Le, viaxa, soña…

Neste verán tan extraño postconfinamento queremos pouco a pouco volver á normalidade e unha desas normalidades é o noso ciclo de verán.  Este ano títulado “LE, VIAXA, SOÑA…” e mentras lemos podemos viaxar  e soñar acompañados da lista de reproducción que elaboramos para tí e que  seguro non che vai a deixar  indiferente.

 A música ten a capacidade de darnos unha sacudida e espabilarnos cando máis o necesitamos. De feito hai cancións e ritmos que escoitamos e que nos devolven a enerxía de maneira case automática. Hai melodías que según a ciencia teñen os elementos que o noso cerebro necesita para recuperar o ánimo. Calquera melodía que che faga sorrir, que che inspire bailar, bo rollo , ou simplemente che relaxe , vai ser boa para ti. Cando teñas un día gris , convence ó teu humor de que cambie de rumbo con boa música, esa que nos axudou tanto no confinamento.

Música e felicidade están intimamente ligadas, chega o momento de que prepares o cerebro para unha dose de enerxía positiva a través destes temas que recopilamos para ti nesta lista de Spotify.

Faremos un percorrido polos grupos e cantautores da xeografía española, remontaremonos a outras décadas ata chegar á actual, tocando diversos xéneros como pop, indi, alternativa, rap, etc…

Creamos unha lista con temazos tan pegadizos que, sen querer, meteranse na túa mente todo o día e non poderás evitar cantaruxar e bailar coma “Tigre de Bengala” de Xoel López, unha canción do máis alegre e que dá nome ó seu novo álbum , pasando polos grupos  miticos do pop dos 80 como Los Piratas, Radio Futura, Seguridad social, Heroes del Silencio…. Recordamos a Pau Donés coa a súa derradeira  canción “Eso que tu me das” e non pode faltar irmos de “Verbena” con Novedades Carminha. Sacudiremos os nosos medos con Rosana Arbelo “Sin miedo” e tamén nos engancharemos á vida con Guadi Galego “Chea de Vida”

 

Desexamos que esta lista sexa a vosa compañeira do verán e vos faga pasar un intre divertido co que bailar ou quizais relaxarvos, en definitiva que sexa capaz de transportarvos alí onde queirades, da primeira á última das cancións

Dalle ao play e que empece a soar a música!!!

 

 

Lista Reprodución Fórum: voces de muller II

A Lista deste mes dedicámoslla ás voces femininas. E é que co Día Internacional da Muller ao virar a esquina, que mellor que lembrar ás cantautoras, intérpretes, compositoras e instrumentistas que día a día continúan loitando por abrirse camiño no mundo da música, ou a aquelas que o fixeron no seu día.

Comezamos coa actriz, cantante e compositora rumano-nixeriana Joy Olasunmibo Ogunmakin, coñecida como Ayo (traducción yoruba de Joy). Con quince anos escribiu o seu primeiro tema, que lle axudou a lidiar coa súa traumática infancia (pasou tempadas en fogares de acollida e centros de protección de menores). O seu gusto musical foi influenciado polo seu pai, DJ a tempo parcial, que admiraba a Pink Floyd, Fela Kuti, Donny Hathaway, Jimmy Cliff ou Bob Marley.

Durante o tempo que viviu en París o seu talento musical foi descuberto polo público. Comezou a dar concertos en solitario e asinou un contrato con Polydor. No seu primeiro álbum, Joyful (2006), canta, toca a guitarra e o piano. Deste traballo, grabado en 5 días, case en directo, destacamos Life is Real.

Dende 2009 colabora con UNICEF para promover o dereito á educación dos nenos de todo o mundo.

Considerada unha das grandes voces do Rhythm & Blues, a estadounidense Etta James tampouco tivo unha vida fácil. Iniciou a súa carreira en 1954 e tivo que enfrontarse a unha serie de problemas persoais (adicións, abuso físico e ata cárcere), antes do seu retorno musical a finais dos 80.

El 1960 lanzou  At Last!, o seu primeiro álbum de estudo. Incluía unha variada selección de música, como o tema que deu nome ao disco, escrito en 1941 por Mark Gordon e Harry Warren para a película musical Orchestra Wives, e que James versionou converténdoa nun dos seus grandes éxitos. Algo que tamén ocurriu con Trust in Me (1937), de Ned Wever, Milton Ager e Jean Schartz, que popularizara Mildred Bailey.

Compositora e cantante, a catalana María Rodés ten publicados traballos tanto como solista, como colaboracións noutros proxectos musicais, como Oniric, xunto a Andy Poole

Fiel consigo mesma, fai a música que lle gusta, como os artistas que admira. Una forma de hablar, o seu primeiro traballo en solitario (2010), tivo unha boa acollida, tanto pola prensa, como polo publico, o que lle permitiu facer unha xira por todo o país. Once temas nos que escapa dos tópicos e canta, nunha linguaxe cercana e directa, sobre sensacións moi recoñecibles (o medo, o descoñecido, etc.), contando historias cotiás. Salientamos Invisible.

Cantautora e compositora, a albaceteña Rozalén con 14 anos comezou a compoñer os seus primeiros temas, dando o seu primeiro concerto con 16 anos.  Coñecida polo seu compromiso social, cos seus temas defende os dereitos das minorías e os máis desfavorecidos.

A súa música está dirixida a todo o mundo sen exclusión, e é que en todos os seus concertos a acompaña Beatriz Romero, intérprete de lingua de signos e guía intérprete de persoas sordo-cegas.

Cuando el río suena… (2017) é o seu último traballo, e tamén o máis persoal, xa que conta historias propias e da súa familia. La puerta violeta é un himno contra as agresións machistas. O vídeo musical, filmado na Serra do Segura tralo incendio do pasado verán, representa o calvario dos malos tratos.

Aquí tedes a Lista de Reprodución ao completo. Agardámosvos na Biblioteca Fórum, onde atoparedes os discos dos temas seleccionados. 

Alba María Cabaleira. Anni B Sweet Motorway. Aroah The Lonely Drunk. AyoLife is real. Blondie Maria. Chavela VargasLa llorona. Dee Dee Bridgewater Afro Blue. Diana Ross & The Supremes You Can´t Hurry Love. Etta James – Trust In Me. Fiona Apple Every Single Night. Guadi Galego Eu a vin. Hindi Zahra Beautiful Tango. Kylie MinogueFlower. Maria Rodés Invisible. Mary O’Hara Oro Mo Bhaidin. Mina Il cielo in una stanza. NajwaJean Crime. Norah Jones Flipside. Rozalén La puerta violeta Russian Red – I Hate You But I Love You.