Lista Reprodución Fórum: Movember 2019

Novembro é xa todo un clásico na nosa Lista de Reprodución, e é que a causa pensamos que ben o merece. No mes de outono por excelencia chega o movemento Movember que bate récords de ano en ano. Movember é unha organización adicada aos problemas de saúde dos homes e  recada fondos para loitar contra o cancro de próstata, o cancro testicular e os problemas de saúde mental. O obxectivo é recaudar fondos e aumentar a concienciación sobre a saúde do home, explican dende a web de Movember.

A súa historia remóntase ao ano 2003 cando un grupo de mozos decidiron deixarse medrar o seu bigote para apoiar a un amigo enfermo de cancro. Ao ano seguinte, a fundación creada por eles mesmos empezou a recadar fondos. En 2007 conseguiuse chegar á cantidade de 22 millóns de dólares australianos en doazóns. Actualmente, e desde o seu inicio, calcúlase que se xerou unha recadación de 650 millóns de euros, chegando a 5 millóns de seguidores e doantes e logrando máis de 1000 programas de axuda á investigación.  Á iniciativa tamén se poden sumar mulleres (Mo Sistas) que axuden aos seus compañeiros (Mo Bros) a deseñar o mostacho. Pero se algo está conseguindo Movember, é sensibilizar sobre os cancros de próstata e testículo.

Na Lista de Reprodución de Novembro facemos coma sempre o noso particular “movemento november” e seleccionamos música feita por homes teñan ou non bigotes.

Tyrannosaurus Hives é o título do terceiro álbum da banda sueca de garage rock The Hives. O traballo chegou despois de catro anos de espera, despois de ter que regravalo ao non quedar satisfeitos co resultado do primeiro intento. Aínda que as críticas sobre este traballo non foron de todo positivas, o certo é que os suecos fánnolo pasar ben e bailar!

E de Suecia viaxamos a EEUU da man de Bruno Mars. O álbum Unorthodox Jukebox, ten influencias de pop-soul, jazz, funk, disco… As súas cancións son caracterizadas polo estilo habitual de Mars de compoñer melodías e arranxos, e aínda que a súa composición explora temas como o amor, o desamor e relacións, Unorthodox Jukebox incorpora letras e temas máis explícitas que no seu álbum anterior, como o sexo, vinganza, a ira e o chauvinismo.

En Nova Iork quedamos para escoitar a Lenny Kravitz pero non por moito tempo xa que os seus fans están de noraboa pois está previsto que ofreza un concerto na nosa cidade dentro da súa xira española. Deste  cantante, actor, compositor, multiinstrumentista e productor pouco hai que dicir que non se saiba. Gañador do Grammy “Best Male Rock Vocal Performance” catro anos seguidos, estar entre os artistas mellor valorados dos “100 mellores artistas de Hard Rock” e unha chea de hits musicais que o acompañan dende os seus comezos.

Debilidade persoal de quen escribe son os británicos Mumford & Sons quen nunha entrevista a comezos de ano á revista Mondo Sonoro declaraban sentirse máis vivos ca nunca. Aínda que parece que o seu último disco Delta non deixou tanta pegada coma Sigh No More (10) ou Babel (012). No seu último traballo pasan dun son profundamente folk que nos teletransportaba ás camisas de cadros e a unha granxa típica americana a un son máis rock, máis de masas. Na Lista de Reprodución de momento quedamos con Babel.

Aquí coma sempre deixámosvos a Lista ao completo para que a desfrutedes e por suposto non esquezades comprobar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para podelos levar en préstamo.

Andrés Calamaro – ’81-‘91, Joaquín Sabina – Vinagre y rosas, Elvis Costello – National Ramson, AC/DC –  Powerage, Manu Chao – Radio Bemba Sound System, Ray Charles – Genius Loves Company,  Rod Stewart – The Great American Songbook, Mago de Oz –  Mago de Oz, Leiva  –  Pólvora, Duncan Dhu – Piedras, The Hives –Tyrannosaurus Hives, Jimi Hendrix – Jimi Hendrix,  Santana – Santana 2, Raphael – Raphael para todos, Ryan Adams – Gold,  Mumford & Sons  – Babel, Bruno Mars – Unorthodox Jukebox, George Michael – Twenty Five, Lenny Kravitz – Black And White America, Xurxo Souto – Fumareu.

Lista de Reprodución Forum: novembro con bigotes

Novembro é xa todo un clásico na nosa Lista de Reprodución, e é que a causa pensamos que ben o merece. No mes de outono por excelencia chega o movemento Movember que bate récords de ano en ano. Movember é unha organización adicada aos problemas de saúde dos homes e  recada fondos para loitar contra o cancro de próstata, o cancro testicular e os problemas de saúde mental. O obxectivo é recaudar fondos e aumentar a concienciación sobre a saúde do home, explican dende a web de Movember. Á iniciativa tamén se poden sumar mulleres (Mo Sistas) que axuden aos seus compañeiros (Mo Bros) a deseñar o mostacho. Pero se algo está conseguindo Movember, é sensibilizar sobre os cancros de próstata e testículo.

Na Lista de Reprodución de Novembro facemos coma sempre o noso particular “movemento november” e seleccionamos música de homes teñan ou non bigotes.

movember-logo-2

Se cadra poucos saben que The Blues Brothers foi creado nas súas orixes como  un número cómico musical por John Belushi e Dan Aykroyd, para o programa de televisión Saturday Night Live. Ao principio o grupo que lles acompañaba era o do programa, pero de contado reuniron unha banda musical estable para o seu primeiro disco. O éxito dos Blues Brothers estendeuse máis aló da televisión, con diversas actuacións e un dobre platino para o seu disco Briefcase Full of Blues (1978), gravado en directo durante a súa actuación como teloneiros para un show de Steve Martin. E o salto á gran pantalla prodúcese o 20 de xuño de 1980 cando se estrea con enorme repercusión a película protagonizada polo dúo, Granujas a todo ritmo, un filme estraño, moi propio dos seus protagonistas, do seu director e da súa época. Sen embargo hoxe en día a película é lembrada e venerada por diversas razóns, en especial polo carisma de John Belushi, un dos seus protagonistas, e pola súa espectacular banda sonora. Entre outras cousas Granujas a todo ritmo, é un musical,e nel aparecen con papeis secundarios mitos como Aretha Franklin, Cab Calloway, James Brown, Ray Charles e John Lee Hooker.

Na lista non podía faltar o recén nomeado, e non exento de polémica, Premio Nobel de Literatura Bob Dylan. Durante case 50 anos Dylan, quen toma o nome artístico do poeta Dylan Thomas,mantívose xunto a James Brown como o músico americano máis influinte do rock and roll. Pero se algo caracteriza a Dylan é a creación dun estilo propio a partir da recuperación da música folk, á que engadiu letras cargadas de simbolismo e reivindicacións. Dylan foi así, deificado e denunciado por cada cambio nos seus intereses artísticos, mentras escolas completas de músicos tomaron as súas ideas e as súas letras volvéronse tan coñecidas que até o presidente Jimmi Carter as citou no seu discurso inaugural.

Os escoceses Franz Ferndinand, míticos da década dos anos 00’, tamén se suman á nosa particular causa. O seu dominio do ritmo e a excelente coordinación entre guitarrazos e golpes de batería situaronos á cabeza do revival post-punk. Ademáis a súa imaxe ao Dior Homme valeulles máis dunha portada nas revistas de moda. Pero se algo caracteria á banda é a súa identidade propia que conseguiron madurar ao longo dos seus traballos, e por suposto que fan coa súa música o que queren.

A selección complétase tamén con nomes da talla de Lenny Kravitz, Travis, Rod Stewart e tamén con artistas da terra coma Davide Salvado ou Emilio José a quen a crítica ás veces dubida entre calificalo como xenio ou como pirado.  Aquí vola deixamos ao completo para que desta volta lle botedes á música e á vida en xeral “un par de bigotes”. E lembrade que se estades interesados na causa podedes rexistrarvos e elixir de que xeito queredes colaborar. Para levar os traballos en préstamo agardámosvos na Biblioteca Forum

Tributo a Antonio Vega – El alpinista de los sueños, Blues Brothers – Made in America, Bosé – Papitwo, Catpeople – What’s the time Mr. Wolf?, Bob Dylan –  “Love And Theft”, Elefantes – Gracias, Emilio José – Chorando apréndese,  Estopa – Voces de Ultrarumba, Franz Ferdinand –  Franz Ferdinand, Iván Ferreiro  –   Canciones para el tiempo y la distancia, Quique González & los Detectives – Me mata si me necesitas, Jarabe de Palo – De vuelta y vuelta, Lenny Kravitz – Are you gonna go my way,  Javier Krahe – Cinturón negro de Karaoke, Leiva – Diciembre, José Mercé – Ruido,  Mumford & Sons  – Babel, Ramones – Greatest Hits, Raphael – Te llevo en el corazón, Revolver – Revolver, Rod Stewart – The complete great american songbook, Davide Salvado – Rústica, Joaquín Sabina – 19 Días y 500 Noches, Tachenko – Las jugadas imposibles, Yann Tiersen – Les Retrouvailles, Travis – The invisible man

Lista Reprodución Forum: Movember

Chega o mes máis peludo do ano, e é que en novembro a cousa vai de bigotes. O movemento “Moustache-November” (Bigote-Novembro) bate récords de ano en ano. “Movember” é un xogo de palabras entre “moustache” (bigote en inglés) e “November” (noviembre). A súa orixe remóntase a principios do Século XX na cidade de Melboume (Australia), ainda que a súa popularidade foi en aumento de xeito significativo nos últimos 10 anos. Esta multitudinaria iniciativa conseguiu recuperar un símbolo físico de masculinidade.

Movember é unha organización adicada aos problemas de saúde dos homes e  recada fondos para loitar contra o cancro de próstata, o cancro testicular e os problemas de saúde mental.

movember

O obxectivo é recaudar fondos e aumentar a concienciación sobre a saúde do home, explican dende a web de Movember. Á iniciativa tamén se poden sumar mulleres (Mo Sistas) que axuden aos seus compañeiros (Mo Bros) a deseñar o mostacho. Pero se algo está conseguindo Movember, é sensibilizar sobre os cancros de próstata e testículo.

Na Lista de Reprodución de Novembro facemos o noso particular “movemento november” e desta volta seleccionamos música de homes teñan ou non bigotes.

León Benavente é un grupo formado por músicos procedentes de bandas tan coñecidas coma Tachenko, Schwarz ou Nacho Vegas. León Benavente presenta o seu homónimo álbum de debut a quen a crítica sitúa como un dos mellores lanzamentos nacionais do 2013. Entre os seus integrantes hai estirpe galega, trátase de Abraham Boba, quen aporta esa eterna melancolía que proxecta nas letras e transmite a través da súa voz.

Despois de mostrar na maioría de festivais da Península o seu solvente, roqueiro e intrépido directo, Eladio y Los Seres Queridos teñen tamén un oco na lista. Xa polo 2013 recibiron o Premio Galego da Música á mellor banda de indie/pop galega. Algo que os caracteriza son as boas cancións con letras ben traballadas e un son electrizante.

Cruzamos fronteiras e cambiamos totalmente de estilo para achegarnos ao gran Van Morrison, un personaxe esquivo, pouco dispoñible para compromisos e pouco comercial pero é, desde todos os puntos de vista, un dos personaxes máis estimados, máis admirados e tomados como exemplo polos coñecedores do rock. Cunha voz desgarradora e potente converteuse nun dos símbolos do Londres dos anos sesenta. Tras unha intensa traxectoria musical finalmente, en 1988 colabora activamente co grupo folk Chieftains (aos que tamén seleccionamos no noso Movember especial) realizando un antigo proxecto seu: o álbum ‘Irish heartbeat’.

A lista segue e complétase con nomes en maiúscula como Ray Charles, Elvis Costello, Víctor Jara ou Rodrigo Leao, por exemplo. Aquí vola deixamos ao completo para que desta volta lle botedes á música e á vida en xeral “un par de bigotes”. E lembrade que se estades interesados na causa podedes rexistrarvos e elixir de que xeito queredes colaborar.

Arizona Baby – Second to none, León Benavente – León Benavente, Andrés Calamaro – El cantante, Ray Charles – Kiss me baby, The Chieftains – Santiago, Depedro – La increible historia de un hombre bueno,Elvis Costello – National Ransom, Eladio y Los Seres Queridos – Orden invisible, Eskizos – Eskizos, Franz Ferdinand – Tonight, John Legend – Once again,  Víctor Jara – El derecho de vivir en paz, Javier Krahe – Cinturón negro de karaoke, Rodrigo Leao – O mundo,  José Mercé – El flamenco es_, Pablo Milanés – Amo esta isla, Van Morrison – Days like this,  Red Hot Chili Peppers – Freaky styley,  Davide Salvado– Rústica, Simon & Garfunkel – Bridge Over Troubled Water, Bruce Sprinsgteen – Tunnel of love, Caetano Veloso – A foreign sound, Barry White – Gold, Robbie Williams – Intensive care, Steve Wonder – The Definitive Collection, Neil Young – Fork in the road

 

Lista de Reprodución Forum: “Movember”

O mes de novembro a cousa vai de bigotes. O movemento “Moustache-November” (Bigote-Novembro) bate récords de ano en ano. “Movember” é un xogo de palabras entre “moustache” (bigote en inglés) e “November” (noviembre). A súa orixe remóntase a principios do Século XX na cidade de Melboume (Australia), ainda que a súa popularidade foi en aumento de xeito significativo nos últimos 10 anos. Esta multitudinaria iniciativa conseguiu recuperar un símbolo físico de masculinidade, á vez que se promove a recaudación de fondos para o estudio dunha das enfermidades que más vidas barre cada ano en todo o planeta.

movember

O obxectivo é recaudar fondos e aumentar a concienciación sobre a saúde do home, explican dende a web de Movember. Á iniciativa tamén se poden sumar mulleres (Mo Sistas) que axuden aos seus compañeiros (Mo Bros) a deseñar o mostacho. Pero se algo está conseguindo Movember, é sensibilizar sobre os cancros de próstata e testículo.

Na Lista de Reprodución de Novembro facemos o noso particular “movemento november” e desta volta seleccionamos música de homes teñan ou non bigotes.

O grupo  británico de folk-rock Mumford & Sons formados por Marcus Mumford (voz principal, guitarra, batería,mandolina), Ben Lovett (voces, teclado, acordeón, batería), Winston Marshall (voces, banxo, dobro) e Ted Dwane (voces, contrabaixo, batería, guitarra). Ainda que o grupo se formou no 2007, gañaron popularidade no 2010 tocando diante de grandes audiencias e tendo a súa primeira aparición na televisión americana e recibiron dúas nominacións aos Premios Grammy, unha por mellor artista novo e outra por mellor canción de rock (“Little Lion Man”). Babel sube a aposta de Mumford & Sons ainda que sen mudala en exceso. Soa máis brillante, con cancións que tiran a festival folk.

Lonxe queda xa cando os barceloneses Sidonie gañaron un concurso de xovenes talentos na cidade de Hospitalet de Llobregat e polo que foron fichados por unha pequena discográfica independente chamada Bip Bip Records. Marc Ros, Jesús Senra y Axel Pi trasladan coma ninguén o pop psicodélico e o rock alternativo dos discos ao escenario, sempre cuns directos que non deixan indiferente a ninguén. En Sierra y Canadá dan un xiro máis cara a electrónica pero en ningún momento deixa de soar a Sidonie. Articulado a través da relación entre “Sierra y Canadá”, dous robots namorados a destempo o un do outro, o disco presenta estructuras ás que non nos tiña acostumados e un son moito máis sintético.

Borja Laudo é Bigott un tipo bohemio, excéntrico e orixinal, o seu estilo fresco e con alta capacidade compositiva. O seu terceiro  traballo Fin destaca sobre todo polos arranxos e faise notar a presenza da súa parella Clara no coros. Editado por Grabaciones en el Mar, Fin é outra caixa de sorpresas onde todo entra sin ningún esforzo, cos seus pouco máis de vintecinco minutos, nada queda sobreactuado nin finxido a pesar do rimbombantes que poidan resultar os títulos ou as letras.

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa. E non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para poder levalos en préstamo:

Albert Pla – La diferencia, Bigott – Fin, Bunbury – Hellville de Luxe, Cooper  – Retrovisor, Elvis Presley – The album, Gabinete Caligari – La culpa fue de Gabinete, Guns N`Roses – The spaghetti incident?, George Harrison – Best of dark horse, Javier Gurruchaga – Viva Mondragón, Johnny Cash – At san quntin, Juan Perro – Río Negro,  Jimi Hendrix – Jimi Hendrix, Tino Casal – Todo Casal, La Habitación Roja – Fue eléctrico,  Los secretos – Adios tristeza, Los Suaves – Esta vida me va a matar, Magin Blanco – Ella,  Manolo García – Para que no se duerman mis sentidos,  Marvin Gaye– The Very Best Of, Miguel Bosé – Velvetina, Mumford & Sons – Babel, Phil Collins – Hello, I must be going!, Robbie Williams wiht Pet Shop Boys – Shes Madonna, Rod Stewart – The complete great american songbook, Sidonie – Sierra y Canadá, Siniestro Total – Trabajar para el enemigo