Lista Reprodución Fórum: As nosas letras

Se o pasado mes houbo unha lista especial polo Día do Libro, agora polo Día das Letras Galegas fixemos unha selección de grupos da nosa terra. E é que canten en galego ou non, estes artistas levan polo mundo o noso sentir.

Os vilagarcianos The Cornelius conseguiron traspasar fronteiras. Aínda que levan dez anos como grupo, son moitos os que o coñecen polo nome que se viron obrigados a adoptar cando lanzaron o seu segundo álbum, 1960 (2009), que saíu á vez en 30 países. E é que naquel entón, había un DJ xaponés que se chamaba como eles, e para evitar confusións decidiron chamarse Cornelius 1960.

No 2010 participaron no triple disco tributo a The Beatles con motivo 50º aniversario da formación da banda. Un proxecto dirixido e autorizado por Yoko Ono, no que ademais dos de Vilagarcía, tomaron parte 58 artistas, entre os que hai un bo número de galegos, como: Rosa CedrónXoél López, FaltriqueiraStereotiposMilladoiroSilvia PendideUxíaMiguel CostasSusana Seivane ou Los Mecánicos. Nel se incluía a versión de Cornelius de Drive My Car.

Nos seus máis de 12 anos como grupo, os coruñeses Escuchando Elefantes compartiron experiencias con Glen HansardMarkéta IrglováPaddy CaseyBonoLisa HanniganHozier ou Sinead O’Connor, entre outros.

O pasado ano Silvia e Carlos lanzaron o seu terceiro disco, Hope. Os que eran uns dos mellores representantes do folk inglés no noso país,  están deixando esa etapa atrás, e con este álbum fixeron a música que, nas súas palabras, mellor lles representa. Nel, o folk deixa sitio ao rock, tornándose máis eléctricos e enérxicos. Destacamos Ready, unha das cancións máis escuras do álbum.

 

Tras pasar por formacións como Alcatre, Voyeur e La Rosa (coa que grabou catro discos), Magín Blanco desapereceu da escea musical unha boa tempada, pero continuou escribindo cancións. No 2010 lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Ella, onde atopamos cancións íntimas, persoais e emocionais, como Veño ou vou?. Neste traballo contou coa colaboración de Nancho Novo, Laura Arbiol, Gloria Van AerssenUxía Senlle.

Despois doutros dous traballos en solitario, decide facer un cambio e dedicarse ao público máis complicado, o infantil, para fomentar o amor pola música dos máis pequenos con temas que transmiten valores como a solidariedade, a liberdade e a alegría.

Os ourensáns Lamatumbá mesturan estilos como a cumbia, o reggae, o pasodoble, o rock ou o folk levando polo mundo adiante o espíritu da verbena. As súas son cancións alegres, con letras que na maioría das ocasións van acompañadas da crítica social e buscan honrar a tradición galega. Desde a súa formación en 1998 compartiron escenario con Manu Chao, Macaco, Barón Rojo, Betagarri ou Mau Mau. En 2010 lanzaron o seu último traballo,  A Órbita da Banda Hipnótica, con temas como Circus Magnificus.

Aquí tedes a Lista de Reprodución ao completo. Se queredes os levar os álbums dos temas seleccionados, podédelos atopar no espazo que temos dedicado á Lista na Biblioteca Fórum. Agardámosvos!

Cornelius 1960 – Drive my car.  Deluxe – El antihéroe. Dios Ke Te Crew – Dame ighual. Escuchando Elefantes – Ready. Félix Arias – Manchados de tinta. Jane Joyd – Landscape No.4. Lamatumbá – Circus Magnificus. Leilía – Vai dando a volta. Los 22 – No sé que ver. Magín Blanco – Veño ou vou?. Na Lúa – Nunca máis. Nadadora – Una nueva vida. Nouvelle Cuisine – Sintonía08. Piratas – Inevitable. Ruxe Ruxe – A Santa Compaña. Sevigny – Breathe. Steelwood – We Don’t Mind. Stereotipos – La última escena. Trasmundi – Raianos. Xoán Eiriz – Lela.

Pensado para vós: actividades para realizar en familia

Pensando para vós é un ciclo de actividades pensadas para realizar en familia cunha ampla programación que alberga contacontos, actividades para realizar en familia e espectáculos musicáis.

pensando para vos

Dentro desta programación as Bibliotecas Municipais contaremos con actividades destinadas a todo tipo de público.

CONTACONTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS

ACTIVIDADES E ESPECTÁCULOS MUSICAIS

Merenda con Pan de Millo: espectáculo de Migallás Teatro baseado no libro-disco Pan de Millo. Nel combínanse cancións e narración oral co proceso de elaboración do pan de millo como fío conductor .

  .: Sábado 11 outubro. Biblioteca Os Rosales 11:30 horas

 .:  Sábado 25 outubro. Biblioteca Castrillón 11:30 horas

Brinca Va!!: baseado no Brinca Vai! de Paco Nogueiras, un libro para ler, ver e escoitar,  onde se recollen 12 cancións para os 12 meses do ano, con distintos estilos musicais: techno, rock, folck, reggae…

  .:  Mércores 15 outubro. Biblioteca Monte Alto 18:30 horas

 .:  Xoves 16 outubro. Biblioteca Ágora 18:30 horas

Canta música!: concerto-obradoiro de canto, música e xogos levado a cabo por Pablo Díaz e Olga Kirk. Con cancións infantís e xogos bailables, ritmos básicos  da nosa cultura musical e cancións do Tic-Tac e do Toc-Tac. Para nenos e nenas de 4 a 8 anos

 .:  Mércores  5 de novembro. Biblioteca Ágora 18:30 horas

pensando para vos espectáculos musicais

  • Todas as actividades serán con inscripción previa
  • A inscripción será online, a través dun formulario da páxina web de Bibliotecas Municipais
  • Prazo de apertura de inscripción abrirase unha semana antes a partir das 10:00 h
  • Nº de prazas por actividades será limitada
  • As actividades infantís están destinadas a nenos e nenas de máis de 4 anos
  • A actividade dirixida ao público xuvenil será para maiores de 13 anos

MUSICANDO

Ademáis da programación desenvolta nas bibliotecas , a ciclo Pensando para Vós conta con programa “musicando” de espectáculos dirixidos ó publico familiar para nenos e nenas de máis de 4 anos. A entrada é de balde ata completar aforo.

pemsando para mos musicando

 

Vai ser boa, con Migallás Teatro

.: Domingo 5 de outubro. Auditorio Forum Metropolitano

Toc-toc con Pablo Díaz e Olga Kirk

.: Domingo 2 de novembro. Auditorio Centro Ágora

A Nena e o grilo no país das apertas, con Magin Blanco

.: Domingo 16 de novembro. Auditorio Forum Metropolitano