Lista de Reprodución Forum: ritmos do mundo

Achégase a tempada estival e para celebralo, convidámosvos a unha viaxe na que, sen preocuparnos de maletas, visados, trasbordos, etc.,  nos achegaremos a ritmos africanos, asiáticos, europeos e americanos.

Comezamos o percorrido por Europa, onde nos atopamos con músicos de Portugal, Inglaterra, Finlandia e Grecia; como a Raíña do Fado, Amalia Rodrigues, quen compuxo o poema Ó Gente da Minha Terra, tema popularizado por Mariza; Talvin Singh, coñecido pola súa fusión de música clásica india, batería e baixo. Tamén visitamos á considerada “a voz da Grecia contemporánea”, Elefthería Arvanitáki. O seu tema Dinata, incluído no álbum Quédome fora (1991), mestura influencias balcánicas e música electrónica, e foi interpretado na cerimonia de clausura dos Xogos de Atenas (2004). Ambos, canción e disco, foron fundamentais para convertela na cantante helénica máis internacional.

Continuamos cun pouco de música de Mali, Senegal, Serra Leona, Camerún, Guinea Ecuatorial, República Democrática do Congo, Sudáfrica, Etiopía e Exipto. No continente africano, desfrutamos da música de Baaba Maal, un dos músicos senegales máis coñecidos; e Hijas del Sol, o dúo afropop formado por Piruchi Apo e Paloma Loribo. No seu primeiro álbum, Sibèba (1995) combinan temas compostos por elas e a música tradicional bubi (da illa de Bioko, en Guinea Ecuatorial), na súa lingua natal e en castelán. Tratan os problemas cos que se atopaban en España os inmigrantes ecuatoguineanos, e as tradicións bubis e católicas. Destacamos o tema que da nome ao disco.

Xa en Asia, imos cara Israel e a India. Na primeira parada escoitamos a Yasmin Levy, filla do musicólogo Yitzhak Levy, co seu particular xeito de interpretar a música xudeo-española medieval. Fusiona sons flamencos e instrumentos tradicionais, como o violín ou o piano.

Seguindo o traxecto lembramos ao virtuoso do sitar, Ravi Shankar. Pai da cantante estadounidense Norah Jones e da directora de orquestra Anoushka Shankar,  o músico hindú máis coñecido do mundo, posuíu o Récord Guinness á carreira  internacional máis longa. Do seu álbum Inside the Kremlim (1988) escoitamos Tarana.

E rematamos a nosa particular volta ao mundo en América. Visitamos Cuba e Arxentina. Aquí a banda Otros Aires, iniciada en España, cautívanos co seu electrotango, no que mestura de música electrónica, sons de principios do século XX e outros contemporáneos.

Antes de volver, facemos unha última escala en Estados Unidos para escoitar a Pura Fé. A fundadora do trío vocal Nativo Americano Ulali, exerce de portavoz da súa comunidade, a tribu tuscarora. E faino a través do seu repertorio musical, ligado ao blues, pero cunha identidade indíxena, que ela interpreta con guitarras hawaianas. Destacamos Let Heaven Show, do seu album Hold the Rain (2007)

Aquí tedes a Lista de Reprodución ao completo. Nela podedes ver unha pequena mostra deses ritmos de arredor do mundo que temos na Biblioteca Fórum. Se queredes continuar esta particular viaxe, non esquezades vir para levar os álbums dos traballos seleccionados.

Amalia, Iago Machado (int. Susana Pereira)Ó gente da mina terra. Baaba Maal – Tindo Quando. Cheikh Lo – Il N’est Jamais Trop Tard. Dub Colossus – Azmari Dub. Eleftheria Arvanitaki – Dinata. Hijas del Sol – Sibèba. Hossam Ramzy – Gamaal Oyounik. Ismaël Lo – Tajabone. Lokua Kanza – Nakozonga. Manu Dibango – Soul Makossa. Otros Aires – No se. Oumou Sangare – Sounsoumba. Pura Fe – Let Heaven Show. Ravi Shankar  – Tarana. Sanna Kurki-Suonio – Ei Musta. Sierra Leone’s Refugee All Stars – Oruwiebie. Ska Cubano – Cumbia en Do Menor. Smod – Cumbia en Do Menor. Staff Benda Bilili – Moziki. Susheela Raman – Ye Meera Divanapan Hai. Talvin Singh – It’s Not Over. Tinariwen  – Tenhert. Vusi Mahlasela – When you come back. X Alfonso – Ya déjame. Yasmin Levy – Yigdal. Youssou N’Dour –   Couple’s Choice.

Advertisements

Lista de Reprodución Forum: en outubro volve o Womex

Metidos de cheo no mes de outubro, a Lista de Reprodución do Forum tenta facer un guiño á  cita mundial da música, o WOMEX, que volve a Santiago de Compostela cunha das maiores feiras profesionais dedicadas ás músicas do mundo (WOMEX Day) e máis de sesenta concertos esparexidos por distintas zonas emblemáticas do casco antigo da cidade (WOMEX Night).

WOMEX celebra a súa vixésimo segunda edición de novo en Compostela tras o seu paso por distintas capitais europeas ao longo destes anos (Berlín, Bruxelas, Estocolmo, Róterdan, Sevilla, Copenhague, Budapest, ect.) e faino despois de bater récords de casetas e incremento de asistencia do seu últimos cinco anos na edición celebrada en 2014 na nosa cidade.

Así que na Lista de Reprodución deste mes centrámonos na música de raíz. Un dos escollidos é Kepa Junkera, compositor, productor e músico. Cunha carreira autodidáctica o de Bilbao revolucionou a música tradicional cos seus traballos. O seu tratamento das improvisacións ou as diferentes fusións de estilos enriqueceron o panorama musical vasco e aínda que os seus traballos estean fondamente enraizados na tradición, Kepa creou unha música sen fronteiras, mesturada cos aromas, ritmos e cores doutros lugares e outras culturas, aberta ao mundo sen complexos.

Outro dos artistas destacasdos neste caso é Antônio Carlos Brasileiro de Almeida Jobim considerado como un dos grandes expoñentes da música brasileira. Jobim é o artista que internacionalizou a bossa nova e, coa axuda de importantes artistas estadounidenses, fusiónaa co jazz para estandarizar nos anos sesenta un novo son cuxo éxito popular foi moi destacable. Jobim está considerado como un dos grandes compositores de música popular do século XX.

Non imos moi lonxe para falar de Carminho, cantante lisboeta considerada a gran esperanza do fado pola súa voz e polo seu estilo que combina tradición e innovación. O seu traballo ecléctico mostra a herdanza do fado tradicional e contemporáneo, e incursiona noutros xéneros como o folk portugués, a música popular brasileira, o jazz, o pop ou o rock. Filla da fadista Teresa Siqueira, desde nena viviu rodeada de música. Aos dous anos escoitaba discos de Amália Rodrigues, Beatriz dá Conceição ou Fernando Maurício e aos doce empezou a cantar en público, primeiro no Coliseo de Lisboa, despois na Taverna do Embuçado, na Alfama (Lisboa), propiedade dos seus pais. En marzo de 2012, Carminho publicou Alma, o seu segundo álbum, que entrou directo ao nº1 na lista dos máis vendidos en Portugal (onde permaneceu dous anos) e en postos altos en España, algo insólito nun disco con raíces profundas no fado. Ademais de cancións novas, contén clásicos pouco coñecidos de Amália, Dina do Carmo e Fernanda María, pero tamén dos brasileiros Mozo Buarque e Vinicius de Moraes.. Caetano Veloso denominouna milagre e Mozo Buarque e Milton Nascimento convidárona a actuar en directo e a gravar con eles.

E por rematar con alguén da terra poñemos como exemplo a Rodrigo Romaní, músico ben coñecido do publico galego e español, nomeadamente dos máis afeccionados ás músicas de raiz, a traes do seu traballo como membro fundador de Milladoiro, con quen percorreu o mundo durante máis de vinte anos, promovendo o uso da arpa céltica na música galega, e colaborando con artistas e orquestras de primeira fila internacional. Rodrigo foi premiado cun Goya e un María Casares, ademais doutros premios. Así mesmo é productor das primeiras obras de artistas como Susana Seivane ou Treixadura. Cantos caucanos é o seu segundo álbum de estudo, Foi publicado en maio de 2003. Baseado na obra de Antón Avilés de Taramancos (no que tamén se baseou o título), todos os temas están compostos por Rodrigo Romaní sobre textos do escritor noiés, salvo o primeiro tema “Foliada da cantiga mareira”

A lista segue e complétase con nomes en maiúscula como Gilberto Gil, Maria Bethânia, Omara Portuondo ou Compay Segundo, por exemplo. Aquí vola deixamos ao completo para que a desfrutes enteiriña e lembrade que os discos están a agardar por vós na Biblioteca Forum.

Abe Rábade Trío – Babel de sons, Alberto Cortez – Identidad, Amancio Prada – Rosalía de Castro, Aretha Franklin – Amazing Grace , Bob Marley –  Legend the best of, Caetano Veloso – O melhor de, Carminho – Alma,  Chico Buarque – Personalidade, Celia Cruz –  Siempre viviré, Chambao  –   Endorfinas en la mente, Cheikh Lô – Jamm, Compay Segundo – Los reyes del son, Ella Fitzgerald and Louis Armstrong – Ella and Louis,  Gilberto Gil – Fé na festa, Jobim – Antonio Brasileiro, Kepa Junkera – Fandango,  Magnifico – Magnification, Maria Bethania – Simplesmente, Nina Simone – The greatest hits, Pablo Milanés – Canta a los poetas cubanos, Richard Stoltzman – Las nuevas músicas, Rodrigo Romaní – Cantos caucanos, Uxía – Meu canto, Vainica doble – Contracorriente, Xacobe Martínez Antelo Trío, Xoán Curiel – Magnético Zen