Le, viaxa, soña…

Neste verán tan extraño postconfinamento queremos pouco a pouco volver á normalidade e unha desas normalidades é o noso ciclo de verán.  Este ano títulado “LE, VIAXA, SOÑA…” e mentras lemos podemos viaxar  e soñar acompañados da lista de reproducción que elaboramos para tí e que  seguro non che vai a deixar  indiferente.

 A música ten a capacidade de darnos unha sacudida e espabilarnos cando máis o necesitamos. De feito hai cancións e ritmos que escoitamos e que nos devolven a enerxía de maneira case automática. Hai melodías que según a ciencia teñen os elementos que o noso cerebro necesita para recuperar o ánimo. Calquera melodía que che faga sorrir, que che inspire bailar, bo rollo , ou simplemente che relaxe , vai ser boa para ti. Cando teñas un día gris , convence ó teu humor de que cambie de rumbo con boa música, esa que nos axudou tanto no confinamento.

Música e felicidade están intimamente ligadas, chega o momento de que prepares o cerebro para unha dose de enerxía positiva a través destes temas que recopilamos para ti nesta lista de Spotify.

Faremos un percorrido polos grupos e cantautores da xeografía española, remontaremonos a outras décadas ata chegar á actual, tocando diversos xéneros como pop, indi, alternativa, rap, etc…

Creamos unha lista con temazos tan pegadizos que, sen querer, meteranse na túa mente todo o día e non poderás evitar cantaruxar e bailar coma “Tigre de Bengala” de Xoel López, unha canción do máis alegre e que dá nome ó seu novo álbum , pasando polos grupos  miticos do pop dos 80 como Los Piratas, Radio Futura, Seguridad social, Heroes del Silencio…. Recordamos a Pau Donés coa a súa derradeira  canción “Eso que tu me das” e non pode faltar irmos de “Verbena” con Novedades Carminha. Sacudiremos os nosos medos con Rosana Arbelo “Sin miedo” e tamén nos engancharemos á vida con Guadi Galego “Chea de Vida”

 

Desexamos que esta lista sexa a vosa compañeira do verán e vos faga pasar un intre divertido co que bailar ou quizais relaxarvos, en definitiva que sexa capaz de transportarvos alí onde queirades, da primeira á última das cancións

Dalle ao play e que empece a soar a música!!!

 

 

Ruxe Ruxe en concerto

A sala Capitol de Compostela acolle mañá sábado 12 de abril a presentación de Némesis, o último traballo  e o máis experimental dos 8 oito que levan ás costas os Ruxe Ruxe, nun concerto no que os de Aríns estarán acompañados de Biribirlocke e que presentará Josito Porto.

ruxe-ruxe nemesis

Os Ruxe  (Vituco Neira, Xan Pericán, Miguel Duarte, Xaco Barona, Carlos Freire e Mahi, batería de Lady Chatarra que estará a substituír a Sevilla mentres o lombo deste se recupera ) son un dos grupos máis significativos do panorama musical galego na actualidade. Levan anos patentando o son punk-folk non só por Galicia senon por fóra das nosas fronteiras tamén. Nas súas letras son capaces de mesturar en perfecto equilibrio a tradicion do país con aspectos sociais reivindicativos. O seu tono de denuncia en moitos casos achegounos a un publico xuvenil tanto do eido rural coma das grandes cidades.

O grupo xorde na aldea de Aríns, preto de Compostela, formado por un grupo de rapaces amigos da escola, alá polo ano 1996 que dan o seu primeiro concerto nun pub, medio enganados xa que daquela nin sequera lle tiñan nome ao grupo. Como bandas influíntes sinalan as clásicas The Clash ou Mano Negra asi como os míticos Diplomáticos de Monte Alto ou os Zenzär.

A etiqueta punk serve para encasillalos como grupo creativo, sempre con ideas, con balas na recámara e con novas metas. Os Ruxe Ruxe seguen coa mesma ilusión que tiveron sempre, despois de 18 anos de existencia, falando do cotián, do que ven, do que lles presta e tamén daquelo que lle interesa ao seu público. Un público que cada vez se fai máis novo nas primeiras filas dos concertos.

Némesis é un traballo conceptual que repasa a historia dalguén que esperta no medio dunha terceira guerra mundial que se manifesta na forma de crise económica. Tres actos nos que se repasan o crime, a corrupción, a rebelión e a falta de saídas. E conta con colaboracións especiais coma a de Esteban dos Falperrys e Skacha e máis Bocixa de Zënzar, que xa saíra no disco anterior e a das pandereteiras Bouba que colaboran nun par de cancións.

Así que se gustas aínda estás a tempo de velos en directo, a cita mañá sábado na compostelá Sala Capitol, despois non digas que non avisamos. Como diría Vituco

“nós sempre estamos preparados para o rock and roll”

E lembra que nas Bibliotecas Municipais podes atopar moita da súa discografía. Consulta a súa dispoñibilidade no noso catálgo

catalogo