Locais de ensaio de balde na Coruña

🎸Tes un grupo e fáltache sitio onde ensaiar? Pois atende, que o Concello da Coruña ten aberta xa a inscrición ata o 25 de marzo para solicitar os municipais e de balde. Toda a información sobre o procedemento e a oferta no blog de Locais de ensaio.

Oferta locais de ensaio

Advertisements

Galicia Escóitase: música feita na casa na Biblioteca de Os Rosales

para el facebbok biliotecas en colores FINALProbablemente non vos descobrimos nada novo se facemos referencia ao bo momento que estamos a vivir en Galicia a nivel musical. Ao carón dos grandes nomes consolidados do folk e a música de raíz (Luar na lubre, Berrogüetto, Carlos Núñez, etc.), os xéneros tradicionalmente máis idiosincráticos da música galega, foron xurdindo nos últimos anos outros nomes noutros xéneros que están a acadar prestixio e recoñecemento crecentes dentro e fóra de Galicia.

No eido do pop-rock alternativo, por mencionar tan só o -se cadra- máis sobranceiro, bandas como Triángulo de amor bizarro (Boiro), Franc3s (Carballo) ou Disco las palmeras! (Sarria) xeneran asombro e admiración a partes iguais en toda a prensa musical especializada a nivel nacional, especialmente os primeiros, considerados por boa parte da crítica o mellor grupo nacional de indie-rock do momento. A boa nova e que o filón non se agota con eles, que xa empezan a ser sospeitosos habituais, senón que por detrás veñen abríndose paso novas propostas, a cal máis xenuina e orixinal, como por exemplo o pop distópico de Mano de obra (Coruña) ou o punk gamberro de Srasrsra (Coruña), que garanten, sen dúbida, o relevo a medio prazo. E, obviamente, quedan moitos sen citar.

Dende Galicia Móvese queremos celebrar este momento álxido da música feita en Galicia –feita na casa– cunha programación especial Galicia escóitase (ver cartel) que inclúe unha selección musical do máis destacado do panorama actual,

DIN 4unha serie de actuacións musicais na biblioteca de Os Rosales e unha reportaxe sobre os Locaisdensaio do Coliseum da Coruña (ver vídeo abaixo), un proxecto ben interesante de apoio á canteira musical da cidade. Dende o máis local, as músicas do barrio e da cidade, ata os grandes grupos e solistas de proxección internacional, pasando por toda a diversidade de estilos e xéneros (folk, hip-hop, clásica, rock, etc.).

Mostra bibliográfica

Mostra bibliográfica “Galicia Escóitase ” na Biblioteca de Os Rosales

Quedades convidados a pasar pola Biblioteca de Os Rosales para disfrutar dela!!