Concerto gratuito A Música da Coruña en Homenaxe a Sito Sedes

O domingo 9 de decembro, ás 20:30 h. no Teatro Colón, haberá unha Homenaxe á figura de Sito Sedes, organizada pola Concellaría de Culturas, Deporte e Coñecemento, que contará ademáis coa participación da Orquestra Los Satélites e a Garufa Blue Devils Big Band, entre outros.

A Música da Coruña en Homenaxe a Sito Sedes

Sito Sedes -xunto co seu mestre, Pucho Boedo- é a máis alta expresión da escola da canción coruñesa. Sito Sedes é un mito da música galega. Unha voz elegante, preciosista. Para moitas xeracións, sinónimo de verdadeira emoción dende o alto do palco da festa.
Sempre quixo ser cantante. E culminou ese soño –felicidade total- na orquestra das orquestras: Os Satélites.
Criouse en Sillobre (e quéreo moito). Mais a súa forma de interpretar, a súa estética, está plenamente identificada con esta cidade.
Era ben tempo de lle entregar unha gran aperta colectiva de cariño a quen tanta beleza nos ten regalado.

O acto que leva por título “A Música da Coruña en Homenaxe a Sito Sedes” é libre e de balde. Para o acceso precísase a reitrada dos convites no Kiosco da Praza de Oursense, a partir do luns, 3 de decembro, de luns a venres (agás festivos) en horario de 9:30 a 13:00h e de 16:30 a 19:30 h, e tamén na taquilla do Teatro Colón, os días de función, unha hora antes do comezo dos espectáculos. Facilitarse catro entradas por persoa.

Advertisements

100 anos da gran Verbena Popular en Maria Pita: Cedrón, Lodeiro y Sedes

O 5 de agosto de 1913 na praza de María Pita tiña lugar a gran verbena popular que, segundo a prensa da época, supuxo a inauguración deste espazo público aberto no século XIX pero infrautilizado debido ás obras do porto e do Palacio Municipal.

Nunha guía de festas dese ano, dispoñible na Biblioteca de Estudos Locais, podemos ver o anuncio do evento:

Muller ollando unha guia de festas da cidade da Coruña de 1913Guia de festas da cidade da Coruña de 1913_1_1Gran Verbena Popular en Maria Pita

Hoxe xustamente cumprense 100 anos e para festexalo, este 5 de Agosto ás 22.00 horas na mesma praza, Rosa Cedrón, Sito Sedes e Paco Lodeiro celebraran A Verbena dos 100 anos: Cantando a Galicia”acompañados por unha orquestra de cinco músicos, únense para a recuperación da verbena clásica galega e interpretarán temas de onte e de sempre nunha xornada moi especial, abarcando dende os clásicos máis recoñecidos como “Lela” ou “Aí vén o Maio“, ata temas de Los Tamara e Los Satélites e de autores como Andrés do Barro, Ana Kiro ou Xil Ríos.

Rosa Cedron, Sito Sedes, Paco Lodeiro Cantando a Galicia

Haberá boleros, pasodobres e cha-cha-chá. Sen dúbida, a recuperación do baile como elemento condutor das verbenas será un dos retos deste primeiro Cantando a Galicia.

Rosa Cedrón, Sito Sedes e Paco Lodeiro, son tres referentes musicais da nosa terra que se reuniron para dar forma ao primeiro proxecto de Cantando a Galicia, que inclúe un disco homónimo que saíu á venda o pasado 15 de xuño.