Neste verán tan extraño postconfinamento queremos pouco a pouco volver á normalidade e unha desas normalidades é o noso ciclo de verán. Este ano títulado “LE, VIAXA, SOÑA…” e mentras lemos podemos viaxar e soñar acompañados da lista de reproducción que elaboramos para tí e que seguro non che vai a deixar indiferente.
A música ten a capacidade de darnos unha sacudida e espabilarnos cando máis o necesitamos. De feito hai cancións e ritmos que escoitamos e que nos devolven a enerxía de maneira case automática. Hai melodías que según a ciencia teñen os elementos que o noso cerebro necesita para recuperar o ánimo. Calquera melodía que che faga sorrir, que che inspire bailar, bo rollo , ou simplemente che relaxe , vai ser boa para ti. Cando teñas un día gris , convence ó teu humor de que cambie de rumbo con boa música, esa que nos axudou tanto no confinamento.
Música e felicidade están intimamente ligadas, chega o momento de que prepares o cerebro para unha dose de enerxía positiva a través destes temas que recopilamos para ti nesta lista de Spotify.
Faremos un percorrido polos grupos e cantautores da xeografía española, remontaremonos a outras décadas ata chegar á actual, tocando diversos xéneros como pop, indi, alternativa, rap, etc…
Creamos unha lista con temazos tan pegadizos que, sen querer, meteranse na túa mente todo o día e non poderás evitar cantaruxar e bailar coma “Tigre de Bengala” de Xoel López, unha canción do máis alegre e que dá nome ó seu novo álbum , pasando polos grupos miticos do pop dos 80 como Los Piratas, Radio Futura, Seguridad social,Heroes del Silencio…. Recordamos a Pau Donés coa a súa derradeira canción “Eso que tu me das” e non pode faltar irmos de “Verbena” con Novedades Carminha. Sacudiremos os nosos medos con Rosana Arbelo “Sin miedo” e tamén nos engancharemos á vida con Guadi Galego “Chea de Vida”
Desexamos que esta lista sexa a vosa compañeira do verán e vos faga pasar un intre divertido co que bailar ou quizais relaxarvos, en definitiva que sexa capaz de transportarvos alí onde queirades, da primeira á última das cancións
Non queremos deixar que remate xaneiro sen facer na Lista de Reprodución un repaso polos discos máis prestados ao longo do 2019 na Biblioteca Fórum. Desta volta, penso, a lista non vai deixar indiferente a ninguén , pois o resultado é do máis ecléctico.
O resultado amosa que o que está de actualidade funciona e ten razón de ser. Falamos de Rosalía a flamante gañadora do Grammy ao mellor disco latino de rock, urbano ou alternativo, polo seu álbum El mal querer. Sen embargo o seu álbum debut Los Ángeles é o que figura entre os máis prestados. Se por algo se caracteriza a catalana é polo seu bo facer á hora de mesturar polas raíces españolas co seu interese pola fusión urbana. Dende aquí ben que nos alegramos polo logro aínda que se quedou ás portas do outro premio ao que optaba, o de mellor artista novo que foi a parar a mans da gran triunfadora da noite, a americana Billie Eilish.
Moi de preto atopamos aos madrileños Izal. O grupo formado aló polo 2010 son todo un garante de éxito en canto a cheo absoluto nos seus concertos. Iso foi precisamente o que aconteceu en febreiro do 2019 no Coliseum coruñés cando deu comezo a súa xira Autoterapia e onde o grupo fixo cantar e bailar aos máis de 7000 seguidores que encheron as bancadas. Autoterapia é sen dúbida un traballo no que Izal busca profundizar nos sentimentos e aínda que a crítica non os acompañe demasiado acusándoos de frases fáciles non serei eu quen lle reste un chisca do éxito acadado.
E non saimos de Madrid porque tamén temos que falar de Morgan,
O grupo madrileño, que causa sensación entre o público, a crítica especializada e a industria musical, e do que hai un par de semanas poidemos desfrutar do seu directo na cidade. Despois de demostrar en festivais como o Sonorama Ribera ou o Mad Cool, onde tocaron na súa primeira edición como grupo emerxente volverono facer en O Son do Camiño de Santiago de Compostela, nun dos escenarios grandes como banda consolidada. Actualmente atópanse percorrendo de novo o país presentando o seu novo traballo Air, con entradas xa esgotadas en Alacante ou na capital, onde tiveron que habilitar unha segunda data para este decembro.
A lista dos máis prestados complétase con nomes coma o de Xoel López co seu disco Paramales. O álbum encerra unha amálgama de sons que foi absorbendo de todos os lugares que visitou. Un disco arriscado en canto a sons e letras. Pero se nos temos que decantar por unha canción esa é Almas del Norteque soa a que todo é posible. Unha canción “nostálxica”, rebosante de alusións e xogos de palabras, que tenta recuperar o espírito das noites nas que se bailaba ata o amencer.
Ata aquí todo moi na liña, pero o cambio chega con nomes coma o de Mocedades, Gloria Lasso, Los Panchos ou a mesmísima Rocío Dúrcal que acada un dos primeiros postos en canto a número de préstamos. E polo que a min respecta non me pode gustar máis esta mestura de estilos porque isto non é máis ca o fiel reflexo dos gustos musicais dos nosos usuarios e usuarias, e é a eles a quen nos debemos e para quen confeccionamos as nosas listas de reprodución.
Non falta tampouco música máis da terra con artistas do talle de Luar na Lubre, Leilía ou Xabier Díaz. Aquí vos deixamos coma sempre a Lista ao completo que de seguro vos vai seguir sorprendendo. E lembra que todos os discos están dispoñibles para o préstamo, podes consultar antes a súa dispoñibilidade.
Rocío Dúrcal – Por siempre, Mocedades Antología – Sus 30 mejores canciones, Mamma Mia! – The movie soundtrack… , Shakira – Servicio de lavandería, 100 años de bolero – Vol. 1…, Aquellos maravillosos 50, Radio Futura – Veneno en la piel , Luar na lubre – Extra : mundi, Leilía – Consentimento , Carlos Núñez – Mayo longo, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre – The tambourine man, Patti Smith – Horses, Sia – This is acting deluxe edition, Rozalén – Cuando el Río Suena, Rosalía – Los Ángeles, Iván Ferreiro – Cena Recalentada, Morgan – Air, The Rolling Stones – Grrr!, Izal – Autoterapia, Xoel López – Paramales
Como cada comezo de ano toca facer balance e se a prensa especializada se fai eco do mellor do 2018, nós non iamos ser menos e facemos tamén recopilación dos mellores artistas dos que contamos cos seus discos.
A lista de discos nacionais que valen a pena é extensa pero é evidente que 2018 foi o ano deRosalía.El mal querer(2018) eríxese neste exercicio en número un por unha avalancha de votos. Composto pola cantante e co-producido xunto a El Guincho, o disco presenta un son distintivo e único que mestura as influencias do flamenco clásico da súa herdanza con sons urbanos modernos.
Na Biblioteca contamos co seu anterior traballo Los ángeles (2016-2017) que foi sexto mellor disco nacional para Mondo Sonoro.O obxectivo de Los Ángeles, segundo comenta a moza catalá de vinte e tres anos, pasaba por render unha homenaxe ao flamenco. Con Los Ángeles, Rosalía postúlase como a cantaora contemporánea que mellor entendeu os tempos que corren: capaz de colaborar con C. Tangana.
Seguimos coa lista dos nacionais e seguimos con letras en maiúsculas porque falamos de Zahara. A artista de Úbeda consegue manter a súa esencia pese a unha clara evolución de son. O cambio xa se aprecia con Santa (G.O.Z.Z., 2015) pero culmínao con Astronauta,un traballo coidado ata o máis mínimo detalle. Acanción máis coñecida do disco é Hoy la bestia cena en casa pola súa recente condición himno feminista. Zahara xa conquistou España cunha dobre cita na sala madrileña, La Riviera na que presentou o seu último álbum con dous sold out nos que se coroa como unha das cantautoras de máis éxito no noso país.
Na nosa lista recordamos Con las ganas, do seu primeiro disco La fabulosa historia de …
O seguinte artista do que falamos, non exento de polémicas, poidemos desfrutalo recentemente na cidade, nun concerto o pasado mes de decembro no Teatro Colón. Falamos de El niño de Elche, cantaor multidisciplinar e exflamenco, que soubo xuntar nas súas variadas propostas artísticas xéneros ou disciplinas como o flamenco, a electrónica, a literatura, a performance, a poesía fonética, o rock, a canción de autor ou a música contemporánea, entre outras. Indifirente non deixa a ninguén co seu último traballo Antología del cante flamenco heterodoxo. Como o seu propio nome evidencia, isto non é un disco, senón unha “antoloxía”. El niño de Elche volve poñer o flamenco patas para arriba nesta antoloxía heterodoxa de 27 pezas que reinventan os distintos paos do xénero. Saetas, fandangos, tanguillos… transfórmaas en “crebacabezas sonoros” coa axuda da electrónica, o descaro do rock e a personalidade da canción de autor. Dentro do mellor dos discos internacionais falamos de “7” o sétimo álbum de estudo da banda estadounidense Beach House , lanzado o 11 de maio de 2018, a través de Sub Pop. “7” recibiu aplausos dos críticos musicais, que eloxiaron a natureza aventureira do disco e a consistencia da banda, con algúns chamándoos o mellor álbum do dúo ata a data. Se ben é certo que Beach House é un deses grupos que se caracterizou sempre por ter máis conexión coa crítica ca co público maioritario da música alternativa. Pero sexa como for, “7” segue soando a Beach House pero o compoñente electrónico neste traballo é moito máis evidente ca en álbumes anteriores.
Na Lista incluimos Bloom, o cuarto álbum de estudo do dúo, lanzado no 2012 que foi clasificado por moitos críticos como un dos mellores álbumes do ano.
Os ingleses Artic Monkeys meténse tamén na lista. Despois de cinco anos na sombra chegan con Tranquility Base Hotel & Casino. Considerada unha das bandas máis importantes do rock alternativo británico, o de Artic Monkeys é un dos regresos máis esperados. No seu último traballo o grupo liderado por Álex Turner prescindiu da vea máis rockeira que os caracterizou máis de dous lustros. A evolución do seu son derivou nunha gama máis coidada e tranquila, chegando incluso a prescindir das guitarras algo que non gustou a todos. Para outros a evolución foi mellor recibida chegando incluso a comparalos con David Bowie.
Isto foi só un aperitivo, a lista segue, deixámosvola aquí ao completo, e non esquezades pasar pola Biblioteca Fórumpara poder desfrutar dos discos ao completo.
Mala Rodríguez –Malamarismo. Novedades Carminha – Juventud infinita. Niño de Elche – Antología del cante flamenco heterodoxo . Zahara – La fabulosa historia de …. María Rodés – Una forma de hablar. Rosalía – Los Ángeles. Sés – Opoñerse á extinción . Rozalén – Cuando el río suena. Russian Red & Depero – Perfect Time. Nacho Vegas – Resituación. Queens of the Stone Age – Like Clockword. Artic Monkeys – Whatever people say I am, that´s what I´m not. Andrés Calamaro – ’81-’91. Eminem – The marshall mathers LP. Van Morrison – Days like this. Christina Rosenvinge – Foreign land. Beach House – Bloom. Mark Lanegan Band – Blues Funeral. The National – High Violet. Mumford & Sons – Babel