Patti Smith é unha cantante e poetisa estadounidense nacida o 30 de decembro de 1946 en Chicago. En 1969 trasladouse a Nova York, onde traballou como xornalista e actriz e entusiasmouse pola poesía de Rimbaud. Saltou á fama durante o movemento punk co seu álbum de debut “Horses” (1975). Alcumada “a madriña do punk“, trouxo un punto de vista feminista e intelectual á música punk e converteuse nunha das artistas máis influentes da música rock, integrándoa cun estilo de poesía beat. As súas letras introduciron a poesía francesa do século XIX á mocidade norteamericana. Analizando a longa e intensa traxectoria profesional de Patti Smith achamos que as súas obras están repletas de heroes e heroínas aos que homenaxeaba. Por iso, cando falamos da poesía de Patti Smith, non podemos pasar por alto, entre outros, o nome de Arthur Rimbaud, poeta francés do século XIX que inspirou a Patti desde o mesmo día que leu a súa obra. Tanto é así que a influencia deste autor perdurou ao longo de toda a súa carreira. (Tedes más información aquí.)
Patti Smith é unha das artistas máis influentes da historia do rock feminino ao que logrou achegar un toque feminista e intelectual que deixou un interesante sinal e conseguiu elevala á categoría de mito para as xeracións posteriores. A súa faceta musical, con máis de dez álbums, compleméntase con máis dunha ducia de libros de poemas e escritos, e unha produción artística, sobre todo de debuxos, exposta en diversas ocasións en salas e museos. A súa canción máis coñecida, “Because the Night“, escrita en colaboración con Bruce Springsteen; chegou ao posto número 13 da lista Billboard de Estados Unidos en 1978, sendo posteriormente versionada polo propio Springsteen, Keel, 10,000_Maniacs, R.E.M. ou U2.
Despois dunha pausa de varios anos, regresou en 1988 co álbum “Dream of Life“, tras o cal volveu anunciar a súa retirada definitiva. Neste album inclúe a canción “People Have the Power“.
No entanto, en 1996 reapareceu con “Gone Again“, en 1997 publicou “Peace and Noise“, en 2000 gravou “Gung Ho” e en 2002 lanzou o disco recompilatorio Land (1975-2002) para conmemorar os seus 27 anos no mundo da música.
Non agardes máis e achégate ás Bibliotecas Municipais da Coruña e consulta toda a producción musical desta extraordinaria autora e ademáis temos a seguinte bibliografía para que coñezas de preto a esta #MullerCoraxe:
Patti Smith / Nick Johnstone (Cátedra, 1998)
Nick Johnstone desvela a historia da artista de Chicago que mesturaba a poesía, o teatro underground, o rock e o jazz, e que desempeñou un papel crave na construción da escena punk neoiorquina a mediados dos 70. Este texto supón unha irresistible inmersión na vida e na época desta fascinante muller que sempre ha rehuido o encasillamiento e cuxa lenda vai unida a nomes como Arthur Rimbaud, Robert Mapplethorpe, Sam Shepard ou Bruce Springsteen.
Eramos unos niños / Patti Smith (Lumen, 2011)
Gañador do National Book Awards.
Foi o verán en que morreu Coltrane. Os hippies alzaron os seus brazos baleiros e China detonou a bomba de hidróxeno. Jimi Hendrix prendeu lume á súa guitarra en Monterey. Foi o verán do amor. E naquel clima cambiante e inhóspito, un encontro casual cambiou o curso da vida de Patti Smith: foi o verán en que coñeceu a Robert Mapplethorpe. Era o mes de xullo de 1967 e eran uns nenos, pero a partir de entón selaron unha amizade que só acabaría coa morte do gran fotógrafo en 1989. Diso fala este espléndido libro de memorias, da vida en común destes artistas, os dous entusiastas e apaixonados, que cruzaron a grandes pasos a periferia de Nova York para chegar até o centro neurálxico da nova arte. Foi así que acabaron instalándose no hotel Chelsea e convertéronse nos protagonistas dun mundo hoxe xa perdido onde reinaban Allen Ginzberg, Andy Warhol e os seus mozos, e creábanse as grandes bandas de música que marcaron os anos finais do século XX, mentres a sida facía estragos. Lonxe de ser un libro triste e nostálxico, Eramos unos niños é unha homenaxe á amizade sen trabas, e as súas páxinas cargadas de vitalidade e humor devólvennos o sabor desa gran cidade onde houbo un tempo en que case todo era posible.
Tejiendo sueños / Patti Smith (Lumen, 2014)
Un pequeno libro de memorias que se pode ler como o complemento perfecto de Éramos unos niños.
Ás veces bastan uns calcetíns vellos cheos de canicas, un alpendre negro habitado por morcegos e unha mochila cargada de trastes imposibles para coser un libro pequeno e fermoso, unhas memorias feitas de detalles cotiáns que o talento de Patti Smith converteu nunha chistera chea de palabras máxicas. “Alguén me preguntou se “Tejiendo sueños” podía considerarse uns contos de fadas. Sempre me encantou ese tipo de historias, pero non creo que o sexa. Todo o que contén este libriño é certo, e tal como está escrito ocorreu. Escribilo arrincoume do meu estraño letargo e espero que nalgunha medida encher ao lector dunha vaga e curiosa alegría.” Patti Smith
M Train / Patti Smith (Bloomsbury, 2015)
Dispoñible en inglés, este é o seu segundo libro de memorias, “M Train”. Se o primeiro viraba ao redor da súa relación co fotógrafo Robert Mapplethorpe, este é “un mapa de estradas” da vida de Patti Smith, que é evocada a través de dezaoito tendas de café e cafetarías que frecuentou ao longo da mesma. O libro iníciase no Cafe de Greenwich Village de New York. Na foto da portada, aparece Smith na súa mesa favorita deste café, no día en que pechou. Revela a súa vida de poeta, dramaturga, cantante, artista, viúva e peregrina coma se fose un mapa de estradas. Desde o seu até as súas viaxes por Xapón, México, Marrocos ou Islandia, a súa relación con Robert Mapplethorpe -quen lle fixo a mítica foto da portada de ‘Horses’-, o seu matrimonio con Fred “Sonic” Smith, da banda MC5 e falecido en 1994, ou os seus dous fillos e a súa retirada no oitenta dos escenarios para dedicarse á súa familia até a súa volta á música de novo.