Lista Reprodución Fórum: Os mellores do 2018

Como cada comezo de ano toca facer balance e se a prensa especializada se fai eco do mellor do 2018, nós non iamos ser menos e facemos tamén recopilación dos mellores artistas dos que contamos cos seus discos.

A lista de discos nacionais que valen a pena é extensa pero é evidente que 2018 foi o ano de Rosalía.  El mal querer (2018) eríxese neste exercicio en número un por unha avalancha de votos. Composto pola cantante e co-producido xunto a El Guincho, o disco presenta un son distintivo e único que mestura as influencias do flamenco clásico da súa herdanza con sons urbanos modernos.

Na Biblioteca contamos co seu anterior traballo Los ángeles (2016-2017) que foi sexto mellor disco nacional para Mondo Sonoro.O obxectivo de Los Ángeles, segundo comenta a moza catalá de vinte e tres anos, pasaba por render unha homenaxe ao flamenco. Con Los Ángeles, Rosalía postúlase como a cantaora contemporánea que mellor entendeu os tempos que corren: capaz de colaborar con C. Tangana.

Seguimos coa lista dos nacionais e seguimos con letras en maiúsculas porque falamos de Zahara. A artista de Úbeda consegue manter a súa esencia pese a unha clara evolución de son. O cambio xa se aprecia con Santa (G.O.Z.Z., 2015) pero culmínao con Astronauta,  un traballo coidado ata o máis mínimo detalle. Acanción máis coñecida do disco é Hoy la bestia cena en casa pola súa recente condición himno feminista. Zahara xa conquistou España cunha dobre cita na sala madrileña, La Riviera na que presentou o seu último álbum con dous sold out nos que se coroa como unha das cantautoras de máis éxito no noso país.

Na nosa lista recordamos Con las ganas, do seu primeiro disco La fabulosa historia de

O seguinte artista do que falamos, non exento de polémicas, poidemos desfrutalo recentemente na cidade, nun concerto o pasado mes de decembro no Teatro Colón. Falamos de El niño de Elche, cantaor multidisciplinar e exflamenco, que soubo xuntar nas súas variadas propostas artísticas xéneros ou disciplinas como o flamenco, a electrónica, a literatura, a performance, a poesía fonética, o rock, a canción de autor ou a música contemporánea, entre outras. Indifirente non deixa a ninguén co seu último traballo Antología del cante flamenco heterodoxoComo o seu propio nome evidencia, isto non é un disco, senón unha “antoloxía”. El niño de Elche volve poñer o flamenco patas para arriba nesta antoloxía  heterodoxa de 27 pezas que  reinventan os distintos paos do xénero. Saetas,  fandangos, tanguillos… transfórmaas en “crebacabezas sonoros” coa axuda da electrónica, o descaro do rock e a personalidade da canción de autor. Dentro do mellor dos discos internacionais falamos de “7” o sétimo álbum de estudo da banda estadounidense Beach House , lanzado o 11 de maio de 2018, a través de Sub Pop. “7” recibiu aplausos dos críticos musicais, que eloxiaron a natureza aventureira do disco e a consistencia da banda, con algúns chamándoos o mellor álbum do dúo ata a data. Se ben é certo que Beach House é un deses grupos que se caracterizou sempre por ter máis conexión coa crítica ca co público maioritario da música alternativa. Pero sexa como for, “7” segue soando a Beach House pero o compoñente electrónico neste traballo é moito máis evidente ca en álbumes anteriores.

Na Lista incluimos Bloom, o cuarto álbum de estudo do dúo, lanzado no 2012 que foi clasificado por moitos críticos como un dos mellores álbumes do ano.

Os ingleses Artic Monkeys meténse tamén na lista. Despois de cinco anos na sombra chegan con Tranquility Base Hotel & Casino. Considerada unha das bandas máis importantes do rock alternativo británico, o de Artic Monkeys é un dos regresos máis esperados. No seu último traballo o grupo liderado por Álex Turner prescindiu da vea máis rockeira que os caracterizou máis de dous lustros. A evolución do seu son derivou nunha gama máis coidada e tranquila, chegando incluso a prescindir das guitarras algo que non gustou a todos. Para outros a evolución foi mellor recibida chegando incluso a comparalos con David Bowie.

Isto foi só un aperitivo, a lista segue, deixámosvola aquí ao completo, e non esquezades pasar pola Biblioteca Fórum para poder desfrutar dos discos ao completo.

Mala Rodríguez –Malamarismo. Novedades Carminha – Juventud infinita. Niño de Elche  –  Antología del cante flamenco heterodoxo  . Zahara – La fabulosa historia de …. María Rodés – Una forma de hablar. Rosalía – Los Ángeles.  Sés – Opoñerse á extinción . Rozalén – Cuando el río suena.  Russian Red & Depero – Perfect Time. Nacho Vegas – Resituación. Queens of the Stone Age – Like Clockword.  Artic Monkeys –  Whatever people say I am, that´s what I´m not. Andrés Calamaro – ’81-’91. Eminem – The marshall mathers LP.   Van Morrison – Days like this. Christina Rosenvinge – Foreign landBeach House – Bloom. Mark Lanegan Band – Blues Funeral. The National  –  High Violet. Mumford & Sons – Babel

Lista Reprodución Fórum: retorno a 2017

Comezamos o ano co 2017 moi presente, e é que para a Lista deste mes fixemos unha pequena escolma dos traballos que chegaron á Biblioteca Fórum ao longo do mesmo para que non vos perdades nada. Unha lista moi variada con música heavy, pop, hip hop, electrónica, etc., e con artistas de aquí como Nashgul ou Brais Morán; e outros de fora como Korn ou The Drums.

En 1980 Brath innovou o folk galego ao incorporar instrumentos ata entón reservados para o rock, como a batería ou a guitarra eléctrica. Abriron así un camiño que seguirían a maioría dos grupos españois. Nos seus temas mesturan música celta con pop, música africana, árabe, etc. Enxebre, o seu último álbum, volve a mirada ás tradicións e mitos, como no caso de Lughnasadh, o tema que leva o nome da festividade gaélica celebrada o 1 de agosto, e que marcaba o comezo da época da colleita e a maduración das primeiras froitas.

O trompetista e arreglista Takuya Kuroda deixou o seu Xapón natal para asistir a un curso de cinco semanas na prestixiosa Berklee College of Music, onde coñeceu ao cantantante de jazz José James. Tras uns inicios nada sinxelos nas rúas de Nova York, conseguiu facerse entender maila barreira idiomática, converténdose nun dos artistas máis solicitados. O seu cuarto álbum, Rising Son (2014), foi producido polo seu amigo José James. Neste traballo, no que seis dos temas son obra do Kuroda, mestúrase o jazz co soul, o groove, o R&B ou o hip-hop. Destacamos o tema que da nome ao álbum.

Considerada unha das meiores intérpretes portuguesas, Dulce Pontes contribuíu ao renacemento do fado nos anos noventa. O seu décimo álbum, Peregrinaçao (2017), é “un encontro total entre a música e a poesía”, e está formado por dous discos, Nudez, con temas en portugués, e Puertos de Abrigo, en castelán. Destacamos Alfonsina y el mar, un tema de Ariel Ramírez e Félix Luna.

O cantautor e guitarrista estadounidense Micah Paul Hinson lanzou o seu primeiro álbum en 2004, con 23 anos, sendo considerado pola crítica e os medios un dos mellores do ano. Con el, deixou atrás o seu turbio pasado de adicións, cárcere e accidentes. The Holy Strangers (2017) é unha ópera folk moderna que conta a historia dunha familia en tempos de guerra, amosando tódalas etapas de vida. Destacamos o tema country Lover’s Lane.

Agardamos que desfrutedes da Lista de reprodución ao completo, que vos deixamos a continuación. Se queredes levar os traballos dos temas seleccionados, podédelos atopar na Biblioteca Fórum.

Amaral – 500 vidas. Anastacia – Caught In The Middle. Ara Malikian – Ciocarlía. Brais Morán – En paz.  Brath – Lughnasadh.    Broken Toy – The Zine Family. Dave Brubeck – Take Five. Dulce Pontes – Alfonsina y el mar. Gregory Porter – Don’t Be a Fool. James Blunt – Bartender. Juan Luis Guerra – Muchachita linda. Korn – A Different Wold. Los Planetas – Espíritu olímpico. Madonna – Rebel Heart. Micah P. Hinson – Lover’s Lane. Nashgul – Taxidermia. Nikone – Casino. Pablo und Destruktion – Herejes. Rayden – Amalgama. Red Fang – Shadows. Rosa Cedrón – No seré yo. Ses – Romance da Bela Rosa. Takuya Kuroda – Rising Son. Tiziano Ferro – Potremmo Ritornare. The Drums – Money. The Gift – Clinic Hope.