Dende Bibliosons estamos felices de volver falar de concertos, aínda que o de hoxe ten prácticamente todo vendido. Falamos do concerto de Escuchando Elefantes que terá lugar hoxe ás 20 da tarde no Teatro Colón. Recentemente veñen de dar un na sala Siroco de capital.
Imaxe tomada da súa conta de twitter @EscuchElefantes
Dende este pequeno recuncho fainos especial ilusión falar de Escuchando Elefantes. Son o dúo coruñés de folk-rock e pop formado por Silvia Rábade e Carlos Tajes. Son coñecidos por compaxinar as súas xiras con actuacións espontáneas na rúa. Na rúa é precisamente onde eu os escoitei por primeira vez, concretamente na praza de Lugo, onde son habituais, aló polo 2012, ano no que publicaron o seu primeiro disco, Show & Tell, de maneira totalmente independente e do que gardo un exemplar asinado por Silvia e Carlos coma ouro en pano. Con este traballo, que como era de agardar, contou con boa acollida por parte da crítica, xirarían máis tarde por diferentes países e festivais.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes desfrutar dos seus discos: Show & tell, Happy Lonely PeopleeHope. Traballo este último no que se aprecia un certo cambio de formato na banda xa que comezan a intercambiar instrumentos no escenario tocando ambos os dous baterías e guitarras.
Desexando estamos de incorporar aos nosos fondos o seu ¿Por qué siempre cantáis en inglés? Que aínda que pareza unha pregunta con sorna que seguramente lle fixeron moitas veces, verdadeiramente é o título do seu último disco, o primeiro álbum en castelán do dúo. Na elección do mesmo supoño que terá moito que ver o seu sentido do humor do que sempre fan gala a través das súas redes sociais.
Para os máis rezagados bulide porque queda aínda algunha entrada. De seguro que o desfrutades porque coma ben dixo Silvia dos seus concertos:
“transmiten paz e calma pero á vez forza e enerxía, igual ca os elefantes”.
Moi ao noso pesar, o verán rematou e xa estamos metidos de cheo no outono, cambio de cores na paisaxe, cambio de fondo de armario, cambio de hora…, pero non necesariamente ten que supoñer un cambio no estado de ánimo. Aló menos eso é o que queremos conseguir coa nosa Lista de Reprodución de Forum do mes de Outubro, na que faremos un repaso do mellor das viaxes musicais que realizamos durante o verán.
A nosa primeira parada foi a capital madrileña. Os comezos do que máis tarde se coñeceu como a “Movida” foron entre 1977-78 ao redor dos grupos musicais da Nova Onda Madrileña, primeira fornada punk a imitación do que sucedía en varias cidades anglosaxoas neses mesmos días. De entre a marabunta de grupos e vocalistas do momento retemos na nosa memoria a Los Secretos coa súa canción Déjame, Nacha Pop coa súa Chica de ayer ou Tino Casal con Embrujada. Pero en Madrid tamén houbo tempo para visitar as grandes salas de concertos, asistir a musicais e por suposto a festivais. A capital segue estando de moda e segue dando moito de que falar en canto a novos músicos se refire. Boa proba delo son os Izal, o grupo formouse a finais de 2010, pero os seus membros proveñen de diferentes proxectos anteriores, con máis de 10 anos de experiencia musical ás súas costas.
Pasamos por Londres, berce de diversos xéneros musicais como o Punk, mod,glam rock, ademais do Britpop chegando a ser hoxe o punto de converxencia de diversas enerxías multiculturais. E na capital inglesa bailamos a ritmo de funk e soul (Jamiroquai, Faithless) ritmos máis movidos como os de Prodigy, Basement e Lemon jelly ou electrónica coma a dos Chemical Brothers. Pero dende logo o que non faltaron foron os míticos Rolling, Beatles e o sempre camaleónico Bowie.
Nas viaxes musicais visitamos grandes capitais europeas coma París que viu nacer en 1982 a Festa da Música, Estocolmo, capital sueca que figura como o terceiro país en número de producións musicais no mundo. Roma ou Berlín que presume de ser o centro musical de Alemania e onde os músicos destacan pola súa gran creatividade. A ecléctica Barcelona estivo tamén presente nas nosas citas. Barcelona e toda Cataluña achegan unha gran cantidade de talentosos músicos en todos os terreos desta arte (pop, rumba, clásico, ópera, folclore, electrónica, indie…)
Parada obrigada foi a cidade de Nova Iork cidade de jazz, capital de movementos hippies e do estilo punk-rock. A capital estadounidense é un dos lugares máis importantes na historia da música popular latina. E rematamos o noso particular “Viaxando con Ritmo”, ao igual que a nosa lista de hoxe co sempre nostálxico Bos Aires a ritmo de tango e pinceladas de rock. Carlos Gardel é a maior referencia do tango, pero hai outros artistas esenciais do xénero, Ignacio Corsini, Hugo del Carril,Mercedes Simone e artistas moito máis actuais son Gotan Project, banda formada no 1999, que representan o tango do século XXI.
Aquívos deixamos a Lista de Reprodución con todos os artistas para que a desfrutedes. E se queredes escoitar os traballos seleccionados ao completo non esquezades pasarvos pola Biblioteca Forum e levalos en préstamo!
Radio Futura–Arde la calle,Adele –Adele 21,Count Basie – Atomic Basie, Beatles – Sgt. Pepper`s Lonely Club Band, David Bowie – Diamond Dogs, Andrés Calamaro – La lengua popular, Tino Casal – Todo Casal, Leonard Cohen– Live in London, Coldplay – Mylo Xyloto, Paolo Conte – The best of Paolo Conte, Alberto Cortez – Identidad, Coti – Malditas Canciones, Neil Diamond – 20 Diamond Hits, Carlos Gardel – Vol. 2, Gotan Project – Lunático, Izal – Magia & Efectos especiales, Muse – The Resistance, Nacha Pop –Un día cualquiera, The Pains of Being Pure at Heart, Peret – De los cobardes nunca se ha escrito nada, Ástor Piazzolla – Piazzolla… o no?, Eros Ramazzotte – Eros, Rolling Stones – The best of the Rolling Stones, Los Secretos – Adiós tristeza, Sidonie – Sierra y Canadá, Rod Stewart – The Complete Great American Songbook
No mes de xullo celebramos o Día Nacional de Galicia, a nosa festa oficial. Así que, proveitando a magnitude do evento quixemos elaborar unha Lista de Reprodución á altura, con música feita no país e por artistas galegos. Porque se os galegos podemos andar coa cabeza ben erguida por moitos motivos, por suposto a música é un deles.
Esta non pretende ser unha lista exhaustiva nin tampouco un glosario porque, entre outras cousas, o noso cometido limítase ao proceso de selección de 26 traballos discográficos e polo tanto moitos dos artistas quedaríannos fóra. Do que se trata é de facer un percorrido xeral pasando pola música folk e tradicional de raíz con grupos coma Luar na Lubre ou Rosa Cedrón ata chegar aos xéneros máis novidosos que se están dando no panorama actual. Incluimos nomes como o da gran Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical en Galicia. Guadi debutou como vocalista con Berrogüetto (Viaxe por Urticaria, 1999) e pasou por formacións como Nordestinas, Espido e aCadacanto. Sen dúbida o éxito rotundo aclamado por crítica e público chegoulle da man do seu segundo e último traballo en solitario Lúas de outubro e agosto co que a cantante e compositora de Cedeira se presenta cun son e unha expresión artística moito máis madura e arriscada.
Seguindo con esa estirpe podemos falar de Alba María, unha moza de tan só dezanove anos filla da emigración galega e que acaba de presentar o seu primeiro traballo “Ainda” cuxa edición correu a cargo de aCentral Folque e que está en pleno auxe.
Na liña tradicional tamén podemos incluir a Nelson Quinteiro, cantante, actor, bailarín, guionista e director de escena que despois dun proxecto de crowdfunding a principios do 2013 entra en fase de gravación do disco Orquesta Gharbo!. Acompañado de músicos da talla de Fran Castro, Pulpiño Viascón ou Silvia Penide conformaron un disco de música tradicional galega cunha che de influencias, sonoridades pop, tango e mesmo música trovadoresca.
Nada que ver teñen os Dios ke te crew (DKTC), grupo de hip hop da vila coruñesa de Ordes formado en 2003. Posteriormente formaron tamén un grupo de graffiti, breakdance, DJs e rap. Todos estes aspectos do hip hop únense nas presentacións en directo do grupo, onde é común presenciar pezas de pintura e graffiti no fondo do escenario e bailar breakdance, mentres o grupo musical interpreta as súas cancións. “Humanose” é o seu segundo traballo publicado no 2011.
E para rematar con sons que tiran máis polo pop e indie falamos dos xa desaparecidos Nadadora, o de sobras coñecido por todos Iván Ferreiro quen durante trece anos foi o cantante e líder do grupo de pop-rock Los Piratas, os coruñeses Triángulo de Amor Bizarro que non fan máis que colleitar éxitos ou dos Nouvelle Cuisine que levan máis de 12 años facendo cancións, pasando do pop guitarreiro á electrónica máis refinada con paradas na música popular.
Aquí vos deixamos a lista ao completo para que lle botedes unha escoita que de seguro merece a pena. E se queredes desfrutar dos traballos seleccionados ao completo non esquezas pasarte pola Biblioteca Forum e levalos en préstamo!
Aíd – Rapoemas, Alba María – Aínda, Rosa Cedrón – Entre dous mares, Dios Ke te crew – Humanose, Iván Ferreiro – Confesiones de un artista de mierda, Guadi/Guillermo – Espido, Guadi Galego – Lúas de outubro e agosto, The Homens – Tres, Lamatumbá – Paraugas universal, Lovely Luna – Chan y Eng, Luar Na Lubre – Torre de Breoghán, Marful – Marful, Nadadora – Luz, oscuridad, luz, Nouvelle Cuisine – De memoria, O sonoro maxín – A onda sonora (chega do interior), Amancio Prada – Trovadores, místicos y románticos, Nelson Quinteiro – Orquesta Gharbo!, Niño y Pistola – There’s a man with a gun over there, Novedades Carminha – “Juventud infinita”, Os Resentidos – Fai un sol de carallo, Rústica – Rústica, Ruxe Ruxe – A terra dos comentos, Som do galpóm – … Em terrä de ninguëm, Stereotipos – Stereotipos, Triángulo de Amor Bizarro – #Año Santo, Zënzar – Vaise armar
En xuño contase co bo tempo case por descontado, comeza o verán e os festivais tocan o seu punto álxido, así que na Lista de Reprodución facemos unha pequena posta a punto.
O máis próximo é o Contemporánea que se celebra nunha doble cita: en Badaxoz o 5 e o 6 de xuño conmemorando a súa vixésima edición, e en Alburquerque, o 24 e 25 de xullo, con Pet Shop Boys,Vetusta Morla, Vitalic, Dover, Supersubmarina, Dorian, Xoel López, Los Enemigos, La Habitación Roja e ata un total de 43 formacións. Pet Shop Boys será a primeira cabeza de cartel internacional na historia do festival. A banda que estará este ano na edición de Alburquerque como grupo revelación será a coruñesa Sensacional.
18 anos de existencia son os que cumpre xa Territorio Sevilla. Un festival que se foi adapatando cos tempos e que permite desfrutar nun entorno único e histórico, o centro da cidade, diferentes estilos musicais. Este ano serán 22 (11 grupos por día de Festival) as diferentes propostas que integrarán o ecléctico cartel do festival dende estilos tan diversos como o rock, o pop, a electrónica, o hip-hop ou o reggae da man de artistas como Ilegales, Calle 13, El Chojín, Macaco ou Dorian entre outros. A cita, os días 12 e 13 de xuño.
O próximo 20 de xuño, coincidindo coas celebracións do Día Europeo da Música, terá lugar no Matadero Madrid a primeira edición do Mat Mad, un festival que pretende converter este centro de creación contemporánea no epicentro das actividades de celebración de tan sinalada data. Entre as actividades que incluirá Mat Mad destacan os concertos de Los Enemigos, Ilegales, Corizonas,Kiko Veneno, Jero Romero, Anxo Stanich ou Smile, ademais dos concertos das escolas de música da cidade de Madrid, así como máster classes de profesores, actividades específicas para nenos etc.
A lista de festivais continúa: Festival de Les Arts (Valencia), Tres Sesenta Festival, Artenou (Barcelona), Barcelona Metal Fes (Barcelona), Neox Rocks Festival (Madrid), Azkena Rock Festival (Mendizabala) e moitos outros. Coma sempre aquí vos deixamos unha escolma de moitos dos grupos que pasarán polos seus escenarios. E para os que non poidades ir de festival recordade que os discos están dispoñibles na biblioteca Forum para que leves en préstamo, consulta a súa dispoñibilidade no catálogo.
Angelus Apatrida – The call, Anni B Sweet – Ridicolous Games, Ariel Rot – Ahora piden tu cabeza, Arizona Baby – Secret fires, Bigott – Fin, Death Cab For Cutie – The Collection, Dorian – La velocidad del vacío, Eladio y Los Seres Queridos – Orden invisible, Los Enemigos – Hasta el lunes Foo Fighters – One by one, Ilegales – El día que cumplimos 20 años, Luar na Lubre – Hai un paraiso, Leiva –Pólvora, León Benavente – León Benavente, Xoel López – Atlántico, Macaco – El murmullo del fuego, Maná – Unplugged, Mumford & Sons – Babel , Pablo Alborán – Tanto, Pet Shop Boys – Fundamental, Second – Fracciones de un segundo, Siniestro Total – Trabajar para el enemigo, Triángulo de Amor Bizarro – Victoria Mística, Nacho Vegas – Resituación, Kiko Veneno – Sensacióntérmica, Vetusta Morla – Un día en el mundo
Xa estamos metidos de cheo na primavera, os días son máis longos e o sol estes días tamén nos acompaña, asi que todos son indicios para saír da casa, escoitar boa música e desfrutar dos festivais que veñen. Xa, xa sabemos que no inverno tamén os hai e cada vez máis pero nesa época parece que non estamos aínda en materia e cústanos un chisco máis. Agora non hai escusas, os festivais son unha ocasión estupenda para poder ver aos teus grupos favoritos en directo, desfrutar da compaña dos amigos e en ocasións son unha invitación a viaxar a outros pobos e cidades para facer tamén algo de turismo.
Para a elaboración da Lista de Reprodución do mes de Abril tivemos moi en conta todos estes ingredientes. Fixemos recopilación dos concertos que veñen e de música que invite a desfrutar do bo tempo e quedounos un resultado que coido que merece a pena botarlle unha escoita .
A malagueñaAnni B Sweet será unha das artistas que non parará de estar enriba dos escenarios esta temporada presentando o seu terceiro álbum Chasing Illusions. Traballo co que segundo a propia artista indica, dá un xiro,
Para mín foi un cambio xeral, personal e musicalmente falando… O resultado é un disco con máis ritmo, xogo de sintetizadores luminosos, eléctricas con efectos e melodías con máis forza
Tamén se achega moito máis ao pop que discos anteriores, e ten unha mestura de sons dos 80’s, con composicións e melodías 60`s e toques de cor dos 70`s.
Ocasións haberá para ver a artistas para todos os gustos e estilos coma Marlango, aos sempre divertidos e bailables Delorean. Joe Crepúsculo presentará o seu sétimo traballo Nuevos Misterios que verá a luz este mes de abril. Os vigueses Siniestro total tamén estarán moi en activo.
Pero sen dúbida, un dos platos fortes dos que poderemos desfrutar este ano enriba dos escenarios do país é do grupo The National, banda estadounidense de indie rock formada en Cincinnati, Ohio no ano 1999. Poucos eloxios lle faltan por sumar á lista a esta banda que, con 6 discos ás costas, ten sido comparada con Joy Division, Leonard Cohen ou Wilco. Poderemos velos no SOS 4.8 2015 e no recentemente creadoLapso Music Experience que terá lugar o próximo 30 de abril na Praza da Quintana de Santiago.
Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa, e non esquezades consultar o noso catálago para poder levar os discos en préstamo.
Aid – Rapoemas,Afrocubism–Afrocubism, Animal Collective –Feels, Anni B Sweet – Ridiculous Games, Arcade Fire – Funeral, Arizona Baby – Secret Fires, Calamaro Querido! –Cantando al salmón, Cooper – Retrovisor, Delorean – Ayrton Senna, Glasvegas – Glasvegas,Joe Crepúsculo – Chill out, L. A.– Heavenly Hell, Linkin Park – A thousand suns, Bruno Mars – Unorthodox Yukebox, Marlango – El Porvenir, My morning Jacket – Circuital, The National – Trouble Will Find Me, New Order – Singles , Niño y Pistola – There’s a man with a gun over there,Novedades Carminha – “Juventud infinita”, O’Funkillo – No te cabe na’, Rosendo – A veces, Siniestro Total – Trabajar para el enemigo, Los Suaves – Maldita sea mi suerte, Los toreros muertos – Los toreros muertos, The XX – Coexist
Recén saído do forno poucas presentacións merece que non se lle fixeran xa. Lúas de outrubro e agostoé o segundo álbum en solitario de Guadi Galego. Un traballo que chega despois de Benzón(2009) e logo de ter participado en proxectos colectivos tan celebrados como Nordestinas, Espido e aCadaCanto.
Son dez temas, con letras ben reflexivas, cos que a ex-vocalista de Berrogüeto se alonxa do rexistro folk para facerlle as beiras ao pop. En palabras da propia Guadi:
O meu pop de autora é un chisco sofisticado e con cheiro a música popular
O disco saíu á venda o 25 de novembro coincidindo co Día Internacional dos Dereitos Humanos e presentouse de xeito oficial o sábado 6 de decembro no Culturgal, a feira das industrias culturais que estes últimos anos se ven celebrando en Pontevedra.
Unha, que tivo a sorte de coarse entre “bambalinas” puido asistir aos ensaios e á marabilla de concerto cun cheo absoluto de público no espazo da carpa. Tanto pequenos coma maiores gozamos do sentimento que Guadi pon en cada nota. É, sen dúbida, unha das artistas galegas con máis personalidade á hora de cantar.
Foi un deleite sen fin dende o “Mergullei” que xa prometía nas probas de ensaio ata o “Matriarcas”, toda unha oda en homenaxe ás mulleres galegas que ademais conseguiu un éxito fulminante en Youtube con preto de 15.000 visualizacións en tan só dous días.
Á marxe de polémicas e debates que sairon á palestra sobre o feminismo, logo da publicación do artigo de Helena Miguélez Carballeira, titular de estudos hispánicos na Universidade de Bangor (Gales) e directora do Centro de Estudos Galegos en Gales, e de tantos outros que están xurdindo, “Matriarcas” xa se converteu en todo un himno da muller galega. A letra fala das mulleres como aleitadoras do mundo e “brillantes activistas da vida cotiá”, unha vida cotiá que, por certo, non necesariamente se restrinxe á doméstica. “Nós pouquiño a pouco ímonos situando, construindo barricadas no país dos alalás” -di Guadi.
Co éxito e a polémica de telón de fondo, sen meternos en máis leas, deixo aquí a miña encarecida recomendación de “Lúas de outubro e agosto”. Un traballo que contentará aos fieis de Guadi porque a pesar de ter un ton diferente ao que nos ten acostumados, conseguimos atopar nel a súa esencia e tamén a quen o escoite por primeira vez, unha combinación tan difícil como fermosa de lograr.
Xa están aquí as famosas listas do mellor do ano. Ainda que moitos pensen que son como as luces do Nadal, que cada ano parece que chegan antes, o certo é que xa en novembro comezan a publicarse as primeiras. Así que, ben entrado decembro na Lista de Reprodución de Forum non podiamos pasar por alto o mellor do ano. Desta volta tomamos como referencia a revista Rolling Stone, que para celebrar o seu 15º aniversario fixeron unha enquisa ós seus lectores para obter as mellores cancións nacionais e internacionais dos últimos quince anos.
Por aquelo de non mesturar na nosa comezamos cos artistas nacionais, unha enquisa que revela resultados esperados e pouco sorprendentes. Non faltan clásicos coma Nacho Vegas, Sabina, Calamaro, Bunbury, Extremo Duro ou Piratas.
De aparición máis tardía son grupos coma Los Planetas, Lori Meyers ou Vetusta Morla. Grupos que xurdiron na segunda metade da década dos 90 e que estiveron en pleno auxe no movemento indie da época.
“Un Buen Día”, é o terceiro single extraído de Unidad de Desplazamiento que presenta a uns Planetas en estado de gracia, cun punto optimista, alegre e á vez cun pouso agridoce. Pronto se converteu nn hit ampliamente recoñecido e sempre demandado nos directos dos granadinos. Algo parecido ao que pasou con “Salvese quien pueda” dos madrileños Vetusta Morla e “Alta Fidelidad” dos de Loja.
Na lista tamén se mete Russian Red co seu clásico “Cigarrettes”, Deluxe e o seu primeiro gran hit guitarreiro en castelán “Que no”, e que para nada facia presaxiar o cambio de rumbo en canto a estilo do gran Xoel López.
E como non, dentro do mellor dos últimos 15 anos non podian faltar os xa desaparecidos The Sunday Drivers. Cun son característico, moi diferente o de outras bandas indie españolas, tiveron un éxito notable en países como Francia, Holanda ou Grecia. Do seu álbum Tiny Telephone (2007) o público salienta “Do it“, un tema xenial que nos directos do grupo era capaz de facer que todo o mundo saltara e berrara ao mesmo tempo Do it, do it, put yourself in my place!.. que tempos aqueles!
Son algúns exemplos do que o público destaca como o mellor do panorama musical español nos últimos 15 anos. Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa.Non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para poder levalos en préstamo:
Bunbury – Freak show, Calamaro – El cantante, Calamaro – Bohemia, Deluxe – Los jóvenes mueren antes de tiempo, Dorian – La velocidad del vacío, Duncan Dhu – Piedras, Extremoduro – Agila, Fito & Fitipaldis – Por la boca vive el pez, Iván Ferreiro – Mentiroso, mentiroso, Lori Meyers – Cronolánea, Love of lesbian – La noche eterna / Los días o vividos, Facto Delafé y Las flores azules – La luz de la mañana, Nacha Pop – Un día cualquiera, Najwa – Donde rugen los volcanes, The New Raemon – La dimensión desconocida, Nacho Vegas – Cajas de música difíciles de parar, Pereza – Animales, Los Planetas – Una ópera egipcia, Joaquín Sabina – Lo mejor de los mejores, Los Secretos – En este mundo raro, Sidonie – El incendio, Standstill – Vivalaguerra, The Sunday Drivers – Little Heart attacks, Tulsa – Sólo me has rozado, Vetusta Morla – Mapas, Kiko Veneno – Dice la gente
O mes de novembro a cousa vai de bigotes. O movemento “Moustache-November” (Bigote-Novembro) bate récords de ano en ano. “Movember” é un xogo de palabras entre “moustache” (bigote en inglés) e “November” (noviembre). A súa orixe remóntase a principios do Século XX na cidade de Melboume (Australia), ainda que a súa popularidade foi en aumento de xeito significativo nos últimos 10 anos. Esta multitudinaria iniciativa conseguiu recuperar un símbolo físico de masculinidade, á vez que se promove a recaudación de fondos para o estudio dunha das enfermidades que más vidas barre cada ano en todo o planeta.
O obxectivo é recaudar fondos e aumentar a concienciación sobre a saúde do home, explican dende a web de Movember. Á iniciativa tamén se poden sumar mulleres (Mo Sistas) que axuden aos seus compañeiros (Mo Bros) a deseñar o mostacho. Pero se algo está conseguindo Movember, é sensibilizar sobre os cancros de próstata e testículo.
Na Lista de Reprodución de Novembro facemos o noso particular “movemento november” e desta volta seleccionamos música de homes teñan ou non bigotes.
O grupo británico de folk-rock Mumford & Sons formados por Marcus Mumford (voz principal, guitarra, batería,mandolina), Ben Lovett (voces, teclado, acordeón, batería), Winston Marshall (voces, banxo, dobro) e Ted Dwane (voces, contrabaixo, batería, guitarra). Ainda que o grupo se formou no 2007, gañaron popularidade no 2010 tocando diante de grandes audiencias e tendo a súa primeira aparición na televisión americana e recibiron dúas nominacións aos Premios Grammy, unha por mellor artista novo e outra por mellor canción de rock (“Little Lion Man”). Babel sube a aposta de Mumford & Sons ainda que sen mudala en exceso. Soa máis brillante, con cancións que tiran a festival folk.
Lonxe queda xa cando os barceloneses Sidonie gañaron un concurso de xovenes talentos na cidade de Hospitalet de Llobregat e polo que foron fichados por unha pequena discográfica independente chamada Bip Bip Records. Marc Ros, Jesús Senra y Axel Pi trasladan coma ninguén o pop psicodélico e o rock alternativo dos discos ao escenario, sempre cuns directos que non deixan indiferente a ninguén. En Sierra y Canadá dan un xiro máis cara a electrónica pero en ningún momento deixa de soar a Sidonie. Articulado a través da relación entre “Sierra y Canadá”, dous robots namorados a destempo o un do outro, o disco presenta estructuras ás que non nos tiña acostumados e un son moito máis sintético.
Borja Laudo é Bigottun tipo bohemio, excéntrico e orixinal, o seu estilo fresco e con alta capacidade compositiva. O seu terceiro traballo Fin destaca sobre todo polos arranxos e faise notar a presenza da súa parella Clara no coros. Editado por Grabaciones en el Mar, Fin é outra caixa de sorpresas onde todo entra sin ningún esforzo, cos seus pouco máis de vintecinco minutos, nada queda sobreactuado nin finxido a pesar do rimbombantes que poidan resultar os títulos ou as letras.
Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa. E non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo para poder levalos en préstamo:
Albert Pla – La diferencia, Bigott – Fin, Bunbury – Hellville de Luxe, Cooper – Retrovisor, Elvis Presley – The album, Gabinete Caligari – La culpa fue de Gabinete, Guns N`Roses – The spaghetti incident?, George Harrison – Best of dark horse, Javier Gurruchaga – Viva Mondragón, Johnny Cash – At san quntin, Juan Perro – Río Negro, Jimi Hendrix – Jimi Hendrix, Tino Casal – Todo Casal, La Habitación Roja – Fue eléctrico, Los secretos – Adios tristeza, Los Suaves – Esta vida me va a matar, Magin Blanco – Ella, Manolo García – Para que no se duerman mis sentidos, Marvin Gaye– The Very Best Of, Miguel Bosé – Velvetina, Mumford & Sons – Babel, Phil Collins – Hello, I must be going!, Robbie Williams wiht Pet Shop Boys – Shes Madonna, Rod Stewart – The complete great american songbook, Sidonie – Sierra y Canadá, Siniestro Total – Trabajar para el enemigo
En setembro collemos pulos con cancións cheas de enerxía para afrontar todos os propósitos que nos marcamos despois do verán. Agora que estamos metidos de cheo no outono, a estación máis melancólica do ano, é época de nostalxia pero tamén de inspiración para moitos. O cambio de tempo, a caída da folla, as cores verdes e marróns das paisaxes invitan á relaxación e á melancolía, por iso a Lista de Reprodución de Outubro vén cargada de cancións cálidas e acolledoras.
Antonio Vega non podía faltar nesta lista, un dos compositores fundamentais do pop español dende a chegada da democracia. O intimismo das súas cancións e a súa sensibilidade fixeron que se gañara a admiración de crítica e público.
Espido é o nome do dúo musical que formaron Guadi Galego e Guillermo Fernández, que por entonces tamén eran membros de Berrogüetto. O proxecto nace polo roce melódico-harmónico destes dous músicos, unha mistura de gran creatividade da que naceu o seu disco homónimo onde Guadi Galego pon a voz e Guillerme Fernández toca a guitarra. Un traballo directo, cheo de tenrura e sentimento, no que as cancións transmiten por sí mesmas, sen abalorios.
E se de sentimentos falamos non pode faltar o desaparecido grupo galego Nadadora. Os do Grove que xa levaban 10 anos en activo e que se preparaban para sacar o seu cuarto disco anunciaron a súa separación por incompatibilidades persoais dos membros da banda no 2012. Os seus fans incondicionais quedámonos con que foi anunciado como un adeus non definitivo.
Want Two é a segunda entrega dun traballo anterior e que constitúe, por goleada, a obra máis barroca do compositor canadense Rufus Wainwright. Composto nunha época na que Rufus non paraba de traballar e compoñer cancións, Want Two está cheo de sensibilidade e romanticismo. Aínda que “cool”, Rufus cos seus excesos operísticos non é pasto da maioría.
Cun son que ten moito do post punk dos anos 80, a crítica chegou a relacionar á banda escocesa Snow Patrol con elementos de U2. En Open Eyes invitan ao positivo pero a un positivismo que non está reñido coa tristeza e a melancolía que tamén está moi presente nas cancións. Como os propios membros da banda recoñecen “Nós non estamos sempre alegres, ninguén o está”.
Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa. E non esquezas consultar a dispoñibilidade dos discos no noso catálogo:
Álex Ubago – ¿Que pides tú?, Andrés Calamaro – Obras incompletas, Antonio Vega – Básico, Billy Joel – The Stranger, Christina Rosenvinge – Tu labio superior, Espido – Espido, Glasvegas – Glasvegas, Ismael Serrano – Acuérdate de vivir, Lamatumbá – Paraugas Universal, Macy Gray – The id, Nadadora – Todo el frío del mundo, Najwajean – Till it breaks, Neil Young & Crazy Horse – Rust never sleeps, Noa – Gold, Rufus Wainwright – Want two, Serrat & Sabina – Dos pájaros de un tiro, Snow Patrol – Eyes Open, Tarik y La Fábrica de Colores – Sequentiale, The Doors– The Doors, Travis – The invisible band, Triángulo de Amor Bizarro – Victoria Mística., Tulsa – Solo me has rozado, U2 – No line on the horizon, Van Morrison – Still On Top, Violent Femmes – Violent Femmes, Zënzar – Vaise armar
Estamos metidos de cheo nas Festas de María Pita 2014 e no blog imosvos dando boa conta das actuacións musicais das que podedes desfrutar nos diferentes puntos da cidade.
Na Lista de Reprodución do Forum Agosto 2014 tamén nos preparamos para ir de festa. Seleccionamos algúns dos artistas máis populares que deleitarán a todo tipo de público cos seus concertos e tamén nos lembramos dalgunha actuación de festas pasadas.
O pregón correu a cargo da cantante de Boimorto, Luz Casal e coa súa mensaxe nos quedamos estes días “aproveitar este tempo de desfrute, de cambios nos hábitos, de soplos de aire que aparten o tedio” queremos tomar as festas como “un tempo de obviar a pesadume … tomando o camiño do desfrute e do entretemento”
O testigo de Luz foi tomado por un dos cantantes españois cunha voz moi persoal, o catalán Sergio Dalma que reuniu a moitos dos seus seguidores na praza de María Pita, onde interpretou temas de Cadore 33 o seu último traballo, pero tamén tirou do seu repertorio de éxitos.
Ao igual que fixo Antonio Orozco quen vive actualmente “o mellor momento” da súa vida” tras un “proceso de recomposición” persoal e musical que quedou reflexado no seu último disco, Dez, un recopilatorio co que conmemora unha década de carreira, á que o artista pon nota: “Sempre imperfectos”.
Hoxe xoves é a quenda de Milladoiro, considerado como o grupo de folk máis internacional dentro dos grupos galegos, e un dos máis importantes investigadores de novas sonoridades para o folk galego. Canda eles comparten cartel os coruñeses Tiruleque que co seu último traballo Mu!! Consolida o estilo acadado no seu primeiro álbum.
Aqui vos deixamos a Lista completa e non esquezas pasar pola biblioteca para levar aos concertos as cancións ben aprendidas.
Alejandro Sanz – El tren de los momentos, Amaral – Gato negro, dragón rojo, Antonio Orozco – Renovatio, Belle and Sebastian – Write about Love, Os Cempés Tentemozo, Cristina Pato – Xilento, The Chieftains – Ry Cooder, Conchita – Nada más, Dani Martín – Dani Martín, Delafé y Las Flores Azules – De mí sin tí, Estopa – Voces de ultratumba, Eskizos – 1989-1993, Lamatumbá – Paraugas universal, Loquillo y Trogloditas – Una banda de Rock & Roll español, Love of Lesbian – La noche eterna, Julieta Venegas – Sí, Luz Casal – Vida tóxica, M Clan – Para no ver el final, Madness – The heavy heavy hits, Mika – Life in Cartoon Motion, Milladoiro – O niño do sol, Novedades Carmiña – Juventud Infinita, Rosendo – A veces cuesta llegar al estribillo, Russian Red – Fuerteventura, Ruxe Ruxe – A terra dos comentos, Sergio Dalma – Cuerpo a Cuerpo