Historias de regalo: agasallos para as nosas orellas

Regalar libros, música ou cine non é doado, implica pensar moito nos que o reciben, por iso, cada ano, o persoal das Bibliotecas Municipais da Coruña recopila unha escolma dos traballos publicados que maís nos gustaron. Na guía “Historias de regalo 2019” os títulos que che propoñemos van acompañados dunha reseña do seu contido e estarán expostos en todas as nosas bibliotecas onde poderás mirar, escoitar, tocar e ulir todas estas propostas.

Desexamos facilitarche a tarefa de escoller en función de gustos, intereses, preferencias, formatos… e queremos que  atopes ese disco ou DVD co que sorprender nestas datas.

Esta é a nosa proposta en materia de música:

historias de regalo

Lembra, este Nadal parada obligada… AS BIBLIOTECAS! E se queres propoñer algunha lectura podelo facer nas redes sociais empregando #recomendamosBMC

Lista de Reprodución Forum: música para o mes de marzo

Na lista de Reprodución de marzo atoparedes músicos de Canadá, Estados Unidos, Gales, Inglaterra, Irlanda, Islandia e Suecia, con estilos que van desde o psyck folk e o electropop, ao neo soul e o funk rock.

Empezamos cunha cantante, instrumentista e compositora que non deixa a ninguén indiferente, Joanna Newsom. A californiana, criada nunha familia de músicos de formación clásica, que con cinco anos pediu un arpa de pé, da que non se separou desde entón. Cunha voz inusual, con trazos de folk e da música dos Apalaches, é unha das artistas máis ambiciosas do indie folk. O seu álbum Have One On Me -dividido en 3 CDs, de máis de 2 horas de duración, e 18 cancións- compúxoo mentres se recuperaba duns nódulos nas cordas vocais, que a tiveron varios meses sen poder falar nin cantar. Neste traballo compaxina o protagonismo do arpa co do piano, e ao longo do mesmo folk, blues, jazz, pop, swing e música de cámara teñen o seu momento de protagonismo en maior ou menor medida. Destacamos ‘81, unha das cancións máis intimistas.

Co seu peculiar estilo ao tocar e un don para compoñer, Andy McKee comezou a tocar a guitarra ós 13 anos. Aburrido das primeiras leccións, conseguiu a inspiración que lle levaría a ser quen é tras asistir a un concerto do guitarrista Preston Reed. Considerado un dos mellores guitarristas acústicos do mundo, conta con millóns de visitas en Youtube, onde o directo da súa creación máis famosa Drifting conseguiu a finais do 2006 máis de 7.300.000 visitas e a máxima puntuación de todas as composicións da páxina. Joyland é o seu terceiro disco, que vén acompañado dunha película documental que segue a McKee no seu regreso á tenda de música onde daba clases de guitarra e ao estudo de gravación da súa casa. Un dos temas que interpreta no álbum, Everybody Wants to Rule the World, é unha versión do tema dos británicos Tears for Fears.

Cunha exitosa carreira como solista Robert Wyatt-Ellidge, foi batería de Soft Machine e Matching Mole, importantes grupos da Escena de Canterbury. A súa música aínda que complexa, é alegre e pegadiza, o que fai que sexa fácil de escoitar. En 1973 quedou paralítico tras caer polo balcón dun terceiro piso durante unha festa, polo que tivo deixar de tocar a batería e aprendeu a tocar o teclado. Comicopera, o seu oitavo álbum de estudo, é unha traxicomedia dividida en 3 actos, resultado de mirar ao seu ao redor e analizar a tolemia e o imprevisible da vida real. Stay Tuned, o tema que dá inicio ao primeiro acto, é unha versión do tema do mesmo nome da cantante e compositora norueguesa Anja Garbarek.

Brand New Eyes é o terceiro disco da banda estadounidense Paramore, que liderou as listas de éxitos en Australia, Irlanda, Nova Zelandia e Reino Unido. O título do disco fai alusión á nova perspectiva que tomou o grupo para acabar coas discusións que case o disolven, provocadas polo ano que estiveron de xira sen descanso para promocionar o seu traballo anterior Riot! (aínda que meses despois dous dos seus compoñentes terminárono deixando). The Only Exception, é o seu tema máis exitoso desde o punto de vista comercial, unha canción distinta á música habitual do grupo, cuxo estilo foi catalogado como emo e pop punk. A balada valeulles o nomeamento ao Grammy como «Mellor interpretación pop vogal de grupo/dúo»

Aquí vos deixamos a Lista de Reprodución completa, e se queredes escoitar ao completo os álbums dos temas seleccionados, lembrade pasar pola Biblioteca Forum para levalos en préstamo.

Alanis Morissette – Thank U, Andy Mckee – Everybody Wants to Rule the World, Bang Gang – It´s Alright, Best Coast – Boyfriend, Chris Walla – Two-Fifty, The Craberries – Time is Ticking Out, Erykah Badu – On & On, The Faint – How Could I Forget?, Iyaz – Replay, Jens Lekman –  Sipping On the Seet Nectar, Joanna Newsom – ’81, Keane – Crystal Ball, La Roux – In For fhe Kill, Ladyhawk – The Dugout, Lambchop – Up With People, Low – California, Maniac Street Preachers – You Stole the Sun From My Heart, Marah –If You Didn’t Laugh, You’d Cry, Marion – Time, Paramore – The Only Exception, The Postal Service – Suddenly Everything Has Changed, Red Hot Chili Peppers – Higher Ground, Robert Wyatt – Stay Tuned, Stephen Malkmus – Jenny & the Ess-Dog, Teenage Fanclub – Happiness, Wavves – Post Acid

A Biblioteca Recomenda…Lemmy Kilmister

Lemmy Kilmister, cantante e líder durante catro décadas da banda británica de heavy Motörhead, faleceu o pasado 28 de decembro en Los Ángeles aos 70 anos. Nas Bibliotecas Municipais da Coruña recomendamos un achegamento á súa música a través dos seus discos e tamén a través do libro “Lemmy, La Autobiografía”, publicado o ano pasado por Es Pop Ediciones, dispoñible nas Bibliotecas. A súa vida, historia e opinións, sen prexuízos nin pelos na lingua.

LEMMY: LA AUTOBIOGRAFÍA«Se crees que es demasiado vello para o rock n’ roll é que o es!». Así fala Ian «Lemmy» Kilmister, lendario líder de Motörhead e un dos rockeiros máis incombustibles do planeta. Cinco décadas dedicadas en corpo e alma á música, gañándose con suor a fama de ser o tipo máis bebedor que pisou xamais un escenario. A súa historia é a historia da música rock desde os seus inicios e até os nosos días. As formacións de Motörhead sufriron numerosos cambios nos seus máis de trinta anos de historia, pero Lemmy sempre permaneceu firmemente ao temón, tanto nas súas épocas de maior éxito como nos momentos máis amargos.

Pero non te quedes aquí, no noso Catálogo tamén está dispoñible o Documental Lemmy: 49% Motherf**ker, 51% Son Of A Bitch

Lemmy: 49% Motherf**ker, 51% Son Of A Bitch

En Lemmy, os directores Greg Olliver e Wes Orshoski exploran a asombrosa vida e carreira da pioneira icona do heavy metal, a forza vital detrás da influente e duradeira banda Motorhead. Durante máis de catro décadas, a potente carreira de Kilmister ha ir cruzándose con moitos dos momentos máis impresionantes da historia do rock: viu aos Beatles no Cavern Club, foi técnico en concertos de Jimy Hendrix, mentor de Sid Vicious e compoñente en dúas bandas Merseybeat e rock psicodélico antes de fusionar o punk e o metal proporcionando inspiración a toda unha xeración con Motorhead. Ao longo do camiño, sempre inspirou os gustos de Dave Grohl ou Metallica, os cales aparecen en Lemmy, xunto a outros artistas como Ozzy Osbourne, Alice Cooper, Peter Hook, Jarvis Cocker e moitos máis.

Os discos que temos e #recomendamosbmc:

O pase de diapositivas require JavaScript.

Sempre nos quedará a súa música…

…e o recordo do seu paso polo Resurrection Fest 2015 en Viveiro:

O Space Rock, relación entre astronomía e música

Baixo o título “#ÉoCosmos!”, a Biblioteca Municipal Forum Metropolitano organiza ata o 15 xullo unha mostra cunha selección dos mellores materiais relacionados coa Astronomía, incluíndo as mellores novelas e películas de ciencia ficción.

Guía da Mostra de Astronomía

Unha ocasión única para falar da conexión entre a Música e a Astronomía, e máis en concreto, dun xénero musical propio, o Space Rock.

O Space Rock (ou Rock Espacial) xorde durante a década dos anos 1960 como unha corrente do rock psicodélico e a música progresiva. Caracterízase polas súas longas pasaxes instrumentais de tempo lento nos que predominan os sintetizadores, as guitarras envoltas en efectos atmosféricos e letras relacionadas coa ciencia ficción.

Un dos primeiros pasos no desenvolvemento desta corrente deuno a banda británica Pink Floyd nos seus primeiros discos, The Piper at the Gates of Dawn e A Saucerful Of Secrets. Dúas cancións de Syd Barrett, “Interstellar Overdrive” e “Astronomy Domine“, constitúen a primeira mostra do xénero.

Interstellar Overdrive” foi unha das primeiras improvisacións psicodélicas en ser gravadas por algunha banda de rock. Foi vista como a primeira intención de Pink Floyd de entrar no space rock aínda que os membros da banda desacreditaron este termo.

Astronomy Domine (An Astral Chant)” (Señor dos astros (un canto astral)) incluíuse tamén en P·U·L·S·E, disco dobre en vivo e recompilatorio publicado en 1995. A inspiración do tema foi asumida por algúns como unha das ideas de Barrett con referencia ás súas primeiras experiencias con LSD, mesturándose co seu interese pola astronomía.

Outro dos grupos pioneiros deste son é a banda Gong. O seu membro fundador, Allen desenvolveu unha cosmogonía que partía da “teteira celestial”, unha analogía creada por Bertrand Russell nas súas polémicas sobre a existencia de Deus. En sucesivos discos, con moito humor, Allen foi narrando as aventuras de Zero The Hero e o seu achegamento ao Planeta Gong, mediante episodios de drogas e sexo.

 

Por outro lado, en canto a historias, unha das cancións máis coñecidas con letra espacial é “Space Oddity“, a obra cume do músico británico David Bowie. Editada como sinxelo en 1969, narra o lanzamento ao espazo do Major Tom. Na odisea do astronauta, Bowie canta a sensación desoladora e alucinante de flotar no espazo dentro dunha ínfima caixiña de lata desconectado de toda comunicación coa terra. Supostamente lanzada para coincidir coa aterraxe na lúa do Apolo 11, aparece no álbum Space Oddity. A canción foi utilizada pola BBC na súa cobertura da aluaxe.

A canción nárranos como este astronauta inicia a súa viaxe ao espazo desde a conta atrás ata que alcanza o cosmos. Neste lugar, o Major Tom deixa o mundo material para iniciar a súa propia viaxe ás estrelas, non sen antes despedirse dos seus seres queridos. Nalgún momento desta viaxe, o Major Tom perde o contacto coa terra, quedando atrapado na súa nave espacial.

Este mesmo personaxe é utilizado polo mesmo David Bowie noutras das súas cancións, como Ashes to Ashes, e Acho Spaceboy, así como tamén Elton John na súa canción Rocket Man. Posteriormente Peter Schilling continuaría a historia coa súa canción Major Tom (Coming Home), así tamén Kirby Ian Andersen e o grupo de rock canadense The Tea Party.

Dise que David Bowie inspirouse na película de Stanley Kubrick, 2001 A Space Odyssey e a propia euforia espacial que se vivía a finais da década dos anos 1960.

A partir da década dos anos noventa volven aparecer bandas influenciadas por este xénero como Muse, Radiohead, 30 Seconds to Mars, The Mars VoltaThe_Flaming_Lips ou M83.

No caso concreto de The_Flaming_Lips, as letras de Coyne, en particular, referencian e encarnan a fascinación cos xéneros de ciencia ficción e space opera que foron populares durante a época dourada da subcultura psicodélica. O seu estilo lírico tende a utilizar as imaxes e as convencións argumentais da space opera para enmarcar temas máis abstractos acerca dos ciclos nos que se desenvolve o amor romántico, destacando a súa vulnerabilidade mentres que profunda as súas implicacións metafísicas.

2009 Flaming Lips – Watching The Planets from George Salisbury on Vimeo.

Outro exemplo é M83, un grupo de música electrónica fundado en 2001 por Anthony González e Nicolás Fromageau (2001/2004), ambos os procedentes de Antibes, Francia . O nome da banda está inspirado na Galaxia Espiral Messier 83.

M83 | Midnight City from DIVISION on Vimeo.

Estes son algúns dos grupos musicais que recomendamos e que podedes atopar nas Bibliotecas Municipais da Coruña.

Ses, Xavier Díaz e Kepa Junkera en concerto na Coruña

O vindeiro 23 de outubro ás 21 horas dentro do ciclo #AGORASÓN2014 teremos a oportunidade de escoitar a tres músicos excepcionais cun estilo moi particular: a forza e enerxía do ciclón Sés, o rexurdir da música tradicional galega de Xavier Díaz e o maestro do folk e a trikitixa vasca Kepa Junkera.

Concerto agorason

Mañá, mércores 15, ás 10.00 sortearemos nun ♪ ♫ ♪ ♫ concurso no noso facebook ♪ ♫ ♪ ♫ duas entradas dobres para que dous de vos podades asistir cun acompañante.

Sorteo de entradas Concerto AgoraSon

E lembrade que nas nosas bibliotecas podedes atopar os traballos destes artistas:

      • Bilbao 00:00 h [Grabación sonora] / Kepa Junkera. — Madrid : Resistencia, D.L. 1998
      • Maren [Grabación sonora] / Kepa Junkera. — Madrid : Emi Odeón, D.L. 2001
      • Hiri [Grabación sonora] / Kepa Junkera. — Donostia : Elkar, 2006
      • Fandango [Grabación sonora] : provença sessions / Kepa Junkera + Melanious quartet. — [S.l.] : Hiri, D.L. 2009
      • Etxea [Grabación sonora] / Kepa Junkera. — [S.l.] : Infernuko Auspoa & Hiri, D.L. 2009
      • Galiza [Gravación sonora] / Kepa Junkera. — 1ª ed.. — [Madrid] : Fol Música, 2013
  • Admirando a condición [Grabación sonora] / Sés ; arranxos e producción musical, María Xosé Silvar [Sés] e David Paz. — A Coruña : Falcatruada, 2011
    1 CD + 1 libreto con letras das cancións
  • Co xenio destrozado [Grabación sonora] / Ses. — [S.l.] : Fol Música, cop. 2013

Recomendamos música escrita de puño e letra. Parte II

Seguimos, antes de que acabe o verán, coas Recomendacións musicais escritas de puño e letra, nesta ocasión ampliamos os xéneros musicais, unha diversidade que toca dende o Black Metal nórdico ata o Jazz de Miles Davis. Recorda que todas as obras están dispoñibles no noso catálogo:

Señores del caos : el sangriento auge del metal satánico / Michael Moynihan y Didrik Soderlind (Es Pop, 2013)

Un libro fundamental centrado nun dos máis radicais e menos explorados movementos musicais dos últimos anos que vai moito máis alá da mera crónica musical para ofrecer un completo e exhaustivo retrato xornalístico que toca por igual cultura e crime, sociología e crónica negra, ocultismo e relixión. Moynihan e Søderlind desmenuzan ao detalle a historia do black metal noruegués, analizando tanto as súas raíces musicais, políticas e sociais como as súas consecuencias artísticas, éticas e criminais, reflectindo non só o aspecto máis sensacionalista e salvaxe do movemento senón tamén o seu lado máis elegante e apaixonado: a loita a vida ou morte dun poucos pero dedicados novos dispostos a elevarse por encima da mediocridade e a compracencia imperante á súa ao redor, aínda que fose desde o extremismo.

I am Ozzy : (confieso que he bebido) : memorias de Ozzy Osbourne / con la colaboración de Chris Ayres (Global Rhythm Press, 2012)

O máximo vocalista da escola demente que nunca rematou os estudos, pero posúe tres títulos nobiliarios concedidos por aclamación: príncipe das tebras, cafre laureado e padriño do heavy metal. O que non ten, con todo, é ningunha vergoña, cordura ou sentido do ridículo. Afortunadamente, cabería engadir, porque bastaría un chisco de decoro ou un pouco de amor propio para que este divertidísimo libro non existise: á fin e ao cabo, ninguén no seu san xuízo confesa cun alegre sorriso que acabou na cárcere por roubar tres veces seguidas na mesma tenda, que na súa mocidade só fornicaba con mulleres feas, que ouriñou contra os sacros muros de “El Álamo” e despois contra o seu futuro sogro, que descabezou unha pomba (viva) mediante unha certeira dentada fronte a un conclave de executivos arrepiados e repetiu logo a operación cun morcego para espanto dos presentes nun dos seus concertos. Nada máis chegar a unha luxosa clínica onde se redimen borrachos arrepentidos preguntou polo bar pensando que naquel sitio ensinaban a beber con elegancia, etc. Cousas tan delicadas non se lle contan nin ao confesor salvo cando un ri de todo e sobre todo da súa sombra.

Slash : [de Guns N’ Roses a Velvet Revolver, la autobiografía] / Slash con Anthony Bozza (Es Pop, 2010)

Naceu en Inglaterra, pero creceu en Los Ángeles, no vibrante fervedoiro de música e cultura que foron os primeiros anos setenta. A súa adolescencia pasouna nas rúas, descubrindo a bebida, as drogas, a música rock e as mulleres, á vez que adquiría un notable prestixio como corredor de bicicross. Pero todo o seu mundo cambiou o día que sostivo por primeira vez a baqueteada guitarra cunha soa corda que atopou escondida no armario da súa avoa. Agora, tras vender máis de 100 millóns de discos con Guns N’Roses e tras gañarse con suor a fama de ser un dos mellores guitarristas do mundo, Slash decidiu contar, por primeira vez, a historia do grupo desde dentro: a súa formación, os anos de penurias, a creación das cancións que definiron unha era, a tolemia do éxito e, en última instancia, o tortuoso e exasperado camiño cara á autodestrución que rematou acabando con eles. Pero esta non é só a historia de Guns N’Roses, senón tamén unha crónica persoal chea de triunfos e traxedias; a dunha vida marcada polo empeño de fuxir dos seus demos, afogándoos en vodka, heroína, cocaína, actrices porno e o que fose que lle saíse ao paso. Slash sobreviviu a todo iso: adiccións, demandas, revoltas, sobredoses, decadencia e destrución, até atopar unha saída na evolución da súa música, desde Snakepit até Velvet Revolver. Slash é todo o que pode esperarse do home, o mito, a lenda: divertido, sincero, fresco e abracadabrante… nunha palabra: excesivo.

Cosas que los nietos deberían saber / Mark Oliver Everett (Blackie Books, 2011)

Mark Oliver Everett, o chamado “Kurt Vonnegut” do rock, líder e cerebro de Eels, banda que Bush intentou prohibir por nociva -cousa que honra polo menos á banda- é fillo do físico cuántico Hugh Everett, que se perdeu na súa propia e notable interpretación dos universos múltiples ata que E, como tamén se coñece ao autor deste libro, atopou o seu cadáver. Así empezaba un ciclo de desgrazas que culmina nunha rara e preciosa autobiografía musical. E é que a desgraza sempre deu mellores historias, e mellores cancións, sobre todo se son de Everett.  Un libro tan único como o xénero da «dysfunctional-americana» que, segundo algunha enciclopedia e como se explica no prólogo deste libro, empeza e termina con iso que a cambiante formación de Eels fixo ao longo de tantos e tan importantes discos. E precioso porque é verdade e porque conmoverá mesmo ao descoidado que non saiba quen é este home. E outro tanto fará pola infortunada que non escoitase xamais un disco da banda pero que, felizmente, aínda está a tempo.

Miles Davis : la biografía definitiva / Ian Carr  (Alba, 2002)

Un gran número de fotografías inéditas e un prólogo de Jimmy Cobb, completan esta apaixonante aproximación á figura do gran Miles Davis. Ashley Kahn convídanos a participar en cada unha das sesións de gravación do emblemático álbum de Miles Davis, Kind of Blue.
Da man do autor, o lector retrocede a 1959 e entra no estudo de gravación para revivir, até no máis mínimo detalle, todo o sucedido en torno ao álbum, un dos máis vendidos na historia do jazz, un clásico que aínda hoxe está nos primeiros postos de todas as tendas de discos.

Bon Scott : camino del infierno : vida y muerte de la primera voz de AC/DC / Clinton Walker  (Global Rhythm Press, 2011)

Podemos dicir sen esaxerar que estamos ante a obra definitiva sobre a ascensión de AC/DC á fama e o descenso de Scott aos infernos, sobre os anos en que a súa carismática presenza e a visceral declaración daquelas letras mixturábase coa imparable forza que irrompía desde as cordas atormentadas polos irmáns Young. Foi entón cando cristalizou un son inconfundible e unha nova maneira de entender o rock. Coa inestimable colaboración de quen tiveron o privilexio de soportar ao biografiado e o ornamento dun material fotográfico apenas coñecido, Walker reconstrúe a sonora epopea da banda seguindo as peripecias vitais do cantante desde o seu (non demasiado) tenra nenez na Escocia que tamén foi berce dos díscolos Young.

Viaje musical por Francia e Italia en el S.XVIII

Viaje musical por Francia e Italia en el siglo XVIIIAcantilado nos presenta una edición de los diarios que Charles Burney fue escribiendo durante el viaje al que hace referencia el título del libro “Viaje musical por Francia e Italia en el S.XVIII” aventura que el músico inglés inició en 1770.

Es asombroso que no se contase antes con una versión en nuestra lengua, sobre todo teniendo en cuenta que la primera publicación data de 1771. Pero no hay mal que por bien no venga porque la traducción y edición en castellano corre a cargo de Ramón Andrés, acreditado estudioso musical y autor de libros referencia en la música del barroco. Andrés no se limita a traducir la publicación antes mencionada, sino que toma las diferentes ediciones existentes, y junto con el manuscrito del diario custodiado en Yale, concibe una narración fluída, que con las valiosísimas notas a pie de página, conforman en realidad una nueva edición.

Charles Burney (Metropolitan Museum image)

Charles Burney (Metropolitan Museum image)

Charles Burney (1726-1814) es una figura clave para comprender la música europea del XVIII, ya que no existe estudio o ensayo musical serio sobre el Barroco que no recurra a él como fuente de información. Fue compositor, organista, clavecinista, productor teatral, erudito musical y escritor. A los 44 años, y después de su doctorado, comienza a viajar por Europa con el fin de escribir su Tratado General de la Música, que constará finalmente de cuatro volúmenes.
Sin embargo, la importancia histórica de este espíritu repleto de inquietudes que fue Burney, no radica tanto en su tratado musicológico como en los diarios que fue escribiendo a lo largo de sus viajes. Éstos son verdaderos testimonios de la situación sociocultural de la Europa del Barroco tardío, y nos permite conocer a figuras históricas relevantes que Burney trató personalmente durante su odisea.
Así, el presente libro en sus casi 500 páginas, nos describe el itinerario de Burney que consta de dieciséis ciudades de Francia e Italia y nos documentan, de manera sencilla y con un estilo directo pero en ningún momento pobre, acerca de la vida de cada una de las localidades. Desde su apariencia, sus costumbres sociales hasta a su situación política y religiosa, a veces convulsa, nada escapa a los curiosos ojos de Burney, con especial atención a los aspectos artísticos y musicales.
Absolutamente deliciosas algunas de las entrevistas de Burney con figuras de gran relevancia en la Europa dieciochesca, como Voltaire, y con alguno de los genios musicales de la historia; es el caso de un joven Mozart de catorce años, con quien el autor se encuentra en Bolonia, definiéndolo como un talento sobrenatural al que ya había visto en Londres.
Su encuentro con Carlo Broshi, el famoso Farinelli, forma ya parte de la historia de la música. El “castrati”, prácticamente retirado en Bolonia con 65 años, relata parte de su vida a Burney, quien a su vez, sentía una gran admiración por él.

La ferviente recomendación del libro que podeis encontrar en nuestras bibliotecas, no es sólo para los amantes de la música, sino que se hace extensible a todos aquellos que disfruten del genero de viajes, Historia o Arte, y a cualquier lector con un mínimo de inquietudes.

 

 

 

Recomendamos música escrita de puño e letra. Parte I

Dende as Bibliotecas Municipais recomendamos unha serie de lecturas moi musicais e especialmente rockeiras para este verán. Todas as obras están dispoñibles no noso catálogo:

Memorias de Neil Young : el sueño de un hippie (Malpaso, 2014)

Infancia esteparia, soño californiano, Buffalo Springfield, Crosby e os seus colegas, Crazy Horse… Ácidos, copas, escándalos, mulleres, acordes inextinguibles, desacordos….Regresos, voltas e revoltas….Esas son as claridades, pero que hai detrás ou debaixo das sombras? Neil Young é unha lenda en exercicio, unha voz cantante escrita de puño e letra (non hai pantasmas por medio) que nos presenta o calidoscópico panorama dunha vida e unha música executadas até a medula, que nos conduce desde as neves de Ontario aos edéns hawaianos pasando polas rúas alucinadas de Los Ángeles nos albores da gran turbulencia. Estamos, pois, ante o «relato definitivo» dunha viaxe obstinadamente inenarrable ou, como afirma un crítico sen dúbida perspicaz, ante «a historia do rocanrol aberta en canle, en primeira persoa e en presente de indicativo».

Fargo rock city : una odisea metalera en Daköta del Nörte / Chuck Klosterman (Es Pop, 2012)

A medio camiño entre as memorias, o ensaio e o estudo antropolóxico, Fargo Rock City é un libro hilarante que narra o auxe e a caída do heavy metal e dalgúns dos grupos máis populares dos anos 80 e 90 (Guns N’ Roses, Poison, Bon Jovi, Def Leppard, Metallica e moitos outros) á vez que recrea as experiencias xuvenís do autor: un fan irredento do metal, nacido en Wyndmere, Dakota do Norte, un lugar no que habitan máis vacas que persoas e no que os temas de conversación habituais son a recollida da colleita, o correcto coidado do gando agropecuario e a secretos da arte de reparar un tractor. Pero aínda que quizais tal contorna non pareza o máis propicio para entregarse en corpo e alma ao rock and roll, houbo un momento na historia da música no que o poder do metal era simplemente imparable e mesmo os páramos xeados de Dakota do Norte vibraban ao compás de KISS e Mötley Crüe. Klosterman, cualificado como «un dos principais críticos culturais de Norteamérica» pola revista Entertainment Weekly e como «o novo Hunter S. Thompson» pola revista People, disecciona con humor e impecable precisión a historia e os trazos básicos do xénero, desvelando todas as súas glorias e miserias.

Vida : memorias / Keith Richards (Global Rythm, 2010)

Asombrando a propios e estraños, Keith Richards escribiu as súas memorias: asombro porque puido (xa que a estas alturas ninguén sospeitaba que ía conservar a vida ou a lucidez suficiente para empuñar o teclado) e asombro porque quixo (xa que os entes satánicos non adoitan acudir ao confesionario). O crítico Nick Kent compendia así a súa imaxe nos anos setenta: «Era o gran lord Byron; era un demente, era un depravado e era perigoso coñecelo». Aquí disípanse varias néboas (transfusións, efusiones, agresións, etc.) e preséntanse finalmente os feitos que o foco da lenda había nubrado: o uso e abuso de sustancias tonificantes ou estupefacientes non adquiridas en farmacias; as variadas discrepancias con autoridades máis ou menos sanitarias; os encontros, desencontros e encontróns con xendarmes de diferentes países.

Los trapos sucios / Mötley Crüe (Es Pop, 2010)

A crónica definitiva dos perigos, os praceres e a decadencia da fama do rock and roll: whisky e actrices porno, pelexas e accidentes de coche, sobredose e morte. Propulsados por todas as drogas que tivesen ao seu alcance e esporeados por cantidades obscenas de alcol, Mötley Crüe son…mulleres corrompidas, habitacións de hotel arrasadas, coches esnaquizados, representantes toleados, ósos rotos e vítimas de diversa consideración. Todos estes feitos e as súas terribles consecuencias forman a espiña dorsal de Los trapos sucios, un libro de referencia tanto para os fans do grupo como para todos aqueles interesados no fenómeno do rock and roll. Narrado persoalmente por Tommy, Mick, Vince e Nikki, con achegas puntuais de compañeiros de viaxe como John Corabi, varios ex representantes e un par de executivos discográficos, Los trapos sucios dista moito de ser un retrato compracente.

Diarios / Kurt Cobain (Mondadori, 2003)

Kurt Cobain, vocalista e compositor do trío Nirvana, suicidouse pegándose un tiro aos vinte e sete anos cando era a estrela do rock máis influente da súa xeración. Desde os anos oitenta até mediados do noventa levou un diario onde plasmou os seus pensamentos máis íntimos. A través da escritura angustiada dun adolescente á exaltación de si mesmo, entre autoanálisis agudos e a representación de estados anímicos cos seus debuxos e garabatos, estes diarios constitúen a mellor biografía de Cobain. E a súa lectura é a maneira máis clara de coñecer e entender a súa vida e a súa morte, tal como explica a nota de suicidio incluída nestas páxinas.

Syd Barrett : el brillo de la ausencia / Rob Chapman (Global Rhythm, 2012)

A mediados de 1972, con apenas vinte e seis anos, a cera que ardía esgotouse definitivamente para Syd Barrett, creador e forza creativa dos primeiros Pink Floyd. Esta é a primeira obra que lle fai xustiza á figura máis excéntrica da música popular británica, e faia conxugando a súa anómala traxectoria vital cun perspicaz estudo das súas achegas tanto sonoras como verbais. Chapman desprega para iso os recordos nunca antes impresos de amigos, colegas, noivas e parentes xunto a un caudal inédito de cartas persoais, diarios e textos inclasificables. Se a ese material de trazas caóticas engadímoslle unha investigación exhaustiva e unha rara capacidade analítica obtemos a historia dunha vida tan elusiva que moitos crían irremediablemente condenada a morrer sen biografía.