Lista de Reprodución Fórum: os nosos recomendados

Na Biblioteca Fórum seguimos con De Acordes, a nosa mostra bibliográfica dedicada á música. Así que para este mes, entre tódolos compañeiros elaboramos unha Lista con algúns dos nosos discos favoritos.

E como somos tan distintos, obtivemos unha selección realmente variada, na que vos atoparedes con temas chill out, post-metal, gypsy jazz, soul, folk, rock, pop, música popular brasileira e ata temas de película. Agardamos que vos guste.

O cantante e compositor de música soul Benjamin Duterde, coñecido polo seu nome artístico Ben L’Oncle Soul, era un apaixonado do soul e a música negra desde antes de nacer por herdanza materna. Comezou a súa carreira musical no 2004 nun grupo góspel chamado Fitiavana. Nos inicios da súa carreira en solitario facíase chamar Oncle Ben, pero en 2009 cambiouno, para evitar equívocos coa marca de arroz Uncle Ben’s. Ademais do soul, tamén lle gusta o hip-hop e colaborou, tanto no escenario, como compoñendo temas, con artistas como Oxmo Puccino ou Hocus Pocus. O seu primeiro álbum Ben L’Oncle Soul (2010) conta con cancións en inglés e francés, que desprenden bo humor e recrean as décadas dos 50, 60 e 70. Destacamos Little Sister, que tamén ten cunha versión en francés.

Pianista, compositor, contrabaixista, director de big band e activista contra o racismo, Charles Mingus, icona do jazz da segunda  metade do século 20, definía o jazz como “a música clásica negra”. Autodeclarado discípulo de Duke Ellington, este xenio musical só durou tres días na súa orquestra, pois o seu carácter irascible e temperamental tróuxolle numerosos problemas, causando mesmo confrontacións en medio de concertos. Mingus Ah Um (1959) é un dos seus discos cume, no que cada tema considérase unha clase de jazz, talento, furia e creatividade. Como  Goodbye Pork Pie Hat, un blues lento dedicado a Lester Young.

A banda británica Coldplay, lanzou en 2011 Mylo  Xyloto, o seu quinto álbum de estudo. Un traballo que “fala sobre dúas personaxes tentando atopar o amor e a felicidade nun mundo opresivo”. O disco comezou sendo acústico e foi evolucionando ata incorporar notas electrónicas. Paradise, o segundo sinxelo, foi escrito por Chris Martin para o gañador da séptima edición do programa The X Factor, pero o baterista Will Champion convenceuno de que deixala para o disco. O tema conta con dous vídeos musicais, un dirixido por Hype Williams (co que a banda non quedou del todo satisfeita), e o que vos deixamos a continuación, de Mat Whitecross, cuxa trama e concepto foron ideados por Chris Martin, quen interpreta ao home disfrazado de elefante que escapa do Zoo de Londres buscando o seu fogar.

Nacida a mediados dos 80, a banda estadounidense Neurosis ten un son moi orixinal e diverso, froito das súas variadas influencias (Joy Division, Pink Floyd e Black Sabbath entre outros). Desencadeantes da corrente post-metal, a súa música foi a base da carreira musical de grupos como Isis ou Cult of Luna. The Eye of Every Storm (2004), o seu oitavo álbum de estudo, é considerado a obra mestra do grupo, sendo máis melódico que os seus traballos anteriores. Destacamos Left To Wander.

Se queredes descubrir os álbums que seleccionamos para vós e levalos en préstamo, lembrade pasar pola Biblioteca Fórum. Pero mentres, aquí tedes a Lista de Reprodución ao completo:

Adele – All I Ask. Antonio Vega – Lucha de giantes. Aretha Franklin – I Say a Little Prayer. Ben L’Oncle Soul – Little Sister. Bruce Springsteen – Thunder Road. Bruno Mars – Locked Out Of Heaven. Caetano Veloso – Você é linda. Carlos Núñez – Alborada de Rosalía. Charles Mingus – Goodbye Pork Pie Hat. Coldplay – Paradise. Compay Segundo – Anita. Cult of LunaCircle.  Edith Piaf – Non, Je ne regrette rien. El Kanka – A desobedecer. India Martínez – Los Gatos no Ladran. Iván FerreiroTurnedo. John Legend – Start a Fire. La Bien Querida – A.D.N. Iron Maiden – The Wicker Man. Mika – Happy Ending. Muchachito – Me tienes frito. Neil Diamond – Sweet Caroline. NeurosisLeft to Wander. Nina Simone – Since I Feel for You. Queens of the Stone Age If Only. Red Hot Chili Peppers  – By the Way. Venus in Motion – This Woman. ZazCette Journée.

Advertisements

A Biblioteca Recomenda…Lemmy Kilmister

Lemmy Kilmister, cantante e líder durante catro décadas da banda británica de heavy Motörhead, faleceu o pasado 28 de decembro en Los Ángeles aos 70 anos. Nas Bibliotecas Municipais da Coruña recomendamos un achegamento á súa música a través dos seus discos e tamén a través do libro “Lemmy, La Autobiografía”, publicado o ano pasado por Es Pop Ediciones, dispoñible nas Bibliotecas. A súa vida, historia e opinións, sen prexuízos nin pelos na lingua.

LEMMY: LA AUTOBIOGRAFÍA«Se crees que es demasiado vello para o rock n’ roll é que o es!». Así fala Ian «Lemmy» Kilmister, lendario líder de Motörhead e un dos rockeiros máis incombustibles do planeta. Cinco décadas dedicadas en corpo e alma á música, gañándose con suor a fama de ser o tipo máis bebedor que pisou xamais un escenario. A súa historia é a historia da música rock desde os seus inicios e até os nosos días. As formacións de Motörhead sufriron numerosos cambios nos seus máis de trinta anos de historia, pero Lemmy sempre permaneceu firmemente ao temón, tanto nas súas épocas de maior éxito como nos momentos máis amargos.

Pero non te quedes aquí, no noso Catálogo tamén está dispoñible o Documental Lemmy: 49% Motherf**ker, 51% Son Of A Bitch

Lemmy: 49% Motherf**ker, 51% Son Of A Bitch

En Lemmy, os directores Greg Olliver e Wes Orshoski exploran a asombrosa vida e carreira da pioneira icona do heavy metal, a forza vital detrás da influente e duradeira banda Motorhead. Durante máis de catro décadas, a potente carreira de Kilmister ha ir cruzándose con moitos dos momentos máis impresionantes da historia do rock: viu aos Beatles no Cavern Club, foi técnico en concertos de Jimy Hendrix, mentor de Sid Vicious e compoñente en dúas bandas Merseybeat e rock psicodélico antes de fusionar o punk e o metal proporcionando inspiración a toda unha xeración con Motorhead. Ao longo do camiño, sempre inspirou os gustos de Dave Grohl ou Metallica, os cales aparecen en Lemmy, xunto a outros artistas como Ozzy Osbourne, Alice Cooper, Peter Hook, Jarvis Cocker e moitos máis.

Os discos que temos e #recomendamosbmc:

This slideshow requires JavaScript.

Sempre nos quedará a súa música…

…e o recordo do seu paso polo Resurrection Fest 2015 en Viveiro:

Escoita a Lista de Reproducción no Punto Musical

Xa queda lonxe aquel pasado mes de agosto cando se estreaba, a “Lista de Reproducción” da Biblioteca Municipal Forum Metropolitano e dende aquela até hoxe tódolos meses ofrecémosvos as nosas recomendacións musicais. Recomendacións cheas de pop, rock, soul, funk, R&B… en definitiva música, xa que todo cabe na nosa cita mensual. Do que se trata é de compartir contigo os discos nacionais e internacionais, os que xa se converteron en clásicos pero que nunca caerán no olvido, grandes cancións, sen prexuízos, porque queremos que cando escoites a nosa “Lista de Reproducción” sintas o que dende dentro tentamos transmitir: pasión pola música.

Lista de Reproducción Forum Febreiro 2014

Lista de Reproducción Forum Febreiro 2014

Unha “Lista de Reproducción” na que ti tamén contas e tes moito que aportar, porque o teu criterio tamén nos importa. Asi que se levas un disco en préstamo e che gustou faino saber, adxudícalle o noso particular “me gusta” se cadra iso axuda a que outro usuario o escoite tamén.

Gústache?

Gústache?

Pero na Biblioteca Municipal Forum Metropolitano temos máis novas, porque vimos de inaugurar o “Punto Musical”, un espacio para que te relaxes, escoites e desfrutes da nosa selección, para que fagala túa propia … para que consultes o blog, en definitiva o teu punto de referencia musical dentro da biblioteca.

E lembra que se queres levar en préstamo para a casa algún destes discos ou outros traballos dos grupos, consulta a dispoñibilidade dos materiais no Catálogo de Bibliotecas Municipais

catalogo

Lista de Reproducción Fórum Recopilación 2013

Xa o anunciaba o noso compañeiro XC o pasado mes de xaneiro, tres bandas galegas lograron situarse entre os escollidos como 50 mellores discos estatais segundo a  Revista Rockdelux:

Na Lista de Reproducción da nosa Biblioteca do Forum Metropolitano deste mes  imos máis aló e seguimos a facer un repaso por tódalas listas publicadas a comezo de ano, xa que mal que nos pese as listas do mellor do ano convertéronse nun elemento fundamental, alimentan debates, crean negocio e fan, moitas veces, que a carreira dun artista levante vo.

Atopámonos cos galegos Niño y Pistola que continúan xogando ao despiste á hora de presentar os seus traballos. Se en Niño y Pistola as Arthur & The Writers (Ernie, 2010) inventaban ao poeta Arthur como fío narrativo do álbum, en There’s a man with a gun over there optan por unha historia do rural americano que transcorre en dous tempos co personaxe de Tom como protagonista

Galegos son tamén os Igloo, fríos por fóra pero cálidos e cheos de vida por dentro, de aí o nome. Banda formada con algúns dos ex-Deluxe, conxuga á perfección o son dunhas guitarras afiadas coa transmisión de emocións e sensacións eléctricas. No mellor do ano figura o seu último traballo 04.El conjunto vacío pero na Lista de Reproducción non nos esquecemos de discos anteriores como #2.La transición de fase onde xogan coas intensidades e as letras escuras e destacan especialmente os arranxos moi coidados que contribúen a rematar o efecto final.

E como non entre o mellor do 2013 tamén nos atopamos co gran Iván Ferreiro con Val Miñor-Madrid, Historia y Cronología del Mundo Un disco no que se reflexa a tranquilidade do proceso creativo e de gravación e no que podemos atopar as palmas e os coros de Marc Ros de Sidonie ou a voz de Julieta Venegas nunha das cancións máis redondas do disco (Alien vs Predator). Para a Lista poñemonos algo máis nostálxicos e rescatamos aquel  Canciones para el tiempo y la distancia publicado aló polo ano 2005, onde se recolle un compendio de 10 cancións compostas por el e polo seu irmán Amaro.

Pero os listados seguen e os artistas e os discos son moitos, asi que aqui vos deixamos  a nosa selección, a Lista de Reproducción co mellor do 2013, onde non faltan os últimos traballos en moitos casos pero tamén quixemos rescatar discos anteriores que nunca ven mal recordar.

Bigott – Fin, Bunbury – Hellville de LuxeDelorean – Apar, Diego el Cigala – Romance de la luna, Dorian – La velocidad del vacio, Extremo duro – Yo minoria absoluta, Fangoria – Cuatricromía, Fuel Fandango – Fuel Fandango, Igloo – #2.La transición de fases, Ivan Ferreiro – Canciones para el tiempo y la distancia, Jane Joyd – Shy little Jane Presents: so lost in this bleak winter landscape, Joe Crepusculo – Chill out, Kiko veneno – Sensación térmica, Lapido – Cartografía, Lori Meyers – Impronta, Mala Rodríguez –Malabarismos, Manel – Atletes, baixin de l’escenari, Niños mutantes – Náufragos, Niño y Pistola – There’s a man with a gun over there, Pauline en la playa – El mundo se va a acabar, Quique González – Delantera mítica, Second – Fracciones de un segundo, Standstill – Adelante Bonaparte, Tachenko – Esta vida pide otra, Triángulo de amor bizarro – Año Santo, We are standard – We are standard

Se queres levar en préstamo para a casa algún destes discos ou outros traballos dos grupos, consulta a dispoñibilidade dos materiais no Catálogo de Bibliotecas Municipais

catálogo