Os Kaiser Chiefs estarán no 31 Festival Noroeste Estrella Galicia

Ca idea de que as bandas coruñesas compartisen cartel con grupos musicais de primeira liña no ámbito nacional, naceu este festival que se celebra anualmente na cidade da Coruña.
Edición tras edición, e xa van 31, foi crecendo, e gañando adeptos e relevancia, abrindo o seu cartel a grupos internacionais, e chegando a congregar na praia a máis de 100.000 persoas.
Este ano destaca o concerto dos británicos Kaiser Chiefs, como cabeza de cartel o venres 11 de agosto na praia de Riazor a partir das 23.30 horas.

Imaxe publicada na páxina oficial do festival

Esta xoven inda que de sobras experimentada banda, nacida en 1997, e de estilo indie rock, chega á cidade con catro discos ás súas costas, e moitos recoñecementos internacionais.

O seu último éxito é o single “Parachute”.
http://www.youtube.com/watch?v=3svLcAkcw1U

 

Lembra que no catálogo das bibliotecas municipais podes atopar discos dos Kaiser Chiefs e doutros moitos artistas. Bota unha ollada antes de disfrutar da súa música en vivo.

Festivais de Música no Verán

FESTIVALES BLOGAínda que o verán vai camiño de tocar o seu fin, son moitas as citas musicais que temos pendentes para os vindeiros meses tanto de agosto como de setembro. Os festivais de música son os grandes eventos do verán, e sen lugar a dúbida un gran reclamo turístico para os concellos e tamén para as nosas bibliotecas.

A música xoga un papel moi importante nas Bibliotecas Municipais de A Coruña e por iso adicámoslle esta entrada presentando os festivais da nosa comunidade. 

Festival V de Valarés
O Festival V de Valarés ten como novidades nesta edición a presenza de dous escenarios SON Estrella Galicia e Seagram´s, así coma a ampliación dos horarios de concertos con sesión vermú e actividades paralelas. A cita será o sábado 17 de agosto no Espacio Natural da Praia de Valarés (Ponteceso): 24 horas de música, natureza e diversión
Cartel e horarios

Castelo Son
Herdeiros da Crus serán os cabezas de cartel da quinta edición do Festival Castelo Son que se celebrará vindeiro 23 de agosto na parroquia de Castelo, no concello de Culleredo e onde se darán cita algúns dos grupos de rock máis importantes. Os asistentes a este evento musical poderán desfrutar ademáis de zona de acampada gratuita. Cartel e horarios.

Festival Sinsal San Simón
O Festival Sinsal naceu en Vigo no ano 2003 e dende entón organizáronse máis de 30 concertos cun modelo de programación que se escapa do tradicional. A cita será o sábado 31 de agosto e o 1 de setembro e como sempre o escenario será a Illa de San Simón pero o característico desta cita musical é que o cartel non se coñecerá ata o mesmo día do festival. Cartel e horarios.

Sereas e Piratas
Músculo!, Wild Balbina, Chucho, Franc3s, Holycrab e Lagartija Dj son as bandas que se subirán nesta edición do Festival Sereas e Piratas que cada ano ten lugar la Praia de Razo, Carballo. A cita será o 31 de agosto. Esta segunda edición ten como obxetivo reunir os grupos máis underground da música galega. Ademáis dos concertos, vanse desenvolver actividades deportivas. O programa inclúe mercadillo, zona de acampada e terraza gratuita. Cartel e horarios

Festival da la Luz
O Festival de la Luz é un evento solidario, comprometido co medio rural e cunha anfitriona de excepción. Luz Casal organiza e convídanos a súa casa natal en Boimorto o 14 e 15 de setembro para desfrutar dun festival único no que se poderá escoitar a Fito & Fitipaldis, Rosendo, Carlos Nuñez o Dover; deleitarse coa gastronomía e con actividades para toda a familia, ademáis de coñecer as mellores iniciativas productivas do noso medio rural. Cartel e horarios.

Arteficial 2013 – Ribadabia
Os días 16 e 17 de setembro a cita para os seguidores da música máis vanguardista e experimental será en Ribadavia onde se reunirán persoas que a través da pulsión do rock e sin deixar de lado a melodía e o riff guitarreiro queiran desfrutar de actividades tanto gratuitas como de pago durante dous días. Cartel e horarios

Xiriapop 2013
Un ano máis, Carballo alíase coa música pop. O Festival Xiriapop ten confirmada a totalidade do se cartel para a XVI edición que se celebrará nas Sala Dublín de Carballo os vindeiros días 20 e 21 de setembro. Cartel e horarios.

Os festivais nas bibliotecas

mostra forum par blogs

A música é sinónimo de liberdade no ForumA Biblioteca do Fórum Metropolitano conta cunha selección de música na que se fai un percorrido polos carteis dos festivais de verán máis importantes. Poderanse levar en préstamo cds dos grupos e dvds de concertos en vivo. Galería fotográfica da mostra “A música é sinónimo de liberdade”

Mostra Festival Noroeste Pop-Rock na Sagrada FamiliaCon motivo da celebración do Festival Noroeste Pop-Rock a nosa Biblioteca Municipal da Sagrada Familia adícalle un espazo a este evento musical que se celebrou os días 9 e 10 agosto na praia de Riazor. Ofrece unha selección musical facendo un percorrido polos grupos que formaron parte dos carteis do Festival en todos estes anos. Galería fotográfica da mostra

Nas Bibliotecas Municipais contamos con un amplo fondo musical que abranque todos os xéneros do que podedes desfrutar.

catálogo