Noroeste Pop Rock 2014

Achégase unha das citas máis esperadas dentro do programa das festas de María Pita, o Festival Noroeste Pop-Rock 2014 que terá lugar os días 8 e 9 de agosto no areal de Riazor. O Festival continúa así a súa traxectoria un ano máis, converténdose no Festival de Rock máis lonxevo da comunidade dende que comezara coa súa primeira edición no 1986.

noroeste

O venres 8 os milleiros de persoas que se reúnan no areal coruñés poderán desfrutar ás 00:30 dos cataláns Love of Lesbian, que están en plena xira co seu novo show “El poder de la tijera”, segundo eles mesmos aseguran “hai moito que recortar” sobre todo no tema político. A cita agárdase con ansia na cidade posto que o grupo leva sen actuar na Coruña dende o ano 2010, cando abarrotaron a sala Playa Club, deixando a moitos dos seus incondicionais ás portas.

LOL estarán precedidos, ás 23.00 horas,  polos tamén cataláns Delafé y las Flores Azules, outro dos nomes clave da escena pop independente española que están de aniversario, nin máis nin menos que dez anos sobre os escenarios, tempo no que se viviron cambios na formación e separacións sentimentais dentro do grupo pero sempre acompañado de boas cancións e bo “rollo” que consiguen transmitir.  Na cita seguro que non faltan temazos e hits como La Juani ou Primavera que se repiten festival tras festival “dándolle gas” aos escenarios.

Para o sábado 9 reservánse os invitados internacionais deste ano, o grupo de ska británico Madness, ás 00.30 horas. Os londinenses sempre contaron con diversidade de opinión pola crítica pero o certo é que nunca pasaron inadvertidos e son moitos, ainda que só sexa por uns minutos, os que se deixan levar polo ritmo contaxioso das súas cancións.

Xunto aos londinenses estarán os coruñeses Los Eskizos, considerados xa unha lenda do garage-rock, que volven tocar xuntos tras 22 anos da súa separación, xa o fixeron na sala Mardi Gras, agora farano no escenario do Noroeste, ante o público que ateigará Riazor.

Pero ao igual que o ano pasado, o Noroeste Pop Rock 2014 conta con teloneiros locais que foron elixidos mediante as votacións do público e o xurado tralo directo da sala O Túnel. O venres será a quenda do rock de La Senda de Afra, un dos grupos con maior proxección da cidade e de Misterioso Viaje a Holanda máis unido estilísticamente ao resto de compañeiros de cartel.

O sábado compartirán cartel cos Eskizos e con Madnes o xoven quinteto Bourbon Queen, hard blues rock de raíces netamente `70`s que no 2013 deciden gravar o seu primeiro disco: Blood rock and Tears, e Ánima, como eles mesmos se definen, unha banda de rock sen complexos, imposicións nin pretensións de encaixar nun estilo concreto.

Para ir abrindo boca convidámosvos a visitar as nosas Bibliotecas Municipais e coñecer o noso fondo musical no que atoparedes os discos dos traballos dos artistas que actuarán tano neste coma en Festivais pasados. Tamén podes consultar a dispoñibilidade do material no noso Catálogo.

A Coruña “dá a nota”

O próximo venres 01 de agosto arrancan as Festas de María Pita 2014 cunha campaña promocional que “dá a nota” da man de músicos locais coruñeses: Cardigan Bridge,The Hellbuckers, Luar na Lubre ou os Fresquiños, entre outros.

Fixemos unha playlist con algún dos temas dos grupos e solitas que visitarán a cidade. A axenda é ben completa e repártese por diversos puntos durante todo o mes de agosto:

PRAZA DE MARÍA PITA

  • venres 01: Luz Casal, 22.30h
  • sábado 02: Sergio Dalma, 22.00h
  • martes 05: Borja Quiza, 22.00h
  • mércores 06: Antonio Orozco, 22.00h
  • xoves 07: Milladoiro e Tiruleque, 22.00h
  • domingo 10: M-Clan, 22.00h
  • martes 12: Dani Martín, 22.00h
  • mércores 13: Critika & Saik, 23.15h; Sweet California, 00.15h
  • venres 15: Amizades, 22.00h
  • sábado 16: Marta Sánchez, 22.00h

PRAZA PABLO IGLESIAS

  • venres 15: Cristina Pato, 22.00h

PRAZA ELÍPTICA

  • venres 22: Agoraphobia, 21.30h; Russian Red, 22.15h

PRAIA DE RIAZOR: Noroeste Pop Rock,

  • venres 08 de agosto
    • 21.00h – La senda de Afra
    • 22.00h – Misterios viaje a Holanda
    • 23.00h – Delafé y las flores azules
    • 00.30h – Love of Lesbian
  • sábado 09 de agosto
    • 21.00h – Bourbon queen
    • 22.00h – Ánima
    • 23.00h – Los esquizos
    • 00.30h – Madness

PARQUE SANTA MARGARITA

  • xoves 21: Festival urbano coruñés HipHop, FUC, 19h
  • venres 22:Festival independente de rock coruñés, 20h
  • sábado 23: Festival electrónico coruñés, FEC, 17h

Este foi o vídeo promocional dunha edición pasada do FEC:

Nos próximos días iremos publicando post específicos para moitas destas citas musicais. Estade antentxs!

Noroeste Pop-Rock (1986-2013)

Unha das citas máis esperadas dentro do programa das festas de María Pita é sempre o Festival Noroeste Pop-Rock. Así, o ven facendo dende a primeira edición que se celebrou en 1986. Dende xa  hai algúns anos, a praia de Riazor é o lugar onde se dan cita milleiros de persoas para ter a cita músical máis rockeira do ano.

A música tamén xoga un papel moi importante nas Bibliotecas Municipais de A Coruña. En todas elas contamos con un amplo fondo musical que abranque todos os xéneros, entre os que se atopa o Pop-Rock Nacional e o Internacional.

mostras 048Con motivo da celebración do Festival Noroeste Pop-Rock  a nosa  Biblioteca Municipal da Sagrada Familia adícalle un espazo a este evento musical  que se celebrará os días 9 e 10 agosto na praia de Riazor.  Ofrece unha selección musical facendo un percorrido polos grupos que formaron parte dos carteis do Festival en todos estes anos.  Galería fotográfica da mostra

O cartel deste ano  contará coa presenza  como cabeza de cartel do grupo de rock inglés de Suede, seguidos de Los Enemigos Kiko Veneno. Asímesmo, a música local tamén estará presente tamén no Noroeste coa representación dos grupos gañadores do concurso de teloneiros do Festival. Os gañadores foron os grupos: Sabdios, Younger Boys, e Moondogs Blues Party  de A Coruña e os santiagueses Doctor Gringo

CARTEL E HORARIOS    mostras 045

  • Día 9 de agosto de 2013
  • 21.30 horas: Sabdios (A Coruña)
  • 22.15 horas: Younger Boys (A Coruña)
  • 23:00 horas: SUEDE
  • Día 10 de agosto de 2013
  • 20.30 horas. Doctor Gringo (Santiago de Compostela)
  • 21.15 horas. Moondogs Blues Party (A Coruña)
  • 22:00 horas: KIKO VENENO
  • 23:15 horas: LOS ENEMIGOS

Máis información: Facebook Noroeste Pop Rock   Twitter  @Noroeste_Pop_R

Recordámosvos que podedes visitar tanto a Biblioteca da Sagrada Familia como as outras Bibliotecas Municipais para levar en préstamos os discos e cd dos grupos que durante este anos pasaron polo Festival Noroeste Pop Rock. Consulta a disponibilidade dos materiais no noso catálogo