Coruña Sonora: programación musical outubro

Coruña Sonora é un circuito musical, “unha aposta pola promoción dos grupos de música locais compostos polos xóvenes de entre 18 e 30 anos”

O circuito ofrece unha programación trimestral  de concertos de grupos locais en salas da cidade con entrada libre e gratuita, unha aposta do Concello de A Coruña para promocionar os bandas de música locais.

Os  grupos que tocarán nas salas coruñesesas saíron dun concurso onde un xurado seleccionou a 12 bandas, que ofrecerán os seus concertos entre os meses de setembro e  novembro, en actuacións dunha 1 hora.

Os concertos comenzarán todos a partir das 22:00 horas

Coruña Sonora octubre

Locais onde se celebrarán os concertos

Concertos de otubro

  • 2 de outubro –  Tanit – Sala Mardigrás
  • 9 de outubro – La Dance – Le Club
  • 16 de outubro – Bourbon Queen – Le Club
  • 23 de outubro – A New Heaven Arise- Le Club
  • 30 de outubro – Say My Name- Le Club

Tanit

Tanit é un grupo de rock alternativo creado en Coruña no 2013, fundado inicialmente por Tomás, Nico e Víctor os que se incorporaron recentemente  Juan, como guitarrista e cantante, para a gravación de novos temas.

Esta banda coruñesa parte dende estilos distintos tratando de crear un grupo de rock alternativo cun son fresco e innovador que se traduce nun repertorio heteroxéneo e persoal.

La Dance

A Dance, é un proxecto musical que nace na Coruña, a finais do ano 2009, baseado na autoxestión e plena independencia creativa.

Destaca o tratamento persoal das voces e os coros, as melodías van mostrando e despregando as distintas cancións, xogan coa dinámica e evolucionan sen medo cara a distintos estados sonoros se o tema así o require, desprovistos de calquera estrutura preconcibida. A espontaneidade que caracteriza música e letra oscila entre pasaxes escuras e introspectivas, ritmos eléctricos e formatos nus, acústicos e directo.

Discos

O son de La Dance cristaliza a principios de 2012 en Noites vermellas de Ljubljana, once cancións para o seu primeiro traballo que debuxan perfectamente ese dinamismo sonoro e que neste disco se sustenta nunha base máis acústica e íntima.

Publicado en 2014 Ciclosférico supón un disco máis ecléctico e electrónico no que prima máis o eléctrico que o acústico.

Ciclosférico destaca polo seu contido cíclico, como o seu propio nome indica, tanto polas pasaxes que se exploran nas súas letras, coma pola orquestración e ritmo das súas melodías.

Bourbon Queen 

Din que a música que escoitas na túa adolescencia é a que te marca de por vida. Ésta é a premisa pola que se rixen J. Adrían e J. Crego, fundadores desta banda coruñesa. Consolidados mais adiante como quinteto coa incorporación e J. Diaz ás catro cordas, e posteriormente con Alber eBrais ,sus directos son puro lume. En 2011 fúndase Bourbon Queen
En 2013 gravar un EP que terá como nomee “Blood rock and Tears“.
Tras a publicacion deste Ep saíron á luz numerosas publicacións en revistas de tirada nacional como “Popular 1”, “Ruta 66”, “Eleven Rock Magazine“… gavando o traballo e esforzo de Bourbon Queen. 
Bourbon Queen compartiu cartel con bandas como Madness, Moneyfor Rope, Leiva, Sidecars, Schoot Biram, Soulbreaker Company……

.

A New Heaven Arise

A New Heaven Arise, banda de metal  dun grupo de rapaces que levan tocando xuntos dende 2009, pero estiveron involucrados no mundo da música moitos anos xa que a maioría deles están actualmente a realizar estudos musicais no Conservatorio Superior de Música (Batería de jazz, composición, clarinete…)

Discos 

Durante estes catro anos gravaron unha demo (antigua formación -2009), un EP, Pillars -2011, e un LP Birth Chamber -2012

Say My Name

Banda de Pop rock formada por : Andrea de Artaza,  Dani Vaamonde, Jorge Salgado Valeria Rubal, y  Tomás Loroño

Twitter:@saymynameband
Instagram: @saymynameband
Facebook: Say my name Coruña

 

Máis información: 

 

Advertisements

Coruña Sonora: un circuito de promoción de grupos locais

Coruña Sonora é un circuito musical, “unha aposta pola promoción dos grupos de música locais compostos polos xóvenes de entre 18 e 30 anos”

O circuito ofrece unha programación trimestral  de concertos de grupos locais en salas da cidade con entrada libre e gratuita, unha aposta do Concello de A Coruña para promocionar os bandas de música locais.

Os  grupos que tocarán nas salas coruñesesas saíron dun concurso onde un xurado seleccionou a 12 bandas, que ofrecerán os seus concertos entre os meses de setembro e  novembro, en actuacións dunha 1 hora.

Os concertos comenzarán todos a partir das 22:00 horas

Coruña Sonora

Locais onde se celebrarán os concertos

Concertos de setembro

La Senda de Afra 

Sheila Orro, Ezequiel Caramñes, Patricia Insua e Olalla Ferga son os integrantes da banda coruñesa La Senda de Afra Cun son pop rock melódico o grupo daba os seus primeiros concertos no ano 2009, data da súa formación.

Ao longo destes cinco anos, foron gañadores de importantes concursos de bandas nove os como o Nordés dos 40 Principais, así como a primeira final do Noroeste Pop Rock 2014.

La Senda de Afra foi o primeiro disco honóminmo ao que non tardou en seguir o seu segundo disco no mercado Nuestro Secreto . Este traballo pódese encontrar á venda en Discos Portobello” (Rúa Cega nº3, zona San Andrés/Panadeiras) e no estudo de tatuaxes “ZINK TATTOO SS” (Rúa da División Azul n.º 9, zona Juan Florez)

Bicho é un dos singles deste segundo traballo Nuestro Secreto 

Insolvents

É unha banda coruñesa de Rock-Pop que nace en  2012  formada por  Álvaro (Guitarra y voz) Fran (Guitarra) Chapata (Baixo) e  Steven (Batería). Despierta  foi o seu tema de lanzamento gravado nos estudos de Paz &Records

En verán de 2012 e coincidindo coas festas da coruña realizan o seu primeiro concerto teloneando a Jacobo Paz.

En 2013 esta nova banda lánzase á gravación do seu primeiro Ep titulado  Sin mala intención

The Ice Road

Esta banda de hard rock  nace hai tres anos  con Sokie Nieto Esteban Vázquez Pablo Fonteboa Carlos Rodríguez Manuel Casares realizaron covers de AC/DCLed Zeppelin e Deep Purple entre outros, ademáis de temas propios baixo o nome de Rockers in Black

Todo empezou cando a Carlos e a Manuel se lles ocorreu a idea de montar unha banda tributo aos seus ídolos, AC/DC. Un par de anuncios en tendas de música e nas redes sociais atraeron a atención de Esteban e Pablo, que pasaron a formar parte da recén creada banda no verán de 2011. Lida completou o quinteto en novembro dese mesmo ano.

Un ano mais tarde, en 2012 e trala actuación na Sala Túnel do Coliseum da Coruña a banda comenzou unha nova etapa co actual nome  The Ice Road

Máis información: