Lista de Reprodución Forum: Brasil

Chega febreiro e con el o Entroido, e pensando no Entroido, deseguido nos veñen á cabeza Rio de Janeiro e a samba. Por iso, a Lista de reprodución deste mes, dedicámola á música brasileira, que nun reflexo da diversidade cultural do país, conta con influencias indíxenas, africanas e europeas. Nela atoparedes a grandes como Antonio Carlos Jobim, Caetano Veloso, Chico Buarque, Maria Bethânia ou Daniela Mercury.

Empezamos cun animado tema de Ana Carolina e Seu Jorge, Comparsas ou Pequenez e o Pitbull, do álbum Ao vivo, lanzado en 2005 e que conseguiu o triplo disco de platino en Brasil, e que inclúe versións acústicas de cancións de éxito das carreiras de ambos, como Pra Rua Me Levar, Garganta e Vestido Estampado de Ana Carolina e São Gonça, Carolina e Chatterton de Seu Jorge.

Con máis de 500 temas, Toquinho é un dos cantantes e compositores máis importantes do Brasil, pero se hai unha canción pola que é coñecido, é por Aquarela, a canción que compuxo en 1983 xunto con Vinicius de Moraes, M. Fabrizio e G. Morra, e que dá nome ao seu disco número 35. O tema Aquarela foi versionado en italiano e castelán polo propio Toquinho, e foi interpretado Seguridad Social, Rosario Flores, ou Los Limones, achegándolle cada un o seu toque persoal. Merece a pena escoitar a versión española e a orixinal para comparar, pois a letra é bastante diferente.

María Rita, filla de Elis Regina, (unha das maiores representantes da música popular brasileira), e do compositor César Camargo Mariano, comezou a súa carreira musical aos 24 anos. Considerada un dos maiores expoñentes de bossa nova e samba actuais, gañou o Premio da  Associação Paulista de Críticos de Arte en 2002 como artista revelación antes de sacar o seu primeiro traballo, do que vendeu máis dun millón de copias. En 2014 foi seleccionada por The New York Times como unha das 10 mellores artistas en vivo e xa conta con 11 premios Grammy. O seu tema A festa conseguiu o Grammy de Mellor Canción en Portugués en 2004.

Sabemos que Carlos Núñez non é de Brasil, pero no ano 2009 o noso gaiteiro máis internacional lanzou o disco Alborada do Brasil, resultado dunha viaxe iniciada no 2007, no que buscaba as conexións musicais entre Galicia e Brasil. E é que desde que descubriu que o seu bisavó José María, que tamén era músico, emigrou a Brasil e desapareceu, quixo desentrañar o misterio. A súa investigación apunta a que José María iniciou unha nova no Novo Mundo baixo o nome de José M. Nunes ou Nunez, onde triunfou como músico. En 1904, o ano en que supostamente desembarcou no Brasil, tivo o seu primeiro éxito músical con Maxixe de ferro. Pixinguinha fixo un arranxo e gravou o tema 50 anos despois co seu grupo, e tras outros 50 anos Carlos fai  un novo arranxo e grávao con gaitas galegas. Pero este non é o único tema destacar, xa que para este traballo rodeouse de máis de 100 artistas, entre os que figuran The Chieftains, Carlinhos Brown, Lenine, Adriana Calcanhotto e Wilson dás Neves.

 Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución, e se queredes escoitar os álbums seleccionados ao completo, lembrade pasarvos pola Biblioteca Forum para levalos en préstamo.

Ana Carolina & Seu Jorge – Comparsas o Pequenez e o Pitbull, Astrud Gilberto – The girl from Ipanema, Antonio Carlos Jobim – So danço samba, Banda Reflexús – Madagascar olodum, Bossacucanova & Roberto, Menescal – Telefone, Caetano Veloso – Beleza pura, Carlinhos Brown – Lá vai ela, Carlos Núñez – Maxixe de ferro, Cássia Eller – Palavras ao vento, Céu – Cangote, Chico Buarque – Samba de Orly, Daniela Mercury – Só No Balanço Do Mar, Djaban – Segredo, Gal Costa – Festa do interior, Gilberto Gil – Dança da moda, Grupo Raça – Se me chamar eu vou, João Gilberto – O nosso amor, Legião Urbana – Pais e filos, Marcelo Camelo – A noite , Maria Bethânia – Tatuagem, Maria Rita – A festa, Milton Nascimiento – Catavento, Suba – Tantos desejos, Tim Maia – Chocote, Toquinho – Aquarela, Zeca Pagodinho – Ah! Leque

Advertisements

Lista de Reproducción Forum: Música para o nadal

Chega Decembro e finalizamos o 2015 cunha Lista de reproducción con moitas referencias ao Nadal. Crooners, Jazz e moito máis. Como non pode ser de outra maneira nesta selección hai que destacar ao gran Frank Sinatra, foi unha das figuras máis importantes da música popular do século XX e deixou, a través dos seus discos e actuacións en directo, un impresionante legado no que respecta á interpretación vocal masculina desa música. A súa popularidade chegou a ser inmensa e practicamente constante ao longo de toda a súa vida, aínda que foron especialmente exitosos os anos corenta e cincuenta, sendo esta última década, coa súa produción discográfica para a compañía Capitol, a considerada como a súa etapa de maior calidade como cantante. A canción que destacamos é Jingle bells do Christmas Album.

Bing Crosby, entre 1934 e 1954, tivo un case imbatible éxito de vendas cos seus discos, grandes ratings nas emisoras de radio e películas mundialmente vistas. Adoita ser considerado como un dos actores musicais máis populares da historia e é hoxe en día a voz humana máis gravada electrónicamente. O prestixio artístico de Crosby é universal, máxime se temos en conta que foi unha das maiores inspiracións para outros grandes intérpretes masculinos que o secundaron, tales como Frank Sinatra, Perry Como y Dean Martin.

Pero como non pode ser de outra maneira, a nosa lista de reproducción é moi variada e moi transversal, e neste mes facemos un especial fincapé na música lusa. Artistas como Maria Bethania, Cesaria Evora, Mariza e como non, o gran Vinicius de Moraes, unha figura capital na música popular brasileira contemporánea. Como poeta escribiu a letra dun gran número de cancións que se converteron en clásicas.

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución con todos os artistas para que a desfrutedes, hai moitas sorpresas!. E se queredes escoitar os traballos seleccionados ao completo non esquezades pasarvos pola Biblioteca Forum e levalos en préstamo!

AfroCubism – Al vaiven de mi careta, Louis Armstrong, Ella Fitzgerald – Cheek to Cheek, Corinne Bailey Rae – Like A Star, Patricia Barber – What a Shame, Bing Crosby – White Christmas, Jamie Cullum – What A Difference A Day Made, John Coltrane – A Love Supreme, Omara Portuondo, Maria Bethânia – So vendo que beleza – Kenny G – Have Yourself A Merry Little Christmas, Vinicius de Moraes – A Tonga Da Mironga D Kabuletê, Bob Dylan – Like a Rolling Stone, Cesaria Evora – Sodade, Scott Joplin – The Entertainer, Diana Krall – Glad Rag Doll, Mariza – Já Me Deixou, Leonard Cohen – Hallelujah, The Count Basi Orchestra – Kid from Red Bank, B.B. King – Sweet Sixteen, Dee Dee Bridgewater – Afro Blue, Cecilia Bartoli – A Facile Vittoria, Psalterium – Ay, Santa Maria, Raphael – Provocación, Nina Simone – My Baby Just Cares For Me, Jessica Williams – Poem, Paul Anka – Crazy Love, Frank Sinatra – Jingle Bells