Le, viaxa, soña…

Neste verán tan extraño postconfinamento queremos pouco a pouco volver á normalidade e unha desas normalidades é o noso ciclo de verán.  Este ano títulado “LE, VIAXA, SOÑA…” e mentras lemos podemos viaxar  e soñar acompañados da lista de reproducción que elaboramos para tí e que  seguro non che vai a deixar  indiferente.

 A música ten a capacidade de darnos unha sacudida e espabilarnos cando máis o necesitamos. De feito hai cancións e ritmos que escoitamos e que nos devolven a enerxía de maneira case automática. Hai melodías que según a ciencia teñen os elementos que o noso cerebro necesita para recuperar o ánimo. Calquera melodía que che faga sorrir, que che inspire bailar, bo rollo , ou simplemente che relaxe , vai ser boa para ti. Cando teñas un día gris , convence ó teu humor de que cambie de rumbo con boa música, esa que nos axudou tanto no confinamento.

Música e felicidade están intimamente ligadas, chega o momento de que prepares o cerebro para unha dose de enerxía positiva a través destes temas que recopilamos para ti nesta lista de Spotify.

Faremos un percorrido polos grupos e cantautores da xeografía española, remontaremonos a outras décadas ata chegar á actual, tocando diversos xéneros como pop, indi, alternativa, rap, etc…

Creamos unha lista con temazos tan pegadizos que, sen querer, meteranse na túa mente todo o día e non poderás evitar cantaruxar e bailar coma “Tigre de Bengala” de Xoel López, unha canción do máis alegre e que dá nome ó seu novo álbum , pasando polos grupos  miticos do pop dos 80 como Los Piratas, Radio Futura, Seguridad social, Heroes del Silencio…. Recordamos a Pau Donés coa a súa derradeira  canción “Eso que tu me das” e non pode faltar irmos de “Verbena” con Novedades Carminha. Sacudiremos os nosos medos con Rosana Arbelo “Sin miedo” e tamén nos engancharemos á vida con Guadi Galego “Chea de Vida”

 

Desexamos que esta lista sexa a vosa compañeira do verán e vos faga pasar un intre divertido co que bailar ou quizais relaxarvos, en definitiva que sexa capaz de transportarvos alí onde queirades, da primeira á última das cancións

Dalle ao play e que empece a soar a música!!!

 

 

Lista Reprodución Fórum: un pouco de actualidade musical

Xa ben entrado o mes de xuño, traémosvos unha Lista cos artistas que entre este e principios do próximo mes actuarán na nosa cidade, cos que lanzarán os seus novos traballos nestas datas, e, como non podía ser doutro xeito, cunha pequena mención a gran dama da canción, María Dolores Pradera.

O malagueño Pablo Alborán comezou a compoñer os seus primeiros temas con doce anos. Entre eles estaban Amor de barrio e Desencuentro, que incluiría no seu primeiro álbum de estudio, Pablo Alborán (2011).  A finais de xuño visitará o Coliseum dentro da xira do seu cuarto álbum de estudio, Prometo (2017). Se non tedes entrada para ir a velo, ou queredes prepararvos para corear todos os temas, podedes comezar a ensaiar con No vaya a ser, no que mestura ritmos electrónicos co pop tradicional que o caracteriza.

Dende os seus inicios no 2007, a carreira do malagueño Juan Gómez Canca, El Kanka, foi evolucionando ata converterse nun dos mellores cantautores da xeración actual. Tras pasar por Doctor Desastre e T de Trapo, trasládase a Madrid, onde participa con gran éxito en diferentes certames de cantautores. En 2014 saía o seu segundo álbum de estudio, El día de la suerte de Juan Gómez,  resultado dunha camapaña de crowfunding na que acadou máis do 200% da meta fixada, unha boa mostra do apoio que ten por parte público. Del destacamos Vengas cuando vengas, un tema que fala das relacións, da liberdade de elección e de aceptar o outro como é.

Cantante, compositor, músico e actor, o que foi baterista dos Beatles, Richard Starkey, mellor coñecido como Ringo Starr, entrou á banda cando Pete Best foi despedido. Durante a súa etapa cos de Liverpool compuxo temas como Don’t Pass Me By ou Octopus’s Garden. Este último, incluído en Abbey Road (1969), foi composto cando Starr estaba en Cerdeña paseando en bote coa súa familia e lle contaron que os polbos viaxaban ao longo do mar recolectando pedras e obxectos brillantes cos que construían xardíns, algo que lle fascinou. 

O pasado mes de maio apagábase a voz dunha das grandes da canción, tras máis de sete décadas dedicada ao cine, o teatro e a música. Ao longo da súa carreira María Dolores Pradera obtivo numerosos recoñecementos, como o Premio Nacional de Teatro, a Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes, o  Grammy á Excelencia Artística ou o Premio Ondas á traxectoria musical. No 2001 sacou un disco homenaxe a Carlos Cano, no que recompilaba aqueles temas que cantara con el na xira de Amarraditos, como Habaneras de Cádiz ou María la Portuguesa.

Aquí tedes a Lista ao completo. Se queredes os levar os discos dos temas seleccionados, lembrade que os podedes atopar na Biblioteca Fórum. Agardámosvos!

Amaia Montero – 4”. Bullet For My Valentine – Bittersweet Memories. Christian Aguilera  –  Lift Me Up. Efecto Mariposa – Diez minutos. El Kanka  – Vengas cuando vengas.  Florence + The Machine  – Delilah.  Garbage – Push It. Gorillaz – Stylo.  Guns N’Roses – Ain’t It Fun. Joaquín Sabina – Parte meteorológico. Lily Allen – Who’d Have Known.  Los secretos – Los trenes perdidos. María Dolores Pradera – María la Portuguesa. Nacho Vegas – Polvorado. Nine Inch Nails – Polite. Pablo Alborán – No vaya a ser. Sergio Dalma – Mientras tanto. Shakira – La pared. The Cure – The Lovecats. The Beatles – Octopus’s Garden.