencio – Senderos de traición. Manu Chao – La radiolina. Imagine Dragons – Night visions. Maná – Unplugged. Sabina –  Alivio de luto.

Lista Reprodución Fórum: un repaso polos festivais que veñen

Chegados a este punto e despois de dous anos de continuas cancelacións, os amantes dos festivais xa teñen todo listo para o pistoletazo de saída. Dende onte día 2 e ata mañá día 4 de xuño a cita é na antiga ” Azucreira de Caldas de Reis” que acolle este ano unha nova edición do festival PortAmérica. Xoel López, Mikel Erentxun, Rozalén ou Lori Meyers son algún dos artistas que figuran en cartel e tamén na nosa Lista de Reprodución deste mes.

Imaxe tomada de pixabay

Outro dos eventos máis agardados é  O Son  do  Camiño que este ano confirma a súa III edición e recupera o seu formato tradicional con tres días completos de actuacións e presume de contar co cartel máis grande da historia do festival. Máis de 40 artistas de talla internacional que en moitos casos visitarán Galicia por primeira. Os días 16,17 e 18 de xuño o Monte  do Gozo de Santiago de Compostela volverá reunir a miles de persoas para gozar dos concertos de artistas e bandas como  The  Chemical  Brothers, Carolina Durante, Miss Caffeina, Dani Martín ou a multidisciplinar artista arxentina Nathy Peluso.

E para os coruñeses chega a segunda edición do Morriña Fest. Poderemos gozar en Riazor dos británicos Crystal  Fighters, unha das bandas máis queridas polo público do noso país, sen dúbida o seu directo é un aliciente a non perder. O cartel complétase con outros nomes de tirón comercial e estilos moi variados entre os que atopamos ao  icono do indie-rock Franz Ferdinand ou á cantante española Vega de quen na Lista de Reprodución recordamos o seu álbum ‘A Conta Atrás’. Publicado en 2011 deulle o seu primeiro recoñecemento internacional como artista xa que estivo nomeada aos premios  Grammy Latinos en 2012 na categoría de Mellor Álbum de Pop/Rock.

Este é só un exemplo para ir abrindo boca pero ao longo do verán as citas musicais non dan tregua, así que escolle a túa e para ir collendo ritmo pásate pola biblioteca e leva en préstamo os traballos dos teus artistas favoritos, ou se o prefires podes botarlle unha escoita na nosa canle de spotify.

Mikel Erentxun – El corredor de la suerte. Depedro  – Nubes de papel. Rozalén  –  Quién me ha visto …..Carolina Durante – Carolina Durante. Lori Meyers – Espacios infinitos. La M.O.D.A. – Salvavida. Cora Velasco – Sortilegios.  Nathy Peluso – Calambre. Vega – La cuenta atrás.  Escuchando Elefantes – Hope. Miss Caffeína – Oh Long John Son. Guadi Galego – Inmersion.  Xoel López –  Atlántico. Triángulo de Amor Bizarro – Victoria Mística. Tanxugueiras – Contra[punto].  Dani Martín – Dani Martín. Muchachito Bombo Infierno – Muchachito Bombo Infierno. Franz Ferdinand –Tonight. The Chemical Brothers – Come with us. El Columpio Asesino –  Diamantes. 

Bo verán e que a música te acompañe!!

Música para días azuis

Amigas e amigos do drama, estades de noraboa. Así como o luns adoita ser para moitas persoas o día máis difícil da semana, hoxe polo visto temos motivos para sumarlle traxedia ao asunto. Comezamos o Blue Monday, o día máis triste do ano segundo unha investigación sen ningún tipo de base científica.
Na cultura anglosaxoa a cor azul asóciase á tristeza e a episodios de depresión. Será por isto que Cliff Arnall, psicólogo británico e (aínda que sone a paradoxo) experto en motivación, tomouno prestado para designar esta cuestionable efeméride.
Arnall argallou a fórmula en base a unha serie de parámetros que, en conxunto, determinan o felices que seremos (ou non) durante este día. Inclúe variables como o clima, as débedas das compras do Nadal, o soldo de xaneiro, o tempo transcorrido desde as vacacións, os propósitos de abandonar malos hábitos ou a necesidade de cambios. Todos xuntos farían que o terceiro luns de xaneiro nos sintamos máis aflixidos e pesimistas que de costume.

Prevendo que nas redes sociais haberá bombardeo de mensaxes de ánimo para sobrevivir a esta deprimente xornada, nas Bibliotecas Municipais propuxémonos botarlle un pulso ao mesmísimo Mr. Wonderful e ofrecervos unha playlist repleta de melancolía. Porque entre os superpoderes da música está o de ser unha especie de autoterapia, capaz de axudarnos a identificar e liberar emocións. E escoitar cancións tristes cando estamos de baixón, por moi masoquista que pareza, outórganos unha sensación de calma e consolo realmente proveitosa.
Se tedes un bo día, mellor obviade esta lista. No Spotify das biblios atoparedes outras tantas moito máis afíns ao voso estado de ánimo. Pero se a frívola profecía deste profesor faise realidade e o voso luns está tinguido de azul, dádelle ao play e empapádevos de tristura. Fainos tan humanos como a alegría.

Cancións Monstruosas!!!!

Como xa sabedes, na Biblioteca Fórum somos superfans do terror e da ciencia ficción. Encántanos a riqueza das súas historias, a vinculación socio-política destas e, evidentemente, a sensación de desacougo que nos deixan os visionados e lecturas das obras deste tipo. Por iso, atopamos no Samaín a escusa perfecta para recomendar todo tipo de obras de temática terrorífica e irémolo facendo ao longo de toda esta semana a través de mostras bibliográficas que podedes visitar nas bibliotecas e tamén dos diferentes blogs. Por suposto, a música non podia quedar atrás.

Así que imos ver que nos aporta a música con respecto ao terror, e en concreto do tema que eleximos para esta ocasión: Os monstros. Elaboramos unha lista de reprodución con cancións monstruosas porque calquera Samaín que se precie ten que contar cunha lista de música á altura da festa e gozar de que seguimos vivos!.

Contamos cos clásicos, o clásico entre os clásicos o gran Michael Jackson con Thriller  que ademáis do éxito da canción moi axeitada para unha noite de medo rodeados de esqueletos, zombies e demais criaturas do alén, o vídeo converteuse en todo un referente musical.

Vídeo oficial de Thriller

Tampouco podia faltar a banda sonora dos Cazafantasmas nunha lista así, un temazo que todos os que vivimos a estrea desta película nos anos 80 nos trae moi bos recordos. E a quen non lle soa Mi novio es un zombi  interpretada polo grupo español Alaska e Dinarama, incluída no seu cuarto e último álbum de estudo Fan fatal e na que moitas das actuacións aparecía unha persoa disfrazada do mítico personaxe Freddy Krueger.

Pero por suposto tamén incluimos temas “máis actuais” como Monster de Lady Gaga que recibiu moi boas críticas ou  El Vengador Tóxico dos coruñeses Nashgul e a quen dende a biblioteca temos especial cariño.

A lista segue como xa sabedes e tédela ao voso dispor ademáis de no blog na nosa canle de spotify para que a desfrutedes este Samaín ou cando o corpo vos pida subir de pulsacións.

Lista ao completo de Cancións Monstruosas

Bark At The Moon – Ozzy Osbourne. Medusa  – Emma Ruth Rundle. The Call Of Ktulu  –  Metallica. Thriller – Michael Jackson. Mi novio es un zombi – Alaska y Dinarama. Lobo-hombre en París – La Unión. El Vengador Tóxico – Nashgul.  Ghostbusters – Ray Parker. Pet Sematary – Ramones.  Not Of This World – Danzing. Scary Monsters – David Bowie. Seabest – Mastodon.  Godzilla –  Blue Öyster Cult. Cosmic Monster Inc. – White Zombie. You Can Get Him Frankenstein – The Castle Kings.  Count Dracula – The Rockin´Continentals. Danza Macabra – Camille Saint-Saëns. Death Drum – John Carpenter. No Es Serio Este Cementerio – Mecano. Somebody´s Watching Me –  Rockwell. Psycho Killer –  Talking Heads. Monster –  Lady Gaga. Zombie –  The Cranberries. ¿a Dónde Van Los Muertos? –  Kinky. Feed My Frankenstein –  Alice Cooper. Calaveras y Diablitos –  Los Fabulosos Cadillacs.

Lista Reprodución Fórum: Radio 90´s FM

Este ano o Fórum Metropolitano cumpre 25 anos (1996-2021) e para celebralo, dende a Biblioteca Fórum queremos achegarvos as mellores obras da década que o viu nacer, libros, películas e por suposto non podía faltar a lista de reprodución da que consideramos a época das nosas vidas.

Podemos desfrutar da coñecidísima banda estadounidense Nirvana co seu In utero que foi número 1 1 da lista Billboard 200 recibindo moi boas críticas. Como curiosidade apuntaremos que O álbum foi lanzado en 1993, seis meses antes de que Kurt Cobain suicidásese na súa casa, o 5 de abril de 1994.

E seguimos cos californianos Queens Of The Stone Age a quen os define o son pesado das súas guitarras eléctricas aínda que o longo da súa carreira sufriron diferentes influencias e estilos.

E se nos 90 andamos non podiamos deixar fora a Blur, que xunto con Oasis, foi un dos nomes máis populares do brit-pop dos anos 90, termo acuñado pola prensa británica para englobar a bandas que retomaban as formas máis melódicas e guitarreiras das bandas inglesas máis coñecidas dos anos 60, como os Beatles, os Who, os Rolling Stones ou os Kinks.

Dentro do panorama do país seleccionamos aos Resentidos banda de rock galega procedente de Vigo e que formou parte da movida desa cidade. Rescatamos o seu disco máis aclamado pola crítica e publicado nos 90 que foi Jei. Banda que por certo a comezos de ano e, 28 anos despois, sacaron novo disco Organización Nautilus.

A lista continúa con moitas outras bandas, moitas delas co nome xa ligado á década dos 90 como é o caso de Garbage a pesares de sacar discos despois. Metallica, Björk e Jeff Buckley entre outros están tamén entre os nosos elixidos. Aquí vola deixamos ao completo para que a escoitas e rememores.

Björk – Homogenic. Pulp  – This is hardcore. Garbage  –  Versión 2.0. Rage against the machine– The battle of Los Angeles. Extremo Duro – Agila. Os Resentidos – Jei. Jeff Buckley– Grace.  Veneno – El pueblo guapeao. Nine Inch Nails – The Downward Spiral.  Morente & Lagartija Nick– Omega. Oasis (What´s the story) morning glory?. Dinosaur Jr. – Green mind.  Alice in Chains –  Alice in Chains. Sinéad O’Connor – Am I not your girl?. Nick Cave & the Bad Seeds – Murder ballads.  Metallica – Metallica. Hole – Celebrity Skin.Nirvana – In utero. QueensOf The Stone Age – Queens Of The Stone Age. Blur –  Blur.

Lista Reprodución Fórum: polo Nadal voltan os clásicos

De seguro que somos moitos os que estamos desexando que remate este 2020 tan atípico e dé comezo un novo ano máis cheo de esperanza ca nunca. Sexa como for o certo é que a conta atrás xa está en marcha e o Nadal á voltiña mesmo da esquina. Nas bibliotecas municipais xa están listas a mostras de nadal cunha estupenda selección de fondo bibliográfico para que desfrutedes nas vosas casas ademáis da xa tradicional “Guía de Nadal” chea de ideas para aos que vos gusta agasallar cultura, porque un libro, unha película e por suposto un bo disco son o mellor dos agasallos.

A lista de reprodución deste mes quedou do máis ecléctica en canto a sons e artistas pero ten un claro fío condutor, o da nostalxia. E é que polo nadal sempre voltan os clásicos.

Resulta inevitable non comezar a ritmo dos Beatles coa efeméride do aniversario da morte de John Lennon. O 8 de decembro de 1980 John Lennon foi asasinado na porta da súa casa en Nova York. No 40º aniversario deste suceso que sacudiu ao planeta enteiro, as homenaxes sucédense polas miles de emisoras do planeta. En Bibliosons abrimos a nosa lista con el.

O momento nostálixico segue co cantautor e multinstrumentista irlandés, Van Morrison, que leva triunfando desde os anos sesenta e con máis de 30 discos ás súas costas é un dos máis grandes da música ao que, sempre que a ocasión o merece, lle facemos un sitiño na lista. E dun dos grandes a outro dos grandes, o cantautor Leonard Cohen coa súa especial sensibilidade para as letras. Cohen foi máis popular como cantautor que como poeta, pero, paradoxalmente, recoñecéuselle máis esta última faceta que a primeira. Como cantante recibiu o Crystal Globe en 1988 por vender cinco millóns de discos fóra de Estados Unidos. Con todo, en literatura, a lista de galardóns cultivados é case interminable; mereceu dous títulos Honoris causa polas universidades de Dalhousie (1970) e McGill (1992), e en 2011 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Letras.

Incluímos tamén a Michael Jackson, Rod Stewart, Adele, Björk, Norah Jones ao gran Barry White e non nos esquecemos da polifacética Barbra Streisand, a muller que triunfuou pese a todo e a todos. Actriz, cantante, compositora, produtora e directora estadounidense. Ao longo da súa extensa carreira de máis de seis décadas, os seus logros na música, o cinema e o teatro convertérona nunha icona da cultura estadounidense.

A lista como xa adiantabamos é acaída para todos os gustos e desexamos que a escoitedes ao ritmo dos mellores desexos para este ano 2021 que está a piques de comezar. Deixámosvola ao completo para que a escoitedes tamén na nosa canle de spotify pero non sen antes despedirnos coa icónica canción “Viva la vida” porque diso, máis ca nunca vai a cousa. E lembrade que tedes todos os discos ao voso dispor na Biblioteca Fórum Metropolitano.

The Beatles – Sgt. Pepper’s Lonely Hearts Club Band, Imagine Dragons – Night Visions, Van Morrison – You’re Driving Me Crazy, Björk – Homogenic, Niño Josele – Paz, Coldplay – Viva la Vida, Rod Stewart – The Complete Great American Songbook, Michael Jackson – Blood On the Dance Floor – Mumford & Sons – Babel, Diana Krall – Wallflower, Norah Jones – Day Breaks, Adele – 19, Carla Bruni – No promises, Leonard Cohen – Songs from the road, Barbra Streisand – The concert, Vanesa Martín – Munay, U2 – No line on the horizon, Robbie Williams – She’s Madonna, Barry White – The ultimate gold collection, Simply Chillout – Simply Chillout.

Lista Reprodución Fórum: Música para os sentidos

Relacionado co ciclo temático “Cre en ti” que este trimestre temos na Biblioteca do Fórum, elaboramos unha lista de reprodución para cada momento e para cada estado de ánimo. Xa dende os principios da historia pódense rastrexar mencións a que a música afecta o estado de ánimo. Os gregos foron os primeiros en sistematizar o efecto da música sobre a conduta humana, dicían que podía aliviar aos deprimidos e deter aos violentos.

Necesitamos a música e está máis que comprobada a relación que existe entre as notas e os estados anímicos, así como a súa capacidade para facilitar o tránsito dunha emoción a outra. Actualmente, a música escóitase para entreterse, para bailar, para facer exercicio, para meditar, para relaxarse, ao limpar a casa e para facer máis ameno calquera instante. Pero, preguntáchesche cal é a música ideal para cada momento?Aínda que na resposta teñen moito que ver os gustos, preferencias e personalidade de cada quen, hai certos estilos musicais que se aplican para momentos e emocións específicos, independentemente de cal sexa o teu xénero musical favorito.

Música para ter máis enerxía e iniciar ben o día

Este é o tempo no que se atopan ritmos como o rock, pop e dance. Este tipo de composicións son capaces de achegar unha boa cantidade de enerxía ao cerebro humano. As cancións que che fan sentir máis animado e con enerxía son as que teñen unha letra positiva, un tempo igual ou superior a 150 pulsacións por minuto e un ton maior. Recomendamos “Livin’ on a Prayer” de Jon Bon Jovi. Considerada unha das cancións insignia da banda. Ademais, foi catalogada como a mellor canción dos 80 pola cadea estadounidense VH1É unha das 200 cancións con maiores descargas dixitais nos Estados Unidos.

“Viva la vida”, de Coldplay é ideal para ter máis enerxía nas mañás e pasar de estar con letargo a estar alerta, con enerxía e optimista.

Música para facer exercicio

O ritmo acelerado do rock é como unha inxección de adrenalina para o cerebro, así que é un ritmo ideal para motivarche ao facer exercicio. Do mesmo xeito que o pop máis rítmico, a música electrónica e o dance, axudan a manter a frecuencia cardíaca entre 130 e 150 pulsacións por minuto, o cal é útil cando queres queimar calorías. Aquí incluimos traballos como  Ballbreaker 13º álbum de estudo da banda de hard rock australiana AC / DC ou “Nothing but the beat” do DJ francés e productor David Guetta.

Música para o relax

A mellor opción cando de relaxarse se trata é a música clásica e instrumental con tons graves, os cales provocan ondas cerebrais baixas que propician a relaxación. Algúns exemplos O “inverno II, Longo” das Catro Estacións.
A música de Mozart é tamén unha boa opción, xa que foi recoñecida por axudar a equilibrar a enerxía e crear unha harmonía entre corpo e mente.

Pero non nos esquecemos de deixar preparada unha lista de cancións tristes. Xa que hai estudos que demostran que escoitar música triste dá consolo e axuda a regular os estados de ánimo negativos. Bos exemplos son “Hello” de Adele ou “Goodbye my lover” de James Blunt.

Aquí tedes a Lista ao completo. Se queredes os levar os discos dos temas seleccionados, lembrade que os podedes atopar na Biblioteca Fórum. Agardámosvos!

Leonard Cohen – I’m your man. Silvia Pérez  Cruz – Vestida de nit. New Wave Classix. Lana del Rey – Lust for life. David Guetta – Nothing but the beat.  La mejor música de Broadway.  Supertramp – Paris. Evanescence – Fallen.  Franz Ferdinand – Always ascending. Gloria Gaynor –  El Album. James Blunt–  All the lost souls.  David Bowie –  Diamond dogs. Adele –  Adele 25. Coldplay – Viva la vida. AC/DC – Ballbreaker. Wolfgang Amadeus Mozart – Salzburg symphoniesBeethoven, Ludwig van – Concierto para piano nº 5 en Mi bemol Mayor. Killers – Live from the Royal Albert Hall. The Cure – The Lovecats. The Beatles – Octopus’s Garden.

Lista Reprodución Fórum: un pouco de actualidade musical

Xa ben entrado o mes de xuño, traémosvos unha Lista cos artistas que entre este e principios do próximo mes actuarán na nosa cidade, cos que lanzarán os seus novos traballos nestas datas, e, como non podía ser doutro xeito, cunha pequena mención a gran dama da canción, María Dolores Pradera.

O malagueño Pablo Alborán comezou a compoñer os seus primeiros temas con doce anos. Entre eles estaban Amor de barrio e Desencuentro, que incluiría no seu primeiro álbum de estudio, Pablo Alborán (2011).  A finais de xuño visitará o Coliseum dentro da xira do seu cuarto álbum de estudio, Prometo (2017). Se non tedes entrada para ir a velo, ou queredes prepararvos para corear todos os temas, podedes comezar a ensaiar con No vaya a ser, no que mestura ritmos electrónicos co pop tradicional que o caracteriza.

Dende os seus inicios no 2007, a carreira do malagueño Juan Gómez Canca, El Kanka, foi evolucionando ata converterse nun dos mellores cantautores da xeración actual. Tras pasar por Doctor Desastre e T de Trapo, trasládase a Madrid, onde participa con gran éxito en diferentes certames de cantautores. En 2014 saía o seu segundo álbum de estudio, El día de la suerte de Juan Gómez,  resultado dunha camapaña de crowfunding na que acadou máis do 200% da meta fixada, unha boa mostra do apoio que ten por parte público. Del destacamos Vengas cuando vengas, un tema que fala das relacións, da liberdade de elección e de aceptar o outro como é.

Cantante, compositor, músico e actor, o que foi baterista dos Beatles, Richard Starkey, mellor coñecido como Ringo Starr, entrou á banda cando Pete Best foi despedido. Durante a súa etapa cos de Liverpool compuxo temas como Don’t Pass Me By ou Octopus’s Garden. Este último, incluído en Abbey Road (1969), foi composto cando Starr estaba en Cerdeña paseando en bote coa súa familia e lle contaron que os polbos viaxaban ao longo do mar recolectando pedras e obxectos brillantes cos que construían xardíns, algo que lle fascinou. 

O pasado mes de maio apagábase a voz dunha das grandes da canción, tras máis de sete décadas dedicada ao cine, o teatro e a música. Ao longo da súa carreira María Dolores Pradera obtivo numerosos recoñecementos, como o Premio Nacional de Teatro, a Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes, o  Grammy á Excelencia Artística ou o Premio Ondas á traxectoria musical. No 2001 sacou un disco homenaxe a Carlos Cano, no que recompilaba aqueles temas que cantara con el na xira de Amarraditos, como Habaneras de Cádiz ou María la Portuguesa.

Aquí tedes a Lista ao completo. Se queredes os levar os discos dos temas seleccionados, lembrade que os podedes atopar na Biblioteca Fórum. Agardámosvos!

Amaia Montero – 4”. Bullet For My Valentine – Bittersweet Memories. Christian Aguilera  –  Lift Me Up. Efecto Mariposa – Diez minutos. El Kanka  – Vengas cuando vengas.  Florence + The Machine  – Delilah.  Garbage – Push It. Gorillaz – Stylo.  Guns N’Roses – Ain’t It Fun. Joaquín Sabina – Parte meteorológico. Lily Allen – Who’d Have Known.  Los secretos – Los trenes perdidos. María Dolores Pradera – María la Portuguesa. Nacho Vegas – Polvorado. Nine Inch Nails – Polite. Pablo Alborán – No vaya a ser. Sergio Dalma – Mientras tanto. Shakira – La pared. The Cure – The Lovecats. The Beatles – Octopus’s Garden.

Lista Reprodución Fórum: As nosas letras

Se o pasado mes houbo unha lista especial polo Día do Libro, agora polo Día das Letras Galegas fixemos unha selección de grupos da nosa terra. E é que canten en galego ou non, estes artistas levan polo mundo o noso sentir.

Os vilagarcianos The Cornelius conseguiron traspasar fronteiras. Aínda que levan dez anos como grupo, son moitos os que o coñecen polo nome que se viron obrigados a adoptar cando lanzaron o seu segundo álbum, 1960 (2009), que saíu á vez en 30 países. E é que naquel entón, había un DJ xaponés que se chamaba como eles, e para evitar confusións decidiron chamarse Cornelius 1960.

No 2010 participaron no triple disco tributo a The Beatles con motivo 50º aniversario da formación da banda. Un proxecto dirixido e autorizado por Yoko Ono, no que ademais dos de Vilagarcía, tomaron parte 58 artistas, entre os que hai un bo número de galegos, como: Rosa CedrónXoél López, FaltriqueiraStereotiposMilladoiroSilvia PendideUxíaMiguel CostasSusana Seivane ou Los Mecánicos. Nel se incluía a versión de Cornelius de Drive My Car.

Nos seus máis de 12 anos como grupo, os coruñeses Escuchando Elefantes compartiron experiencias con Glen HansardMarkéta IrglováPaddy CaseyBonoLisa HanniganHozier ou Sinead O’Connor, entre outros.

O pasado ano Silvia e Carlos lanzaron o seu terceiro disco, Hope. Os que eran uns dos mellores representantes do folk inglés no noso país,  están deixando esa etapa atrás, e con este álbum fixeron a música que, nas súas palabras, mellor lles representa. Nel, o folk deixa sitio ao rock, tornándose máis eléctricos e enérxicos. Destacamos Ready, unha das cancións máis escuras do álbum.

 

Tras pasar por formacións como Alcatre, Voyeur e La Rosa (coa que grabou catro discos), Magín Blanco desapereceu da escea musical unha boa tempada, pero continuou escribindo cancións. No 2010 lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Ella, onde atopamos cancións íntimas, persoais e emocionais, como Veño ou vou?. Neste traballo contou coa colaboración de Nancho Novo, Laura Arbiol, Gloria Van AerssenUxía Senlle.

Despois doutros dous traballos en solitario, decide facer un cambio e dedicarse ao público máis complicado, o infantil, para fomentar o amor pola música dos máis pequenos con temas que transmiten valores como a solidariedade, a liberdade e a alegría.

Os ourensáns Lamatumbá mesturan estilos como a cumbia, o reggae, o pasodoble, o rock ou o folk levando polo mundo adiante o espíritu da verbena. As súas son cancións alegres, con letras que na maioría das ocasións van acompañadas da crítica social e buscan honrar a tradición galega. Desde a súa formación en 1998 compartiron escenario con Manu Chao, Macaco, Barón Rojo, Betagarri ou Mau Mau. En 2010 lanzaron o seu último traballo,  A Órbita da Banda Hipnótica, con temas como Circus Magnificus.

Aquí tedes a Lista de Reprodución ao completo. Se queredes os levar os álbums dos temas seleccionados, podédelos atopar no espazo que temos dedicado á Lista na Biblioteca Fórum. Agardámosvos!

Cornelius 1960 – Drive my car.  Deluxe – El antihéroe. Dios Ke Te Crew – Dame ighual. Escuchando Elefantes – Ready. Félix Arias – Manchados de tinta. Jane Joyd – Landscape No.4. Lamatumbá – Circus Magnificus. Leilía – Vai dando a volta. Los 22 – No sé que ver. Magín Blanco – Veño ou vou?. Na Lúa – Nunca máis. Nadadora – Una nueva vida. Nouvelle Cuisine – Sintonía08. Piratas – Inevitable. Ruxe Ruxe – A Santa Compaña. Sevigny – Breathe. Steelwood – We Don’t Mind. Stereotipos – La última escena. Trasmundi – Raianos. Xoán Eiriz – Lela.